jueves, abril 28, 2005

E tal como veu, marchou
Gustariame terme despedido del. Espero que todo lle vaia ben e que fume moitas cachimbas desas que lle gustaban :)

Acabo de descubrir unha tira cómica sobre informática. Estou escarallada aínda, jaja.
A escarallarnos todos

Ai, quem me dera
cal doida velairinha
poder voar, voar
i então sosinha.

Buscaria entre as flores
mais fermosas
para beber-lhe o aroma
a cor d'arminho.

De perfume e de alvuca
então faria
um raminho de bijos
e diamantes.

Simbolos da inefável
alegria
que ferve nos beizos
d'estudantes.

Voaria então,
voaria a Compostela.


A ver se o sabado que ven pode ser.

Noraboa a toda esa xente que agora pode casar. Xa era hora.

lunes, abril 25, 2005

Da maneira mais parva, teño unha conta de Gmail. E podo repartir invitacións. Se alguén quere unha, que me escriba a deutuganeme@gmail.com.
Xa dan 2 gigas de espacio! ^_^

domingo, abril 24, 2005

Que ben o pasei onte no encontro... Xente estupenda, Burela presioso, trataronnos xenial e fixosenos todo moi curto. Fixeron un simulacro de rescate, subin ó helimer, vin un boniteiro, comin laconada, escoitei Ana Kiro no bus e escaralleime todo canto puiden das parvadas que contaban alguns :)
A ver se a fin de mes merco o cable para pasar as fotos ó ordenador e poñoas.
Ser da Cruz Vermella foi das mellores decisions que tomei, estou segura.

viernes, abril 22, 2005

Concurso de fotos
Correos fixo un concurso de fotos. Estaba a mirar uns prezos e din con el. Son fotos tan sinxelas como preciosas. Non fai falla ser un profesional para transmitir algo cunha foto.

jueves, abril 21, 2005

Cando ía en segundo de párvulos, o meu pai deixoume uns libros para levar á clase e lelos.
Eran Fábulas de Esopo e creo que o outro Cuentos ejemplares ou algo parecido. Pero a min gustábame o de Fábulas de Esopo. Non me lembro da editorial, era de tapa dura e tamén editou as continuacións de Mujercitas e El pequeño Lord.

Cando ía no bus, unha rapaza maior ca min quixo ve-lo libro (O de Cuentos ejemplares) e como eu aínda non sabía ler leume "La muerte quiere ser madrina".

Ó chegar a clase, dinlle o libro á profe e ela leu "San Pedro y las cerezas". Todos escachamos coa risa cando leu o título. gustounos moito, e eu estaba leda porque o meu libro gustaralles ós meus compañeiros.

No bus de volta a rapaza maior rematou de lerme o conto empezado.

Cando aprendín a ler de todo, sempre tocaban as Fábulas de Esopo. A miña preferida era La zorra y las uvas. A miña nai regaloume unha cinta de contos que tiña ese conto tamén. Levaba unha cancionciña. "las uvas estan maduraaas aunque ahora las desprecieeeees, al no poder atraparlaaas dices que es porque están verdeees. Mucha gente es como tú. Si algo están deseandooo es el poderlas comeeeer (aqui vai algo que nunca conseguin comprender)"
E veña a cantala o meu pai e mais eu. Aínda hoxe de cando en vez o facemos, jaja. E o actor que fai de Andrés en Aquí no hay quien viva era a voz dun raposo que quería comer as pitas, pero quedaba atrancado por baixo das reixas e o gandeiro daballe cun pau e dicía "ay, malandrin! sinvergüenza! ladrón!". E o raposo laiaba, jaja.

Ós 12 anos regaloume El jardín secreto nunha edición preciosa con láminas ilustradas. A miña nai e a súa manía de levar todo para o trasteiro estropearon un pouco o libro coa humidade, pero ainda o teño.

Seguen a gustarme as Fábulas de Esopo, e lembrome de La muerte quiere ser madrina. Gustaríame recuperar eses libros, a saber onde acabaron...

