jueves, febrero 02, 2006

O día 28 sae La Frontera en Buenafuente.
E en Marzo actua en Vigo. Un venres!
Quero iiiiir, quero ir! Pero despois daquela porcallada de concerto que deu Gwendal teño algo de medo de que La Frontera faga o mesmo.
Son xa 15 anos ou máis seguindo a súa música, velos sempre foi algo inimaxinable.
Que nervios.

2 valentes:

O 3/2/06 1:23 p. m., Anonymous Anónimo dixo...

Se queres e os nosos traballos e as vidas o permiten podemos ir xuntos. Dos discos que me mandaches o que máis me gusta é o concerto de Radio 3,por iso manteño a esperanza de que sexa un concerto interesante.Xa me mandarás información.

Bicos

 
O 3/2/06 2:22 p. m., Blogger Arduina dixo...

Teñen moita sona cos seus concertos, un dia fixeron unha enquisa na web oficial (lafronteraweb.com) sobre as nosas cancións preferidas e deron un concierto para os fans coas cancions que sairon. O que me da algo de cousa é que un rapaz dixo no foro que Andreu saira a cantar nun concierto un pouco pasado de droga. E o peor non foi que a xente non o desmentiu, senon que o xustificaba!
Estarei encantadisima de ir contigo ó concerto! É o 24 de Marzo na Sala A, en Vigo. Non sei a hora, xa chamarei. E como traballo pola mañá, podería coller o primeiro tren da tarde (encantame ir en tren).
Se é a media tarde (que non creo) pido o día libre ainda que sexa o ultimo que faga! jaja

 

Publicar un comentario

<< Home