lunes, noviembre 29, 2004

O sabado canta e toca Mercedes Peon en Arzúa. Para quen queira ir, www.terractiva.org
É xera é xera...

domingo, noviembre 28, 2004

Que bonita é Greensleeves version Milladoiro.

miércoles, noviembre 24, 2004

Tardarei en actualizar. Estou tendo problemas no traballo, co meu mozo e cunha suposta amiga. Blablabla, o de sempre e todo iso.

lunes, noviembre 22, 2004

Morreu a Madre Lydia. Como non leo os xornais non me enteirei ata agora, e xa morreu hai unha semana. Era unha monxa do meu colexio. Queríaa moito. Lembrome de cando era pequeniña e nos daba doces por axudar a limpa-lo patio. Cantos mais papeis recollesemos, mais doces nos daba.
Tamen nos ensinaba a cantar as cancions de misa, daba clases de Relixion e de ingles. Nunca nos obrigou a nada, as clases de Relixión eran clases de aprender a ter amigos, a xogar, a da-las gracias por todo. Con ela tiven a mitica conversa
"Madre Lydia, por que los curas no se pueden casar?"
"Porque estan casados con Dios y solo se pueden dedicar a él"
"Pero tú nos dices que dentro de nosotros hay un cachito de Dios, por que no se pueden casar entonces?"
"Venga, anda, entra en clase"
Canto reñeu comigo, canto me ensinou... Agora doume conta de todo o que a queria, e de cómo unha relacion aparentemente de profesora a alumna é mais do que parece. Gustaríame ter falado con ela e darlle as gracias por todo, pero o tempo rematou.
Asi que gracias pola miña infancia, polas clases de relixion, polas cantigas, polo baile galego, polos doces, polas clases de ingles, por ensinarme a respetar e por mil cousas mais.

Antonte fun ver Alien Vs. Predator. É que me gusta Depredador dende pequena, e Alien é unha das marabillas do meu deus Giger.
A peli gustoume moitisimo, paseino xenial. Non ten un guion tremendo nin uns actores sorprendentes, pero deixase ver e é moi divertida. Os efectos especiais están moi ben feitos, ainda que ó alien puxeronlle unha cola un tanto longa de máis.

jueves, noviembre 18, 2004

O Deus Ex é unha marabilla. Xogoo unha e outra vez e sempre descubro algo novo. Encantame. Esa liberdade de elección e de movementos é tremenda.
Cando o xogo remata, segues a lembrar as rúas de Hong Kong e queres voltar a ese nivel, xogalo mais, descubrir mais cousas.
Gustaríame esquencer o Deus Ex, os Gabriel Knight, o Longest Journey e unha morea de xogos para desfrutalos como se fose a primeira vez.
Tamen quixera esquecer o argumento de libros que me gustaron. Os dos Cinco, os de Lovecraft, Forastera, as poesías de Bécquer...

Agora estou lendo "El astro espantoso", de Gustavo Le Rouge. Estame a gustar bastante, e iso que non son unha ultra fan da ciencia ficcion. Pero se se fala de vampiros, xa vou de cabeza a lelo. Fala dun viaxe a Marte e do que se atopa ali. De mais cousas tamen, claro, pero iso seria destripa-lo libro.
Teño pendente "El pais de la noche", que tamen ten boa pinta.

miércoles, noviembre 17, 2004

Nova anecdota!
Un pobre home estranxeiro desculpouse polo seu pouco coñecemento do castelan e pediunos axuda para desactiva-lo clitoris. Falaba do Stick point, pero el só oira o de clitoris, jaja.

lunes, noviembre 15, 2004

Gústanme moito os libros de Enid Blyton. Agora editaron de novo os dos Cinco e os de nenos, tipo Aventuras de la silla de los deseos (Como me gustaba de nena!)
Eu ando na procura dos da coleccion aventura. Aventura en el circo, aventura en la montaña, aventura en el rio e aventura en la isla. Deses só quedan edicions antigas.
Hoxe deume por ir buscalos. Atopei unha libreria pequeniña que me dixo que os tiña, mañá pasarei por ali a ver se son os que eu digo.
Eu teño Aventura en el rio, Aventura en la montaña e Aventura en el circo (o meu favorito) pero non sei onde... Estou lendo Aventura en la isla, emprestoumo a moza do meu amigo friki e cos meus 21 anos ainda sinto nervios e cousa cando Enid Blyton describe algunha situacion. Tamen vexo a traduccion que lle fixeron, moi graciosa pero moi da epoca. E o sexismo nos libros tamen canta. Pero todo se lle perdoa. É Enid Blyton (nunha libreria á que fun non sabian quen era ¬¬)

miércoles, noviembre 10, 2004

Nova oferta de traballo. Contrato indefinido, pagan formacion e tratanme como a unha raíña, pero traballo soa.
Mais vale malo coñecido que bó por coñecer?

lunes, noviembre 08, 2004

Que fermosa letra!

