viernes, diciembre 31, 2004

¡Feliz aninovo a todos! Que sexades moi moi felices, ainda que ás veces pareza algo difícil no fondo somos nós os que o complicamos :)

¡Isto é totalmente novo! Da páxina de Haloscan, onde teño os comentarios:
All comments over four months old are archived for non-premium members. These comments are simply moved to a different database and are not deleted.
Claro, por iso non localizaba os vellos comentarios!! Algunha idea? Os de blogger non me gustan.

Hoxe dixeronme no traballo que non tiña que ir mañá porque me debian un dia de vacacions. Asi que rematei. Que peniña, despedinme de todos pero habia xente que non ven ata primeiros de Xaneiro que se portou moi ben comigo e non lles puiden da-las gracias. A ver se cando vaia polo finiquito estan por ali.

Por certo, son as dúas da mañá. Gustaríame ver a esas parvas dos anuncios de compresas e ós cabróns dos creativos. Que me veñan explicar que ten de bonito ser muller e non poder durmir da dor nen con pastillas. Isto é inhuman, de verdade. Creo que prefiro que me amputen unha man en vivo. Polo menos a dor sería xustificada!

Teño cousas que me fan rir, coma o novo friki da rede.

martes, diciembre 28, 2004

Vou escribi-la letra da invencion do canto, pareceme orixinal.

Un home estaba sentado na sombra dunha enciñeira
cando escoitou na ramaxe unha ave cantadeira
lanzada en cantarola sen mensaxe, sen destiño
ou igual cantaba ó sol que subía de contino.
O home era cazador cansado do seu cazar,
escoitou a cantarola e deu en querer soñar.

Subía a mañá dos tempos
e non había cancións.

Desde aquela na enciñeira sentouse o cazador
a escoita-la muiñeira e a soñarse cantador.
E asi o cazador foi usando a súa clave
e abrindo a súa alma cazou a alma da ave.
Levouna para a caverna, estudiouna ó pormenor
e de chío en rechouchío descubriu o Do Maior.

Subía a mañá dos tempos
e non había cancións.

Foi monxe no seu mosteiro, cantoulle ó Deus que o fundou.
Foi trobador e guerreiro, cantigas de amor cantou.
De Gregorio ata Sinatra volveuse voz apurada;
da caverna ata o casino fíxose unha ave dourada
que voa no ceo do Scala e no Royal Albert Hall,
sobre campos de algodón e urbes de Rock and Roll.

Baixa a tarde dos tempos
e aínda se inventan cancións.

Merquei o DVD de A cantar con xabarin que vende La Voz de Galicia. Veñen seica tódolos videos e nun cd aparte algunhas cancions. Peeeero a min faltanme videos! Chula gaiteira, Nordes... seguro que algun outro. Non me vale iso da coleccion completa de videoclips porque non o é. A ver se sacan outro cos que restan, estou leda por poder velos as veces que me dea a gana.
De todolos xeitos estan moi ben! Non sabia que A invencion do canto tivera video, encantame a cancion. E o video de Estou na lavadora é distinto ó que botaban na tele!
Pero que leda estou, voltei á miña infancia ^_^ O meu pai dí que é ruido todo, pero tamén lle chama ruido a Gwendal asi que non me fio...

É tan horrible...

lunes, diciembre 27, 2004

¿Cómo foron esas festas? ¿E o importante: Cal foi o menú? ¿Percebes, cocido...?
Este nadal veu o meu avó da aldea. Pobriño, el queria celebrar ali o nadal pero como teño alerxia ó pó e está a facer obra non puido ser. Comemos carne ó forno, ou o que é o mesmo, carne asada con cebola. Regaleille un libro de cultivo de rosais e está que non mexa con el, gustoulle moito, jaja.
Agora estou soa na casa, os meus pais foron levar ó avó a aldea e quedei aqui coas miñas pelis e os meus libros. Hai uns dias afilieime a Biblos, o Clube de lectores con todo en galego ou portugués e estou a ler o libriño que me deron, O pai do artista.
Onte foi un día de cine. Recomendo encarecidamente 3-iron. É unha peli xapo ou koreana (sintoo, non me lembro) preciosa. Tiven que collela con subtitulos en castelan porque non se editou en España (nen se editará :( ). Trata dun rapaz que vive nas casas onde nese momento non hai xente, e en troques lava a roupa, arranxa aparellos... Nunha desas casas atopa a unha muller maltratada. E vou calar ;)
Tamén vin El maquinista, una pelicula cun irrecoñecible Bale e moi ben feita, cuns actores tremendos (aborrezo que os actores españois se doblen a si mesmos grr) pero predecible a metade do tempo. E moi leeeeenta. Vina na sesion da 1 da mañá, que gustiño ir asi ó cine.
Mañá rematan as miñas vacacións. Quedanme 3 dias no actual curro e logo a empezar de cero, coincidindo co aninovo.
Espero que estedes pasando unhas boas festas.

