lunes, agosto 22, 2005

Hoxe foi un gran día: Conseguín facer algo elaborado e comestible!
Cociño fatal, non me gusta e non se me da ben. Só sei:
- Cocer espaguetis, macarróns e similares
- Fritir zorza, bistecs e cousas parecidas
- Facer ensalada de pasta (iso ven derivado de que sei coce-la pasta. Merco salsa rosa e tan rica)
- Facer tortillas de patacas semi-ricas
E hoxe fixen espaguetis ó pesto!
Eu soa!
Ó pesto! E estaban bós! A miña nai dixo "diviños".
Incidente: A pementa meteuseme polo nariz e ainda estou esbirrando.
Grande día, grande.
Por favor, non miredes a receita da salsa pesto. Sei que e sinxela e que ata un can con mandil a faría ben, pero de ilusión tamén se vive ^_^

2 valentes:

O 23/8/05 9:56 a. m., Anonymous Anónimo dixo...

Si cociñar e unha cousa divertidísima, por exemplo facer postres, ou pratos elaborados, eso da moita satisfacción.
Por certo, ¿o CNNA valo facer en coruña? (non sabía que se podía)

 
O 23/8/05 11:08 a. m., Anonymous Anónimo dixo...

Ai, tanto como divertidisima... eu prefiro cefaleas a cociñar.. pero mira, non pensara nos postres. Mais que aprender.
O CCNA vouno facer en Carrier, pero na Academia Postal tamen se fai. Un amigo fixoo en Carrier e dixo que moi ben, e que na Academia Postal moi mal porque suspenderon todos.
E é mais comodo de pagar en Carrier.

 

Publicar un comentario

<< Home