Já sei namorar
Já sei beijar de língua
Agora só me resta sonhar

Já sei onde ir
Já sei onde ficar
Agora só me falta sair

Não tenho paciência pra televisão
Eu não sou audiência para a solidão

Eu sou de niguém
Eu sou de todo mundo
E todo mundo me quer bem
Eu sou de niguém
Eu sou de todo mundo
E todo mundo é meu também

Já sei namorar
Ja sei chutar a bola
Agora só me falta ganhar
Não tenho juiz
Se você quer a vida em jogo
Eu quero é ser feliz

Não tenho paciência pra televisão
Eu não sou audiência para a solidão

Eu sou de niguém
Eu sou de todo mundo
E todo mundo me quer bem
Eu sou de niguém
Eu sou de todo mundo
E todo mundo é meu também

Tô te querendo como ninguém
Tô te querendo como Deus quiser
Tô te querendo como eu te quero
Tô te querendo como se quer

sábado, noviembre 06, 2004

Teño esto moi abandoado, pero é que non atopo tempo! Entre o traballo e a Cruz vermella case non teño vida propia. As fins de semanas pasanme voando porque de tantas cousas que teño que facer desaparece o tempo!
Ademais cando saio do traballo dame preguiza voltar á miña casa. E os venres pola tarde penso "Que ben, vou descansar!" porque outra cousa non podo facer, se quero sair teñoo complicado. O meu mozo o pobriño pasa o dia estudiando, e nen a nosa relacion nen a miña vida avanza perceptiblemente.
Onte fun á Cidade Vella. O meu amigo friki (o que me empresta as pelis) dixo de mercar un baixo entre varios e vivir ali coma se fose un estudio. A idea non é mala, pero mercar un baixo para vivir implica vivir aqui, e cada dia teño mais claro que me quero ir. Gustaríame ir a un pobiño galego perdido entre as montañas, pero sen os cotilleos e as envexas tipicas. Estaria ben formar unha comuna, vivir no campo con certas comodidades, lonxe dos clones e do Gran Hermano.
Hoxe vou de compras. A ver se lio ó meu mozo e o levo á Repichoca, onte fun e habia un cheiro a cigarros da risa incrible, pero tamen habia musica galega.
O luns xa traballo ^_^ Teño o coche aparcadiño e non vou collelo ata enton! Decidin pitar a todo aquel que faga algo peligroso para min, asi polo menos non rabeo soa, jaja.

miércoles, noviembre 03, 2004

Que dia o de hoxe... Amanecin coa nova do topónimo e da nai que o pariu. Como carallo vai medrar Galicia con trapalladas asi e con galegos que pensan como pensan? Prefiro non entrar en temas de merda porque acabo anoxadisima.
Noxo.
E cando veño cara a miña casa, un subnormal sae do carril de dentro da glorieta e por pouco me leva por diante (eu estaba no de fora xirando pacificamente). E cando vou para o traballo saen dous dun aparcamento sen mirar.
Grrrr

lunes, noviembre 01, 2004

Subiron a velocidade do ADSL pero non se nota. Se antes con 256 ía a 121, agora con 212 vou a 221 (non é coña).
O dia que viva soa poñerei o meu soñado cable con R! Xa o teño pensado, combo R e tódolos dias a ve-las canles Historia e Calle 13.
Estou leda porque mañá vou ir traballar. Espero que non haxa moitisimo traballo, gustame ve-los meus compañeiros. Cando non hai chamadas pasamolo moi ben.
Estou rematando de ler El origen perdido. Como eu sabia, ten o seu punto malo onde o teñen tódolos libros de Matilde Asensi e de Perez-Reverte: no final.
O seguinte que hei ler será un de Sherlock Holmes que merquei de segunda man por 2€. Como traballo ata tarde non me da tempo de ir á biblioteca. Quizais o venres, que saio antes, me achegue. Teño pendente Los crimenes de Oxford, recomendado por Dorfun, e La cruz ardiente, continuacion dunha saga de libros historico-romanticos que me encaaaaantan! Solicitei á biblioteca que o mercase e me mandaron unha carta dicindo que o farían, e agora sempre esta collido por alguen! Vou se-la ultima mona que o lea, grrr.
Teño algo de febre, onte tiven moita tos pola asma e hoxe erguinme case sen voz e algo preocupada (a ver que fago eu no traballo sen voz!) pero agora volveume a voz e subiume a febre.
Estiven xogando á Play, ó Final Fantasy X (agasallo do meu mociño) e non dou pasado dunha parte!!Hei levar de paseo a tarxeta de memoria ata a casa do meu mozo e a ver se me pode botar unha man, que estou farta de non me poder salta-lo video previo ó combate e ter que aturalo unha e outra vez.