lunes, noviembre 22, 2004

Morreu a Madre Lydia. Como non leo os xornais non me enteirei ata agora, e xa morreu hai unha semana. Era unha monxa do meu colexio. Queríaa moito. Lembrome de cando era pequeniña e nos daba doces por axudar a limpa-lo patio. Cantos mais papeis recollesemos, mais doces nos daba.
Tamen nos ensinaba a cantar as cancions de misa, daba clases de Relixion e de ingles. Nunca nos obrigou a nada, as clases de Relixión eran clases de aprender a ter amigos, a xogar, a da-las gracias por todo. Con ela tiven a mitica conversa
"Madre Lydia, por que los curas no se pueden casar?"
"Porque estan casados con Dios y solo se pueden dedicar a él"
"Pero tú nos dices que dentro de nosotros hay un cachito de Dios, por que no se pueden casar entonces?"
"Venga, anda, entra en clase"
Canto reñeu comigo, canto me ensinou... Agora doume conta de todo o que a queria, e de cómo unha relacion aparentemente de profesora a alumna é mais do que parece. Gustaríame ter falado con ela e darlle as gracias por todo, pero o tempo rematou.
Asi que gracias pola miña infancia, polas clases de relixion, polas cantigas, polo baile galego, polos doces, polas clases de ingles, por ensinarme a respetar e por mil cousas mais.