miércoles, septiembre 29, 2004

Estiven hoxe lembrando a miña grande fazaña da infancia, tamén chamada polos meus pais "o dia mais angurioso que pasamos". Lembroo todo perfectamente.
Cando tiña 3 aniños fun cos meus pais ó Pryca de Madrid (vivin ali ata os 6 anos). Na entrada vimos un garda moi moi alto que me chamou moito a atencion, e a miña nai dixome "Se algun dia te perdes, tes que buscar a un garda asi coma este. Non te vaias con ninguen que non sexa un garda. E lle tes que dicir Chamome fulanita, vivo en tal sitio e perdinme". Cando pasamos por diante das Fantas quedei pampa mirando para tanta botella, e cando quixen voltar cos meus pais non os via.
Asi que ala fun eu con tres aniños á zona das caixas, pregunteille a unha señora se sabia onde estaban os gardas e sinalounos co dedo. Cheguei ali e soltei a frase "Chamome fulanita e estou perdida". Levaronme á sala onde tiñan todalas pantallas das camaras de vixilancia, e unha garda ensinoume un frisbi e me dixo que se lle dicia onde vivia mo daba. E eu soltei a parrafada toda, jaja. E eu de medo nada, toda pancha. Cando pasou un rato e me anunciaron por megafonia o garda alto colleume no colo e dixo "Son aqueles os teus pais?" e eu nin me despedin, fun correndo ata eles co frisbi a modo de trofeo berrando "mirade o que teño!".
A parte que lles tocou ós meus pais non foi agradable, era unha epoca na que desaparecian moitos nenos, botaron a correr polo Pryca preguntando por min a todo o mundo e ninguen me vira.

O que chama a atencion do asunto é que ninguen se extrañase de ver a unha meniña de 3 anos soa polo centro comercial adiante preguntando a todo o mundo polos gardas. Realmente da que pensar.
Ainda que non deberia estou ben pava co tema do Pryca, eu soa con 3 anos ante o perigo, nun centro comercial xigante... que espabilada era! jajaja.

martes, septiembre 28, 2004

Estes dias estou escoita que te escoita nunha cancion, en Radio Fene, é Aqui há gato... quem me tramou? dos Gaiteiros de Lisboa. Teño Bocas do Inferno, pero non Macareu, o disco no que ven esa cancion. Alguén o ten? Por suposto mercarei o disco, pero namentres non mo traen...
Hoxe veu o meu avó, véxoo ledo e con moi boa saúde, pero de supeo noteille a idade. Quero que sexa bisavo!

Ligazon
Nesta ligazon hai informacion dunha manifa en Madrid en contra da SGAE. A ver se chega a bo porto..

Mañá quedo soa ante o telefono, que sexa o que deus queira, se lle estoupa o portatil a alguén xa sabedes que fun eu :)

lunes, septiembre 27, 2004

Menudo primeiro dia... Estiven case toda a mañá escoitando chamadas, e logo collin unhas poucas. Que cousa mais complicada! Pero o peor de todo foi voltar á miña casa en coche. O atasco non ten comparacion posible..

Por certo, lin onte A sombra cazadora e chamoume moitisimo a atencion a palabra "hesitar". Non a oira na miña vida, só en ingles, "hesitate". Realmente existe ou é un anglicismo?

domingo, septiembre 26, 2004

Mañá empezo no traballo novo. Vou totalmente a cegas, o curso foi demasiado breve, non sei como se me dara.

