miércoles, junio 30, 2004

Rematei de ler Marmalade boy. Merqueino de segunda mao. Metense comigo porque me gusta o shojo manga, jaja, pero eu non lle vexo nada malo. E Marmalade boy pareceme realista (Xesús, que friki parezo escribindo isto!), danme ganas de viaxar a Xapon e deixarme levar polas tolerias que hai por ali. Claro que non todo é festa, pero teñen unha forma de ver as cousas interesante. Por exemplo, no instituto hay clubes. Segundo o que che interese, apuntaste a un clube. Iso é intersantisimo, ofrece a oportunidade de coñecer xente semellante a ti e de compartir coñecementos ou sinxelamente de pasalo ben.
Tamen me gusta Paradise Kiss. No fondo son unha coitadiña,jajaja (non o cré ninguen).
Estou facendo varias coleccións: Maison Ikkoku, de Rumiko Takahashi, publicaa Glenat cunha calidade realmente boa. Xa saiu o numero 2; Ayashi no Ceres, de Yuu Watase, que esta perdendo fol ultimamente.
O meu mozo está con La espada del inmortal, impresionante! Encantame! E o autor non para de debuxar, cada pouco sae un tomo! Vai facer Vagabond tamen, esa teño ganas de lela. E Blame! que non me gusta un carallo. Disque é moi boa, pero pfff... non é para min.
As miñas proximas compras seran From Hell, do grande grandisimo Alan Moore e Watchmen, tamen del.
Gustame moitisimo Alan Moore, é un xenio. Teño A Liga, V de Vendetta, Promethea (fabulosa, Promethea, recomendada ó 100%).
Voume quedar pobre, se os meus pais souberan o que gasto en comics...

Levo uns dias intentando falar cunha amiga miña e non hai forma. Non colle o telefono, comunica... O que me amola é que seguro que ve no móbil as miñas chamadas, pero ela non me chama a min.
Somos amigas dende pequenas, pero distanciamonos moito. Ainda asi seguiamos sendo boas amigas. Hai un tempo quedamos e ela estaba moi triste, dicia que nos estabamos a perder a unha á outra, e propuxemonos facer algo.
Cando empezou cos exames chameina para ver como lle ian. Cando rematou chameina e non contestaba. O sabado chameina e nada. Mandeille unha mensaxe. Onte chameina ó mobil e, de novo, nada. Chameina á casa e comunicaba.
Somos moi distintas, non coincidimos nos ambientes por iso temos que quedar previamente para vernos, pero cando eu llo ofrezo ela nunca pode. Non llo boto en cara, porque antes a que non podia era eu, pero ainda asi amolame moitisimo.
Ten un caracter un tanto especial, deixoume prantada mil veces á hora de sair cancelando a cita a ultima hora, pero ela non é enteiramente consciente diso. Sen embargo eu si, e non serviria de nada dicirllo, sentarialle mal e ainda por enriba poriase triste. E eu non aturo que a xente que coñezo estea triste, é algo cronico, jaja. Por iso trago todo o que me botan, pero isto...
Eu entendo que non nos guste o mesmo, que vexamos a vida de diferentes formas e que teñamos poucas cousas en comun. Ainda asi é a miña amiga.
Do noso grupo xa non falo con ninguen. Se as vexo falo, claro, porque levamonos ben, pero non temos unha relacion especial. E eu xa vou pasar, porque ainda que sexa a miña amiga sei que se algun dia quero sair e non esta o meu mozo, ela non vai poder. É triste pero é asi, só teño dúas alternativas a sair da casa ou a falar con alguen: o meu mozo ou ela.
En fin, vouno intentar agora a ver se hai sorte e me colle o telefono por un casual.
Hai uns dias coñecin xente nova, pero non consigo facer amigos novos.
------
Xa falei con ela, parece que todo vai mais ou menos ben. A ver se quedamos mañá. A ver.

