jueves, febrero 23, 2006

Estou escoitando a banda sonora de Anastasia.
Cando a estrearon nos cines fun vela e gustoume moitísimo. Sempre me gustaron os coros rusos e as cancions tradicionais rusas, e a banda sonora desta peli como é lóxico ten como base esta música.
E a pelicula non me canso de vela! Ainda que non a merquei supoño que non tardarei en facelo. Os debuxos parecenme moi bós, e a trama tamén. É emocionante, en ocasións da medo (o Rasputín ese da medo, non digades que non :D ) e ten escenas impresionantes, como cando bailan as pantasmas no palacio.

Como me gusta esta peli! E non ten unhas criticas moi boas, baséanse en que é moi pro-zarista (pois vale, se por iso é mala...) e que se asemella ás pelis de Disney. Seica houbo tamén non sei que rifa entre a Disney e a Fox.
De tódolos xeitos, din o mesmo de cada peli de animacion que sae (que non sexa xaponesa), así que...

Pero é que a música está estupenda! E din que na version orixinal é mellor aínda.

E nada, deixo de escribir e sigo escoitando Una vez en Diciembre. Que bonitaaaaa!