lunes, enero 30, 2006

Unha cadea blogueira! Fanme moita gracia estas cadeas porque sempre son algo diferentes. Retoume Periféricos pero eu non retarei a ninguén, que cada un resposte se quere :)

"El primer jugador de este juego inicia su mensaje con el título 5 extraños hábitos.

Las personas que son invitadas a escribir un mensaje en su respectivo blog a propósito de sus extraños hábitos, deben también indicar claramente este reglamento.

Al final, debéis escoger 5 nuevas personas y añadir el link de su blog o diario web. Es importante dejar un comentario en su blog, diciendo.... "Has sido elegido" y decirles que lean el vuestro, para que acepten o no el reto!"

Teño moitas cousas raras, pero se teño que pensar nelas esquencenseme todas! jaja.

1.- Cando vou seca-lo pelo poño caras de medo no espello aproveitando que non estou peiteada. Cando atopo algunha que me da medo paro.

2.- Pecho a porta do traballo tres veces mais ou menos, para asegurarme de que está ben pechada.

3.- Penso moito, e hai veces nas que imaxino cousas que me poden pasar. Para diferenciar unhas das outras penso na palabra "Felix". Ás veces xa non sei se estou soñando ou pensando en algo serio. Entón penso "Félix" e é coma unha contrasinal para saber que o que vou pensar a partir de enton é serio.

4.- Sempre que estou a piques de rematar un videoxogo, paro de xogar. Preparo o ambiente, merco algunha chocolatina... e cando xa está todo listo, poñome co final do xogo. Por iso moitas veces non remato alguns, porque non dou conseguido o ambiente axeitado.

5.- Case sempre que me esperto polas mañás digo algún taco dos gordos medio durmida aínda. Non me gusta o son do despertador, supoño.

viernes, enero 27, 2006

Onte fun ver Memorias de una geisha. Lin o libro hai uns anos, despois lin Vida de una geisha, de Mineko Iwasaki. E logo Geisha, de Liza Dalby, jaja. Gústame e admiro o mundo das geishas e en xeral o xaponés.
Non adoito a ter a mesma opinion que os criticos de cine, e nesta peli pasame o mesmo.
Memorias de una geisha é a adaptación ó cine dun libro do mesmo nome, de Arthur Golden.
O libro non é nada do outro mundo, pero deixase ler e en ocasións resulta bastante emocionante.
Pareceume unha adaptación xenial. Aínda que hai partes que botei en falta, entendo que nunha pelicula non cabe un libro, e escolleron con tino o que contar.
Os críticos falan dun Xapón idealizado, de pederastia (!!), de historias de amor. E coido que eses criticos non leron o libro no que está baseada a pelicula.
A maioría desas criticas negativas falan do libro. Din que hai unha parte que pasa coma se nada, unha epoca que marcou a Xapón dun xeito moi duro (non quero contar moito para non fastidiar a peli ós que a vaian ver), pero é que no libro, esa parte é asi! Agradezo que non inventaran nada, que non fixeran como coa Historia Interminable e que mantiveran a maxia do libro.
Iso sí, Hatsumono, a mala da peli, non é tan cinica e sadica coma no libro nin de coña. Creo que son complementarios e que fixeron un bó traballo.
O grande erro que eu lle vexo, é empregar actores chineses. É algo artificioso, coma se unha rusa interpretase a Pocahontas, jaja. Pero os actores fan un traballo estupendo.
En fin, gustoume moito.
Dicía un critico que vaia historia de amor na que a geisha era tratada coma mercadoría polo seu namorado (facendo unha critica negativa do argumento). Realmente a cultura xaponesa é diferente á nosa, e quen vaia ver unha peli pensando que alí unha muller ten a mesma posición que aquí, pois que queredes que vos diga... Non é precisamente un erro da pelicula, senon do espectador.