viernes, septiembre 24, 2004

Cumpreaaaanos feliiiiiz!
Sii, xa teño 21 anos e estou coma cando tiña 20! (A ver se cando cumpra 60 me pasa igual, jeje).
Ainda que non foi un dos mellores dias que tiven pola merda da merdsruacion non estivo mal. A tarta esta riquisima, é de nata e chiculate. Ten duas pombiñas de merengue e gominolas de adorno, que riquiño o pasteleiro.
Os meus pais regalaronme moitas cousas (xa lles reñin :D ), un colarciño cunha letra china que significa "Ledicia de vivir" (a miña nai miroume significativamente, seica se da de conta das miñas cousas mais do que creo) un colar de prata con deseño hindú precioso, unha camiseta Nordic Mist (jajajajaja) dun dos viaxes dos meus pais e un conxunto picaron de muda e suxeitador que me é pequeno (irei mañá a cambialo).
A miña madriña un bolso moi lindo, verde. E o meu mozo un Final Fantasy para a Play2.
A parte mala é que ninguen me chamou para felicitarme, só o meu mozo e a miña madriña.
Recibin unha felicitacion por email e tres por SMS, non sei... En fin, só é unha data coma outra.
E eu regaleime a min mesma un libro de Sherlock Holmes que vou ler en media hora :D

martes, septiembre 21, 2004

Hoxe quero facer unha homenaxe á pelota Super Tele.
Canto teño xogado con ela! Pasei hai unhas horas por unha libreria e vina no escaparate.
Arriba Super Tele!!!

lunes, septiembre 20, 2004

Hoxe foi o primeiro dia na nova empresa. Esta semana darannos un curso, e a que ven a traballar. Mola, porque xa me deron de alta na SS hoxe. Terei turno de mañá. Que nervios. Seica o meu coordinador anda a pleitos cos empregados e que é intragable, xa se verá.

domingo, septiembre 19, 2004

Que pedazo de cumpreanos! Paseino de medo. É bó saber que ainda que pasaron case dous anos dende que rematamos a FP os meus amigos e mais eu seguimonos levando tan ben coma antes. Non pasa o tempo, levabamos meses sen vernos pero nada cambiara :) Estou leda, miña nai non, jaja, dí que teño que sair mais a miudo con rapazas e non con rapaces.
E os agasallos foron xeniais. Unha caixiña de bombóns, un comic e a estrela da noite: unha camiseta coa cara de Rosalia de Castro estilo Andy Warhol!!!! Tamen unhas chapiñas, nunha pon "Mala porque me da la gana", porque segundo os meus amigos son unha borde :? :? (Borde eu?, jaja) e outra que é para poñer no peto de atras do pantalon que di "Deja de mirarme el culo".
Despois da cea fomos tomar unhas cervexas a un antro deses que coñece un dos meus amigos, e un que é rariño preguntoulle ó camareiro se tiñan Aquarius. Non rimos mais porque caiamos das cadeiras, ata o camareiro se esmendrellaba. Eu tomei Beamish, que ainda que non é Guinness deixase beber, e os meus amigos Foster. E unha Coronita para a moza dun amigo, tamen chamada por min cervexa intragable.
Como a peli esa dos Beatles ¡Que noite a de aquel dia!

sábado, septiembre 18, 2004

Aínda que cumplo o xoves, celebro hoxe o cumpreanos cos meus amigos. Todo iria ben de non ser polo meu mozo, que escolle os dias para amolar. Ademais de dicirme o agasallo dun amigo (e o amigo o do meu mozo, son Pepiño para Pedro ¬¬) enfadouse comigo e montou un escandalo na rua porque me amosou o novo coche da mai e eu chanteille un dedo na parte de atras e rín. Pero é que non deixei case pegada ningunha!
Pois si, a sua resposta foi que lle metese os dedos no cú á miña mai, que era unha imbecil (non me deixaba falar, só berraba "imbecil! imbecil") e bla bla bla. E pretende que eu lle pida perdon.
Ás veces non sei se son moza ou coidadora de garderia. E agora non sabe se vir cear connosco ou quedar de morros na casa.
E iso cando acabo de aturar comentarios tipo "Que guapa estas despues de varios vasos de sangria"
Escarallante, vamos. Pero é que non escarmento. Xa tiña que pensar as cousas cando dixo aquilo de "Teño ganas de que marches de viaxe para ver ós meus amigos" Acaso eu lle quito? Tanta carga e tanta molestia son?
Él tamen é ben sufrido, porque aturarme a min non é doado, pero penso que non son tan pesada como para ese tipo de comentarios.
En fin, esta noite xa se verá.

