jueves, marzo 31, 2005

http://www.facua.org/noalcanon/
Estou tan cansa que so podo poñer unha ligazon.

domingo, marzo 27, 2005

Uf, o meu avo contaxioume o arrefriado... É un supervirus o que teño, porque o meu avó non colle nunca nada.
E por outra banda, estou leda porque a un amigo meu estanlle a ir ben as cousas de novo. Sintome como unha personaxe de manga cursi que se pon leda por todo o que lle arrodea, jaja.

jueves, marzo 24, 2005

Hai un tempo falei dun rapaz que marchou. Ata agora non quixen falar moito con el, levamonos moi ben e eu escollin estar co meu mozo. Pero a cousa cambiou.
Sen embargo seguimos levandonos igual de ben. Seria unha magoa que unha amizade asi se perdera.
Cada vez que me fai rir, cada vez que adiviño o que me vai dicir, ou cando me di que vaia a Irlanda, preguntome se faria ben. A dubida desaparece ó cabo duns segundos, estou moi leda co meu mociño. Sen embargo non vou deixar de querer a este rapaz. Pero a querelo de forma diferente, como un amigo que é. Vou agochar o outro tipo de amor mooooi profundamente e só deixarei que saia ese, o de bo amigo :)

miércoles, marzo 23, 2005

Hoxe leo no Qué!:
"Una mujer india se suicidó para que sus hijos ciegos pudiesen recibir sus ojos y ver, según publicó el lunes 'The Indian Express'"

lunes, marzo 21, 2005

Hoxe saio nas carta ó director de La Opinión Coruña.
Aínda estou flipando, jaja. Eu só lles mandei unha felicitación, gustoume que non calaran o que os outros calan (falo da casa do alcalde da Coruña)e quería que soubesen que pola miña banda, fixeron moi ben.
E de casualidade collo hoxe o xornal e comezo a ler e penso "Que carallo, esta carta soame". ¡E resulta que era a miña!
Deume a risa no medio do bar. ^_^

domingo, marzo 20, 2005

O meu amigo friki e mais eu falamos onte. Non me pediu perdon nin nada semellante.
Estou moi doida, pero estarmos sen falar non vai axudar a nada.

Ando a ler O Brindo de Ouro por cortesía do seu autor ^_^ (Gracias!). Empeza moi ben e enganchoume pero volvo estar soa na casa e non teño moito tempo para ler. E vou ter unha semana de traballo terrible...

sábado, marzo 19, 2005

Acabame de chegar este e-mail
Si aceptas a Dios y a su hijo Jesús el Cristo, entonces si así lo deseas, visita esta página
www.enelnombredecristo.com
Lee el mensaje de sus Angeles y que Dios te bendiga.

Un abrazo
xxxx xxxxx (O tio pon o seu nome)

Pd: esto no es un mensaje de caracter religioso, es una experiencia real acontecida a una persona real
Gracias
Esto no es una lista , usted solo recibirá este mensaje.

Con todolos meus respetos, a xente non ten outra cousa que facer?
Brr, que calafrio, dame bastante noxo o tema da igrexa e de Deus.

viernes, marzo 18, 2005

miércoles, marzo 16, 2005

O meu "amigo" friki segue sen dar sinais de vida. ¿Realmente podo chamalo amigo?
Esta fin de semana o meu mozo marcha outra vez. Estou triste por non podelo ver, pero encantanme esas fins de semanas eu soa na Coruña, a velas vir. Se meu pai trae o coche de volta xa seria perfecto :P

lunes, marzo 14, 2005

Namorei de novo.
Namoreime de Santiago.
Esta fin de semana fun ata alí cun amigo a ver a uns rapaces que coñeciamos. Baixamos do coche na Rúa de San Pedro e fomos achegandonos ata a Praza do Obradoiro.
Agora a Praza de España e a Cidade vella da Coruña parecenme pouca cousa. Quero ir por esta cidade cos ollos pechados para que non se me esquenza a fermosura e a meiguería de Santiago.
É un exemplo de cómo se pode ser galego, de cómo se poden conservar as tradicións, a forma de ser, todo o que sempre fomos, e á vez que todo isto se pode ser cidadano do mundo, acoller as demais culturas e recibir cos brazos abertos a todo aquel que veña de visita ou quen sabe se a vivir...
Foron unhas poucas horas nada mais, pero voltarei, xa o creo!

