martes, agosto 31, 2004

Novo dia de curso. Aprendin moito, pero explicaronnos como ian ser os contratos. Os antigos traballadores da empresa teran un contrato de obra quizais por tres anos. Nos, iremos e viremos cun contrato de circunstancias segundo o numero de chamadas. Ademais van mirar con lupa os nosos coñecementos no curso, daseme fatal demostrar o que sei ou non facer.
Gustariame traballar 3 meses seguidos só para saber o que se sinte cando sabes que vas cobrar. Gustariame pagar o CCNA pero non podo porque non teño un traballo decente.
A parte boa é que para a proxima vez como xa serei antiga traballadora ó mellor fanme de obra a min.
Mañá levarei o coche. Espero non espetarme!

lunes, agosto 30, 2004

As persoas nos centros comerciais volvense parvas. Deixan o carro no medio, dalles igual verte ali parado agardando, é igual. E nos pasillos, claro. É o mais normal, deixa-lo carro ali estampado.
Grrrr...

Estou vendo Hellraiser (gracias! ;) ) Teño un amigo que ten moreas deste tipo de pelis, por primeira vez deixareillas eu a el, jaja. Hellraiser non a ten, que curioso.

Comecei hoxe co curso ese no que me pagan e estoy ledisima. É a un nivel totalmente distinto de Atento, falamos moitisimo de programacion e de informatica en xeral, paseino de medo. É para dar soporte ó SP2 (boa nos ven enriba!). A empresa ten moi boa pinta, coincidin con xente de Atento, e deronnos libretas de tapa dura! (seica é o normal, pero a min en Atento non me deron nunca material agás unha minilibretiña hai uns meses) Hai cafe gratis, atenderemos chamadas tamén en Portugues, teremos aplicacions a nivel internacional (a empresa é unha multinacional e empregamos todos a mesma aplicacion, asi que compartiremos informacion).
Ogallá non me toque o horario de tarde...

domingo, agosto 29, 2004

Hai intres nos que me emparanoio eu soiña. Agora estou nun. Lembrando La Matanza de Texas, que grande pelicula...
Recomendolla a todo o mundo, hai xente que pensa que non paga a pena, pero carallo! Cos poucos cartos que tiñan, conseguir ese ambiente opresivo, esa sensacion de repulsa... xenial.

Hoxe foi un dia historico. O dia no que Arduina aparcou á primeira, desaparcou á primeira, non lle pitou ninguen e non se lle calou o coche.
Tamen foi un dia historico porque os fillos de puta de ETA andan a toca-lo zoco en Galicia. Que lles dean polo cu.

jueves, agosto 26, 2004

Que aburrimeeento...
Onte á miña nai deulle unha arroutada e levoume a conducir ás 12 da noite e ata a 1:30.
Realmente pagoume a pena saca-lo carnet? Non sei aparcar, por pouco choco contra dous tolos, uns ionquis miraronme mal mentres aparcaba...
E todo isto sen coches! Hoxe voltarei, asi que xente da Coruña, non saiades da casa a partires das 12.

Onte tamen fun á biblioteca. O libro ese de Oxford, collido. Aluguei La cancion de Kali, e vaia... xa o rematei e foi coma ler O Codigo Da Vinci. Pasaba paxinas e paxinas e non sucedia nada.
Tamen fun ver a exposicion do Xabarin que hai en Duran Loriga. Moi cutr, unha sala nada mais cun Hatori grande, unha tele con videos (que boa idea! estiven a mirar videos ata que os amigos do meu mozo cansaron de agardar), unhas camisetas e paxinas tipo comic das cancions do comezo do Xabarin, esas de "somos do clube da galega por fuciños, por cacheiras" un troncomobil, figuriñas pequenas de persoaxes de debuxos e fin.

martes, agosto 24, 2004

Hoxe conducin (dise conducin?). Que mal o fago, non se pode estar tres meses sen colle-lo coche! E ainda por enriba os meus pais e o meu avo no coche en plan bocina "cuidado! cuidado!" brrrrr.

lunes, agosto 23, 2004

Libros! Liiiibros! Necesito libros!
Xa rematei Peregrinatio e Juego de Tronos. Que leo agora? El origen perdido esta emprestado, a segunda parte de Juego de tronos tamen, os de Peter Berling tamen.
Que leoooo?

