miércoles, enero 25, 2006

Traballo, traballo e traballo...
Non paro. Chego a casa derreada.
Pero é algo bó. A web na que traballo medra, expandímonos a América Latina e posiblemente a Portugal. Síntome importante e leda, porque sei que son unha peza importante da empresa. Non é coma en Atento, ou en Sykes, ou nesas empresas nas que estiven.
Por iso estou leda, porque por unha banda penso "que va, só son unha empregada máis" e pola outra vexo que o meu posto é o equivalente a un xefe noutras empresas, se entrase alguén novo na empresa eu sería a súa superior. Algo así coma un ascenso. É raro, porque sigo sendo eu, sigo sendo a que collia chamadas no servicio técnico de telefónica, e sen embargo agora estou aqui, tendo reunións, tomando decisións.
Non sei como explicalo, é realmente raro. E non o podo crer.
Así que seguirei traballando mais que agora para que a web siga a medrar. Pouco a pouco os meus xefes vanme dando máis responsabilidades, e e sigo cumplindo anos. E penso en cando era becaria e vía ós meus xefes de por entón, ou cando tiven o meu primeiro traballo serio. E son eu agora a que está nese posto.
Gustaríame moitísimo ter visión de futuro e ser ambiciosa, porque podería ir máis aló. Sen embargo, sigo sendo eu. Non pode ser, e está ben asi :)

3 valentes:

O 27/1/06 3:30 a. m., Blogger acedre dixo...

E mui bo que mires o traballo de maneira optimista.
Un saudo.

 
O 2/2/06 11:09 a. m., Anonymous Anónimo dixo...

O tempo pasa e pasa e,sen darte conta...un día descubres que te convertiches en algo máis que unha pringá de cousas simples. Ás veces tardas en darte conta,pero é moi agradable cando o fas.Valóraste moito máis.Así debe ser,pero que o traballo non te agobie.Sempre hai un equilibrio.

Bicos,

 
O 2/2/06 7:17 p. m., Blogger Arduina dixo...

Si, deberia haber un equilibrio, pero estou que non podo mais, jaja!
A verdade é que agora estou mellor, tiven uns dias ahi atras que non podia coa miña alma.
E agora vou preparar un libro, aprendin a facer codigos de barras (faime ilusion), e editaremolo nós. E gracias a iso a miña empresa gañará diñeiro. É coma máis tanxible, a xente mercará o que eu faga.
O outro dia fun á empresa na que fixen as practicas, e medrou un pouco, pero todo seguia igual. O ambiente, que eu cria normal por aquel entón, é malo. Hai trepas, os compañeiros non son tal... Traballan ata a noite. E eu teño o meu horario e vou mellorando.
É algo realmente bonito.
Roi, sigo gravando cousas eh? Non me esquencin :)

 

Publicar un comentario

<< Home