miércoles, junio 08, 2005

Hai xa uns días que saíron trailers do novo Tomb Raider Legend.
Despois da pataca do Angel of Darkness xa tremía. Lembro que houbo unha petición online para que voltase o compositor da música de sempre, que participou que eu saiba en tódolos xogos agás no AOD.
Para os que non o xogaron, dicirlles que non perderon nadiña. Apareceu da nada unha barra de cansanzo, Lara bailaba tentando subir as escaleiras, tiña un control penosísimo e esencia=0.
Sempre admirei a sensacion de soidade e de irrealidade dos TR. O son estaba moi coidado (para o meu gusto). Entrabas nunha sala escura con Lara e comezabas a escoitar ruidos raros. E claro, non sabías para onde ir. De súpeto, tiñas algo enriba. O chimpo na silla non cho quitaba ninguén. E cando se facía a luz, vías unha sala preciosa. Era coma sentir se realmente estiveras alí, visitando as ruinas.
Pois todo isto o Angel of Darkness perdeuno.
O Legend ten moi moi boa pinta. Semella que Lara percorre de novo edificios no medio da selva, ten novos movementos e é mais espectacular se cabe. Volve ter esas vistas, eses escearios preciosistas e detallados. Non quero falar antes de tempo, pero ¿podería ser que Lara voltou?
Penso mercar máis RAM se é preciso. O novo Tomb Raider non mo quita ninguén.
Hai más información en inglés aquí, de onde quitei os videos e os trailers. Para baixalos, hai que facer click en "Movies & Trailers".
Iso sí, Lara neste xogo parecese moitísimo máis ca antes a Indiana Jones. Hai por ahi un par de movementos igualiños ós da Máquina Infernal. Espero que sexa só nese par de movementos! :D

2 valentes:

O 8/6/05 1:39 p. m., Anonymous Anónimo dixo...

E non teño nada máis que dicir:
http://www.fragaga.org/

 
O 8/6/05 4:10 p. m., Blogger Arduina dixo...

Jaja, ¿pensas en Fraga cando che falan do Tomb Raider? ^_^
Gracias pola ligazón, Apachito. Ainda que me parece que nin con esas o van botar.

 

Publicar un comentario

<< Home