jueves, septiembre 16, 2004

^_^
O luns comezo no meu novo traballo, ó final traballarei para Dell :)
Estou leda, ainda que non quero cantar victoria, habera que ver.
Pero algo é algo!!!

lunes, septiembre 13, 2004

Hoxe toca unha ligazon a un xogo. Hai que xestionar unha abadia, esta entretido :)

sábado, septiembre 11, 2004

Estou vivindo un momento surrealista.
Mentres escoito Maith Dhom, rapaz que me gustaba enviame unha foto da sua nova moza e comunicame que se vai ir vivir ó estranxeiro con ela. E é preciosa, e eu engordei 5 kilos. E levo toda a tarde aqui soa porque alguen dixo que me chamaria...
E teño o loop posto no Winamp, unha e outra vez Maith Dhom, Esqueceme, que (su)realista, que cruel.
Como di unha cancion de Ávalon, La despedida yo te doy, que al despedirme no puedo, que al despedirme yo de ti, al despedirme me muero.
Ou outra de Noitebregos. Horizonte proscrito debuxou a figura dunha bagoa xeada polo frio do amor...
Creo que hoxe ata me identifico coas cancions de Camela, jajaja.

Quizais todo isto sexa o mellor.

miércoles, septiembre 08, 2004

Pego aqui un test que collin de Lágrimas sobre el marmol, enlazado previamente por Cypher.

LA IRA

1. ¿Con quien te has enfadado por ultima vez? Cos terroristas-secuestradores-fillos de puta.
2. ¿Cual es el arma de tu eleccion?: Escopeta
3. ¿Golpearias a alguien del sexo opuesto?: So se é necesario.
4. ¿Que hay de golpear a alguien de tu mismo sexo? O mesmo, só se é necesario.
5. ¿Quien ha sido la ultima persona que realmente se ha cabreado contigo? Pois non me lembro.. supoño que a miña nai, que sempre esta molesta comigo por algo.
6. ¿Cual es tu mascota favorita para descargarte?: O meu PC
7. ¿Eres rencoroso?: Funo hai un tempo... pero a idade demostroume que non paga a pena.

LA PEREZA

1. ¿Hay algo que se supone que deberias hacer diariamente pero que hace mucho que no haces?: Ejem... Unha web dunha compañeira, gravarlle unhas pelis a outra, estudiar, ir ó ximnasio.. sigo?
2. ¿Cual es la hora mas tarde a la que te has despertado?: Jaja, as 4 da tarde.
3. Nombra una persona con la que deberias haber contactado pero que no lo has hecho: A miña curmá, algun dia quizais arranxemos as nosas diferencias.
4. ¿Cual es la última excusa sin pies ni cabezas, fácil de descubrir como excusa, que has puesto?: "non teño tempo"
5. ¿Has visto la teletienda [la larga] alguna vez entera por no levantarte del sillon o cambiar el canal?: Non por iso, a min a teletenda gustame moito. Especialmente o anuncio dos coitelos no que sale o artesan dos coitelos, nunha casa no medio do monte rodeado deles.
6. ¿Cuando fue la ultima vez que hiciste deporte decentemente?: Hai dous meses.
7. ¿Cuantas veces has parado la alarma del despertador hoy?:Unha, pero logo quedei durmida ó sair da ducha e veu miña nai a berrar.

LA GULA

1. ¿Cual es tu carisima y pijisima bebida alcoholica preferida?: Cervexa e licor café.
2. ¿Carnivoro? E tanto!
3. ¿Cual es la cantidad maxima de alcohol que has tomado de una sentada?: 5 cubatas o venres. Nunca mais.
4. ¿Has probado alguna vez una dieta hecha por un profesional?: Non
5. ¿Tienes alguna cuenta pendiente con tu peso?: Puf... algun dia perderei este cú xigante.
6. ¿Que prefieres: dulces, comidas saladas o con muchas especias picantes?:De todo menos picantes. Non gosto do picante nadiña >:(
7. ¿Has mirado alguna vez a algun animalillo o un niño pequeño y has pensado: Mmmmmmm que rico tienes que estar con patatas fritas?: Jajajaja, non.

