lunes, enero 31, 2005

Ortigueira: 7,8,9 e 10 de Xullo.
Arduina: Vacacións en Agosto.

Só faltaria que viñesen Gwendal ou Skyedance. En Xuño remata o meu contrato, se quedo na empresa terei que argallar algo para que me dean o 7 e o 8 libres.

sábado, enero 29, 2005

Flash sen desperdicio, jaja

Gústame La Frontera. A cancion que mais me gusta deles é El precio del placer, ainda que vai por epocas, porque como me gustan tanto... jaja.
Un dia collerei un avion, irei adonde vaian da-lo concerto, berrarei como unha rapaza de 15 anos (case os mesmos que fai que ando detras de La Frontera, comecei xoven)e voltarei noutro avion nada más rematar, se o hai.

viernes, enero 28, 2005

Ligazón
Non sei por que escollo esa, realmente non quero poñer ningunha pero queria falar do Holocausto. Hoxe (xoves) fan 60 anos de Auschwitz e case estamos igual por non dicir peor.
¿E que podemos facer? Hai demasiadas cousas negativas como para que as poidamos contrarrestar dalgunha maneira.
Horrible. Hoxe escoitaba en Gomaespuma a unha muller contando cómo a levaban a ela e mailos seus pais e avós ás cámaras. Como era consciente de que non os ía ver mais.. Non quero entrar en detalles.
Hai un cómic, Maus, que gañou un Pulitzer. Fala disto, o pai do debuxante estivo ali e sobreviviu ás veces facendo autenticas argalladas. Pero tivo tamen moiitisima sorte se é que se lle pode chamar sorte a seguir vivindo con todo iso na testa. É un comic bó e baratiño, se vos interesa o tema ainda se vende nas tendas de comics.

Hai un grupo de xente que di que o antisemitismo foi inventado polos xudeus. Outros din que os xudeus están a facer cos arabes o mesmo que os alemans fixeron con eles.
Canto mais o penso mais quero que vaiamos todos ó carallo.
Seguramente quedarian pululando polo mundo as amebas, que saben mais de convivencia e respeto ca nos.

miércoles, enero 26, 2005

Estáchevos graciosa esta anotación do blog de Raven.

martes, enero 25, 2005

Estou escoitando a Des'ree.
Fixose famosa con Life, que era a cancion do Ford Focus creo. E tamén con Kissing you, da banda sonora de Romeo y Julieta.
A min deixoume o disco Supernatural unha amiga e sorprendeume. Ten unha voz preciosa, grave cando quere, aguda cando a cancion o demanda... E onte lembreime dela e das dúas cancions que mais me gustaban do disco, What's your sign? e Kissing you, esta ultima pareceme unha obra mestra, que VOZ ten (con maiusculas)!
Dabame magoa que non tivera mais discos, pero nesa páxina que puxen ó comezo desta anotación aparecen dous discos mais. Sairon en España? Vou argallar por aí a ver se me enteiro de algo.
Que linda é Kissing you, vouna escoitar outra vez. Ponme a pel de pita, igual que Song for Scotland, de Skyedance (non teñen nada que ver, jajajaja)
¿A alguén lle gusta? Non tivo moitísimo éxito pero creo que é coñecida dabondo para pedir opinións :)

¡ESTOU QUE REVENTO!
Mañá vou xa para a oficiña. A Miña oficiña, só vou estar eu. Organizarei, farei, desfarei, traballarei...
Teño uns xefes que se mo contan non o creo, un traballo entretido, os venres e as findes libres, unha oficiña preto de casa, dúas horas para comer, o mar ó sair do traballo e unha fiestra!
Traballar sen fiestras é terrible, agradezo moito que o meu sitio de trabaño teña unha.
Mañá irei instala-lo sistema operativo, toooooodalas aplicacions, conecta-los cables, o meu super TFT de 17 (deixaronme escoller o que quixera!), a ultra impresora laser e a miña miniradio. Cun pouco de sorte levarei un quentador de auga para facer cafe de sobre (gustame de sobre, jaja).

