viernes, febrero 03, 2006

David esquenceuse e eu tamén. O dia un fixo dous anos que naceu O Recuncho. E cada vez que leo o que escribía... que cousas mais raras, como cambiou a miña forma de ve-las cousas en dous anos.
Faime moita ilusion porque cando comecei non me incluin en ningun buscador (só en un pequeniño por probar, e non teño visitas dende el), isto era coma un experimento.
Moito deu de si o blog! Quen o diría!
Ata tiven votos nos premios 20 minutos! :D
Milleiros de gracias a todos os que me visitades, porque ainda que pareza raro, facedesme compaña. Tiña ganas de compartir cousas e non tiña con quen, pero agora a cousa cambiou para ben :)
Así que graciñas! E graciñas tamén a blogger. Non sei se mudar o blog a orecuncho.com porque non teño tempo para facer a web polo de agora. E estou a quedar sen espacio.
O tempo dirá.
Gracias!

Beyond the lochs of the blood of the children of men,
beyond the frailty of the plain and the labour of the mountain,
beyond poverty, consumption, fever, agony,
beyond hardship, wrong, tyranny, distress,
beyond misery, despair, hatred, treachery,
beyond guilt and defilement; watchful,
heroic, the Cuillin is seen
rising on the other side of sorrow.

9 valentes:

O 3/2/06 4:22 a. m., Blogger acedre dixo...

Pois parabens polo cumpre. A ver se o meu blogo chega a esa idade...E que saibas que eu fago visitas case diarias.
Un saudo.

 
O 3/2/06 2:13 p. m., Blogger Arduina dixo...

Bueno, ti xa vas camiño do ano!
Non te esquenzas ti tamen de celebralo, jaja. Graciñas por visitarme (a min gustame moito cando pos fotos de Ana ou da vosa vida en America, encantame ver as cousas que fai a xente noutros paises)

 
O 3/2/06 3:42 p. m., Blogger dorfun dixo...

...xa dicía eu, que as patas de galo, eran por algo... XD

 
O 3/2/06 4:17 p. m., Blogger Arduina dixo...

Jaja! Pois só son un mes mais vella ca ti!
Xa veras cando che saian as túas en Marzo :D

 
O 3/2/06 6:51 p. m., Anonymous Anónimo dixo...

Noraboa!!!

Si o blog fora un neno xa falaría só!!

Como non o é, sigue falando ti.

Saúdos

Anónimo = Nacho, www.pitoche.com :D

 
O 4/2/06 3:50 p. m., Blogger David dixo...

Ti tamén te esqueciches de celebrar o aniversario no día?! ;-D
Moitos parabéns, segue así!!

 
O 6/2/06 3:39 p. m., Blogger dorfun dixo...

...eu xa cumprín o 13 de xaneiro(http://dorfun.blogspot.com/2004_01_01_dorfun_archive.html), pero o meu cutis sigue intacto! XD

 
O 6/2/06 3:54 p. m., Blogger Arduina dixo...

Anda! Tiña un lio de dorfuntecas!
Pois entón felicidades.
Que nos leva ós blogueiros a abrir os blogs en xaneiro-febreiro-marzo?
Estiven vendo bitacoras e a maioría abrense neses meses.

 
O 7/2/06 3:03 p. m., Blogger dorfun dixo...

...pois é verdade... debe ser o conto de ano novo vida nova!?...

 

Publicar un comentario

<< Home