sábado, noviembre 06, 2004

Teño esto moi abandoado, pero é que non atopo tempo! Entre o traballo e a Cruz vermella case non teño vida propia. As fins de semanas pasanme voando porque de tantas cousas que teño que facer desaparece o tempo!
Ademais cando saio do traballo dame preguiza voltar á miña casa. E os venres pola tarde penso "Que ben, vou descansar!" porque outra cousa non podo facer, se quero sair teñoo complicado. O meu mozo o pobriño pasa o dia estudiando, e nen a nosa relacion nen a miña vida avanza perceptiblemente.
Onte fun á Cidade Vella. O meu amigo friki (o que me empresta as pelis) dixo de mercar un baixo entre varios e vivir ali coma se fose un estudio. A idea non é mala, pero mercar un baixo para vivir implica vivir aqui, e cada dia teño mais claro que me quero ir. Gustaríame ir a un pobiño galego perdido entre as montañas, pero sen os cotilleos e as envexas tipicas. Estaria ben formar unha comuna, vivir no campo con certas comodidades, lonxe dos clones e do Gran Hermano.
Hoxe vou de compras. A ver se lio ó meu mozo e o levo á Repichoca, onte fun e habia un cheiro a cigarros da risa incrible, pero tamen habia musica galega.
O luns xa traballo ^_^ Teño o coche aparcadiño e non vou collelo ata enton! Decidin pitar a todo aquel que faga algo peligroso para min, asi polo menos non rabeo soa, jaja.