lunes, febrero 27, 2006

"Mañá danme as probas da portada que fixen para o libro na imprenta. E non teño medo, porque se sairon mal, poderei melloralo."
Pos saíron ben :-) O da imprenta fitaba para min con cara rara, non debe ser normal que alguen se alede de que algo se imprima, jaja.

domingo, febrero 26, 2006

Tiña ganas de contar cousas. Das decisions que tomei. Pero hoxe sintome tan ben... Dame medo perder esta sensacion se o conto.
Mañá danme as probas da portada que fixen para o libro na imprenta. E non teño medo, porque se sairon mal, poderei melloralo.
Por primeira vez en todos estes meses, son capaz de pensar coma pensaba antes. Se algo non sae ben, hai que intentalo de novo.
Por iso me sinto asi. Teño ganas de esforzarme outra vez, de pelexar para que me saian as cousas como é debido. Quizais por fin o meu cerebro xa non se sinte mal.
Son feliz só de pensar que teño a tarde para ver anime e ler os libros que mais me gustan de Enid Blyton. Por fin o podo dicir, son feliz coas pequenas cousas, coma o era antes.
Oxalá que dure. Ten que durar! Sintome como a María de verdade, xa era hora.

En Maio termino de paga-lo prestamo que pedin para viaxar a Irlanda. E terei o meu soldo para min!
Poderei por fin mirar un pisiño na rúa da Torre, ou en Orillamar. E deixarei este barrio-dormitorio no que vivo, no que nunca hai ninguen paseando. E a miña casa estara aberta a quen queira vir, terei unha habitacion só para os libros onde poñerei a mecedora que tiña a miña avoa. E ali estarei quentiña lendo, en tardes coma as de hoxe.

jueves, febrero 23, 2006

Estou escoitando a banda sonora de Anastasia.
Cando a estrearon nos cines fun vela e gustoume moitísimo. Sempre me gustaron os coros rusos e as cancions tradicionais rusas, e a banda sonora desta peli como é lóxico ten como base esta música.
E a pelicula non me canso de vela! Ainda que non a merquei supoño que non tardarei en facelo. Os debuxos parecenme moi bós, e a trama tamén. É emocionante, en ocasións da medo (o Rasputín ese da medo, non digades que non :D ) e ten escenas impresionantes, como cando bailan as pantasmas no palacio.

Como me gusta esta peli! E non ten unhas criticas moi boas, baséanse en que é moi pro-zarista (pois vale, se por iso é mala...) e que se asemella ás pelis de Disney. Seica houbo tamén non sei que rifa entre a Disney e a Fox.
De tódolos xeitos, din o mesmo de cada peli de animacion que sae (que non sexa xaponesa), así que...

Pero é que a música está estupenda! E din que na version orixinal é mellor aínda.

E nada, deixo de escribir e sigo escoitando Una vez en Diciembre. Que bonitaaaaa!

miércoles, febrero 22, 2006

Non hai nestes momentos alguén mais agobiado ca min.
Uf.
Estou a maquetar un libro, o meu primeiro libro (non o escribin eu, pero é a miña primeira maquetacion)
Despois de sufrir o insufrible co debuxo que me pasou o ilustrador, sufro co InDesign.
Alguén o manexa?
Recurrin xa a tantos foros para preguntar as miñas dubidas que sinto vergoña de preguntar outra vez.
Non sei que vou faceeeer! Hoxe chamei á imprenta e descubrin que non traballan co programa que eu emprego. Que ademais teño separado o libro por capitulos. E se abro un novo libro e engado os capitulos (que comezan todos na folla da dereita) o InDesign ponos todos uns a continuacion doutros.
Isto como o amaño? Con follas en branco? Faino a imprenta? Terei que comprobar que o libro estea ben imprimindo as 80 paxinas que ten e pegandoas con fixo? Alguén sabe do que falo? Nin eu o sei :(
AAAAAAAAAAAAAAAGH!