LA LUJURIA

1. ¿A cuantas personas has visto desnudas?: Vaia... 9.
2. ¿Cuanta gente te ha visto desnudo?: 6. Contando ós meus pais, eh?
3. ¿Te has pillado a ti mismo alguna vez mirando al pecho o al paquete de alguien del sexo que has elegido para que te guste?: Jaja, non para que me guste, é que me gusta mirar!
4. ¿Lo "has hecho"?: Si
5. ¿Cual es la parte del cuerpo que mas te gusta de una persona del sexo que a ti te gusta?: Nos homes os ollos, as cellas e o cú. Nas mulleres os ollos e a boca.
6. ¿Te ha hecho proposiciones alguna vez una prostituta?:Non.
7. ¿Has tenido que someterte [o han tenido que someterse por "tu culpa"] a un test de embarazo?: Si, paseino tan mal que tomo anticonceptivos e emprego preservativo. Ainda me lembro de min chorando anguriada na ducha.

LA AVARICIA

1. ¿Cuantas tarjetas de credito tienes? Ningunha, só duas de debito: Unha para carga-lo bus e outra de uso normal.
2. ¿Cual es tu tienda preferida para sentirte culpable?: Alita! E calquera libreria.
3. Si tuvieses un millon de dolares [o euros, que para el caso es lo mismo], ¿que harias?: Ir a Irlanda, pagarlle-lo piso ós meus pais e repartir o resto entre quen o necesite.
4. ¿Que prefieres: ser rico o famoso? As duas cousas! Ainda que se es famoso podes chegar a ser rico.
5. ¿Aceptarias un trabajo aburrido aunque eso significase ganar muchisimo dinero?: Si. en tódolos traballos podese aprender algo ainda que sexa un coñazo.
6. ¿Cuantos mp3 hay en tu disco duro?: Uns 1000.

LA SOBERBIA

1. ¿Que es, de las cosas que has creado tu mismo, lo que te hace sentir mas orgulloso?: As miñas analises de videoxogos para MeriStation.
2. ¿Que es lo que mas orgullosos hace sentir a tus padres de ti?: A responsabilidade cara min e cara a xente que me rodea. Ou iso faime saber a miña nai.
3. ¿Que te gustaria conseguir en tu vida?: Tantas cousas... Supoño que a estabilidade.
4. ¿Has participado alguna vez en algun concurso de habilidades sabiendo que tu eras mucho mejor que los demas?: Non me gusta participar neses concursos, sintome mal e inferior.
5. ¿Has hecho trampas alguna vez para conseguir una puntuacion mas alta?: Non me gusta enganar a ninguen, sintome culpable.
7. ¿Que has hecho hoy que te haga sentir orgulloso?: Nada, a verdade.

LA ENVIDIA

1. ¿Que cosa [o persona] de tus amigos desearias que fuese tuyo o tuya?: A coleccion de peliculas dun friki-amigo que teño!
2. ¿Con que persona te intercambiarias la vida? Sen renunciar ós meus pais e ós meus amigos, con alguen que vaia de Erasmus.
3. Si pudieses ser cualquier persona en el mundo, ¿quien serias?: Unha enxeñeira informatica famosa no mundo. Non sei nomes.
4. ¿Te ha engañado tu pareja alguna vez?: Non.
5. ¿Hay alguna cosa que te gustaria cambiar o añadir a tu cuerpo?: O cu! Quero desfacerme do meu cu. E gustariame ter a boca un pouco mais grande, menos barriga...
6. ¿Que rasgo innato ves en otros que a ti te encantaria tener?: Carisma.
7. ¿Te gustaria haberte inventado este cuestionario? Jaja, home, pois non especialmente.
8. Finalmente... ¿cual es tu pecado capital preferido?: A luxuria.