domingo, agosto 22, 2004

Onte tiven un soño. Viaxaba a Xapon, e entraba nunha casiña cun teito baixo. Ali nunha habitacion estaba Alan Stivell practicando unha cancion, e eu via a Carlos Nuñez e lle dicia "Caramba, Alan Stivell!" en plan "Otia! Alan Stivell!"
Mais tarde a casa ardia, e como todo era unha illa, tiña que pagar a un pescador con 50€ para que me levara á terra.

viernes, agosto 20, 2004

UOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO!
Lembrades aquela entrevista que tan mal me saira? Seica non foi tan patetica! Chamaronme hoxe para comezar un curso de formacion, e ainda por enriba paganme 20€ ó dia!!!
UOUOUOUOUOOOOOO

jueves, agosto 19, 2004

Estes dias estiven na aldea, e cheguei á conclusion de que o campo é estresante. Limpar, escapar dos bichos, da miña cadela que está tola, da misa...
Estou algo nerviosa porque operamo-lo meu can. É velliño xa, naceulle un bulto xigante en plan chepa e fomosllo sacar ó veterinario. Tiñamos medo, porque como era vello podia non espertar da anestesia, pero pouco a pouco vaise recuperando. Hoxe xa erguía a cabeza, iso si, non come nin bebe, debe de ser do soro que lle puxeron. Pola maña case non se movia, eu pensaba que estaba morrendo, que mal o pasei.

A miña nai e mais eu tivemos que enfrentarnos a uns obreiros asquerosos cunha excavadora (co medo que me dan!!) no medio da estrada. Sacarona do medio para que pasase un vello, e cando iamos pasar nos, hale, ó carallo. E cando lles pedimos que a quitaran rironse de nos e fixeronnos pasar por un espacio minimo, un pouco mais e o coche vai polo terraplen. Panda de idiotas... Se non fose porque levabamos presa dixo miña nai que chamabamos á Garda Civil.

domingo, agosto 15, 2004

Nesta ligazon hai un video dunhas chinas en plan karaoke chungo. Que farton de rir! Recomendovolo.

Vale, non deixa :( Esta en el rellano na seccion videos. Chamase "Chinas locas"

viernes, agosto 13, 2004

Hai un tempo deixeille a un compañeiro do traballo unhas peliculas. Hoxe, tras 3 meses de espera trouxomas. Irrecoñecibles. Cheas de arañazos e de marcas de dedos, é alucinante.
Levounas outro compañeiro que sei que as vai tratar ben, traeramas o sabado da semana proxima.
Se en algo son maniatica é no coidado das miñas cousas, gustame ter todo perfecto.
Joder, é que hai alguns raions impresionantes!
O sabado que ven farei a lista das miñas pelis.

Volvo a estar soa na casa. Os meus pais foron ver ó meu avó, e eu como traballo non podo, asi que irei o luns. A ver se estou mellos, que collin catarro no tren de Vigo.

jueves, agosto 12, 2004

Marcho para Vigo!! Son as 6:50, ás 7 e media collo o bus para a estacion de tren.
Teño algo de medo porque é o meu primeiro viaxe eu soa, e ademais estivo facendo tanto vento pola noite que coma o tren se mova un pouco... brr!
Volvo pola noite.
Deica!

miércoles, agosto 11, 2004

Ai vai unha ligazon
Estache ben graciosa, jaja. Son anacos de manuais de instruccions, embalaxes... con cousas curiosas.

martes, agosto 10, 2004

Xenial
As miñas vacacions coincidian coa data, levo un monton de tempo aforrando... e un mes antes cancelano todo.
Ademais iamos o meu mozo e mais eu xuntos, como o ano pasado. Sen pais, sen amigos, sen familia...
En fin.

