jueves, julio 28, 2005

O meu pai ten unha bici con mais anos ca min. É de cando era ciclista ¬¬' (iso di el)
É unha superbici de montaña que pesa toneladas. Tocoume herdala, vaia inferno! Faltalle un anaco de sillin porque cando o Morse era pequeniño mordeuno.
A bici sempre está ben e sempre funciona. O meu avó levouna a revisar hai un tempo e deixarona como nova. Hai uns dias funa coller e o pedal non xiraba.
- Papá, o pedal da bici non xira
- Claro que xira
- A ver, papá, se che digo que non xira é que non xira!
- Iso é que non lle das ben
- Pero papá, é un pedal, ¿que lle hai que dar?
- Pois disllo ó teu avó que a levou a mirar hai pouco. --> Chantaxe emocional, sabe que non lle podo dicir iso ó meu avó.
Grrr. A bici sempre está ben, para o meu pai nunca se escaralla. Total, que coas rodas sen aire e o pedal sen xirar tíñaa que levar a arranxar. Pero claro, a bici, xigante como é, non cabe no coche.
Ocorreseme achegarme ó bus. Con sorte se está baleiro o buseiro apiadase. O carallo!
Pois alá vou eu, coa bici que non anda arrastrando nela ata o quinto inferno, onde está o taller. Ademais quedame o manillar moi baixiño e as ferramentas estan na aldea e non o podo subir. Cando chego ó taller na porta un fermoso cartel que di "Para revisiones, pedir cita".
Jooooooder coa merda da bici! Entro como podo porque se o buseiro non tivo compaixon quizais os do taller si. E teño algo de sorte. O tio escacha coa risa cando chego con aquela cousa e olla para min con cara de "traesme un cadaver". Consegue arranxa-lo pedal e infla as rodas para que poida voltar en ela a casa, porque compaixon si, pero a cita hai que pedila. Pregunto se paga a pena arranxala ou mercar unha bici nova. Volve a escachar e di que nin de coña a arranxe, que está feita merda.
A ver quen llo conta ó meu pai.
Total que volvo como podo na bici para descubrir que case non ten freos!
Odio esa bicicleta! E non podo mercar outra ata que esa se volva anacos!
AAAGH!
Pero ainda asi fun dar unha volta con ela. Non é que poida cambiar de marchas (a cadea soa raro) pero para ir polo Paseo Maritimo ben vale.
Onte fun con dous amigos ata mais alo da Torre de Hercules, voltei preto das 3 (da mañá) á casa.
O manillar fixo das súas e teño o brazo dereito cunha dor incrible, non puiden durmir. Tomei unha pastilla pola mañá e agora vou tirando.
Ainda asi teñolle cariño á bici de merda esa. Imaxino ó meu pai con 21 anos enriba dela cos seus amigos e penso que ten o seu aquel sentimental.

4 valentes:

O 29/7/05 10:25 a. m., Blogger Arduina dixo...

A Bici Total, jaja. Hai un cartel na porta que di que hai que pedila :(

 
O 30/7/05 4:48 p. m., Blogger Arduina dixo...

¿E por que xa non está o comentario de Apachito?
Borrouse só!

 
O 2/8/05 1:56 p. m., Anonymous Anónimo dixo...

Ola!
Son David, un rapaz da Coruña. Está moi ben o teu blog! Quen é Morse? Un can? Ao non ler o blog desde o principio non o coñezo. Visita o meu blog cando queiras ;-).
Un saúdo!
David

 
O 10/8/05 12:49 a. m., Blogger Arduina dixo...

Benvido, David!
O Morse é o can que temos na aldea. Crecin con el e agora anda velliño :(

 

Publicar un comentario

<< Home