domingo, junio 12, 2005

Voltei.
Onte fun a un concierto de Spiritu986 meets Afro celt sound system.
O son foi deprorable. Instrumentos que non soaban e tiveron que ser sustituidos (o guitarrista tivo que empregar unha electrca en lugar dunha acustica), a frauta soaba ás veces sí e ás veces non... os músicos cando collian un instrumento probabano mil veces, da desconfianza, cando tocaban resulta que tiñan o micro desconectado e a cancion tiñase que interromper (isto fixerono ben, cando o instrumento principal non soaba tocaban musiquiña de ascensor ata que se arranxaba).
Entre iso e que só tocaron cancións do seu último e mediocre disco..
Lembraronse de Noces de granit, polo menos. E o bis foi unha Morrison's jig ó mais puro estilo Gwendal, menos mal.
Youenn Le Berre estivo moi divo (rima e todo ^_^). Todo moi artificieiro.
Cando fun ó concerto que deron na Coruña hai uns anos foi estupendo. Neste a miña cabeza agardaba a que comezase a soar o verdadeiro Gwendal, ata que me din de conta de que levaba agardando iso unha hora.
Logo veu o dos discos. Le Berre dixo que trouxeran uns discos para vender. Fun preguntar, porque ainda que os tivera, se me asinaban un, pagaba a pena mercalo de novo. Pero só tiñan o último, ese que escoitei unha vez e nunca mais. E ainda por enriba 18€!

A miña nai e mais eu estabamos na primeira fila, a uns 5 metros deles. Le Berre non facia mais que mirar para nos (en serio, como quedabamos tan preto del...), e é que entre os chimpos da miña nai e a cara de incredulidade que eu tiña parecíamos dúas representantes do Conxo :D
Conseguiron que chimpase eu tamen con Noces de Granit (que linda cancion), pero penso que perderon a súa esencia. Iso que os convertía en diferentes agora cambiou e son un grupo mais. Nin Irish Jig, nin Irish song, nin Rue du Petit Musc, nin Joe can't reel, nin Colombaneon, nin...

Sei que esaxero con algunhas cousas, pero a musica é moi importante para min. Non me expreso ben e son unha persoa solitaria. A musica faime compaña e axudame a estar leda. Forma parte de min, gústame moitisimo. Por iso estou tan desgustada. Gwendal faciame sorrir e sair á rua con novos animos. A musica faciame pensar que quizais algun dia eu podería tocala. E Gwendal era o sumum. Uns tolean con Star Wars, outros con Warhammer, e eu con eles.

Quitei unhas fotos e grabei uns videos coa camara. O son é terrible, pero por se alguén ten curiosidade, aqui estan. Podense ver co Quicktime.
Por favor, que cambien de tecnico de son. É inaudito estar a escoitar un solo de frauta e que de supeto deixe de soar.
Foto 1
Foto 2
Foto 3
Foto 4
Foto 5
Video 1
Video 2
Video 3