lunes, junio 06, 2005

Estaba botando unha ollada ó dos famosos premios dos blogs.
Estou sorprendida porque teño dous votos ^_^
Apunteime porque asi seriamos mais. Decidin non poñer o botonciño para votar no blog, sen embargo entrei na páxina e votei como tola ós demais, jaja.
Teño que recoñecer que teño un mal perder. Non me gustan os concursos nen as competicions, sobre todo porque sempre hai quen trampea todo, como parece ser o caso do concurso.
Pero bueno, trapalladas aparte. Gracias ós que me votastes por vos lembrar de min! Por tomar a molestia de premer o botonciño e confirmar o voto. Teño un contador que amosa as visitas (incluidas as que non queren entrar e me atopan procurando calqueira cousa no google), pero gústame saber que de cando en vez pola cabeza de algún pasa o meu blog.
E como xa levo mais dun ano nisto, aproveito para darvo-las gracias a todos os que entrades a miúdo ou non tan a miúdo. Porque podedes non entrar, e decidides facelo, porque comecei con isto eu soa e xa levo máis de cen visitas (nunca o crin posible), porque coñecín a membros dun dos meus grupos favoritos, polos blogs á feira, pola frase do mes de cesteiro, por Diego, que foi o meu primeiro visitante non-hostil (jaja), polos que se foron, polos que viñeron, polos que buscan "conas boas" no google (unha vella historia...), por blogger e por milleiros de cousas que se me esquecen. E que carallo, porque si!

¡Gracias! :)

3 valentes:

O 7/6/05 1:23 p. m., Anonymous Anónimo dixo...

Ola Arduina!

Só quería darche os meus parabéns polo teu blog. Xa sei que está mal que o diga, pero como escribo de maneira anónima... Eu son unha das persoas que che votou (onte e hoxe, a verdade é que non entendo por qué se pode votar polo mesmo varias veces, pero se hai que facelo, faise ;-) ).

Había moito tempo que buscaba un blog interesante en galego: son catalá e estou aprendendo galego coma hobby (é apaixonante, de verdade). De cando en vez leo novelas de Suso de Toro ou Manolo Rivas, pero apetecíame atopar unha web con textos máis curtos e amenos, máis sinxelos se cadra, e cando vin que no concurso do 20minutos unha das categorías era "blogs noutras linguas nacionais", pensei que iso era o que buscaba.

Boteille un ollo aos blogs inscritos nesta categoría, e o teu pareceume o mellor de todos, en hora boa!

Perdóame polos meus erros, o que aprendín ata agora de galego foi de forma autodidacta, pero o curso vindeiro na universidade matriculareime nas materias de lingua galega I e II, nunha do Camiño de Santiago e quizais noutra de mitoloxía galega.

Biquiños!

 
O 7/6/05 1:27 p. m., Anonymous Anónimo dixo...

Por certo, ¿sabes cando termina o concurso do 20minutos?

Xana

 
O 7/6/05 4:56 p. m., Blogger Arduina dixo...

Hola!
Vaia, pois escribes moi ben en galego! Iso sí que merece unha noraboa, ten mérito ser autodidacta e escribilo así de ben :)

Soa repetitivo, pero gracias, de verdade. Aprecio moito que alguén se lembre de min, e tendo en conta que se me da mal escribir con claridade, aprecio aínda mais que che guste, jeje.

Non sei moi ben que dicir porque me dan vergoña estas cousas :D. Así que graciñas de novo ^_^ e benvida. Seguirei dando a lata outro ano mais, espero. Xa nos contarás que tal che van as asignaturas! E se ves ata Coruña, convidoche a un licor café da Repichoca.

E o concurso de 20 minutos non sei cando remata, pero na páxina dí:
* La inscripción al concurso comienza en abril.
* En febrero de 2006 se entregarán todos los premios en un gran acto al que serán invitados todos los inscritos en el concurso.

Supoño que ata decembro ou por ahí...

Xa que aproveitas o blog para practicar o galego, podes aproveitalo tamén para as túas dúbidas. Non estou moi forte en gramática, pero malo será que non deamos coa resposta entre todos.

 

Publicar un comentario

<< Home