lunes, julio 25, 2005

Xa estou de volta.
Onte collemos sen problemas o tren, e ó chegar descubrimos que a Praza da porta do Camiño estaba preto da estación, asi que fomos camiñando.
Ó chegarmos á praza preguntamos cando tocaban Guezos e dixeron que ás 12. Ainda eran as 10 e media asi que fomos cear nun sitio onde non quedaban patacas nin caldo. Tiramos de chourizos e luras e ben rico que estaba todo. Era gracioso ver ós turistas ler en alto "¡Caldo galego, caldo galego!" e eu medio escarallada da risa porque a ver quen cea caldo ca calor que habia.
Despois de cear deunos tempo a ver un pouco os fogos. Cando voltabamos unha multitude de rapaces que berraban independencia pasou á carreira e xuntouse na praza. Eu pense que ia comeza-lo concerto pero que va!
Leron un manifesto de por que precisabamos a independencia e unha carta dun fulano de non sei onde. Logo apareceron dous e queimaron a bandeira de España e un tio cun pucho estivo cantando sen parar ata a 1 e pico!
Aguantamos estoicamente! Non vou dar a miña opinion sobre o que vin antes do concerto , asi que falarei del.
O tema era que eu vira ós Guezos só en fotos, e habia por ali un rapaz cunha cara coñecida pero non caia. Parva que son, era Adrian.
Total que subiron ó esceario e comezaron a tocar. E eu toda leda, jeje. Tocaron as cancions que mais me gustaban xunto cunhas novas que non estaban nos discos. Cando era cativa o meu pai tiña unha cinta de Milladoiro cunha cancion chamada Jiga-pandeirada. Era tradicional, pero nunca souben mais. E é unha cancion que escoito moito porque me gusta. Pois ea, coma se me lesen o pensamento, tocarona.
Tamén tocaron o Brado da Lúa, Terradentro e claro, mais. Pero coa que toleei foi con levame. Xa me daba igual todo e estiven dando chimpos como unha tola.
Un directo estupendo, ainda que a acustica penso que non axudou. Gustoume mais o directo que o disco, a ver agora que fago.
Ó rematar pensei en pedirlles unha foto, pero morria coa vergoña. Pero claro, a ver, Arduina nun concerto de Guezos sen foto non podia ser. Asi que lla pedín a Anxo con mais vergoña ainda, jaja (non sei se se lembraria de min, eu presenteime igual). A min fanme ilusion estas cousas, ainda me lembro do primeiro comentario que deixaron no Recuncho. Sacamola cunha camara dunha amiga que veu, ainda non a teño. Pero publicareina aqui xunto con outras.
Estou aliviada tamen porque despois do chasco de Gwendal ía algo preocupada. Pero foi un concerto tremendo, pasamolo xenial e rematamos todos bailando arredor dun cruceiro que ali habia.
Quitei unha foto co mobil.
Free Image Hosting at www.ImageShack.us
E unha cousa tonta: Son ben guapos!

2 valentes:

O 26/7/05 1:14 a. m., Anonymous Anónimo dixo...

oín rumores.... que dician que alí estarías..... e.... alí estaba eu.... o rematar o concerto estiben có adrian no coche.... e veu anxo a dicirnos que se sacara unha foto contigo..... estibemos buscandote ......pero os punkis que tocaban? despois fixeronos desistir...... mecachis!!!!.......e non te coñecín..... tiña ganas de coñecerte en persoa...
un bico

 
O 26/7/05 3:04 p. m., Blogger Arduina dixo...

Oooh non me digas isoo! Que rabia!
Pois seguin por ali, xusto despois da foto fun mercar auga.
:( Non sabia que foras, tamen teño ganas de coñecerte. A verdade e que quitei a foto rapidisimamente.
Espero te-la oportunidade de saudarte nalgun concerto ó que poida ir.

 

Publicar un comentario

<< Home