martes, junio 29, 2004

Xa sairon as notas de Selectividade. O meu mozo sacou un 7 e pico!!!!!! Vaia pedazo de notas! Ten un 9 en bioloxia o_O
Quedase aqui, estou feliz!! Onte estaba nerviosisima pensando no que pasaria se non o conseguia, pero confiaba moito nel, tiña a sensacion de que si ia sacar a nota. E agora cando vexo a media...
Estou ben orgullosa! Merece todo o bó que lle pase.

domingo, junio 27, 2004

Fixeno! Despois de moitisimo cavilar, merquei a PlayStation 2! E non estou nada arrepentida. Aproveitei e collin o pack que traia o Sing Star, jaja, sei que é unha parvada, pero que divertido é!!! Ata xogo cos meus pais!
Estoulle a coller os xogos ó meu mozo, non teño diñeiro nin para unha Memory Card, pero cando o teña van caer o Tekken 4 e o Manhunt. E o Soul Calibur 2, ea!
Que leda estou coa merda da Play, jaja!

viernes, junio 25, 2004

Escribide no Google "ladrones" a ver o que sae, jaja. Este Google é un cachondo.

jueves, junio 24, 2004

Vaia faena a de onte, que choveu! Pero bueno, collemos unha barbacoa e puxemonos a facer criollos onde Hacienda. E que ricos sairon!
Estiven ata cedo porque acabei moi cansa, ademais estou farta de que festa sexa sinonimo de cogorza para moitos. Estiven aturando a un borracho que me contou que era de Asturias e estaba de okupa nunha casa da Gaiteira. E queriame rouba-lo paraugas asi coma quen non quere a cousa, jaja.

miércoles, junio 23, 2004

Hai unha cantiga de Ávalon, ¿Y si vendo el alma al diablo?.
"¿De los dos cual es el dueño de mi amor?
Noche bebe el veneno aqui en mi piel, Dia encuentra en mi cuerpo su dulce miel.
Ganas de aprender de nuevo a volar, miedo de que mis pies no sepan andar.
Noche que rompe, que arrastra, que me eleva. Dia que me sostiene, que me revive. Noche que atrapa, que absorbe, que me enciende. Dia que me concede, que me cuida, que me acaricia.
¿Y si vendo el alma al diablo?"

Parece mentira, a estas alturas...

lunes, junio 21, 2004

Uououo! Vaia dia mais chulo de cine que tiven hoxe! Undead, Three e agora Pesadelo en Elm Street.
Teño un amigo que é unha mina de pelis boas! Taño tamen Accion mutante, La matanza canibal de los garrulos lisergicos, El vuelo del navegante, Easy Rider... Vouno pasar de medo estes dias :)

sábado, junio 19, 2004

O meu mozo foi a Verin (el é de ali) porque era o santo dos seus avós, vouno ter 3 dias menos do que pensaba. Cagouna nun exame de Selectividade. Se non lle da a nota vai para Salamanca!
Ogallá se quede, non me fio nas relacions a distancia, xa estou escarmentada e sempre rematan mal. E non quero que el o pase mal, se se vai lonxe vaille custar moito centrarse, é un coitadiño. Sintome coma se fose a súa nai.
É que é raro, nunca estivera asi, recorrendo media Coruña para velo so cinco minutos, ou facendo filigranas no traballo porque non aturo mais de 2 dias sen velo. Non podo parar de facerlle agasallos, e cando paso por algun sitio e vexo algo que me gusta, penso en mercarllo. Só quero que sexa feliz, dame igual como.
Tiven mais mozos pero con ningun me pasaba isto. Non rifamos case nunca, cando eu me poño tonta el atura todo o que lle boto... Só levamos xuntos un ano e medio e non sei o que faria sen el. É ó mesmo tempo o meu amigo, o meu mozo e o meu irman.
Os dias pasan rapido, parece que nos coñezamos de toda a vida. A nosa relacion esta chea de pequenas cousas que me fan feliz.
Se me poño a falar del non remato, jaja. Só espero poder disfrutar del un pouquiño mais.

viernes, junio 18, 2004

Xa me din de baixa no da loteria. Os meus xefes non o tomaron a mal, incluso insinuaron que voltase o ano que ven.
O meu mociño rematou a selectividade. Por fin! Vai ser meu ó menos 6 dias! Botabao en falta, viamonos pouco.

