jueves, febrero 09, 2006

Descubrindo a bitácora de Regueifeiro descubrín tamén ós Arctic Monkeys. Por agora o que vou escoitando vaime gustando, sen embargo é un tipo de música que nunca me chamou especialmente a atención porque non me fai sentir dun xeito especial. Por exemplo, con Gwendal danme ganas de chimpar e berrar e cantar, e tocar a frauta, jaja.
Có outro estilo de música só me dan ganas de bailar, ou sinto nostalxia. Ainda que depende. Por exemplo, cunha canción de Franz Ferdinand, This fire danme ganas de ir de festa :D E Die all right dos Hives tamén.
Isto non debería ser un problema, porque por exemplo, cos libros pasame o mesmo. Sen embargo leo libros de todo tipo sen problemas. E coa música cústame mais, se cadra porque o vexo como algo mais intimo.

Hai uns dias falaba co meu pai de música. De Supertramp e de Led Zeppelin, que nos gustan moito ós dous. E comenteille que me gustaria ter nacido a finais dos 60. Foi unha epoca xenial! Ainda que habia moitisimas cousas malas, eran precisamente esas cousas malas as que daban ganas de pasalo ben. Era unha epoca con personalidade.
Agora a musica que se fai non me di nada especial salvo excepcions. Creo que estamos pechados (eu mesma tamen) ós novos sons. Por exemplo, a miña canción preferida de Gwendal é Irish song precisamente pola desafinación, polo libre albedrío que hai nela. O meu pai só escoita chirridos.
É un exemplo, eu tamén peco de mente pechada en canto a certos estilos musicais, rexeito todo o que me parece clónico.
Coido que habería que abrirse de mente un pouco para deixar que a creatividade de moitisimas persoas saíse á luz.

Por certo, o meu pai deume a razón cando lle dixen que me gustaria ter nacido nos 60. Dixo "Non sabes o que te perdiches". Jaja, o meu pai, sempre dando animos :D