miércoles, enero 11, 2006

Había unha vez unha rapaza de 20 anos que traballaba en España. Como en España as cousas van como van, traballou para catro empresas diferentes con contratos eventuais, e pasou catro meses no paro no mesmo ano.
Cando chegou o momento de facer a declaracion da renda, a rapaza foi a Facenda a preguntar se ela tiña que facela. ¡Non! Dixeron os amables funcionarios.
O pai da rapaza tamén preguntou. ¡Non! Dixeron os amables funcionarios.

A rapaza medrou e agora xa ten 22 anos. E quere ter unha vivenda sen depender dos seus pais, pero segue a ter un soldo moi baixo. Aproveitando unha oferta de Vivendas de proteccion oficial, a rapaza vai a Facenda a pedir un certificado conforme no 2004 non tivo que facer a declaración.
¡Non! Dixeron os amables funcionarios. Non podemos dar ese certificado, porque ti tiñas que ter feita a declaracion! É imposible que che dixeran que non, agora vas ter que facela. Pero por delincuente, que es unha delincuente, tes que pagar unha multa.

Vivenda de VPO: 20 enchufes (polo menos) + 80000 euros
Xestor que faga a declaracion da renda: 30 euros
Multa por non presentala a tempo: 70 euros (minimo, o xestor calcula que me han cobrar 90)
Ver que non se pode reclamar nada porque as consultas que lle fas a facenda non son vinculantes, que non chegas a tempo de pedir a vivenda e que traballar explotada en empresas de merda te perxudica ainda mais que estar no paro, non ten prezo.

Para todo o demais, Spain is different.

1 valentes:

O 12/1/06 12:04 p. m., Anonymous Anónimo dixo...

Así che son as cousas.O peor será a sensación que te quedará de saber que xa non podes confiar en ninguén.E seguro que nin che pediron desculpas nin nada.Como anda o país!!!

 

Publicar un comentario

<< Home