jueves, junio 17, 2004

Gustame Radio Fene. É no 107.7 da FM. Pon de bo humor a calquera.
Vou deixar a venda de loteria. Mañá falarei cos xefes.

miércoles, junio 16, 2004

Hala! Xa me apuntei á carallada esa das oposicions! Apunteime para subalterno e para auxiliar administrativo. Non teño que facer exame de Galego porque por estudialo na escola dende pequeniña deronme o titulo de Iniciacion e Perfeccionamento (e menos mal, porque en galego escrito estou moi verde, confundo o galego normativo co castrapo, son parecidos). A verdade é que nos Novos Ministerios foron moi amables conmigo, levaba un titulo mal compulsado e fotocopiaronmo ali, e voltarono a compulsar :)
Coas coñas pedin traballar pola tarde, asi que estarei no Alcampo hoxe. Quedei ás 9 coa miña antiga compañeira de traballo (deixouno, ofreceronlle outro) e non apareceu. Non sei se lle pasaria algo, é moi raro que non me avisara.
Tamen me chamaron da Cruz Vermella, mañá serei oficialmente vontaria ^_^, teño que ir entregar unhas fotos. Fun ó curso antonte e foi moi divertido. Vaia elementos que ali habia! Jaja, habia un señor deses tipo Viva franco! Viva la caza! rosmando todo o rato, e outro dicindo que entre tanto curso e tanta entrevista non iamos empezar as labores de vontariado nunca, que el veia moita burocracia, jaja.
E agora veño do ximnasio. O monitor quereme mataaar! Levo anos e anos facendo sillon-ball e agora pesame o cú! Doeme todo (o corpo)! Pero, como di a miña sabia madriña, "para presumir hay que sufrir".
Vou xogar un pouco ó Tomb Raider Unfinished Business. Conseguin facer que funcionase a tarxeta grafica nova na particion de Win98SE, ata agora non recoñecia os drivers como validos.
O meu mozo estase a examinar agora da Selectividade. Que nerviosa estou, se saca menos dun 6 vaiseme para Ourense ou para sabe deus onde.

martes, junio 15, 2004

JUA! Segundo esta paxina parezome a Jennifer Lopez, nada menos! Juajua! Eu creo que non, comprobadeo vos a ver. http://www.gabitus.com/cgi-bin/a_cgi/view-1087328947780

lunes, junio 14, 2004

Ben! Despois de varias escoitas do disco de The Polyphonic Spree podo dicir que son xeniais!
É unha musica rara, ten instrumentos de orquestra tipo tuba, fagot.. e emprega tamen sintetizadores. Cantan todos a coro e un fai os solos. É distinto, e moi moi barato, recomendoo. Xa que temos un disco barato hai que aproveitalo.
http://www.gongdiscos.com/ficha_discos.asp?cod=166337

http://questfortherest.com/
Esta é unha ligazón a un xoguiño feito para promocionar un disco. Está moi moi ben feito, tanto que vou agora a merca-lo disco, jaja. O final é o mais gracioso, a ver que vos parece.

domingo, junio 13, 2004

Unha parvada que me fai gracia :D

Quen o ia dicir!

viernes, junio 11, 2004

http://www.microsoft.com/spain/windowsxp/gallego/default.asp
Espero non amolar a Dorfun, pero collin esta ligazon da sua bitacora. Pareceme importante, xa vai sendo hora de que os galegos poidamos escoller o galego nos nosos programas e sistemas operativos como fan os catalans ou os vascos.
Dende a ligazon podese descargar o paquete para pasar o XP ó galego. Mais informacion na Dorfunteca

jueves, junio 10, 2004

http://www4.terra.es/horoscopo/testform/1,2413,,00.html
Aqui hai un test (estou facendo demasiados ultimamente) e estou flipando. Segun o test son Venus e acerta en todo! Os problemas de espalda, o intrumento musical que toco... Que curioso. Facedeo a ver :)

