Estiven hoxe lembrando a miña grande fazaña da infancia, tamén chamada polos meus pais "o dia mais angurioso que pasamos". Lembroo todo perfectamente.
Cando tiña 3 aniños fun cos meus pais ó Pryca de Madrid (vivin ali ata os 6 anos). Na entrada vimos un garda moi moi alto que me chamou moito a atencion, e a miña nai dixome "Se algun dia te perdes, tes que buscar a un garda asi coma este. Non te vaias con ninguen que non sexa un garda. E lle tes que dicir Chamome fulanita, vivo en tal sitio e perdinme". Cando pasamos por diante das Fantas quedei pampa mirando para tanta botella, e cando quixen voltar cos meus pais non os via.
Asi que ala fun eu con tres aniños á zona das caixas, pregunteille a unha señora se sabia onde estaban os gardas e sinalounos co dedo. Cheguei ali e soltei a frase "Chamome fulanita e estou perdida". Levaronme á sala onde tiñan todalas pantallas das camaras de vixilancia, e unha garda ensinoume un frisbi e me dixo que se lle dicia onde vivia mo daba. E eu soltei a parrafada toda, jaja. E eu de medo nada, toda pancha. Cando pasou un rato e me anunciaron por megafonia o garda alto colleume no colo e dixo "Son aqueles os teus pais?" e eu nin me despedin, fun correndo ata eles co frisbi a modo de trofeo berrando "mirade o que teño!".
A parte que lles tocou ós meus pais non foi agradable, era unha epoca na que desaparecian moitos nenos, botaron a correr polo Pryca preguntando por min a todo o mundo e ninguen me vira.
O que chama a atencion do asunto é que ninguen se extrañase de ver a unha meniña de 3 anos soa polo centro comercial adiante preguntando a todo o mundo polos gardas. Realmente da que pensar.
Ainda que non deberia estou ben pava co tema do Pryca, eu soa con 3 anos ante o perigo, nun centro comercial xigante... que espabilada era! jajaja.
0 valentes:
Publicar un comentario
<< Home