lunes, abril 26, 2004

Veño de ver a Liam O'Flynn. Que vos vou contar! O concerto, impresionante, Liam impresionante, os musicos impresionantes... A xente case non se movia, houbo palmas, si, pero podía ter habido máis. Por deus! Que tocaba un reel e estaba todo o mundo quedo no asiento! A min íanseme os pés.
Dixo que lle gustaba moito A Coruña, que se asemellaba a Irlanda.
A miña nai pasouno en grande, di que se apunta a tódolos meus concertos, jaja, xa non terei que ir soa en plan friki.

domingo, abril 25, 2004

Revisando antigos posts do foro de MeriStation lembrei un dun forista, SD, no que escribira unhas letras para cancións tremendas. Déixo un link aqui por se as queredes ler. Recomendables 100%
http://telefonica.net/web/acova/sd.html

miércoles, abril 21, 2004

Un saúdo para Diego, compañeiro de fatigas, jeje. Ten tamén un weblog, para entrar podeder ir por aquí http://perdidoenlared.blogspot.com ou mirar os comentarios de hai un par de dias, que hai unha mensaxe súa.

lunes, abril 19, 2004

Xa estou aqui de novo, sen moitas novidades. Só queria recomendar un libro que lin de pequena que de seguro gustará. É "A cidade maldita", editaa Xerais. Foi un dos meus libros preferidos, non sei onde andará agora (dende que a miña nai obrigoume a meter os meus libros en caixas teño todo que non sei).
Deixovos unha ligazón: http://www.xerais.es/cgigeneral/ficha.pl?codigo_comercial=1343028&origen=2

miércoles, abril 14, 2004

Hoxe fun a polo temario das oposicións. En realidade non me atraen nada, pero recoñezo que son un traballo seguro, e teño demasiadas ganas de independizarme.
Pero o temario é superior a min. Que cousa mais deprimente. 2 arquivadores destes gordos cheos de follas a dobre cara. A constitucion, un libro de administracion e dous manuais de Excel e Word.
Deprimente. E ainda por enriba, caro.

martes, abril 13, 2004

:(
Hoxe traballo de novo. Librei onte e o fin de semana, soubome a pouco. Mañá volvo librar, e despois a traballar 9 dias seguidos.
Que depresion...

viernes, abril 09, 2004

Unha das miñas cancións favoritas é Foggy Dew. Sobre todo, gústame a letra. Inspirame moita forza, escoitoa sobre todo nos momentos baixos. E esa frase final... Recomendovos a version dos Young Dubliners (en realidade, calquera cancion dos Young Dubliners pódese recomendar :D )

'Twas down the glen one Easter morn
To a city fair rode I.
When Ireland's line of marching men
In squadrons passed me by.
No pipe did hum, no battle drum
Did sound its dread tattoo
But the Angelus bell o'er the Liffey's swell
Rang out in the foggy dew.

Right proudly high over Dublin town
They hung out a flag of war.
'Twas better to die 'neath an Irish sky
Than at Suvla or Sud el Bar.
And from the plains of Royal Meath
Strong men came hurrying through;
While Brittania's sons with their long-range guns
Sailed in from the foggy dew.

'Twas England bade our wild geese go
That small nations might be free.
Their lonely graves are by Suvla's waves
On the fringe of the grey North Sea.
But had they died by Pearse's side
Or fought with Cathal Bruga,
Their graves we'd keep where the Fenians sleep
'Neath the hills of the foggy dew.

The bravest fell, and the solemn bell
Rang mournfully and clear
For those who died that Eastertide
In the springing of the year.
And the world did gaze in deep amaze
At those fearless men and true
Who bore the fight that freedom's light
Might shine through the foggy dew.

Mirade o que atopei! http://www.guebon.com
E hai foros! Wiuuuu!

Hai un tempo fun a un concerto de Ávalon. Cando llo comentei a un rapaz dixo que el non iría nin tolo. Sen embargo ali estiven eu. Eramos moi poucos no concerto, 10 ou asi. Sen embargo elas tocaron con moito gusto. Ten que dar magoa ver que non enche-las salas. Si, a sua musica e sinxela, pero fermosa. ¿Que podia ser mellor? Por suposto, pero son un bo grupo. Estounas a escoitar agora, a cancion que mais me gusta é a Muiñeira de Folgoso. Teñen uns arranxos bós. Xa podian sacar outro disco, que teño estos aburridos! :D