miércoles, enero 25, 2006

Traballo, traballo e traballo...
Non paro. Chego a casa derreada.
Pero é algo bó. A web na que traballo medra, expandímonos a América Latina e posiblemente a Portugal. Síntome importante e leda, porque sei que son unha peza importante da empresa. Non é coma en Atento, ou en Sykes, ou nesas empresas nas que estiven.
Por iso estou leda, porque por unha banda penso "que va, só son unha empregada máis" e pola outra vexo que o meu posto é o equivalente a un xefe noutras empresas, se entrase alguén novo na empresa eu sería a súa superior. Algo así coma un ascenso. É raro, porque sigo sendo eu, sigo sendo a que collia chamadas no servicio técnico de telefónica, e sen embargo agora estou aqui, tendo reunións, tomando decisións.
Non sei como explicalo, é realmente raro. E non o podo crer.
Así que seguirei traballando mais que agora para que a web siga a medrar. Pouco a pouco os meus xefes vanme dando máis responsabilidades, e e sigo cumplindo anos. E penso en cando era becaria e vía ós meus xefes de por entón, ou cando tiven o meu primeiro traballo serio. E son eu agora a que está nese posto.
Gustaríame moitísimo ter visión de futuro e ser ambiciosa, porque podería ir máis aló. Sen embargo, sigo sendo eu. Non pode ser, e está ben asi :)

viernes, enero 20, 2006

Ó fin!
Uf!
Estiven maliña esta semana, con farinxite. O luns despois de xantar puxen o termometro e metinme na cama. Estiven tres días de baixa, pero hoxe xa estou de novo no curro.
Antonte tiña a voz dunha poseida polo demo, jaja, chamei ó meu xefe para dicirlle que non podia ir traballar e deulle a risa (cousa boa por outra banda) ó escoitarme.

Sentoume ben estar tantos dias na cama, ademais de recuperarme da febre e da gorxa, descansei e lin. Desconectei de todo, e veño con novas ganas de facer cousas :) Teño moitisimo traballo por facer, non vou rematar na vida, pero que lle vou facer, non podo traballar por cinco, iso está claro.

Por certo, volta Humor Amarillo en Cuatro.
:D

miércoles, enero 11, 2006

Levan dende hai un par de dias con obras xusto enriba do meu despacho.
Sen parar, sen pausa, o martelo está dalle que dalle. Nin tan sequera se escoita a radio do barullo que hai.

Pois esta tarde xa son dous! Ademais se abro a fiestra, os golpes de martelo oense mais porque fan eco no patio de luces.

Polo menos non é un taladro, o ruido dos taladros ponme moi nerviosa.

Onte, ó vir de Facenda, tiven una grande grande sorpresa. Habia no buzon un paquetiño que contiña nada menos que Terradentro asinado!
É algo que me puxo ledísima, porque chegou xisto no momento no que precisaba algo bó, porque Guezos é un grupo que me encanta, e porque se tomaron a molestia de asinalo sen ter por que ^_^ Ademais é o meu primeiro disco asinado por un grupo, tiña libros, pero non discos. Fixome unha ilusion tremenda e foi un detallazo.
Xa din mil gracias en todas partes, jaja, pero tiña que dalas de novo!
Agora só me queda poder ir ós concertos, que sempre me quedan lonxe ou non podo ir por mil cousas :(
:D :D :D

Había unha vez unha rapaza de 20 anos que traballaba en España. Como en España as cousas van como van, traballou para catro empresas diferentes con contratos eventuais, e pasou catro meses no paro no mesmo ano.
Cando chegou o momento de facer a declaracion da renda, a rapaza foi a Facenda a preguntar se ela tiña que facela. ¡Non! Dixeron os amables funcionarios.
O pai da rapaza tamén preguntou. ¡Non! Dixeron os amables funcionarios.

A rapaza medrou e agora xa ten 22 anos. E quere ter unha vivenda sen depender dos seus pais, pero segue a ter un soldo moi baixo. Aproveitando unha oferta de Vivendas de proteccion oficial, a rapaza vai a Facenda a pedir un certificado conforme no 2004 non tivo que facer a declaración.
¡Non! Dixeron os amables funcionarios. Non podemos dar ese certificado, porque ti tiñas que ter feita a declaracion! É imposible que che dixeran que non, agora vas ter que facela. Pero por delincuente, que es unha delincuente, tes que pagar unha multa.