Santiago queda lonxe do meu traballo. Foi o mais terrible que pasou esta fin de semana. Darme de conta de que non a vou voltar bicar ata quen sabe cando.
Pero se eu agardei por ela todos estes anos, ben que pode ela agardar uns diíñas mais por min.

Hoxe sintome lirica. Teño unha morea de traballo, de súpeto os meus xefes volveronse preguiceiros. E estou aqui e alá á vez. ¿Será Irlanda a metade de perfecta que Santiago? Teño ganas de viaxar e de ver, agora que podo. Agora que realmente parece que teño 21 anos, que podo desfrutar da miña liberdade relativa e do meu diñeiro.

Se isto é a vida, benvida sexa.

jueves, marzo 10, 2005

Festa festa!
O dia 19 toca Guezos ainda non sei se en Ponteulla ou en San Mamede de Ribadulla.. o caso é que tocan coa Peón e con Susana Seivane.
E resulta que o dia 19 é sábado ^_^ ¿Alguen se anima?
"Chega marzo, e comezan as celebracións gastronómicas no concello de Vedra.

A primeira cita é a festa da augardente. Este ano vaise celebra-lo sábado 19
de marzo .

Previamente a cata realizarase o venres 11 de marzo no campo da festa de San
Mamede de Ribadulla.

A festa comezará co acendido das potas ás 13:00 horas .

Logo de poñe-las potas en funcionamento celebrarase no campo da festa a misa
cantada pola Coral de San Mamede de Ribadulla.

Ás 14:00 horas terá lugar o pregón a cargo do Sr. Ángel Bernardo Tahoces e
seguidamente actuará a escola de música de Santa Cruz de Ribadulla.

Xa logo pola tarde, despois de degusta-los produtos típicos da zona,
(filloas, chourizos, polbo, etc) haberá diferentes actuacións musicais e
folclóricas a cargo do Grupo Filandeiras de San Xián de Sales , e a
Asociación Cultural Santiaguiño de San Pedro de Vilanova.

Xa ben entrada a noite poderase degustar de xeito gratuíto unha gran
queimada , que terá como esconxuradoras ás actrices Mariana Carbajal e Mela
Casal; máis coñecidas como "Maribel dos Tonechos" e "Socorrito".

Para que a queimada non se faga "dura" , os organizadores da festa
prepararon unha noite de moita troula e pándega cun impresionante festival
de música folk , que contará coas actuacións de Peter O´Reilly, Susana
Seivane, Mercedes Peón, Xoquilmica e GUEZOS.

A festa continuará ata altas horas, ou ata que o corpo aguante"


PERO QUE BOA PINTA! ¡filloas! ¡chourizos! ¡augardente! ¡sábado!
O que non sei é como facer para achegarme alá, terei que preguntar na estación de buses. Veña, apuntadevos!

miércoles, marzo 09, 2005

Tiña escrito unha mensaxe longa pero blogger petou.
Viña a dicir que hai unha persoa coñecida que me le dende hai tempo e eu non o sabia. Pensei en pecha-lo blog, hai cousas que conto que non quero que ninguen coñecido as saiba, pero a estas alturas é un pouco tarde.
Xa mo podia ter dito antes, que ruin. Sabendo que eu non lle queria dar o enderezo a ninguen, e non mo dixo ata onte...
Hai un tempo perdin a confianza en alguen. Pouquiño a pouco recupereina. E agora volvo perdela.
E se a esa persoa non lle gusta o que digo, que non veña a mete-lo fuciño por aqui.
Hoxe si que estou desgustada e amolada.
Como dicia na anterior anotacion, a estas alturas ainda me fio da xente. Parva de todo.

martes, marzo 08, 2005

Dende a fiestra do meu traballo vexo a un rapaz tende-la roupa case todolos dias.
Os primeiros dias metiame medo unha especie de bolsa que penduraba pola parte de atrás do seu balcon. Como estou chosca e non vexo ben, semellaba unha persoa.
Seica a roupa nese balcon seca ben, porque hoxe xa puxo mais e quitou a outra.
Ás veces traballar soa ten este tipo de cousas. Saeme a vena mistico-verduleira. Debe de ser de psiquiatrico verme fitar ó rapaz mentres dou chimpos na silla escoitando música.