O meu ordenador acaba de facer PII. Un pitido curto, ultimamente o fai mais ca nunca. Descartei temperatura, procesador e memoria. Penso que da placa tampouco é, e nunca tiven problemas coa fonte nen co disco duro. Xa teño feitas copias de seguridade, e co meu contrato de 6 meses (MEDIO ANO de contrato! non o podo creeer! ^_^) poderei pensar en mercar un.

Chegoume tamen a revista de Biblos, co Brindo de Ouro a 9€ e os gastos de envio gratuitos. Teñen traducidos Dez Negriños, contos de Lovecraft... A ver se non tarda moito o meu Brindo de Ouro! Pedín tamen Morgún. Trece Badaladas non me gustou a encher, pero quero darlle mais oportunidades a Suso de Toro.

lunes, enero 24, 2005

Rosa Cedron deixa Luar na Lubre para iniciar carreira musical en solitario!
Escarallome agora ou agardo?
Por deus, morro coa ledicia. Adeus, Rosiña, adeus. Di Bieito que xa teñen elixida á nova cantante e que a van presentar dentro dun tempo. Tiña esperanzas de que fose Ana Espinosa. Coa chegada de Rosa, Luar na Lubre comezou a caer, caer, caer... Iso é o que me parece. Daballe un toque mistico-comercialcelta noxento.
Cando escoitei a version da Frol da iauga cantada por ela dixen "ata aqui chegamos". E non merquei nen un so disco mais de Luar na Lubre.
A ver a quen meten como cantante agora.. medo me dan. Non todas cantan cousas coma "UA LUA UA LUA" (juajuajua, é que non a aturo, vaia "cancions" mais malas as do ultimo disco).
E iso que non digo todo o que penso! Seria demasiado irrespetuoso para a xente "fan" de Luar na Lubre e do "mundo celta".
Marketing puro, merda pura.

domingo, enero 23, 2005

Moito traballo implica moita preguiza no tempo libre...
E eu teño moito traballo agora, jaja.
Ando en busca e captura de Cazatesoros (encantanme Cazatesoros e Tomb Raider, quizá é o meu estilo de vida frustrado) pero non hai nada en ningures! E o meu video anda escaralladiño o pobre, graba fatal. E non quero madrugar tanto para vela! Tan pouco gusta esta serie?

lunes, enero 17, 2005

Estou vendo Taken, ou Abducidos. É unha miniserie de alienixenas de Spielberg ou algo asi. Son 10 capitulos, vou polo terceiro e estame a gustar moito. Pero o verdadeiro motivo de que conte isto é que aborrezo ó malo. Poucas veces sinto tanto odio polo malo da peli ou do libro. A ultima vez que odiei tanto a un noxento malo foi en Los pilares de la tierra. Agh, noxento William Hamleigh!
Ogallá lle pase algo cruel ó desta serie!

viernes, enero 14, 2005

Estiven vendo un anaquiño o Luar. Saiu un grupo do Carballiño, Kalma chámase. É pop, soaban ben. A cancion era en galego, pero na súa páxina atopei só cancións en castelán e en ingles. A que cantaron foi Corazón Artificial. Non soan mal, non é o meu estilo pero hai que recoñecer que o fan ben :) Sorte para eles!
Deixovos a ligazón á web por se tedes curiosidade http://www.arenteiro.com/webdekalma