miércoles, junio 09, 2004

Hoxe vendin moita loteria. Pola mañá fun á manifestacion polo convenio do telemarketing e vendinlles ós meus compañeiros 9. E pola tarde fomos a Alcampo.
Habia ali un homiño vestido en plan pobre que falou moito connosco. Cheiraba a viño e tiña os ollos vermellos. Primeiro mercou 2 cupons. Logo preguntou pola pucha da Cruz Vermella, e lle dixen que só a regalabamos cando se mercaban 10 cupons (50 euros). Total, que o homiño empezou a dicirnos o que nos din todolos vellos, jaja, pero son amables. O caso é que ó rato voltou cun billete de 50 euros. Dinlle a pucha, e á miña compañeira mercoulle 4 mais. Sintome moi culpable, en total son 80 euros en loteria. A miña compañeira dime que estaba borracho e que son 80 euros que non gastará en viño, pero non sei, ó mellor só queria conversa.

martes, junio 08, 2004

Encantame esta letra dos antigos Luar na Lubre.

Dun tempo para sempre

Vese voar
unha moura soidade
que vai xurdindo
baixo o solpor;

sombras que doan
seu alento
e transforman o ar
nun incerto mencer;

voces que son
as pegadas dun tempo,
eco de doces
acordes de alalás.

Cando atoparemos
druidas envoltos
nos fumes das lubres
no bosque de Emaín;

e o val enfeitizado
polas sombras que ainda emerxen
da última noite,
noite de luar.

Soños galopando
xa rachan co silencio
e o vento asubía
acordes de alalás.

Acabo de escarallarme, jaja. Definitivamente, non estou ben da cabeza. O motivo é o weblog de Cypher, qué bo gusto que temos! jaja, vaia coincidencia. Aproveito para darlle a benvida a el e mais a El Manaba.
Sigo a da-las gracias polas mostras de apoio. A pouquiños vou collendo o ritmo. O que me perdia era o tempo libre que tiña, pero hoxe apunteime a un ximnasio (voume pór cachas!), fun á entrevista de vontariado da Cruz Vermella e mandei ó carallo todo o demás.
Non tiven un bo dia no traballo, vendín so 9 numeros e mañá quizais me boten, a miña compañeira e mais eu levamos uns dias vendendo pouco. O que teña que vir vira, como dí a carta do PP teño toda a vida por diante.

Que risa coa propaganda electoral, é abraiante como difiren as cartas dos meus pais e as miñas. A min saúdame Luis Tosar na do BNG, o PP faime a pelota cunhas expresions en plan xuvenís ¬¬
E ós meus pais nada.
O meu avó é do PP a morte. Como a maioria dos velliños de Galiza. E temos uns piques moi simpaticos. Antes diciame que Beiras estaba tolo, que como podia votalo. Pero agora xa non está Beiras asi que rosma todo o que pode porque eu teño moitos argumentos :D Teño que apañar unha bandeiriña do BNG. "avó, collesme isto un intre?" jajaja. Pobriño.

E para rematar, un chiste moi malo que me fixo rir moito (teño o dia tonto).
¿Como se chama a máquina de facer Antonios?
.
.
.
.
.
.
.
.
Antonio Machín!

domingo, junio 06, 2004

Gustariame saber se vedes ben o novo deseño. Eu emprego Netscape e vexoo ben, pero non sei se no Explorer funciona. Na parte de arriba está o titulo. Á esquerda, as mensaxes. Á dereita, o arquivo, as ligazóns.. etc.