Onte fun a facer unha visita da Cruz Vermella a aquela señora tan especial da outra vez. Quedei tres horas e pasaronme voando (e iso que so podo quedar 1). Estaba moi deprimida, chorou un pouquiño e me dixo que mil gracias por ir, que perdoase por "molestarme" pero que cando me ía da sua casa sentiase moi ben, coma se tivera estado xogando. Gustame pensar que lle fago algo de ben, contoume tantas cousas malas que non souben que dicir... Que pouquiño apreciamos o que temos.
Dame rabia que a Cruz Vermella non me permita ter contacto con ela fora do que é o programa, por outra parte é loxico, pero eu entendoa tan ben... e é tan dificil atopar a alguen con quen entenderte asi.
Teño ganas de que pase un mes para ir vela de novo ^_^ Prohibinlle estar triste, espero que me faga caso.
Teño unha cancion nova de Kila, Béilín Méala. Que grande descubrimento! E mañá vou de cea cos de Atento, o venres a Alita a mercar cousas frikis.. E o domingo ven o meu mozo! Leva mes e medio fora, mais ou menos (a min pareceronme tres!)
Teño ganas de darlle unha aperta e un bico enormes.

lunes, septiembre 06, 2004

Uf! http://www.chick.com/reading/tracts/5057/5057_01.asp
Mais

Tralariroraaaa Arduina que leda estaaaa!
Atopei en DiscoWeb uns discos dos Young Dubliners que queriaa! ^_^ E como fago enquisas en non sei onde xa (jaja) tiña un desconto de 3€, é dicir, gastos de envio gratis.

Hoxe fun á Feria das Nacions, nos xardins de Mendez Nuñez. Este ano pareceume todo unha trapallada, merqueille ó meu mozo outra trapallada, jaja. É un tren por pezas, ten a peza de diante, logo ten os vagons que son as letras do seu nome e por ultimo ten o cú do tren. Gustoume, que lle vou facer?

De camiño ó coche vin un velliño pintando cun bote pequeno de pintura negra a porta do seu garaxe. Tiña un graffiti, estabao a tapar, e parecia que lle gustaba pintar, estaba sorrindo. Gustame ver esas cousas, pero debo evitar fitar á xente, que queda moi mal e me miran raro.

sábado, septiembre 04, 2004

E eu sigo aqui sentado mentres serven ós do lado, e grito sen contemplacion que me traian a miña racion!
Estou na lavadora, estou na lavadora... Sacaime pronto daqui!
Xa chegou xabarin, que eu xa o vin, fozando na area de Samil.
Pode ser que si, pode ser que non, pode ser que sexa, pode ser ou non. Pode ser da Nasa ou doutra ghalaxia, pode ser cousa das ghafas que eu non mire ben.

Gracias, Xabarin!

viernes, septiembre 03, 2004

Aqui podese descargar un anaco dunha cancion versionada polos Young Dubliners. A ver se asi fago que se fagan famosos aqui e non ter que pedi-los seus discos fora! Jajaja. Aproveito para recomenda-la sua musica, parecenme xeniais.
Se hai algun problema quitoa.

Ironico pero real

Isto vaille gustar a Dorfun. E espero que a todo o mundo tamen!

miércoles, septiembre 01, 2004

En 22 dias cumplirei 21 anos. E hai nada estaba a face-la selectividade... Como pasa o tempo, e como vai pasando a vida de rapido.
Espero aprender cada dia mais e aproveitala ó maximo.

Fun e viñen sen problemas! ^_^
Agora irei a Zalaeta, outro reto, porque alí ou aparcar á primeira ou non sei... Total, se me teño que espetar contra alguén vai pasar igual vaia onde vaia. E teño que perde-lo medo.

Gustame escribir en certa revista de videoxogos, pero estou pensando en deixar de moderar un dos seus foros. Levo xa case dous anos facendoo, e aburreme, para min é rutina.
Teño ganas de que saia un xogo que me guste para poder analizalo.

Alguen sabe o que significa Maith Dhom? É unha cancion de Kila, estou intrigada.