lunes, agosto 09, 2004

Xa traballei, ea!
Chamoume un frances moi maleducado que como non lle daba un numero de telefono (e traballo nun servicio tecnico!) dicia "no me puedes decir que no lo tienes, te levantas y lo vas a buscar ya". Imbecil...
Mañá ou pasado irei a Vigo ou a Santiago, ven un amigo meu de viaxe a Galicia e teño moitas ganas de velo.
Os meus pais xa voltaron, e onte tiña a roupa planchadiña enriba da cama :D Non me vou queixar, pero non o vou permitir mais, pobres pais, xa lles chega co traballo fora da casa.
Fun o xoves á biblioteca. Collin El Salon de ambar, de Matilde Asensi. Non estivo mal, pero quedoume un gusto amargo e doce, coma con todolos libros dela. Hoxe voltei e collin Peregrinatio, tamen de Matilde Asensi, continuacion de Iacobus. A edicion é preciosa, con debuxos de códice e demais, pero o libro é infumable.
Tamen collin Juego de Tronos, disque é a mellor novela epica que hai. A ver se é certo, tamen dixeran que Los pilares de la tierra era a mellor novela historica e a min pareceume normaliña tirando a mala.
E onte actuou Eric Rigler con Luar na Merda en Riazor. Pasei de ir porque pensaba que eran só os LNL, pero hoxe un rapaz dixome que estaba Eric :´(
Outra vez sera.
Vaia mensaxe mais negatifa que me quedou, jaja.

viernes, agosto 06, 2004

Nooooooon! Non quero ir traballaaaaaaaaaaaaaar!

Pra onde vas Maria? Pra onde vas Maria?
Veño da verduraaaa, que rico repolo ten o señor cura!
Ten o señor cura, ten o señor cura por baixo da saiaaaaa
Pra onde vas Maria? Veño da ensaladaaa.

Gustame cantar :P Por iso chove estos dias.

jueves, agosto 05, 2004

É incrible como só nunha hora de visita se pode coller cariño a alguén.
Fun face-la visita da Teleasistencia. Estou flipando, como é posible que unha muller de 90 anos teña tanto en comun comigo? Canto cariño lle collin, se ata me deu uns panos de cociña cun borde de ganchillo feito por ela.

Vaia concerto... que despendole. O Civera dixo de quedar na Coruña e eu berreille coma unha posesa "Quedate en mi casa!" coas conseguintes risas... Tamen tiven outro momento de gloria cando unha dixo "Quitate los pantalones!" e eu "Que pantalones ni que carallo! Los calzoncillos!"
Cada vez que o penso.. que vergoña, menos mal non fun con moita xente. Estou comezando a facer agora o que non facia con 15 anos, sera malo? jaja.

Hoxe ás 18h teño a miña primeira visita de Teleasistencia, é mais complicada que a de Axuda a domicilio, espero facelo ben. E logo achegareime á biblioteca, que xa devorei os libros que mercara a semana pasada.
E se estou de bó humor rematarei no Matthew's con media pinta de Guinness na mao. Se alguen se apunta só o ten que dicir :D
Por certo, que cantidade de comentarios me deixades ultimamente! Dame moita ledicia ver que ledes o que escribo, moitas gracias!

miércoles, agosto 04, 2004

Ejem.. vou ver a David Civera cunha rapaza do traballo. É unha parvada, pero está ben bó, e non sempre teño a sorte de ver a un tio bo bailando tan ben.
Que baixo cain.. jaja

Nova
Este tipo de novas fan que bote fogo polas orellas, en serio. É coma se o odio me nacera de dentro. Definitivamente, aborrezo a igrexa catolica, aborrezoa con toda a miña alma. E ollo, que non me estou metendo cos catolicos, cada un que crea no que queira, os meus pais son catolicos e crentes e cren que a igrexa é unha puta merda. Unha putisima merda diria eu. Pero non ten por que cambiar, cada relixion ten a sua forma de pensar, e se esta é a sua que a metan polo cu.
Dende sempre porfiei contra a igrexa catolica, que é a que me toca mais de preto. Hai excepcions dentro dela, por suposto. Pero xenera en min un odio que non é normal.
O meu pai dixo que na Renta marcaba o casilleiro que lle daba diñeiro á igrexa, que mellor a eles que ós ladróns.
Se ata a Biblia (que tampouco me parece moi fiable) renega deste tipo de institucions...
Cando vou á aldea acompaño ó meu avó á misa porque a él gustalle. É algo que respeto, o cura do noso pobo é un home bo, caeme ben, e as suas misas non estan mal, el promulga sinxelamente a bondade entre nos. Pero logo está o que cobra por dicir ó final "recordemos agora ó defunto fulanito de tal".
Noxo, noxo e noxo.