As mensaxes anteriores son o resultado dunha semana de merda. É certo que as ganas de morrer van e veñen, pero hai que mirar para adiante, ainda que cada vez é mais e mais dificil. Non me gusta nadiña queixarme (ainda que pareza o contrario).
Hoxe doume de conta do dificil que é facer amigos, coñecer xente e pasalo ben con ela, ter a confianza necesaria para dar unha aperta porque si. Nunca fun de ter moitos amigos, pero é que agora non teño ningun. Sempre gustei de estar soa, agás agora. Porque todo se atura sen axuda. Non me importa ir a un concerto eu soa, pero si me importa cando son oito ou nove. Ou hai unha festa no Matthew's e non teño con quen ir. E quedo soa na casa, lendo ou escribindo trapalladas facendome a victima sen ter dereito a iso, porque hai persoas que o están a pasar peor ca min. Eche o que hai.
Non hai mais camiño que o que temos diante, e ainda que estea cheo de coios temos que seguir a camiñar, porque as alternativas son terribles.
Graciñas polos comentarios da mensaxe anterior. HaloScan xa me dera problemas unha vez, se alguén sabe dalgún outro sistema e me pode avisar agradeceriallo. O sistema de cometarios de blogger non me gusta, é complicado.
Gracias tamén por esa poesia cargada de razon. Ás veces os problemas parecen tan grandes que non deixan ver nada mais. Enton aparece alguén que che ensina a cantidade de cousas que te estas a perder e vas erguendo a cabeza.

sábado, junio 05, 2004

A veces llega el momento en que
te haces viejo de repente
sin arrugas en la frente
pero con ganas de morir.

viernes, junio 04, 2004

Fun a unha terraciña e esquencin a chaqueta. Cando voltei xa voara. Era verde e poñía Irlanda polas costas. Ata agora non vin ningunha coma esa, e no Corte Inglés só tiñan a que eu merquei, se alguén a ve que me diga por donde, por favor.
Era o que me faltaba para rematar a semana.

Vou durmi-la sesta, que teño que ir ó Corte ingles logo (que preguizaaaa!). Encarguei The Ring, de Hoji Suzuki e Trece badaladas, de Suso de Toro. Todo gracias a unha mensaxe na Dorfunteca que me lembrou o tempo que levaba sen ler. A ver que tal.
Non quero ir durmir sen lembrar ós mariñeiros do Bahía. Ogallá o mar fose mais predecible, ogallá esa xente estivera aínda con nós.

jueves, junio 03, 2004

Benvido, Deposito! Espero que o teu novo weblog vaia ben.
Para os que queirades mercar loteria, hoxe estarei no Carrefour de Alfonso Molina, chamado Continente aínda :)
Vou falar hoxe un pouco de trapalladas. Onte vin a un auto publicitario do BNG. Lembreino ó ler o weblog de Deposito. Tamen lembrei que me chegara publicidade do PSOE á casa. Penso que é moi importante ter unha representacion en Europa, Galicia sempre está á cola das outras autonomías, e é en parte porque moitos galegos queren, e non se esforzan en ir un pouco máis alá. Non me gusta demasiado falar de política, só queria comentar isto, que para mellorar hai que participar, un só non fai nada, pero moitos poden trocar as cousas.
Merquei dúas pelis, El tiempo en sus manos e Dersu Uzala. Este fin de semana farei a miña propia maraton de cine (jaja, que cutre, unha maratón de 2 pelis).

Antonte entrei aqui e fixenme vontaria da Cruz Vermella. Ainda estou no proceso, jaja. Hoxe chamaronme por telefono para ter unha entrevista informativa sobre as labores do voluntariado. Eu teño claro que quero entrar no programa da terceira idade, pero se podo botar máis dunha man fareino encantada. Logo da entrevista, hai unha charla de 4 horas sobre a Cruz Vermella e mais tarde é cando comezas a ser vontario. Teño moitas ganas!.

Polas mañás estou leda, pero cando chega a noite doume de conta de que emprego o traballo para non pensar nos meus problemas. Hai tres anos tiven unha depresion moi grande (foi horrible) e vou polo mesmo camiño. Espero que con este tema da Cruz Vermella non recaiga outra vez. Dende logo, non penso voltar a estar como estaba.
A xente non se da de conta porque de cara a eles son unha persoa leda, non me gusta amolar a ninguén, por iso non o conto, pero por dentro estou a piques de estoupar. Sempre puiden superar estas cousas eu soa, quizais esta vez vaia ó medico, estou farta xa.
Hale, a calar! Vou ver Stargate :D