lunes, noviembre 01, 2004

Subiron a velocidade do ADSL pero non se nota. Se antes con 256 ía a 121, agora con 212 vou a 221 (non é coña).
O dia que viva soa poñerei o meu soñado cable con R! Xa o teño pensado, combo R e tódolos dias a ve-las canles Historia e Calle 13.
Estou leda porque mañá vou ir traballar. Espero que non haxa moitisimo traballo, gustame ve-los meus compañeiros. Cando non hai chamadas pasamolo moi ben.
Estou rematando de ler El origen perdido. Como eu sabia, ten o seu punto malo onde o teñen tódolos libros de Matilde Asensi e de Perez-Reverte: no final.
O seguinte que hei ler será un de Sherlock Holmes que merquei de segunda man por 2€. Como traballo ata tarde non me da tempo de ir á biblioteca. Quizais o venres, que saio antes, me achegue. Teño pendente Los crimenes de Oxford, recomendado por Dorfun, e La cruz ardiente, continuacion dunha saga de libros historico-romanticos que me encaaaaantan! Solicitei á biblioteca que o mercase e me mandaron unha carta dicindo que o farían, e agora sempre esta collido por alguen! Vou se-la ultima mona que o lea, grrr.
Teño algo de febre, onte tiven moita tos pola asma e hoxe erguinme case sen voz e algo preocupada (a ver que fago eu no traballo sen voz!) pero agora volveume a voz e subiume a febre.
Estiven xogando á Play, ó Final Fantasy X (agasallo do meu mociño) e non dou pasado dunha parte!!Hei levar de paseo a tarxeta de memoria ata a casa do meu mozo e a ver se me pode botar unha man, que estou farta de non me poder salta-lo video previo ó combate e ter que aturalo unha e outra vez.