O mellor programa do mundo!

martes, agosto 03, 2004

Que poema mais lindo... Está musicado para o xogo Jack el destripador, espero que non haxa problemas se poño a cancion aqui para descargar. É unha magoa non compartila, a voz da cantante é impresionante, chámase Djazia Satour. Baixar, boton dereito e Gardar destiño

"Come live with me and be my love"
Autor: Christopher Marlowe

Come live with me and be my love,
And we will all the pleasures prove
That valleys, groves, hills, and fields,
Woods or steepy mountain yields.

And we will sit upon the rocks,
Seeing the shepherds feed their flocks,
By shallow rivers to whose falls
Melodious birds sing madrigals.

And I will make thee beds of roses
And a thousand fragrant posies,
A cap of flowers, and a kirtle
Embroidered all with leaves of myrtle;

A gown made of the finest wool
Which from our pretty lambs we pull;
Fair lined slippers for the cold,
With buckles of th purest gold;

A belt of straw and ivy buds,
With coral clasps and amber studs:
And if these pleasures may thee move,
Come live with me and be my love.

The shepherds' swains shall dance and sing
For thy delight each May morning:
If these delights thy mind may move,
Then live with me and be my love.

Tamen me gusta moito un de Garcilaso de La Vega:

Escrito está en mi alma vuestro gesto,
y cuanto yo escribir de vos deseo,
vos sola lo escribisteis, yo lo leo
tan solo, que aun de vos me guardo en esto.

En esto estoy y estaré siempre puesto;
que aunque no cabe en mí cuanto en vos veo,
de tanto bien lo que no entiendo creo,
tomando ya la fe por presupuesto.

Yo no nací sino para quereros;
mi alma os ha cortado a su medida;
por hábito del alma misma os quiero.

Cuanto tengo confieso yo deberos;
por vos nací, por vos tengo la vida,
por vos he de morir y por vos muero.

Veraniiiñoooooo.
O meu mozo marchou xa :( E os meus pais non voltaron. Pero me dixen "non! non vou quedar aqui soa!" e chamei ós amigos do meu mozo (el xa di que son os meus amigos, jaja) e fin tomar algo con eles. Eramos 3, fomos á cerveceria da Estrella, e por pouco teño unha cun chorvoneno que me quitou a mesa. Sento nela e vai o tio e senta! E eu digolle que chegara eu antes, e me di que non. Ainda por enriba os amigos do meu mozo quedaron de pe na barra sen facer nada, que vergoña!
Pero que mais da, estivemos de pe cunha cervexa na mao. Logo voltamos e mercamos merda no Carrefour e fomos a casa dun deles a comela. E agora baixaban ó concerto da praia, o dos 40 principales, pero eu coma que paso. Prefiro quedar aqui vendo Lady Halcon, jaja.
Chamaron os meus pais, a miña nai dixo que se sentia culpable por deixarme soa tanto tempo. Pobriña, eu xa lle dixen que non se preocupara. Espero que o estean a pasar moi ben.

Xa rematei o Codigo Da Vinci. Que libro mais malo... Esta mais ou menos documentado (conta cada cousa... ¬¬)pero coa historia que coñece moita xente. Polo menos a min todo o que ian contando non me sorprendia en absoluto. É un libro mais ben simplon. Lembrame a El Ocho, ambolos dous exitos de ventas e mais simples que un paquete de cromos. Claro que é a miña opinion. Ultimamente todalas novelas historicas que leo parecenme baseadas en historia barata. E dende logo eu non me voltei culta de repente, sigo coma sempre, é a calidade dos libros a que decae.
Co caro que me custou >:(
Dame magoa ter esta opinion, porque imaxino o traballo que lle deu ó autor escribilo.

domingo, agosto 01, 2004

Todalas horas do diaaaa vexo a quen quero veeer
ailalala ailalalaaa ailalalaailalalaaaa
Ay que note de luniñaaaa ay que noite de luareeeeee ay que noite de luniñaaaaa
para eu contigo estareeeee, vamonos nena vamonos xaaaaaa.