viernes, diciembre 24, 2004


¡BÓ NADAL A TODOS!

miércoles, diciembre 22, 2004

Estou de vacacions! Unha semaniña, que ben ^_^
Os coches estan imposibles nesta epoca, parece un pesadelo do coche fantastico!

lunes, diciembre 20, 2004

Oleee!
Pasado mañá, ou sexa o mercores, comezo as miñas vacacions. Tralariii
Por unha parte é unha magoa que me toque noiteboa e nadal porque queria ir unha fin de semana a algures. Pero pola outra banda asi estou mais tempo co meu avo
Vou comezar unha lista tipica de propositos para o novo ano, deses que nunca se cumpren jaja. Que as numere non quere dicir que vaian nesa orde.

1 - Argallar todo para poder ir a Ortigueira e a Lorient (babaaas :-)~)
2 - Apuntarme a Xacarandaina
3 - Pasar mais tempo coa xente da Cruz Vermella
4 - Retomar o meu merda-aprendizaxe de violin, que o teño para algo.
5 - Ser mais optimista.

Ea, xa irei engadindo. E vos? Tedes propositos? Cales?

jueves, diciembre 16, 2004

Sen comentarios....

martes, diciembre 14, 2004

Gustame mira-la estanteria nova da miña habitacion porque está chea de cousas realmente miñas, relacionadas comigo.
Enrriba de todo teño a fadiña Fliday, agasallo dos Reis pasados. Pensei que me daria medo pola noite (con certas cousas son moi cagona) pero non.
Na seguinte balda teño o manga. Tiven que facer dúas ringleiras, unha detras da outra, para que caiberan todos. Dende onde estou sentada vexo Maus, e lembrome de canto reflexionei mirando para os pobres ratos. Tamen vexo Lovecraft, un comic preciosista cunha introduccion de Carpenter que me fai pensar no moito que me gusta a arte e o pouco que me dou conta ó longo do día.
No estante que hai xusto debaixo teño a música. Hai de todo, incluso teño un Technics e un disco de Extremoduro. Gustame moito mirar para os cd's e ler os libriños. O primeiro cd que merquei foi un de La Frontera, e a coleccion foi medrando moi rapido.
Diante teño o meu reloxo de Doraemon sen pilas porque canta demasiado alto e da susto cando estas a durmir :D
Seguimos baixando os estantes. Aquí teño a miña mini-enciclopedia das fadas e dos trasnos, a miña coleccion de Shannara repudiada por tanta xente e que tanto me gusta a min, libros de Lovecraft, de Poe, de Laura Galledo e de Diana Gabaldon. Vaia mestura.
A estanteria da dereita está chea de videoxogos... Hai un estante para os que viñan en caixa grande (Tomb Raider, Heart of China, Gabriel Knight..) e o resto son para os que veñen coa caixa en formato DVD ou na de CD de sempre.
E no ultimo estante esta a miña coleccion de SuperLópez, coa primeira edicion dos Petisos Carambanales e todo!

E é que todo isto son eu. Pode soar moi materialista pero non o é, ou iso creo. Son os meus gustos, no que gasto o tempo. E estou orgullosa de ter chegado a isto, de ter xuntado paseniñamente cousas que se alguen ve pode interpretar sen erros.
Se cada un de nos botase unha ollada pola sua habitacion, que veria? Seguramente o proceso de madurez polo que pasou, os desgustos ou as ledicias. E recapitulando, a vida non parece tan mala cando podemos definirnos tan sinceiramente e ver o que cada cousa nos fai lembrar.