Algúns pensarán que só falo de libros, pero os bós recordos que teño están ligados a eles. Venme á mente o dos Angelosos. Que bonito era! Todo de cores, duns osos que vivian no arco da vella e querian baixar á terra. Enton a mai fixeralles unhas ás de nube e baixaron á terra polo arco da vella en plan tobogán.
O angeloso verde, que era o da boa sorte, atopabase cunha nena e lle preguntaba se era un elefante, jaja. Os angelosos nunca viran as cousas da terra.
A miña nai líao comigo tódolos días, practicábamos a entoación, e así aprendín a ler ben. Sempre me sacaban a ler nas misas do cole, e ooooh! estou lembrando cando lle din unha palmatoria a Darío Xohán Cabana! Leramos O milagre das estrelas. Eu escribín unha poesía, entre todos mercamos unha palmatoria e deronme un micro (un dos meus soños, falar por un micro, non é coña). Foi no Palacio de Congresos. Achegueime, el sorriume. Eu estaba nerviosisima. Lin a miña poesía, dinlle a palmatoria e dixo que lle gustara moito. Foi moi amable, lembroo con cariño. Ía en 5º de EXB.

Non hai traballo aburrido se se escoita a Chuck Berry mentras. E o destiño parece escoitarme, xusto agora botan na radio Sweet Little Sixteen.
Fareille caso esta vez. Se el é bó conmigo, eu obedezo.
Traballar e bailar non é tan dificil.

miércoles, abril 20, 2005

http://www.theunrealworld.net/unreallog.asp
Estou alucinada con esta muller. Ten catro anos mais ca min. Botadelle unha ollada ó curriculum.
En Xapon, guapisima, cun cabezón impresionante... E só me leva catro anos.
E eu, na Coruña, cun contrato de prácticas, e do fisico nin falamos.

É un momento víctima. Quero telo todo enteiro. Tamen teño dereito. Prohibido pensar "xa se esta a queixar" ou "que pesada" ou o que sexa :´(

Que será de min ós 25.

¿Por qué non nacín máis todo?

Vai rematando a depre, teño os meus trucos. Gustariame ser mellor, pero é un reto. Todos podemos, hai que ser optimista e non ter medo. Supoño...

Xa está.
Xa estou inscrita. Brrr, nervios.

Estou no traballo. Cando chove é deprimente, porque a miña fiestra da a un patio e ponse todo moi gris.
Hai coma un pirulí no medio e pousanse as gaivotas.
Como patio está moi ben, é deses antigos. Case ó mesmo nivel que a miña fiestra hai un tellado, logo un chanzo e outro tellado. Se algunha vez pasa algo, ben podo escapar por el.

Cando estou asi aburrida, poño os auriculares no ordenador e hala, a escoitar cousas. Vou á fonoteca de La Rosa de Los Vientos. Mentres escoito, traballo. Pero estanseme a acabar os audios.

Segue a chover. A casa que teño enfronte ten a fachada gris porque está mollada. Sempre me gustou a choiva mais que o sol, agás cando traballo.

Coas coñas de ir de contrato en contrato hai moitisimo que non collo vacacions.

¡Un pouquiño de ledicia, que carallo!

martes, abril 19, 2005

Adobe merca Macromedia
A ver se se lles pega un pouquiño de Dreamweaver e melloran o GoLive! que da mágoa o pobre...

Seguramente sexa unha foto coñecida, pero eu non a vin ata hoxe e escaralleime con ela.
Foto

domingo, abril 17, 2005

Imprimatur lido. Recomendadísimo se che gusta a historia e a política.
En serio, tremendo. Encantoume. Hai cousas collidas polos pelos, pero se pode dicir que é unha licencia de autor, jaja.

Hoxe botei o medo a pacer e fun co coche ata o Monte de San Pedro, na Coruña. Está preto da miña casa, pero non coñecia a zona e atrevinme :)
Como se nota que non levo a L, que non me pitan se se me cala o coche..

jueves, abril 14, 2005

Emulando a Dorfun


Wel e mais eu imos, está recén decidido, jaja. Imolo pasar ben, que carallo! E ademais coñeceremos xente. Teño ganas de poñerlle cara a alguns blogs. Animadevos!

Sacado de Debatalia, onde o sacaron de Hispamp3

Problemas con las SGAE en el concierto de las Sweet Little Sister en Zaragoza.
Monty, 13/04/2005 (10:20).


Enésimo capítulo de "Las Recaudaciones Milagrosas" y sin ánimo de lucro de la SGAE narrado en primera persona con mucha gracia (menos mal....si no le llega a hacer gracia...).

Voy a relataros lo que nos ocurrió el sábado en Zaragoza. Al llegar a la sala en la que tocábamos, la dueña nos pasó las típicas hojas de la SGAE (para el que no lo sepa, son unos formularios en los que el grupo anota el set list que va a tocar para que, en el caso de que esas canciones estén registradas en la SGAE, ésta les retribuya anualmente a los grupos la cantidad perteneciente a sus derechos de autor).

Hasta ahí todo normal. Realizamos el concierto, tanto nosotr@s como el grupo que tocaba después. Una vez finalizado el concierto, se me informa de que "ha llegado el de la SGAE, tenemos que darle el 10% de la recaudación".

