domingo, octubre 31, 2004

Cheguei hoxe da miña aldea. O meu avó quere un libro de rosais, algunha recomendacion?
É a noite de Samain, sairei a tomar unha cervexiña. Encantame esta noite, é especial. Feliz aninovo a todos :)
Fun e vin pola autoestrada eu soiña (coa miña nai de copiloto) e non tiven problema, só un que me pitou, eu que culpa lle teño se non pon a intermitente... Non son adiviña.
En fin, remato, que me estou a poñer decente para sair ó das cervexas. Engordei, pero estou tan leda que tanto me ten. Despois de hoxe heime por a dieta.