sábado, agosto 13, 2005

Cando marchei para Irlanda deixei encargados Fahrenheit 451 en galego e o disco de Lamatumbá. Antonte chegaron!
O libro case está ventilado, estame a gustar moitisimo. E o disco de Lamatumbá é soberbio. Debía de se-la unica do blogomillo que non o tiña, jaja.
Se ata hai unha cancion que parece a canción de Arduina!
Vou pola quinta escoita e non canso, ademais de bó é orixinal.

Licor do negro café
que me tumbas que me matas
licor do negro café
fasme andar a catro patas

Licor do negro café
quén che pode decir non
licor do negro café
deixame poñerme en pé

Acompáñame a unha festa
emborráchate comigo
que nos atope a mañá
abrazados como amigos
que nos atope a mañá
abrazados como amigos

Os que me coñecen xa saben que o licor café e mais eu somos inseparables...

4 valentes:

O 16/8/05 10:04 a. m., Anonymous Anónimo dixo...

Fahrenheit 451 e un libro un pouco raro ¿non? a min pareceumo, está sobrevalorado
Sin City está ben, si non leíches o cómic recomendocho (aínda que eu solo lin unha historia das tres que amosa a peli), está en inglés a baixar por algún sitios, en castelán podelo encontrar nese novo centro comercial "O porto" nunha tienda que hai dentro, (bastante friki) por certo teñen bastantes cousas de merchandaising

 
O 18/8/05 11:44 p. m., Blogger Arduina dixo...

Pois non sei, a min gustoume moito.
Como antiutopia gustoume mais 1984, pero este non estivo mal.
Fun á tenda esa friki, teñen unhas figuras de Clive Barker moi chulas, a ver cando teño algo de pasta para mercar unha dunha rapaza dentro dunha dama de ferro.

 
O 20/8/05 4:09 p. m., Anonymous Anónimo dixo...

ei! 1984 é soberbio! F451 pareceume unha secuela!
Dahl é enorme! enorme! e Tim Burton tamén!
e o licor-café... en fin, canto amor inspira! debera ser bebida nacional! (se non o é xa)

 
O 21/8/05 6:17 p. m., Blogger Arduina dixo...

O licor café é un grande invento. É unha mágoa que sexa difícil encontralo bó. Puaj, hai un, Ruavieja ou algo asi, non hai quen o trague.

 

Publicar un comentario

<< Home