domingo, mayo 30, 2004

O primeiro: Estou rematando xa a 5ª tempada da serie de Stargate. Se alguen ten a 6ª e a 7ª e pode emprestarma agradeceriallo moito, por suposto se eu poidera empestarlle algo fariao encantada.
Vaia morro, jaja.
Estou cos ollos como duas laranxas. Onte atopei o meu limite co tequila. Triste pero certo. E nunca mais. Non me gusta perde-lo control, atópoo denigrante. Non me pasei, pero deume por chorar, foi moi raro porque non podia parar.
Que noxo, nunca nunca mais.
Na comunion do meu curman paseino ben, tocoume xantar na mesa cos curas, puaj! Que par de machistas de merda! Se xa non me gustan os curas estes menos. Ó rematar de xantar funme de alí. Vin ó meu curmanciño Nachete, parece Shin-Chan! Jaja.

viernes, mayo 28, 2004

Cando remate de vender a loteria, voume facer vontaria da Cruz Vermella no programa da terceira idade. Gustariame axidar a eses velliños que están sós.
Quizais sea porque penso no meu avó, pero non son capaz de ver a un vello pasalo mal ou estar só. Ademais gustame moitisimo falar con eles, sempre contan cousas moi raras que á vez ensinan.
¡E saben xogar ás cartas!
Ninguen deberia estar só por obriga, e menos despois dunha longa vida.

jueves, mayo 27, 2004

Hoxe non podo maaaais!
Estou traballando vendendo loteria da Cruz Vermella pola rua. Son só 4 horas, pero 4 horas camiñando sen parar, teño as pernas que non podo con elas!
Paseino ben, fun vender cunha rapaza e iamos ó noso aire. O luns quizais estea no caminiño que une Cuatro Caminos con El Corte ingles, hai ali unha mesa da Cruz Vermella. Vendese ben a loteria, e a xente é moi amable.
Se queredes loteria avisademe! Teño que vender 30 ó dia e non as vendo nin de coña. Hoxe suplicandolle á miña nai que mercase as ultimas que me quedaban vendin 20.
Tampouco está tan mal, ó fin e ó cabo estamos a fin de mes, ou non? :D

miércoles, mayo 26, 2004

¿Quen non lembra o Maniac Mansion? O tentáculo morado, Edna (que medo lle tiña eu a Edna).
A xente de LucasFan fixo o Maniac Mansion Deluxe. Musica midi, aproveitaron o menú do Maniac Mansion 2, e puxéronlle mais cores. Aquí está a ligazón da páxina. É recomendable! http://www25.brinkster.com/lucasfangames/

Agora que estou facendo vida social de blogs doume conta do cutre que é o meu, jaja. Pero voume poñer en serio con el. Teño pendente de facer unha web para unha compañeira do traballo, e cando remate con ela quizais faga eu unha sen xestores predeseñados nin nada diso, fareino eu.
E se non, polo menos tentareino :P
Polo pronto, como se supón que o que eu quero é coñecer xente vou poñer o meu messenger por algures (a risco de que alguén coñecido me atope e lea isto. Se ti que me estas a ler es alguen coñecido, nin se che ocorra seguir lendo. Ea)

martes, mayo 25, 2004

Veño correndo para deixar unha recomendacion!
Estou a escoitar a Skyedance, o disco do directo dende España. Escoitade Theme for Scotland!
Que marabilla! Cada vez que a escoito deixame pampa e queda, sen facer ningún ruido para poder oila ben.
Tiña que estar prohibido tocar tan ben! :D

Boas!
Estou leda, vexo que o que escribo non o lé só Diego. Xa sumo dous lectores con él e con Lughnasad. Que vergoña, jaja.
Non teño nada importante que contar, só que este sabado ía ir a Madrid a ver a unha amiga escritora e mais a un amigo de Portugalete á feria do libro pero non pode ser porque teño q comunión do meu curmán. A ver se polo menos me libro da misa, brr.
Como estou animada tamén decidín que me vou apuntar a un ximnasio para poñerme algo mais decente. O meu pobre pai dí que non me cuido nada e é certo, os vaqueiros, o xersei e a rañala por ahi adiante :). Pero recoñezo que logo me miro no espello e penso que hai que facer algo. Polo de agora merquei un secador novo (vaia parvada! jajaja). É mais facil coñecer xente tendo un bo aspecto que parecendo unha ionqui, non? :D
Teño que enterarme de quen ven este ano á festa da carballeira. Se non vou a Ortigueira a algún sitio terei que ir, pero non penso quedar metida en casa todo o veran coma sempre. Probablemente vaia soa, o meu mozo seguro que se ofrece a acompañarme, pero a él non lle gusta aquelo e non quero que vaia só por min, pobriño.
Deixo unha foto do Ortigueira de hai dous ou tres anos. Eu feita unha merda de non durmir xunto xuns escoceses, jaja. http://telefonica.net/web/acova/escoceses.jpg

sábado, mayo 22, 2004

Xa estou na rúa outra vez.
Pouco teño que dicir, os meus ánimos están polo chan, e non lle podo contar nada ó meu mozo porque xa ten él bastante coa Selectividade.
En fin.

lunes, mayo 17, 2004

Quitei isto da lista de correo de Luar na Lubre. Espero que sexa unha inocentada prematura.