En Maio vou a Madrid. Teño moita gana, ainda que non dou aforrado nadiña. Queria mercar milleiros de libros de Enid Blyton (ando na procura dos da serie Aventura) e milleiros de peliculas, e milleiros de donuts no Dunkin'Donuts. Xa de engordar mellor engordar todo dunha vez, jaja. Hai un tempo cando estaba de moda a liposuccion pensaba que de ter que facerma, deixariame esmirriadiña, para asi poderme dar atracons de cando en vez ata poñerme normal.

domingo, marzo 06, 2005

Onte rifei co meu amigo friki. Que culebron.
Dende que esta coa moza non o vexo case nada. Hai un mes chamabao cada dous dias ou asi para ir tomar algo, pero rexeitaba a chamada. Un dia fomos darlle unha sorpresa e agardamolo no portal dunha amiga (sabiamos que estaba ali). Dixo que que faciamos ali, que el tiña que marchar a ver á moza, que estaba maliña. Maliña si, pero unha hora á semana ben poderia darnola. Pedinlle que non rexeitara as chamadas, que se non podia quedar mo dixera. E pasou de rexeitalas a non colle-lo telefono.
Despois de mes e pico, onte vino de casualidade, atopámonos. "Veña, imos tomar un licor café." "Si, agardade na Repichoca e nós xa vamos agora". Unha hora e media despois, chameino ó móbil porque o meu mozo e eu marchabamos, cansos de agardar. Non o colleu. Insistín, colleuno a moza, xa viñan de contado. Cando baixaron dixen que marchabamos, que estabamos fartos de agardar, e que a ver se pasaba outro mes sen vermos. Din a volta e funme.
Un día despois, nen unha chamada, nen unha mensaxe. Só unha conversa por Messenger (e porque o abrin, que se non nin iso) dicindo que son moi inxusta porque a moza estaba enferma. Claro, eso xustifica que nin colla o telefono.
O mellor foi que hai unha semana atopamonos cun amigo comun, e dixo que iria con uns rapaces, porque xa non podiamos contar co outro. Eu dixenlle que estaba triste e que xa parecia que non nos queria ver. El confirmouno.
E onte enteireime de que este rapaz andara a contarlle isto ó friki palabra por palabra, e non lle dixo que el pensaba o mesmo. A mala era eu.
Si, a mala son eu. E é que son parva, porque non me alporizo nunca, nunca lle boto na cara nada a ninguén (atopoo desagradable) e cando realmente estou cabreada, parece que son eu a que o fago mal.
A estas alturas e aínda me fio da xente.

jueves, marzo 03, 2005

Brrr que frio!
Hoxe fun mercar unha regleta para o traballo. Cando voltaba vin un cego destes que vende sorte (jaja) ó que lle berraba un dun kiosco que habia nunha beirarrúa un pouco lonxe. Dicia "Avisa a Edu, avisa a Edu!". E o cego berrou "¡¡Eduuuu!!".
O tal Edu era un velliño que estaba a marchar da zona. Deu a volta e fixo que pisaba ó cego en broma. O kiosqueiro escarallabase dende o seu recuncho, porque o cego foi rapido e afastou o pé, jajajaja. E estiveron así un rato. Eu non podía parar moito porque tiña que voltar ó traballo. E mentres seguian facendo o parvo pensaba "Estas son as cousas que se van perder cando a cidade creza e se deshumanice"
Os galegos somos moi asi, moi de pobo, de facer parvadas pola rúa, de falar co que temos ó lado. E estamos a perdelo :(

miércoles, marzo 02, 2005

Hoxe alguen dixo "amiga". E a amiga son eu.
Que ledicia ^_^

martes, marzo 01, 2005

Non é que La Voz de Galicia sexa moi fiable, pero por se serve de algo, aquí deixo un anaquiño do que lin hoxe e que require participación. Eu xa mandei a miña, ainda que non a publicaron (non sei se o faran mais adiante).
O suplemento Culturas de La Voz cumple cen números. Para celebralo, o vindeiro sábado 5 de marzo publica unha entrega especial do caderniño na que se recollerán cen ideas para a cultura galega.
Invitámoslle a participar a través desta páxina. Agardamos as súas propostas.

A páxina é esta.

Jiji, deberon de quedar sen riles do esforzo de escribiren en galego.


Edito: Morro coa vergoña! Publicaron o que escribin. Agora que o leo pareceme unha parvada...