Evidentemente, tras mi sorpresa inicial, me dirijo al interfecto en cuestión y le pido que me explique qué, como y por qué. Si al acojone del pobre hombre en cuestión (metro y medio de calvo en mitad de un garito heavy) le sumamos su escasa locuacidad y su desinformación total, lo que obtenemos es NADA.

El pobre tan sólo supo decirme que debía abonarle esa cifra "por el canon" (¿al de pachelbel se referirá?). Le pregunto que me informe en qué consiste ese canon, que me facilite un documento oficial en el qué se me explique por qué tenemos que pagarle y le exijo que se acredite. Me da una tarjeta de visita (de esas que te puedes hacer 500 en un fotomatón por 2 euros) y me dice que no puede explicarme lo del canon, que eso "funciona así".

Obviamente le digo que no le vamos a pagar, que no entiendo el por qué, tras trasladarme a Zaragoza desde Valencia para tocar nuestras canciones, y sin tener pasta si quiera para poder pagarnos una habitación de hostal (ni aunque la tuviéramos...), le he de pagar un 10% del dinero que se ha recaudado con NUESTRO trabajo a una organización a la que no sólo no pertenezco, sino a la que (cada vez más) odio con todas mis fuerza.

NO ES JUSTO. El susodicho apenas articulaba palabras, se limitaba a decir que "esto funciona así, "aqui siempre lo hemos hecho así" y "sino, lo tendrán que pagar los de la sala..." (dejando caer, que en ese caso, quedaríamos mal nosotros con éstos.).

Al final, el otro grupo, libremente decidió pagar la cifra (si os digo la verdad no se si al final nosotr@s pagamos la mitad, porque para entonces yo estaba siendo sujeta por numerosas personas para que no le introdujera el puto canon vía rectal ).

¿Alguien le ve algún tipo de sentido a esto? Nosotr@s hemos realizado numerosos conciertos y NUNCA habíamos visto algo así. ¿Hay derecho a que esa gente cobre dinero por que nosotros hagamos conciertos? ¿No os parece jodidamente asqueroso que un grupo no pueda ni pagarse una puta habitación de hotel para dormir y tenga que darle dinero a esos ladrones? ¿por qué coño no se dedican a cobrarle, si estos quieren, a la gente que les apoya y dejan en paz a la gente que tan sólo queremos tocar con el único fin de disfrutar de una noche de Rock´n roll sin más aspiraciones económicas que conseguir amortizar la gasolina, el alquiler de la furgoneta, la comida y la estancia? (que es una pasta, todavía no se ha dado el caso de que esto suceda...).

Para más inri, ni siquiera dieron una factura al otro grupo, que fueron los que pagaron (así como cojones demuestran que les han pagado? como están tan seguros que ese dinero no va directamente a los bolsillos de esa persona?)

Del "representante de zona" (cómo ponía en su tarjeta de visita) me despedí con la frase "voy a dedicar mi vida a acabar con vosotros y lo voy a conseguir", y es lo que pienso hacer.

Mañana he quedado con un abogado especialista en temas de SGAE, y cuando me informe convenientemente desde el punto de vista legal, voy a emprender una batalla contra estos ladrones, porque simplemente, NO HAY DERECHO.

Se que no tengo nada que ganar, pero tampoco nada que perder, y el derecho a tocar las pelotas no me lo va a quitar nadie, faltaría más

Sómos muchos más los grupos locales que los famosos, y si todos plantamos cara a esta gente, podemos conseguir que nos dejen en paz, no hay que tenerles miedo, no pueden hacernos nada, ya está bien de que nos roben nuestro dinero (y algo que va mucho más alla que el puto dinero, porque total, 40 euros no van a ningún lado, NUESTRO DIGNIDAD y NUESTROS PRINCIPIOS)

Ale, perdón por el taladro que os acabo de pegar, pero esque estas cosas consiguen sacarme de mis casillas

Saludos

Monty, Sweet Little Sister.

miércoles, abril 13, 2005

Quiero vivir, quiero gritar, quiero sentir el universo sobre mí
Quiero correr en libertad, quiero llorar de felicidad
Quiero vivir, quiero sentir el universo sobre mí
Como un naufrago en el mar, quiero encontrar mi sitio
Sólo encontrar mi sitio

Gústame Amaral. Sobre todo Eva, jaja.

lunes, abril 11, 2005

Un home deses da igrexa dixo hoxe que o Papa lle curou a voz. Disque lle pasou unha mao pola meixela e lle dixo "Haste pór ben". E logo o sanado volveu falar.
Cando estou maliña a miña nai di "Haste pór ben" A miña nai si que é unha santa...

domingo, abril 10, 2005

A soidade fai que o seu compañeiro remate tolo.