Hoxe estiven a ler unha entrevista na Voz de Galicia a Arzak. Non entendo disto da cociña, pero sei que Arzak e Arguiñano son famosos e tal, jaja. O señor Arzak di que a cociña galega é das mellores do mundo e que non a vendemos como é debido.
A verdade é que en xeral o noso vemolo con tada naturalidade que non lle damos a importancia que se merece. É un erro tipico galego. Vaaaale, doutros sitios tamen, pero non mo neguedes, o 80% dos galegos teñen moi pouco amor polo seu e moito polo dos demais.

A anécdota informática de hoxe foi un Pentium cutre con Win98 que funcionaba como servidor e como posto de traballo. E claro, rematou escaralladiño... ¿Cómo explicar semellante cafrada a un cliente que o fai?

Hai dous dias recibin un correo electronico dun usuario agradecido pola miña profesionalidade e amabilidade (iso dixo el, eh?). Este traballo non é tan malo, que mágoa non ser indefinida nesta empresa.

lunes, diciembre 13, 2004

Alguén ve Everwood?
Grabei os capitulos do domingo e estivenos a ver agora, non puiden rematar o segundo capitulo!
Por deus, en que pensan os guionistas?
Horrible, horrible...

domingo, diciembre 12, 2004

Acabo de pasar polo blog de Dorfun e vou copiar un pouco a idea de escoller ós mellores do ano, pero tamen escollerei os peores, que teño agora un ratiño libre e apeteceme soltar rollo. Ampliarei as datas, e escollerei os titulos dentro do que eu vin ou escoitei este ano, non do que se fixo, ainda que tentarei non facelo :)

Cine
A mellor peli que vin este ano foi El Bosque. Pareceume orixinal e preciosa. E namoroume a ceguiña. Tamen me gustou Alien Vs. Predator, pero a outro nivel, jaja. E por suposto Shrek 2, que me fixo escachar coa risa.
Hai pouco onde escoller porque case non vou ó cine e vexo pelis oitenteras na casa.
A peor peli que vin foi, sen dúbida, Sorum (ou como se escriba). Por ahi adiante poñena como una peli xapo moi boa e toda a historia, pero puf, eu aburrinme ata niveis insospeitados.

Música
Este ano descubrín Kila gracias a vos (graciñas!) e estame a gustar moito. É dificil escoller o mellor disco, pero quedariame con Lemon & Buns. Ainda que tamen me quedo co novo de Lúnasa, Ajrú da Peón (gustame mais Isué, pero Ajrú non está mal) e con Terradentro de Guezos.
Como peor música, Bisbal, El canto del Loco e compañia. Pero sobre todo El canto del Loco. Non podo escoitalos nen un segundo, poñome mala. E Bambú Bambú, de Las Primas. Xa non hai vergoña nen propia nen allea... Agh! E Obsesion! Arrincademe as orellas, non quiero escoitar algo asi nunca mais!

Libros
Empezarei polo peor. El enigma del cuatro, un libro no que non pasa nada, iso si, saberemos cousas de Princeton coma se tiveramos estudiado ali. E El Codigo Da Vinci, puaf.
Como mellores libros, Memorias de Idún: La resistencia, da miña amiga Laura Gallego. Non esperaba menos dela, pero o libro está tremendo. Tamén El secreto del agua, de Tomás Val pareceume moi bó, e El pais de la noche, de William Hope Hodgson.

Comics
Aqui si que vai ser dificil, porque dende que traballo non paro de mercalos..
En canto a manga, Paradise Kiss é un shojo único. Eu diría que dos mellores que existen.
Hana yori dango ou No me lo digas con flores é outro shojo que está medio comezado. Leva unha boa marcha e non está nada mal.
Tamen tiven a oportunidade de ler a Jiro Taniguchi e o seu Barrio Lejano, unha edicion de luxo para un comic que o merece. Taniguchi impresionante, coma sempre.
En canto a comic non xaponés, lin V de Vendetta, do incrible Alan Moore. E The Hammer, agasallado polos meus amigos frikis no meu aniversario, co que rin moito.
Do peor que lin en manga Caramel Diary gaña. Gustame o shojo, pero este manga é unha trapallada.
E de cómic non sei que dicir porque merco mais manga. Pero o crossover Fathom-Witchblade que lin non me gustou nadiña.