Cando coñecín Noitébregos amoseinos a un amigo de Madrid ó que lle gusta moito este tipo de música (ainda que el prefire o Afro Celt Sound System ou como se chamen, aj >_<). Díxome que lles faltaba un bó productor. Pero coño, son moi bós! Teñen unhas cancións tremendas! ¿Por qué ninguén no Governo fai nada por eses grupos?
Pasa o mesmo que coa literatura galega. Moita Real Academia, moita carallada, pero á hora da verdade non tiran polo noso (cantos problemas tiven eu nos exames de galego porque escribia mai -mai dise na zona de Lugo- en vez de nai).
O mesmo que hai grandes grupos (aúpa Guezos!!!) hai grandes escritores. Gustame moito Suso de Toro. Sempre denuncia a censura que sofre e o pouco apoio que ten.
Dame algo de medo pensar que a miña curmá entende o galego pero non sabe falalo moi ben, porque coma ela hai miles de nenos en Galicia. A cultura pérdese pouco a pouco. Hai que ser burro para deixar que isto pase.
En fin, é o que hai.
alon

jueves, abril 08, 2004

Hoxe lembrei cousas de cando era pequena. Houbo unha epoca na que eu vivia cos meus avós, e cada mañá, cando o meu avó ía afeitarse eu ía detras. Botabamosnos a espuma de afeitar pola cara, e eu miraba para el. Cando el remataba, viraba a maquina de afeitar para que non me cortase, e quitabame a espuma da cara como se eu tamen me estivera afeitando.
A miña avoa era desas de "as mulleres na cociña", pero comigo non tiña nada que facer. O meu avo nunca me esixiu ser de ningunha forma. Eu son a sua neta, e nacin nena. E se eu queria afeitarme, por que non? Era un xogo :)
O meu avo vai velliño, pero esta feito un mozo. Planta patacas e leitugas na horta (ainda non conseguiu que lle saisen tomates, di que é polo aire que lle ven da refineria). Nunca foi só avó, senon tamen pai e irman maior. Era o que me daba torta cando os meus pais mo prohibian, e o que me levaba a tomar xelados dicindo que só ia dar unha volta.
Teño ganas de velo, a ver se ven pronto para Coruña.
Non sei que farei o dia que non estea. Hai 3 anos morreu a miña avoa. Queriaa moitisimo, ainda que non tiñamos a relacion que temos o avó e mais eu. Ainda hoxe cando penso nela teño ganas de chorar. Botoa moitisimo de menos. Se isto é asi coa miña avoa, non quero nin pensar como sera cando pase co meu avo.
De todolos xeitos, estea aqui ou non, seguireino a querer moitisimo.

Que ben senta Lùnasa agora.
E despois, sesion de Berrogüetto.
Soa, coma sempre.

Estou triste... Sintome soa na Coruña, demasiado rara para uns ambientes de demasiado normal para outros.
Gustariame comezar de novo noutro sitio, quizais en Irlanda. Pero non son unha persoa forte, non sei se o aturaria.
Sen embargo tampouco aturo estar asi.

martes, abril 06, 2004

Xa teño as entradas para ir ver a Liam O'Flynn!! Ó final é o dia 26, e coincide que teño ese dia libre! :D
Estou a escoitar agora a Gwendal, Liam ten un concerto con eles en Murcia pero a ese xa non podo ir.
O que eu daria por ver a Gwendal en directo.. Que forma de facer musica, son todo expresion.
Vaiseme a pelota :P

viernes, abril 02, 2004

Canto tempo!
Con este turno de noite no que traballo, paso as mañás durmindo. Espero que hoxe non haxa moitas chamadas, en teoría é a "operación saída", e non creo que dende os autos queiran navegar por internet.
Sigo en tension polo concerto de Liam O'Flynn, quero traballar un festivo para que me dean un dia libre e asi poder escoller o do concerto. E tampouco sei se poderei ir a Ortigueira... Iso si que seria terrible :(
Os compañeiros imos ir todos hoxe a tomar algo á saída do traballo, a ver que atopamos aberto, jaja.
Escribiume unha compañeira coa que vou ir a Irlanda no vrao a traballar, está a estudiar un certificado de Cisco, cun pouco de sorte remata nun par de meses. Non sei que traballo pedir en Irlanda, pensei primeiro en camareira de pisos (limpar vateres e cousas asi en hoteis) pero agora tentame o de ser camareira de pubs. Por unha parte, aprenderia moito ingles (e gaelico!) pero por outra podo non entender o que me pidan os clientes! E claro, se son camareira de pisos, como non fale coas camas... Se alguén ten algunha idea ou foi a Irlanda e é tan amable de guiarme un pouco, agradeceríallo moito.
Hoxe entro ás 18h, vou facer tempo rematando de ler El Misterio de Salem's Lot. E mañá pola mañá achegareime ó Corte Ingles a mercar uns libros de Lovecraft que vin que estan baratiños.