jueves, noviembre 18, 2004

O Deus Ex é unha marabilla. Xogoo unha e outra vez e sempre descubro algo novo. Encantame. Esa liberdade de elección e de movementos é tremenda.
Cando o xogo remata, segues a lembrar as rúas de Hong Kong e queres voltar a ese nivel, xogalo mais, descubrir mais cousas.
Gustaríame esquencer o Deus Ex, os Gabriel Knight, o Longest Journey e unha morea de xogos para desfrutalos como se fose a primeira vez.
Tamen quixera esquecer o argumento de libros que me gustaron. Os dos Cinco, os de Lovecraft, Forastera, as poesías de Bécquer...

Agora estou lendo "El astro espantoso", de Gustavo Le Rouge. Estame a gustar bastante, e iso que non son unha ultra fan da ciencia ficcion. Pero se se fala de vampiros, xa vou de cabeza a lelo. Fala dun viaxe a Marte e do que se atopa ali. De mais cousas tamen, claro, pero iso seria destripa-lo libro.
Teño pendente "El pais de la noche", que tamen ten boa pinta.