lunes, marzo 06, 2006

Fago unha parada nesta estresada mañá.

Este sabado na Repichoca actuou un grupo belga, cunha musica preciosa, e uns bailes moi orixinais. Foi unha falcatruada tremenda, logo veu mais xente, marcharon os belgas e tocoulle-lo turno ós gaiteiros de aqui, con clarinete e acordeon incluidos.
Por uns momentos pensei que só por iso, non quería deixar Coruña. Botaría en falla ese ambiente. É un luxo poder escoitar e ter tan preto a musicos tan bós. Ademais que o bó é a espontaneidade, a xente canta, baila, toca se quere...
A miña nai di que me asemello moito á miña avoa niso, xa non é a primeira vez que o comenta. Coñecina pouco porque cando eu era cativa ela xa estaba bastante senil, pero a miña nai tenme contado que bailaba sen saber no medio das festas e que era moi coma min (ou eu coma ela).

Un amigo do meu mozo vai traballar a Cork (polo menos xa temos aloxamento gratis ali, jaja). Cada vez que me falan de Irlanda sinto unha morriña tremenda, pero cada día que pasa estou mais convencida de que me vou quedar na Coruña. Comezo a ver as cousas boas.
Estivemos falando un pouco, conteille o que me parecera Cork o pouco tempo que eu estivera ali (que raro se me fai escribir iso, "eu estiven en Cork, estiven en Dublin, en Dingle". Semella un conto, algo irreal). Dame rabia non ser eu a que vaia.
Conseguin plantexarlle isto ó médico, e foi unha liberacion moi grande. Precisaba escoitalo de outra persoa allea "Ou Irlanda sen o teu mozo, ou Coruña con el".
Os meus pais sempre me din que o meu mozo non me ten que frear, e doulle-la razon. Pero é coma un brazo ou unha perna, non podo cortar unha perna, deixala aqui e marchar. Sería unha semi-María :D

Un dia falando coa miña madriña, dixo que o seu marido fora o seu primeiro e unico mozo. Que o queria moito, pero que no fondo gustarialle ter probado mais cousas, estar con mais mozos, viaxar mais.

Hai un mes, falando co meu mozo, neses momentos profundos nos que non hai ninguen na rua e sintes que tes que falar de cousas importantes, conteille que quedara aqui por el (con outras palabras). Dixenlle que non queria estar soa alí, que non me importaba quedar se estaba el. É a verdade. Non quixen dar mais detalles porque sei que se sentiria culpable. Se el é capaz de vir comigo ata alí a vivir para que estea ben co pouco que lle gusta viaxar, eu tamen podo quedar e facelo feliz a el (por este tipo de cousas que conto é polo que non sabe nada do meu weblog, penso que hai cousas que non se poden contar).

Así que nada, a Repichoca fixome pensar. Agora xa non me doe tanto. Pero sigo tendo prohibido por min mesma ver as webcams de Irlanda, jaja, antes era adicta! Así que tirei de Google para ler experiencias de galegos e de amantes de Irlanda en xeral. E din que a música tradicional alí é para turistas, que a educacion infantil é unha merda, que non hai garderias. Aaah, que ben me sentou!
Encantoume ler os defectos de Dublin, por exemplo.
Pensaba "joder, Coruña nunca me gustou, pero polo menos a miña música non é para turistas nin me vou sentir coma tal por escoitala".

Este é un tempo de cambio para min. No traballo, porque estou tendo unhas responsabilidades grandes e vou saca-lo meu primeiro libro deseñado. Na saúde porque por fin estou saindo na merda esta na que entrara. No tema de amizades, porque estou aprendendo a valorar á xente dende outro punto de vista e a non ser tan esixente. No tema do meu mozo, que xa fixemos tres anos xuntos e as cousas siguen mellorando. No da vivenda, que se teño sorte en xuño comezo a buscar un piso de aluguer. E en tantas cousas... Ademais estou conseguindo baixar de peso, que me ven moi ben, e xa non falo de estética, senon de saude.
Fagome vella.

Onte un rapaz no ascensor dixo "Vostede a que piso vai?".

Vostede

.
Manda carallo.

3 valentes:

O 7/3/06 9:28 a. m., Anonymous Anónimo dixo...

Iso non é nada. O outro día crucei cunha muller e a súa filla pequena, que estaba a correr por todas partes. A nai díxolle á filla, "coidado, non lle fagas mao á señora. Señora??? Estiven a punto de dicirlle, "oia, que vostede podería ser miña nai!!!" XDDDD

 
O 7/3/06 1:36 p. m., Anonymous Anónimo dixo...

Que bonito!!! Agás o que te chaman de vostede, claro

 
O 9/3/06 12:42 p. m., Blogger Arduina dixo...

"Vostede" e "señora" :(
Ser vella non é malo, pero que te vexan vella coa nosa idade si, jaja.
Saudiños, perifericos, canto tempo! :D

 

Publicar un comentario

<< Home