Vivenda de VPO: 20 enchufes (polo menos) + 80000 euros
Xestor que faga a declaracion da renda: 30 euros
Multa por non presentala a tempo: 70 euros (minimo, o xestor calcula que me han cobrar 90)
Ver que non se pode reclamar nada porque as consultas que lle fas a facenda non son vinculantes, que non chegas a tempo de pedir a vivenda e que traballar explotada en empresas de merda te perxudica ainda mais que estar no paro, non ten prezo.

Para todo o demais, Spain is different.

lunes, enero 09, 2006

¿Como foron eses Reis?
Eu pedia a DS. Cando era cativa de todo tiven unha Gameboy que durou anos, e tiñalle ganas á DS.
Así que ás catro da mañá baixei a ver se habia caixas entre os paquetes, jaja. E si, habia unha!
Así que voltei para a cama toda nerviosa.
Xa de dia baixei e abrin a caixa toda emocionada. E dentro da caixa habia un pixama :D
Semella comodo, tamen teño unha chaqueta marron moi bonita e un xersei :)

O meu mozo voltaba hoxe de Verin, eu compraralle un xogo que andaba a buscar (o Viewtiful Joe) e o libro de Piedrahita adicado.

O sabado fun cear cunha amiga e chamou, preguntou onde estaba, e que facia, falamos un anaquiño. Sentamos, e cando remataba a hamburguesa puxo unha cara algo rara. Algo me colleu por detras, e era o meu mozo! Voltara sen avisar para darme unha sorpresa, e deuma de narices!
Botabao moitiiiisimo de menos. Dixo que traia o meu agasallo de reis na mochila, e puxo unha caixiña enriba da mesa. Quiteille o envoltorio e era a caixa da DS. Eu rin, dixen "A ver que ten isto dentro" porque pensei que era unha coña del, que dentro teria chocolate ou algo asi. E traia a DS!
Quedei sen fala, primeiro porque xa estaba impresionada porque o meu mozo voltase, e segundo porque era a DS! Pensei que lla mercara a un macarra, pero non. E non sei como fixo para aforrar o diñeiro, porque el é estudiante.
Traia mal un pixel, e por iso non a cambian pero houbo sorte e a rapaza do comercio trocounola por outra :D

Agora sintome algo culpable por rifar con el por parvadas :( Bendita paciencia a que ten comigo. Voulle argallar algo, ainda non sei o que, pero el non vai quedar sen sorpresa.

Ademais conseguin arranxar o ordenador, asi que as cousas van ben :) Sigo leda de pensar que ó sair do traballo vou ver de novo ó meu mozo.

Dame algo de vertixe ver que as cousas van ben. Ainda que sigo algo resentida de saude, o ano comezou estupendamente.

sábado, enero 07, 2006

¡Día estupendo!
¡Día fabuloso!

Just follow the day
Follow the day and reach for the SUN!

Hoxe xantei sen fume.
¡GRACIAS! ^^

lunes, enero 02, 2006

Hoxe baixei a tomar o meu cafe. O bar era para fumadores. Recorrín a rúa do meu traballo e tódolos bares eran para fumadores. Non só iso, o 90% dos bares da Coruña son para fumadores. E non podo tomar un cafe nos meus 15 min de descanso sen fume. Dase o caso de que un fumador pode non chuchar do seu pitillo nun recinto pechado, pero é que eu non podo non respirar!
E xa que o vicio está tan ben visto e outorga tantos dereitos, esixo poder tirarme peidos e eructos na cara dos que me boten o seu fume. Iso si é unha necesidade, e non seguir jodendo a vida dos que non fumamos coa crenza do dereito lexítimo a facelo.

E hoxe, ainda con indixestion e enfrontada á dura realidade do traballo, xa podo dicir Feliz ano 2006! :)