viernes, agosto 19, 2005

A feria do cómic. Mortaaaal polo cansanzo que da, jaja.
O Martes veu un amigo de Bilbao para vela. Este ano gustaronme moito as exposicions, e foi unh detalle chulo iso de poñer comics para que a xente os lese. O malo é que os maltratan bastante. E de manga puxeron catro caralladas de escasa calidade. Pero algo é algo.
Houbo sorpresa e todo, reencontro con coñecidos (dende logo xa pensara que toleara cando os vin, hai un que vive na outra punta de España) e reencontro con malos amigos expertos na arte de "xiro a cabeza e fago que non te vexo".
Estiven indo dun sitio para outro sen parar, que cansa ando. Pero atopei por fin Japonés en viñetas (ese que non atopaba en Madrid na Feira) e merquei tamén o 7 de Maisson Ikkoku. Takahashi coma sempre, frustrante, alargando o que xa non ten senso.
Vin La casa infernal bastante ben de prezo, pero ando escasa de cartos. Ademais o mes que ven comezo o CCNA por fin, e vanme soplar bastantes cartos ó longo de 10 meses.

O luns comezo a traballar outra vez. Caíaseme a alma os pes de pensalo, e sobre todo de pensar que teño 1195 correos electronicos pendentes de lectura. Pero pouco a pouco irei facendo. Dame medo a desfeita que fixeron os meus xefes respecto á atención ó cliente, pero bueno... Segue en pé a miña intención de formarme en canto a redes. 3 anos mínimo, logo xa se ver´o que fago. Gustaríame ser boa niso polo menos.

2 valentes:

O 19/8/05 7:40 p. m., Anonymous Anónimo dixo...

Vaia por dios,uns tan mortos por marchar e outros que nos gustaria estar. Nunca estiven no Vinhetas porque sempre me cae bastante mal,non son datas para organizar nada,que todos andamos facendo o turista,non? Alédome que te guste o disco de Lamatumba,a verdad é que se deixaron a pel nel,pero son moi bos en directo,e non o digo porque sexan os nosos colegas,je,je. Eu estiven uns cinco dias ala por galicia no mes de agosto coincidindo co festival da noite do trasno en bueu.Recomendovolo a todos. O ambiente e o lugar son magnificos.Eso si,a zona de acampada un pouco cutre,todo hai que dicilo.
Moitos bicos desde Francia,

ROI

 
O 21/8/05 8:33 p. m., Blogger Arduina dixo...

O ano que ven tes que pasarte, Roi! Este ano achegueime a que Breccia me asinase Lovecraft, e animeime a pedirlle un debuxo. É unha pasada ver a xente coma él debuxar, duas liñas e zaca! un pedazo de debuxo.

Lamatumbá canto mais os escoito mais me gustan, jeje. E xusto cando facia a primeira escoita pensaba "estos en directo teñen que estar tremendos".
O único que non me gusta é o formato do disco. Ultimamente saen todos con ese formato en cartón, e acabase gastando co tempo. O meu Isué da Peón xa pide papas. Aínda que supoño que así sae máis barato.

Tesnos que ensinar a dicir cousas útiles en francés, tales coma "festa rachada" ou "manda truco!" jaja.

 

Publicar un comentario

<< Home