miércoles, febrero 15, 2006

O Morse morreu onte á tarde, estaba velliño.
Sei que só é (era) un can, pero medrei canda el. Lembro ainda cando era un can pequerrecho e deixaba todo mexado. Ía a miña avoa detras para limpar todo.
Logo cando xa medrou un pouco levamolo á aldea. E ali aprendeu do anterior can, o Ohmio, a garda-la finca.
Os dous eramos pequenos e xogabamos. Eu tiraba algo e faciamos carreiras a ver quen chegaba antes a recollelo. Chegaba el, claro.
E logo o moi cabron escapaba, jaja, ata que me via cansa, enton devolviame o que fose que tirase.
Un dia cando andabamos polo monte escapou por entre as silvas porque vira un gato. E como non me facia caso tiven que meterme entre as silvas tamen, quedei perdidiña.
Outro dia sendo eu cativa aínda, saiamos da fraga e habia un burro na saida. Cando nos achegabamos o burro poñiase diante de nós e non nos deixaba sair. Asusteime algo, pero o Morse ficou canda min. Ata que conseguimos que o burro nos deixase en paz e escapamos.

E o Morse morreu. Estou moi triste, queriao moitisimo. Non era só un can, era o que me facia compaña cando rifaba cos meus pais na aldea, ou cos meus avos. O que me gardaba cando ía ó monte, o meu compañeiro de xogos (na aldea case non hai rapaces).
Era o meu can, o que me lambía a man enteira e facia que a comia, pero sen mancar. E o que me defendia dos cans tolos que andaban pola aldea adiante.
Botareino moito en falta. Sempre estivo ahi, e agora non está. Que raro se me fai.

viernes, febrero 10, 2006

Nova
Francisco Vázquez dejará la alcaldía de A Coruña para ser embajador en el Vaticano

¡GRACIAS! ¡GRACIAS! ¡GRACIAS! ¡GRACIAS! ¡GRACIAS! ¡GRACIAS! ¡GRACIAS!

Hoxe hai festa na miña casa! Paquete marcha! Por fin! Aires de cambio, canto os botaba en falta!

jueves, febrero 09, 2006

Descubrindo a bitácora de Regueifeiro descubrín tamén ós Arctic Monkeys. Por agora o que vou escoitando vaime gustando, sen embargo é un tipo de música que nunca me chamou especialmente a atención porque non me fai sentir dun xeito especial. Por exemplo, con Gwendal danme ganas de chimpar e berrar e cantar, e tocar a frauta, jaja.
Có outro estilo de música só me dan ganas de bailar, ou sinto nostalxia. Ainda que depende. Por exemplo, cunha canción de Franz Ferdinand, This fire danme ganas de ir de festa :D E Die all right dos Hives tamén.
Isto non debería ser un problema, porque por exemplo, cos libros pasame o mesmo. Sen embargo leo libros de todo tipo sen problemas. E coa música cústame mais, se cadra porque o vexo como algo mais intimo.

Hai uns dias falaba co meu pai de música. De Supertramp e de Led Zeppelin, que nos gustan moito ós dous. E comenteille que me gustaria ter nacido a finais dos 60. Foi unha epoca xenial! Ainda que habia moitisimas cousas malas, eran precisamente esas cousas malas as que daban ganas de pasalo ben. Era unha epoca con personalidade.
Agora a musica que se fai non me di nada especial salvo excepcions. Creo que estamos pechados (eu mesma tamen) ós novos sons. Por exemplo, a miña canción preferida de Gwendal é Irish song precisamente pola desafinación, polo libre albedrío que hai nela. O meu pai só escoita chirridos.
É un exemplo, eu tamén peco de mente pechada en canto a certos estilos musicais, rexeito todo o que me parece clónico.
Coido que habería que abrirse de mente un pouco para deixar que a creatividade de moitisimas persoas saíse á luz.

Por certo, o meu pai deume a razón cando lle dixen que me gustaria ter nacido nos 60. Dixo "Non sabes o que te perdiches". Jaja, o meu pai, sempre dando animos :D

miércoles, febrero 08, 2006

Estou lendo Tokio Blues
Coido que é unha das novelas mais especiais que lin na miña vida. Desas que marcan.
Ainda non o rematei, non sei dicir se é bó ou non, pero é tan sumamente especial e fai sentir tantas cousas, que non sei nin que dicir del.

A miña saúde vai mellor (hai cousa duns meses ando arrastrando unha depresion). Teño que esforzarme moito para sair adiante, pero paga a pena.
Venme ben o traballo, jaja, porque faime sentir desconectada do resto e válida para o que fago. Gústame a sensacion que teño cando hai algo complicado que facer e remato.

Hai dias nos que me produce autentico panico ter que ir no bus, saber que teño que estar con toda esa xente durante 10 minutos.

