domingo, octubre 31, 2004

Coma sempre, quedo soa. A xente coa que ia sair esta cansa de supeto e non ten ganas.
Esta e unha cousa bastante normal, por iso deixei de sair cunha amiga, estaba farta de que me chamase a ultima hora para desquedar.
O meu primer Samain soa na casa, a xente que coñezo sabe o importante que é para min esta data. Xenial, sintome tan ben, gustame tanto non ter alternativa a quedarme aqui que vou chorar un rato. Xa se me pasara, coma sempre.

Non me serve a miña roupa.
Vaime tocar ir de compras, que me baixa a moral un monton. Desta vez terei que mirar tallas especiais.
Ata o meu mozo di que estou gorda. Aborrezo facer exercicio.
Puaj.

Cheguei hoxe da miña aldea. O meu avó quere un libro de rosais, algunha recomendacion?
É a noite de Samain, sairei a tomar unha cervexiña. Encantame esta noite, é especial. Feliz aninovo a todos :)
Fun e vin pola autoestrada eu soiña (coa miña nai de copiloto) e non tiven problema, só un que me pitou, eu que culpa lle teño se non pon a intermitente... Non son adiviña.
En fin, remato, que me estou a poñer decente para sair ó das cervexas. Engordei, pero estou tan leda que tanto me ten. Despois de hoxe heime por a dieta.

jueves, octubre 28, 2004

Estou lendo El origen perdido, de Matilde Asensi. Gustame como fala de temas informaticos, ou entende deste tema ou é unha dos poucos autores que se documentan sobre informatica.
Non me extraña que a xente de a pé coma o meu pai pense nos virus e nos programas case como seres vivos, jaja.
Parvada do xoves. ¬¬'

miércoles, octubre 27, 2004

Por peticion popular (era boa! jaja) vou poñer dúas anecdotas de cando traballaba no ADSL. Son parvadas, pero no seu momento fixeronme rir. Daseme fatal traducir, síntoo.

-(Cliente. Moi alporizado) ¡Hola señorita! Quiero que sepa que estoy muy enfadado porque he recibido el router hace cuatro días y aun no me he podido conectar. He llamado varias veces a atencion al cliente y me dicen que mi linea esta activa. ¡Y mi router está apagado!
-(Eu) Encienda el router, por favor.
-(C) ¿Por qué?
-(E) Para que le pueda llegar la corriente. Tiene un botón justo detrás.
-(C) Ah, ya. Ya me funciona, gracias.

Outra máis. Esta foi ás duas menos cinco da mañá, eu estaba xa para sair.

-(Clienta borrachisima) Hola. No puedo navegar y estoy harta ya, joder, siempre igual blablabla (rollo que din tódolos clientes, que fala dos seus dereitos e dos seus cartos. Moi bonito pero eu non lles podo facer nada)
- (E) ¿De que color es el módem que tiene? (Tiñallo que preguntar para sabe-lo modelo)
-(C) ¡Delcolordelcoñodetuputamadreya! ¡Hijadeputa!

Despois tiñamos xente que queria configura-lo Jonlú, logo dun tempo descubrimos que era o Outlook.
Ninguen está na obriga de saber, que ninguen naceu sabido. Pero son pequenas cousas que fan o traballo menos abafante.
Lembrome dun ingles, tiñalle que dar un nome de usuario que incluia unha arroba. Estábanos totalmente prohibido falar en ingles, e todo o rato con deletreo do nome incluido daba erro na conexion. Descubrin que estaba escribindo "arroba" en lugar de "@".

martes, octubre 26, 2004

"How could you leave your goose feather bed
with blankets strewn so comely-o?
How could you leave your only wedded Lord
all for a raggle taggle gypsy-o?"

"Well, what care I for my goose feather bed
with blankets strewn so comely-o?
Tonight I lie in a wide open field
in the arms of a raggle taggle gypsy-o"

"How could you leave your house and your land?
How could you leave your money-o?
How could you leave your only wedded Lord
all for a raggle taggle gypsy-o?"

"Well, what care I for my house and my land?
What care I for my money-o?
I'd rather have a kiss from the yellow gypsy's lips
I'm away with the raggle taggle gypsy-o!"

Que ganas de marchar sen dar explicacions, sen me despedir de ninguen. Viaxar, coñecer mundo, xente, coa miña vida nunha bolsa de viaxe.
Que mágoa que xa non haxa raggle-taggle gypsies que me poidan levar con eles...

Canto traballo tiven hoxe! Cando vexo que non podo mais, penso en cando estaba co ADSL e danme ganas de traballar mellor, nesta empresa tratanme tan ben.. Dame magoa non traballar, jaja.
Ó chegar a casa souben que a xente de Radio Fene pulula polo meu weblog, menos mal que só puxen cousas boas deles, jaja, que se non... Así que un saudiño, que non paro de escoitalos. Para quen non o saiba e teña curiosidade, dende Coruña podo escoitala no 107.7 da FM, teñen musica tradicional de todo o mundo e un programa de futbol (o futbol non me gusta, recoñezoo, ese programa nunca o poño :D ) Habera mais que iso, jaja, pero no meu horario é o que escoito.