La de quien apenas habla más que con su familia, sus compañeros de trabajo y sus vecinos es una soledad muy común en este mundo nuestro. Nos sentimos incapaces de contactar con un mínimo de confianza con quienes nos rodean, tememos miedo que nos hagan o nos rechacen. Plantamos un muro a nuestro alrededor, nos encerramos en nuestra pequeña célula (en ocasiones, incluso unipersonal) y vivimos el vacío que nosotros mismos creamos y que justificamos con planteamientos como "no me entienden", "la gente sólo quiere hacerte daño", "para lo único que les interesas es para sacarte algo", "cada vez que confías en alguien, te llevas una puñalada".

Office 2003 en galego
Si, por fin. O noso Office en Galego. Se estivesemos en certa comunidade autonoma só un 1% da poboacion non o saberia, pero estamos aqui e pasa o que pasa... Asi que nada, a baixar o parche :)

Estou pensando en cousas que facer co meu soldo e teño varias opcións:
a) Apuntarme a clases de conversa en Inglés, estaseme a esquecer
b) Pagar moitisimo e facer o CCNA, devezo por el, pero é tan caro...
c) Apuntarme dunha vez a baile galego
d) Retoma-los meus estudios de violin

Vou por epocas. O violin esixiriame moito, pero encheria algúns momentos especiais e fariame compaña. Co baile galego faría exercicio. Co CCNA seria a superxefa :P jaja e teria un camiño laboral mais, e co ingles disque se vai a todas partes.
Dilemas, dilemas.

miércoles, abril 06, 2005

Hoxe fun a Cruz Vermella a entregar unhas cousas. Teño que ir mais ou menos con regularidade polo seguemento que lles temos que facer ós usuarios.
Resulta que hai un encontro autonomico de voluntarios. A xefa argallou ata que me convenceu, jaja. Vai ser en Lugo.
A ultima vez que falei con voluntarios non foi unha boa experiencia, non sei. Xa evitei ir á cea de Nadal, pero esta vez a xefa animoume moito. Non teño problema en coñecer xente. Custoume moito esforzo e coido que agora son algo mais sociable que antes. O que me da medo de coñecer xente é que sempre acaban fallando tarde ou cedo. E non podo evitar aledarme cada vez que coñezo a alguen para seguidamente pensar "outra persoa mais que coñezo".
Porque coñezo moita xente, pero non se pode dicir que teña amigos "amigos" ós que chamar a horas intempestivas ou ós que lle chorar en certos momentos.
Non foi doado chegar á orixe do meu "problema", de por que evito as aglomeracions e por que cando alguen esta a coller confianza fuxo mais rapido que ninguen. E ainda que me fai ilusion o encontro da Cruz Vermella, sei que verei a moita xente, pero que non a verei mais. Ou se cadra si, pero dende logo non para o que eu a preciso (e eles a min). Estou farta, é como unha rutina. Almacear nomes e caras, dous bicos, un cafe ou unha noite de festa e listo. Ata mais ver. É o que se leva agora.
Hoxe a miña madriña preguntoume que por que saia tan pouco. E mentin. Dixen que era porque estaba cansa, pero que va. Soa moito mellor iso que dicir que non teño con quen sair. Son cú de mal asento, non é facil que me divirta co que fai a maior parte da xente. Pero si que me podo adaptar a moitas cousas, non me queda outro remedio.

martes, abril 05, 2005

Vale.
Recoñezo que me gusta unha cancion de Enya (uf!), Georgie Dann, o Luar, Ana Kiro, Boney M, unha canción do Carlos Muñón, o Dr. Bombay, a novela romántica, Kirby e A Roda. E querería ir vestida de Goaul polas rúas, ou de cenobita.
E escribo isto porque si, que carallo ;P

domingo, abril 03, 2005

Merquei un libro novo, Imprimatur. Ten unha pinta estupenda e estame a encantar, agora vou ler un anaco mais. Ven cun CD coas cancions do libro (musica medieval).

Deberia de dicir algo sobre o papa, pero é que non me sae nada. Sinto que morrese como sinto que morra calqueira outra persoa.

viernes, abril 01, 2005

Rexeito todo o que ten que ver coa Igrexa, pero o Papa caeme ben no fondo. Realmente pareceme unha boa persona, quen sabe.
Só espero que deixe de sufrir. Ningún velliño merece iso.