Tamén me gusta sair de traballar e ver ó meu mozo. Ou ler un anaco antes de voltar á oficina pola tarde.

Pero ainda que vou mellor porque son cada vez mais consciente do que me está a pasar, cústame erguerme polas mañás. Meterme na ducha, vestirme. Abrir a porta do despacho, acender o ordenador.

Ultimamente cando rio, a miña mente rí tamen. Pero o habitual é que só o corpo ria.
De todolos xeitos podo falar disto, antes custabame. Ainda que sigo sen ter moitas ganas de facer cousas, pouco a pouco vou facendo proxectos (como ese de viaxar a Vigo a ver a La Frontera). Son pequenas cousas que me van axudando.
Estou leda porque por fin a miña saude mellora, pero dame moita rabia precisar axuda para iso. Ás veces sintome ben, leda, sinto que o meu corpo o está pero que eu non o noto. Escribo isto para animarme un pouco. Agora vou poñe-la vacina da meninxite e logo a casa a xantar. E logo a traballar e a ver ó meu mozo.
Dame igual se semelle unha mentira, pero son unha loitadora, ainda que sexa só por levarlle a contraria a algo (neste caso, ó meu corpo, que está empeñado en facerme sentir mal).

Agora marcho a poñer a vacina. Regalareille un sorriso á enfermeira, e cando me sinta algo mal, virei ó blog a ler esta anotacion :)

SGAE

mafia.
(Del it. mafia).
1. f. Organización criminal de origen siciliano.
2. f. Cualquier organización clandestina de criminales.
3. f. Grupo organizado que trata de defender sus intereses. La mafia del teatro
4. f. P. Rico. Engaño, trampa, ardid.

A min que non me denuncien, só é unha definicion da RAE.

lunes, febrero 06, 2006

This is not your home, not your world,
not the place where you should be.
And you understand, deep in your heart,
though you didn't want to believe.
Now you feel so lost in the crowd
wondering if this is all,
if there's something beyond.

Este non é o teu fogar, non é o teu mundo,
non é o sitio onde deberías estar.
E ti sábelo, no fondo do teu corazon,
ainda que non quixeches crelo.
Agora senteste perdida entre a multitude
preguntandote se isto é todo,
se hai algó mais alá.

http://www.elleondeoro.com/aut.html
A Frikipedia faciame rir. A SGAE faime chorar.
Na Frikipedia definian SGAE como Siempre Ganamos Algunos Euros.
Como non nos movamos XA, vannos dar polo cú cousa mala. Hai que queixarse ó Goberno, deixar de berrar aquí e de baixar música da rede inalambrica da SGAE. Pelexar, porque é o noso dereito e a nosa obriga.
http://uncyclopedia.org/wiki/Babel:Es/SGAE
Mais cousas

viernes, febrero 03, 2006

David esquenceuse e eu tamén. O dia un fixo dous anos que naceu O Recuncho. E cada vez que leo o que escribía... que cousas mais raras, como cambiou a miña forma de ve-las cousas en dous anos.
Faime moita ilusion porque cando comecei non me incluin en ningun buscador (só en un pequeniño por probar, e non teño visitas dende el), isto era coma un experimento.
Moito deu de si o blog! Quen o diría!
Ata tiven votos nos premios 20 minutos! :D
Milleiros de gracias a todos os que me visitades, porque ainda que pareza raro, facedesme compaña. Tiña ganas de compartir cousas e non tiña con quen, pero agora a cousa cambiou para ben :)
Así que graciñas! E graciñas tamén a blogger. Non sei se mudar o blog a orecuncho.com porque non teño tempo para facer a web polo de agora. E estou a quedar sen espacio.
O tempo dirá.
Gracias!

Beyond the lochs of the blood of the children of men,
beyond the frailty of the plain and the labour of the mountain,
beyond poverty, consumption, fever, agony,
beyond hardship, wrong, tyranny, distress,
beyond misery, despair, hatred, treachery,
beyond guilt and defilement; watchful,
heroic, the Cuillin is seen
rising on the other side of sorrow.

jueves, febrero 02, 2006

O día 28 sae La Frontera en Buenafuente.
E en Marzo actua en Vigo. Un venres!
Quero iiiiir, quero ir! Pero despois daquela porcallada de concerto que deu Gwendal teño algo de medo de que La Frontera faga o mesmo.
Son xa 15 anos ou máis seguindo a súa música, velos sempre foi algo inimaxinable.
Que nervios.