lunes, enero 30, 2006

Unha cadea blogueira! Fanme moita gracia estas cadeas porque sempre son algo diferentes. Retoume Periféricos pero eu non retarei a ninguén, que cada un resposte se quere :)

"El primer jugador de este juego inicia su mensaje con el título 5 extraños hábitos.

Las personas que son invitadas a escribir un mensaje en su respectivo blog a propósito de sus extraños hábitos, deben también indicar claramente este reglamento.

Al final, debéis escoger 5 nuevas personas y añadir el link de su blog o diario web. Es importante dejar un comentario en su blog, diciendo.... "Has sido elegido" y decirles que lean el vuestro, para que acepten o no el reto!"

Teño moitas cousas raras, pero se teño que pensar nelas esquencenseme todas! jaja.

1.- Cando vou seca-lo pelo poño caras de medo no espello aproveitando que non estou peiteada. Cando atopo algunha que me da medo paro.

2.- Pecho a porta do traballo tres veces mais ou menos, para asegurarme de que está ben pechada.

3.- Penso moito, e hai veces nas que imaxino cousas que me poden pasar. Para diferenciar unhas das outras penso na palabra "Felix". Ás veces xa non sei se estou soñando ou pensando en algo serio. Entón penso "Félix" e é coma unha contrasinal para saber que o que vou pensar a partir de enton é serio.

4.- Sempre que estou a piques de rematar un videoxogo, paro de xogar. Preparo o ambiente, merco algunha chocolatina... e cando xa está todo listo, poñome co final do xogo. Por iso moitas veces non remato alguns, porque non dou conseguido o ambiente axeitado.

5.- Case sempre que me esperto polas mañás digo algún taco dos gordos medio durmida aínda. Non me gusta o son do despertador, supoño.

5 valentes:

O 3/2/06 11:08 a. m., Anonymous Anónimo dixo...

Xa a respondín :D

 
O 3/2/06 2:07 p. m., Blogger Arduina dixo...

Gemma! Non sabia que tiñas un weblog!
Vouno ler a fondo, jaja. Pero non podo deixar comentarios porque non teño conta en livejournal, logo argallo a ver.
(Tes que ter os dentes ben branquiños :D )

 
O 5/2/06 10:26 p. m., Anonymous Anónimo dixo...

Tampouco é que sexa unha marabilla de blog, por iso non dixen nada. Fíxente unha conta en livejournal, o teu nick é arduinamusica e a contraseña a mesma ca do gmail, pero engadindo un 1 (podes cambiala se queres). Así poderás ler os posts que puxen só para amigos (sobre todo con fotos, e cousas así).

 
O 6/2/06 10:32 a. m., Blogger Arduina dixo...

:(
Non me vai o contrasinal. Poderias envialo a arduina@orecuncho.com? Seguro que algo estou facendo mal.
Gracias.

 
O 6/2/06 11:08 a. m., Anonymous Anónimo dixo...

Xa te enviei o novo contrasinal, seica fun eu, que non puxen o número 1 senón outro (estiven dubidando, e coa memoria que teño...).

 

Publicar un comentario

<< Home