Hala, xa rematei.

-¿Qué estas a facer?
-Quererte moito

Parvadas coma estas aledanme o dia :)

jueves, diciembre 09, 2004

Esquencinme de contar cousas estes dias. Non é que sexan interesantes pero para min hai novidades porque atopei un sitio para pasar horas nel: A Repichoca.
É unha taberna que hai na rúa Orillamar, pertiño co cemiterio de San Amaro. Hai sillons, tallos pequeniños, sillas, mesas coma as dos salons da aldea... As lámpadas son antigas, a cervexa boa e barata, o licor café forte e a música tradicional. Ademais ven xente con pandeiretas e toca, baila e canta. E se queres festa podes meterte no medio a bailar tamen, jaja.
Fomos o meu amigo friki, a súa moza e mais eu. A ver se hai sorte e mañá ou pasado voltamos. Ó meu mozo non lle vai gustar, xa farei por que lle guste.
Dixo a moza do friki que estaba disposta a vir comigo a Xacarandaina. O novo traballo queda perto do sitio, así poderei ir por fin a baile galego e non irei soa. Cun pouco de sorte, tempo e diñeiro poderei aprender tamen pandeireta ou gaita...
:)

Non podia deixar de comentar algo sobre o accidente que houbo hoxe. Vale, hai moitas cousas piores, pero quedei pampa. Un fillo do demo ía en direccion contraria pola autoestrada e bateu cun turismo no que ía unha familia. Os pais morreron, o fillo de puta tamen, e quedaron dous nenos orfiños duns 5 anos vivos.
É demasiado horrible para ser verdade. Que nuns minutos a vida dunha familia escache desta maneira.
O aplauso é para un camioneiro, que baixou do camion cun coitelo para corta-los cintos de seguridade e saca-los neniños do coche. Non só merece un aplauso, eu darialle moitisimo mais.
Que sorte tivo o cabron que ia en direccion contraria. Nin lle desexo que tivera quedado tetraplexico porque ainda por enriba terian que mirar por el. A xente así é lixo (a xente imbecil, non os pobres tetraplexicos, qe xa bastante teñen). É cruel, pero cada vez que penso en como van medrar eses nenos, lembrando como morreron os seus pais...
É demasiado arrepiante poñerse no seu lugar.

miércoles, diciembre 08, 2004

Imaxe
Estou flipando con esta figura, que ben feita esta! Vouna mercar, terei que oir os berros dos meus pais, pero paga a pena.

sábado, diciembre 04, 2004

Uf, que momentos mais raros..
Onte dixeronme que só me renovaban por un par de meses mais. Logo, por non ser bilingüe español/ingles xa non lles interesaba.
Estou algo doida, levaba uns dias convencida de que me estaban a intentar botar, cambiaronme de liñas un par de veces, levo perdida unha semana, indo todolos dias e con chamadas que non teño nin idea de como solucionar.
Por sorte tiña outro traballiño en espera. Ese ó que fun face-la entrevista. Resulta que me colleron. Empezo o día 2 se se pode xa. Os meus xefes novos semellan ser moi amables, non se lles ven gañas de explotarme e están sendo moi amables. Xa de entrada queren darme un curso. Traballarei dende casa, cun portatil de empresa.
É unha boísima oferta, só espero non decepcionar a ninguen, como en esta empresa, que estaba mais verde que que sei eu... Ainda que pouco a pouco fun espabilando, foi a un ritmo mais lento.

Estou soiña na casa, arrefriada. Tomei unha droga destas para non ter mocos (jaja, que noxo) e vou tirando. Agora vou poñe-la Play2 e a xogar, que xa levaba dias sen levantar cabeza e non me gusta nada esa actitude miña derrotista.

Estou tamen escoita que te escoita en Kila, hai cancions que se non fose polos instrumentos que tocan diria que son de Gwendal. Agora tocalle a The Liostirin Waltz, que bonita é.

jueves, diciembre 02, 2004

Creo que xa as dixen nalgunha ocasion... Teño mamoria de peixe.

Non é que non o intentemos porque sexa dificil;
é dificil porque non o intentamos.

E outra

Un libro aberto é un cerebro que fala
pechado, un amigo que agarda.
Esquendido, un corazón que chora.

Fraseciñas parvas para momentos parvos.