martes, enero 25, 2005

¡ESTOU QUE REVENTO!
Mañá vou xa para a oficiña. A Miña oficiña, só vou estar eu. Organizarei, farei, desfarei, traballarei...
Teño uns xefes que se mo contan non o creo, un traballo entretido, os venres e as findes libres, unha oficiña preto de casa, dúas horas para comer, o mar ó sair do traballo e unha fiestra!
Traballar sen fiestras é terrible, agradezo moito que o meu sitio de trabaño teña unha.
Mañá irei instala-lo sistema operativo, toooooodalas aplicacions, conecta-los cables, o meu super TFT de 17 (deixaronme escoller o que quixera!), a ultra impresora laser e a miña miniradio. Cun pouco de sorte levarei un quentador de auga para facer cafe de sobre (gustame de sobre, jaja).

O meu ordenador acaba de facer PII. Un pitido curto, ultimamente o fai mais ca nunca. Descartei temperatura, procesador e memoria. Penso que da placa tampouco é, e nunca tiven problemas coa fonte nen co disco duro. Xa teño feitas copias de seguridade, e co meu contrato de 6 meses (MEDIO ANO de contrato! non o podo creeer! ^_^) poderei pensar en mercar un.

Chegoume tamen a revista de Biblos, co Brindo de Ouro a 9€ e os gastos de envio gratuitos. Teñen traducidos Dez Negriños, contos de Lovecraft... A ver se non tarda moito o meu Brindo de Ouro! Pedín tamen Morgún. Trece Badaladas non me gustou a encher, pero quero darlle mais oportunidades a Suso de Toro.