Onte tiven unha chamada coa que rin moito, unha rapaza estaba a instalar uns drivers e cando rematamos pregunteille que via. Dixome "Unha palmeira". E eu escarallandome co mute posto, sen saber que estaba a dicir. Logo descubrin que de fondo de escritorio en Windows tiña unha palmeira.

Xa teño unha nova trapallada pensada: Quero bailar! Cando era pequeñina ía a clases de baile galego, pero deixei de ir cando fun mais maior e preguiceira. Ainda lembro mais ou menos como bailar unha muiñeira, jeje. Cando teña vacacions se quedo aqui vou buscar alguén que me ensine.

domingo, octubre 24, 2004

Queria escribir algo, pero non sei o que. Ás veces teño ideas raras e penso en escribilas aqui, pero cando chego xa se me esquenceron.

jueves, octubre 21, 2004

Hoxe Googleando atopeime con isto:

A súa procura de "" non atopou documentos.
Google, empresa millonaria, EXPLOTA TRADUTORES VOLUNTARIOS para gañar máis diñeiro.

Curioso.

domingo, octubre 17, 2004

Estou griposa :(
A miña nai sempre que se vacina colle a gripe, e este ano contaxiouma. Pero como boa muller garrida que son (jaja), mandei as menciñas ó carallo e xa estou case ben. Curei dun dia para outro.

O venres no traballo dixeronme que me renovaban o contrato por un mes mais. Logo do mes non sei que faran, porque non pode haber mais dunha prorroga, creo. Ou á rua ou me fan de obra (xa non soño con que me fagan indefinida).

Onte vin Candyman, encantame esa peli. Tiña un trauma de cando era pequeniña e deume tanto medo coma enton.

miércoles, octubre 13, 2004

Procurando cousas de Cabanillas e Pondal (os meus favoritos!) din cun tesouro: A páxina da biblioteca virtual galega.
Está chea de cousas preciosas!

martes, octubre 12, 2004

Que gustiño que mañá non traballo. Vo ir a Lugo porque é o santo da miña tia avoa, comeremos polbo, puaj, a boa nova é a tarta que hai de postre.
No traballo estou ledisima, aprendendo moito e preguntandolle ós compañeiros cada vez menos, o mercores vai ser mortal co numero de chamadas que vai haber. O martes que ven remata o meu contrato, marmuran que me van renovar pero ninguen me di nada ás claras.
Pode ser que si, pode ser que non, pode ser que sexa pode ser ou non... :)

martes, octubre 05, 2004

O importante é face-las cousas o mellor que un poida, da maneira mais perfecta posible. Porque se saen mal terase a certeza de que non se podia facer mellor, non se andara coa mosca tras da orella pensando "e se tivera feito tal cousa?".
As cousas ás veces saen mal en tódolos ambitos da vida, pero se as fas ben, por ti que non sexa. Xa sairán á proxima.

Do a little dance, make a little love, Get down tonight!!!

Se souberas como eu teño
o meu corazón por dentro,
non me dabas unha fala,
non tiñas atrevemento.

Vámonos de aqui, que é hora,
vámonos de aqui, que é hora,
que o camiño das estrelas
vai chegando ás casas novas.

Estreliña relumbrante
dame da túa claridade,
que eu quero seguir os pasos
do meu amor que se vaie.

Compañeiriña ale ale.
Compañeiriña ale ale.
Eu por ti poño esta vida
ai na punta dun puñale.

Que linda esta cantiga tradicional. Musícaa Berrogüetto en Hepta, chámase "Cantos de Monzo"

lunes, octubre 04, 2004

Que magoa que non me fagan fixa nesta empresa! Ainda que hoxe non foi o meu dia, cancelaronme mil partes de avaria, que desastre, jaja.
Sintome culpable porque me chamou un velliño a 3 minutos do fin de turno e deume moita rabia, era tan amable...
O de ir ó traballo en coche serviume para lle perder o medo. Home, teño medo, sobre todo nas glorietas que todo o mundo se pasa o ceda polo forro dos c****** e estas tan pancha xirando e aparece un mangado ¬¬
Boto de menos estar na casa, teño que xantar fora tamen. E a xente daqui non é tan aberta coma outra, non sei. Quero quedar aliii!

Por certo, hai un artigo nun xornal universitario sobre un traductor galego - castelan. Chamase A Taiga, podese baixar nesta ligazón. É interesante :)

viernes, octubre 01, 2004

WIIIII!
Xa me chegaron os cd's de Guezos!!
Sacaron o novo disco e empreguei o email da paxina web para pedilo, pero resulta que lles quedaban copias da maqueta, asi que teño os dous! Encantanme :)
Por outra banda fixeronme un contrato de 8 horas no traballo, ogalla me fagan un de mais duracion! Hoxe volvinme tola, atendin moitas chamadas e non din unha. Pero imos tirando, pouco a pouco :)