El festival se abrirá el viernes 9 con las actuaciones de la Escola de Gaitas de Ortigueira, los ferrolanos Os Cempés, la formación irlandesa Kila y el veterano músico bretón Alan Stivell. El sábado, se subirán al escenario Karma (Bretaña), los escoceses Capercaille y Susana Seivane, antes del espectáculo de la noche: el del grupo La Bottine Souriante, canadienses francófonos de Quebec, que triunfaron ya en Ortigueira en el año 2001. El fin de fiesta corresponderá el domingo a los espectáculos de Nova Galega de Danza, Quempallou y Kevren Brest Sant Mark (también bretones). La noche se cerrará con el concierto estelar del fin de semana, el que harán conjuntamente The Chieftains y Carlos Núñez.
La música sonará desde primera hora de la tarde en el escenario Runas-Xacobeo, dedicado a la música de raíz hecha en la Península. Allí actuarán, el sábado y el domingo, los grupos Xestreu (Galicia), Gatos del Fornu (Asturias), Supervivientes (Andalucía), Els Groullers (Cataluña), Lavanderas (Valencia) y los leoneses Abraxas.
En la jornada de despedida, a partir del mediodía, tendrá lugar el tradicional desfile de bandas desde la explanada del puerto deportivo, donde se sitúa el escenario principal. En él tomarán parte siete formaciones: las escuelas de gaitas de Ortigueira y Fonte Fuécara (Asturias); las bandas de gaitas de O Barco, Risas da Croa y Devalar; la National Youth Pipe Band Scottish y Kevren Brest Sant Mark.

Sálvanse La Bottine Souriante, Capercaillie e Os Cempés. O resto non me interesa. Tiña a esperanza de Gwendal, Skyedance... :(

domingo, mayo 16, 2004

O venres que ven remato o contrato. Dame magoa non só por polo traballo, senon polos compañeiros. O traballo era unha forma de coñecer xente, en fin. Temos unha cea ese mesmo dia, a ver como o pasamos.

miércoles, mayo 12, 2004

Tiña escrito un monton de cousas pero a merda esta do editor borroumas ó poñer unha ligazón.
En esencia estaba a falar de Gwendal, agora estou escoitando o disco Glen River, pero o disco que mais me gusta é Irish Jig, e a cancion Irish song. Resulta curioso coma os instrumentos van cada un ó seu, coma se estiveran improvisando, e ó final da cancion tocan todos xuntos a mesma melodia.
Hai uns anos veu Gwendal á Coruña a un dos concertos de Noites Celtas (a ver que nos trae este ano Paquete, unha vez veu Eric Rigler :-)~ ). Recordo que tocaron Deu tu ganeme (alguén sabe o que significa?) en directo, e que directo!! Habia un rapaz violinista chamado Patrick que tocaba moi ben.
Hai un tempo escoitaba moitísimo a Skyedance, seguenme a parecer uns musicos boisimos, pero Gwendal ten outro estilo. Fan unhas mesturas impresionantes. Gustariame poder voltar a velos en directo. Actuan (creo) o mes que ven en Lorca. Para mais info mirade en http://www.syntorama.com.
Quen me dera poder ir!

domingo, mayo 09, 2004

Merquei o primeiro disco de Ávalon (Lúa Meiga), que non o tiña. Gústame máis este que Beltaine. Espero que saquen máis!
Onte fun ó Maeloc, na Praza de San Pablo. Teñen un cartel enorme de Skyedance no teito, sae Eric Rigler tan guapo coma sempre (xa sei que os meus gustos son rariños, que lle vou facer). Nunca fun a este bar de día, poñen boa música? A de pola noite é merda da que poñen en tódalas partes. No Matthew's tamén fan igual. O único que me queda son as Covas e a Casa da Lubre e paso deses sitios. Parecen un pouco sectarios.
Teño que cambiar de ruta, pero iso impricaria cambiar de amigos e como xa teño poucos non convén.
Teño que coñecer xente nova, pero non sei onde.

martes, mayo 04, 2004

Hoxe fixen un test. Si, eu, que tanto aborrezo estas clasificacións tontas, fixen un. "¿Que elemento eres?" era o nome, pois eu son

.
Se o queres facer ti tamen, aquí está http://whoami.iespana.es/whoami/elementos/index.htm

Graciñas pola benvida, Diego!

lunes, mayo 03, 2004

Perdon por non escribir ata hoxe, é que estiven cansadisima. Apareceu un virus, o Sasser, que é semellante ó Blaster nalgunhas cousas. Ademais de reinicia-lo ordenador, ralentizao e impide ve-las paxinas. Levo dende o venres atendendo unha chamada detras de outra todas co mesmo problema. E claro, hai xente que non sabe nin o que é unha arroba, vai saber o que é un virus, volveste tolo para llo explicar.
Por favor, xente con ADSL de telefonica, comprobade antes de chamarnos que tedes un viruus! Vaiseme a lingua repetindo sempre o mesmo.