Chegoume Red, un CD dos Young Dubliners. Soan moi ben, habia cancions deles que non coñecia e gustanme. Pero teño versions en directo no ordenador, que directo teñen, que magoa que non fixeran un disco dos concertos!
Onte fun á empresa onde fixen as practicas hai un ano e pico. Foron os que me conseguiron este traballo, a empresa onde estou ahora é clienta deles. Foi moi raro pasar de becaria a clienta. Deronme a man, jaja. E oa meus antigos compañeiros sorrianme de reollo, en plan "es clienta pero lembramonos de ti" jajaja. Que morriña sentin, teñolle moito cariño a esa empresa. Estaba a tope de traballadores, só coñecia a uns poucos. Omeu sitio estaba ocupado, claro. Deume magoa non poder achegarme a falar con eles, pero non procedia. Total que estiven ali reunida, e ó sair veu o meu antigo xefe a saudar, deulle-la man os meus xefes de agora e a min dixome Que taaaaal! Dos besooos! riu e deume dous bicos ^_^
É que foi o primeiro sitio onde traballei, axudaronme moitisimo, ensinaronme ainda mais e por se fora pouco conseguironme traballo. Con iso son moi sentimental, fixeron moito por min e quixerallo agradecer, espero que lles vaia moi ben.

martes, enero 11, 2005

Estou ledisima co novo traballo. Esta semana terei que traballar na casa, cun portatil que me empresta a empresa. Jaja, hoxe estiven tirada no sofa traballando!

"La cultura de las chicas" é unha reportaxe gráfica feita nos Estados Unidos con entrevistas a algunhas das rapazas que saen nela. Ainda que o pareza, non toca tan lonxe. Non me vou meter a falar de machismo ou feminismo. Sinxelamente creo que as persoas en xeral hoxe están perdendo o norte. Unha perla:
Sheena, 15 años

"Quiero ser bailarina topless o una showgirl. Creo que bailar con mis tetas de fuera sería divertido. Es como una meta.
Si logro serlo, entonces puedo lograr cualquier cosa".


A reportaxe (esta en castelan)
Tamen esta en ingles, podese oir ás rapazas falando.

domingo, enero 09, 2005

Mañá vou firma-lo contrato. Pola tarde vou merca-lo ordenador e demais. Estou nerviosa, son moitos cambios. O meu mozo veu, outra mala epoca para nos. Nunca sae del virme ver cando marcha a Ourense (eu non podo polo traballo). Sempre excusas, excusas... non me cole o telefono porque esta cos seus amigos e non pode, non me manda mensaxes.. parvadas que van facendo montañas. Ó longo dos nosos dous anos xuntos a cousa non mellorou. Agora nen tan sequera se fixa en min, limitase a estar ahi. Pensou que eran novos uns pantalons que teñen xa 3 anos, recen cortado o pelo preguntoume cando o ia cortar. Pasotismo por todas partes, a Universidade, a sua familia que esta moi por enriba de min e cando esta comigo bota en falta ós seus amigos. E el non o entende, claro. Fun eu a que pasei o Nadal soa, a que pasa soa o veran, a que non pode ir a velo porque segundo a sua catolica familia "estamos no pecado".
Nada bo por este frente. Ventos de forza 7, maruxía e mar picada nas costas da Coruña.

Which Fantasy/SciFi Character Are You?
Eu son coma Gimli, jaja. E a verdade é que me parezo un pouquiño.

viernes, enero 07, 2005

¡Anda! Se estou no Blogmillo e eu sen sabelo. Que ben :)

Vin do Carrefour. Ainda que pareza incrible tiñan bós precios nas regrabadoras de DVD. Merquei a de Reis, agasallo da madriña. É dual, graba dvd de dobre cara e saiu baratiña. Xa grabei un DVD, ainda estou tratando de asimilar a cantidade de informacion que cabe nel. 4 gigas de mp3 dos que queria facer copia e que nunca lla fixen por preguiza estan metidiños nun dvd.
É alucinante como avanza isto...

