miércoles, febrero 15, 2006

O Morse morreu onte á tarde, estaba velliño.
Sei que só é (era) un can, pero medrei canda el. Lembro ainda cando era un can pequerrecho e deixaba todo mexado. Ía a miña avoa detras para limpar todo.
Logo cando xa medrou un pouco levamolo á aldea. E ali aprendeu do anterior can, o Ohmio, a garda-la finca.
Os dous eramos pequenos e xogabamos. Eu tiraba algo e faciamos carreiras a ver quen chegaba antes a recollelo. Chegaba el, claro.
E logo o moi cabron escapaba, jaja, ata que me via cansa, enton devolviame o que fose que tirase.
Un dia cando andabamos polo monte escapou por entre as silvas porque vira un gato. E como non me facia caso tiven que meterme entre as silvas tamen, quedei perdidiña.
Outro dia sendo eu cativa aínda, saiamos da fraga e habia un burro na saida. Cando nos achegabamos o burro poñiase diante de nós e non nos deixaba sair. Asusteime algo, pero o Morse ficou canda min. Ata que conseguimos que o burro nos deixase en paz e escapamos.

E o Morse morreu. Estou moi triste, queriao moitisimo. Non era só un can, era o que me facia compaña cando rifaba cos meus pais na aldea, ou cos meus avos. O que me gardaba cando ía ó monte, o meu compañeiro de xogos (na aldea case non hai rapaces).
Era o meu can, o que me lambía a man enteira e facia que a comia, pero sen mancar. E o que me defendia dos cans tolos que andaban pola aldea adiante.
Botareino moito en falta. Sempre estivo ahi, e agora non está. Que raro se me fai.

4 valentes:

O 22/2/06 12:21 a. m., Blogger Arduina dixo...

Aaagh! Pensei que isto non funcionaria nunca!

 
O 22/2/06 12:05 p. m., Anonymous Anónimo dixo...

Síntoo moito, María, enténdote perfectamente porque hai un mes morreu a miña mascota. Tíñaa dende había oito ou nove anos, senón máis, e foi moi duro, sobre todo porque a mataron. Coido que non podo dicir nada que che faga sentir mellor, pero se necesitas algo, xa sabes onde estou.

Biquiños

 
O 22/2/06 4:45 p. m., Anonymous Anónimo dixo...

Vaia,novo lugar para os comentarios, e por fin funciona!

Eu nunca tiven que ver como se me morria o meu animal,porque nunca o tiven,so nos meus anos de estudio en Lugo.Pero tódolos días ou case vexo morrer animais porque é o meu traballo,e sei o que se sufre.O mellor é gardar un bo recordo,inda que sone a manido e a tópico.

Moitos ánimos

 
O 23/2/06 5:51 p. m., Blogger Arduina dixo...

Gracias :)
Esta fin de semana irei á aldea, e será a primeira vez dende que tiña 7 anos que non o vexa. É unha cousa rara, pero o meu pai ten razon cando di que foi un can feliz. Así que mellor así que medio paralitico como estaba, supoño.

 

Publicar un comentario

<< Home