miércoles, febrero 08, 2006

A miña saúde vai mellor (hai cousa duns meses ando arrastrando unha depresion). Teño que esforzarme moito para sair adiante, pero paga a pena.
Venme ben o traballo, jaja, porque faime sentir desconectada do resto e válida para o que fago. Gústame a sensacion que teño cando hai algo complicado que facer e remato.

Hai dias nos que me produce autentico panico ter que ir no bus, saber que teño que estar con toda esa xente durante 10 minutos.

Tamén me gusta sair de traballar e ver ó meu mozo. Ou ler un anaco antes de voltar á oficina pola tarde.

Pero ainda que vou mellor porque son cada vez mais consciente do que me está a pasar, cústame erguerme polas mañás. Meterme na ducha, vestirme. Abrir a porta do despacho, acender o ordenador.

Ultimamente cando rio, a miña mente rí tamen. Pero o habitual é que só o corpo ria.
De todolos xeitos podo falar disto, antes custabame. Ainda que sigo sen ter moitas ganas de facer cousas, pouco a pouco vou facendo proxectos (como ese de viaxar a Vigo a ver a La Frontera). Son pequenas cousas que me van axudando.
Estou leda porque por fin a miña saude mellora, pero dame moita rabia precisar axuda para iso. Ás veces sintome ben, leda, sinto que o meu corpo o está pero que eu non o noto. Escribo isto para animarme un pouco. Agora vou poñe-la vacina da meninxite e logo a casa a xantar. E logo a traballar e a ver ó meu mozo.
Dame igual se semelle unha mentira, pero son unha loitadora, ainda que sexa só por levarlle a contraria a algo (neste caso, ó meu corpo, que está empeñado en facerme sentir mal).

Agora marcho a poñer a vacina. Regalareille un sorriso á enfermeira, e cando me sinta algo mal, virei ó blog a ler esta anotacion :)

3 valentes:

O 9/2/06 11:54 a. m., Anonymous Anónimo dixo...

O malo non é precisar axuda.O malo é non ser capaz de pedila cando a precisas,ou que non haxa ninguén para botarte un cable.
A química axuda,os amigos máis,e pensa que o que non te mata faite máis forte.
Ánimos!!!!

 
O 9/2/06 4:06 p. m., Blogger Arduina dixo...

O peor de todo, é o sentimento de culpabilidade que che da cando o contas. Porque a xente que te quere preocupase, e notalo, e sinteste peor.
Pero vou algo mellor. Antes nin me atrevia a contalo, agora xa o saben tódolos meus amigos. Pero sempre fun moi pechada para as miñas cousas, dame algo de grima ter que pedir axuda.
Graciñas polos animos, hoxe estou algo mellor que onte. Non hai mal que cen anos dure :)

 
O 10/2/06 10:50 p. m., Blogger David dixo...

Aínda que chego un pouco tarde, moitos ánimos!!
;)

 

Publicar un comentario

<< Home