miércoles, enero 11, 2006

Onte, ó vir de Facenda, tiven una grande grande sorpresa. Habia no buzon un paquetiño que contiña nada menos que Terradentro asinado!
É algo que me puxo ledísima, porque chegou xisto no momento no que precisaba algo bó, porque Guezos é un grupo que me encanta, e porque se tomaron a molestia de asinalo sen ter por que ^_^ Ademais é o meu primeiro disco asinado por un grupo, tiña libros, pero non discos. Fixome unha ilusion tremenda e foi un detallazo.
Xa din mil gracias en todas partes, jaja, pero tiña que dalas de novo!
Agora só me queda poder ir ós concertos, que sempre me quedan lonxe ou non podo ir por mil cousas :(
:D :D :D

1 valentes:

O 12/1/06 12:01 p. m., Anonymous Anónimo dixo...

Bueno,carallo.Nin que fóramos os rolins.Gracias mil a ti tamén por estar apoiándonos tantas veces e poñer o teu grao de area neste sono que é o noso grupo.
Non te merecías menos...

 

Publicar un comentario

<< Home