Hoxe hai concerto de Guezos en Vigo e non vou ir. Ainda que outro dos meus propositos (ainda que non oficial :P ) para este ano é non perder ningun concerto que me interese, non quero ir a Vigo eu soa. De calqueira xeito, se alguen da Coruña me le e quere comparti-lo meu proposito que avise :D

jueves, enero 06, 2005

¿Que tal eses reis?
Estou leda cos meus, non me trouxeron nada que poidera sospeitar! Un colgante de prata cun un labirinto dos que hai nos petroglifos (non atopo a imaxe para poñela, é un en concreto que é tamen o simbolo da astesania de Galicia). Tamen unha fada pequeniña cunha tartaruga ó caron, jaja. Está sentada cunha perna pendurando. Ponse no canto dun moble e parece que está sentada nel porque a perna penduralle por diante do borde, non sei se me explico. Tamen me regalaron unha figuriña dunha vaca ca boca aberta e cos ollos tamen moi abertos, jajajaja, é boisima! Seica a fixo un parente noso deses que non coñecemos, pero o apelido e a provincia son moi significativos.

Fun á casa da madriña, mercoume para o rato unha alfombriña semitransparente coa cabeza dunha vaca que di "I'm just a lonenly cow". Na parte de arriba ten un buratiño cunha cabeza de baca de plastico con ventosa. Na boca da vaca podense poñer cousas. Como o meu rato non precisa de alfompriña, puxena pola ventosa na parede :D Tamen me quere regalar unha gravadora de DVD dual ^_^
O meu pai (e eu!) está que non mexa co seu DVD de Supertramp. Tiñao en VHS pero estaba moi escarallado. Tamen lle regalei un libro, Historia de la humanidad. Á miña nai unhas xoias de Kukushumusu :D e á madriña o DVD de La edad de oro del Pop español, que traia nada menos que un video de La Frontera!!!! Vino moitas veces hoxe, arf arf. Ós meus curmanciños prestaronlles ben os libros en galego que lles din, gustariame que tivesen mais pero bueno. Pola miña parte van ser sempre en galego, nunca ven mal saber idiomas :D
Que bos son sempre os reis, creo que non quero medrar nunca!
¿E a vos?

miércoles, enero 05, 2005

Dia de reis, dia de reis
primeira festa do anoooo
entre damas e doncelas imos pedi-lo aguinaldoooo.

Que linda é a noite de reis. Segue a ser emocionante ainda que pasen anos. Gústame ver como a tele argalla as suas novas para os nenos que as vexan. Hoxe saiu un Rei Mago falando de que tiñan que estar ata ultima hora porque a xente dixaba as cousas quedar ata que non habia mais tempo, jaja.
É bonita, é.

lunes, enero 03, 2005

Estou vendo V!
V, esa marabillosa serie que botaban hai anos. Segue sendo tremenda!
QUERO V EN DVD!

domingo, enero 02, 2005

Estou escoitando a Rui Veloso. Moitos seguro que o coñeceredes, pero eu non o coñecin ata que escoitei os discos do Xabarin (que vergoña, jaja).
Chamabame a atencion a sua voz, preciosa, chea de matices. E podo confirmar que ten unhas cancions preciosas.
www.ruiveloso.com

Xa estamos aqui!
Un novo ano comeza, é emocionante pensalo. Comezar de novo con proxectos, traballo, xente... Vai sair todo moi ben. O ano que se nos foi trouxo moitisimas desgracias dificilmente esquencibles para nos, este ano vai ser mellor. Todos mellores persoas, con mellores propositos, menos violencia e mais de todo o bo que poidamos!
Graciñas por deixar comentarios recen entrado o ano ^_^ O meu weblog case ten un ano tamén, un ano enchendo de porcallada estas paxinas jaja, ainda que algúns viñeron para quedar lendoas. Só agardo que sigades por aqui un aniño mais. Tamen coñecin xente boa, cos meus gustos (que dificil é iso!).
¿Que tal a festa do dia 31? As miñas amigas foron a unha festa masiva desas que eu non aturo, jaja. Tiven sorte e fun co meu amigo friki e maila moza a casa dela. Ata bailamos Grease! Imitamos ó Furby, probei o ron con limon (que noxo) e desfrutei dos meus ultimos 21 anos.
Merquei un disco dos Young Dubliners, Red. Grandes xenios estes homiños. Foi un bo ano para a musica agora que o penso. Merquei discos de Gwendal, coñexin Kila, Noitebregos, Guezos...