miércoles, agosto 31, 2005

Estou cagada co medo

Gústame que me chamen de súpeto para ir a algures a tomar algo. E claro, cada un anda con quen lle da a gana, pero gustaríame que tamén se tivesen lembrado de min.
Pero quen sabe, se cadra non caín ben e a xente disimula. Por iso me gustan as persoas que van de fronte, xa sabes o que podes esperar delas.
Vai ser iso, non caín ben. Supoño que é normal, pero dame rabia sentir ledicia cando vexo a xente para a que sei que non son mais importante que un paquete de pipas.
Ollo, non quero que soe pretencioso, supoño que os dous anos que pasei metida na casa sen ter con quen sair fixeron que valorase ás persoas e as elevase a un sitio onde non o merecen. E non o digo con aire victimista, pero é así.
E claro, non chamaron.
Bah, paranoias.

lunes, agosto 29, 2005

Non entendo moito de cine, pero hai dous días vin Los soñadores, de Bertolucci, e pareceume unha película preciosa.
Baixeina por curiosidade, parecíame rara unha película así con tantísimo erotismo. Pero é que a historia non se pode contar doutro xeito.
Lin algunha crítica e parece ser que a peli está regulín. A min gustoume moitísimo, está chea de cousas, de matices, obrígate a ler entre liñas.

Comecei ben o dia!
En Radio Fene agora poñen a Lamatumbá e escoiteinos nada mas erguerme.
Agora só lles faltan Guezos (se os teñen non os escoitei ainda) e Noitébregos. :D


Ando mosqueada porque en http://www.syntorama.com/ xa non teñen no listado a Gwendal. Foi por onde me enteirei do concerto de Lugo, e ainda que dudo no de ir a outro, gustaríame te-la posibilidade de decidilo.
E Gwendal non é que apareza moito en internet que digamos :(

sábado, agosto 27, 2005

Soños que nunca existirán:
1.- Ruta Quetzal


Cousas que me gustan:
1.- Saír da ducha e seca-la cara.

Esta noite doe a moa, diso que naide se ria...

jueves, agosto 25, 2005

O Martes foi un dia bo.
Pola tarde, mentres escoitaba La Ventana, dixeron que lle ian dar un pedazo de mobil a quen adiviñase unha cancion.
Chamei e sain na radio e todo, jeje. Falei co calviño ese de Internet a mano e con Mamen Mendizábal.
E gañei o mobil. É este
Chegoume hoxe pola mañá, e ven libre, co aparello mans libres e unha tarxeta de memoria de 64mb.
O meu pai dixo que mercase loteria.

miércoles, agosto 24, 2005

"Rajoy dice que la sucesión de Fraga saldrá tan bien como la de Aznar"
XDDDDDDD

lunes, agosto 22, 2005

Hoxe foi un gran día: Conseguín facer algo elaborado e comestible!
Cociño fatal, non me gusta e non se me da ben. Só sei:
- Cocer espaguetis, macarróns e similares
- Fritir zorza, bistecs e cousas parecidas
- Facer ensalada de pasta (iso ven derivado de que sei coce-la pasta. Merco salsa rosa e tan rica)
- Facer tortillas de patacas semi-ricas
E hoxe fixen espaguetis ó pesto!
Eu soa!
Ó pesto! E estaban bós! A miña nai dixo "diviños".
Incidente: A pementa meteuseme polo nariz e ainda estou esbirrando.
Grande día, grande.
Por favor, non miredes a receita da salsa pesto. Sei que e sinxela e que ata un can con mandil a faría ben, pero de ilusión tamén se vive ^_^

domingo, agosto 21, 2005

Por unha parte voltar ó traballo deprimeme. Pero pola outra faime sentir ben. Ainda que terei menos horas de lecer, no traballo sintome util. Gústame a sensación que teño cando vou encaixando cada peza no seu sitio. Coma se houbese unha máquina con rodas desas dentadas que fose xirando todo o rato.
Vou ter moito traballo (1390 mensaxes de e-mail pendentes, non é coña), pero é un reto poñe-las pilas e tirar para adiante. E logo mirarei todo o que fixen e pensarei "Conseguino!"

Eu, fan declarada de Superlópez-san dende que lin El tesoro del Ciuacoatl, recoñezo que xa perdín a vergoña. Suponse que a da careta son eu.
Free Image Hosting at www.ImageShack.us
Free Image Hosting at www.ImageShack.us

viernes, agosto 19, 2005

A feria do cómic. Mortaaaal polo cansanzo que da, jaja.
O Martes veu un amigo de Bilbao para vela. Este ano gustaronme moito as exposicions, e foi unh detalle chulo iso de poñer comics para que a xente os lese. O malo é que os maltratan bastante. E de manga puxeron catro caralladas de escasa calidade. Pero algo é algo.
Houbo sorpresa e todo, reencontro con coñecidos (dende logo xa pensara que toleara cando os vin, hai un que vive na outra punta de España) e reencontro con malos amigos expertos na arte de "xiro a cabeza e fago que non te vexo".
Estiven indo dun sitio para outro sen parar, que cansa ando. Pero atopei por fin Japonés en viñetas (ese que non atopaba en Madrid na Feira) e merquei tamén o 7 de Maisson Ikkoku. Takahashi coma sempre, frustrante, alargando o que xa non ten senso.
Vin La casa infernal bastante ben de prezo, pero ando escasa de cartos. Ademais o mes que ven comezo o CCNA por fin, e vanme soplar bastantes cartos ó longo de 10 meses.

O luns comezo a traballar outra vez. Caíaseme a alma os pes de pensalo, e sobre todo de pensar que teño 1195 correos electronicos pendentes de lectura. Pero pouco a pouco irei facendo. Dame medo a desfeita que fixeron os meus xefes respecto á atención ó cliente, pero bueno... Segue en pé a miña intención de formarme en canto a redes. 3 anos mínimo, logo xa se ver´o que fago. Gustaríame ser boa niso polo menos.

lunes, agosto 15, 2005

Semana de cine :)
Esta semana fun ver Sin City e Charlie y la fábrica de chocolate.
Dende logo, foi diñeiro ben gastado.
Sin City é preciosa. Supoño que é un calificativo raro, pero a arte é preciosa.
A peli semella un cómic e cheira a cómic por todas partes.

Onte fun ve-la de Charlie. Son fanatica do libro de Dahl e de Tim Burton, asi que tiña as expectativas altisimas. E altisimas quedaron.
Sorprendinme a min mesma aplaudindo no medio da peli, pero a xente ria así que ninguen oiu. A pelicula é imaxinacion, igual que o libro.
O unico que non me gustou foi un engadido ó final. Quizais porque xa viña pensando no libro e as cousas non se axustaban a el. Pero da igual, está estupenda!
E ademais os Oompa-Loompa cantan! Levo meses intrigada co tema, no libro cantaban e eu queria que na peli tamén o fixeran. Pero carallo o que cantan, jaja! ^_^

Creo que xa comentara algunha vez que axudaba a unha amiga cun foro. Ó non ter tempo escollemos un predeseñado.
Hai un par de dias un indesexable borrouno. Así porque sí, por amolar. Porque a miña amiga a pobre debeu facer algo que non lle gustou. E agora anda a joder páxinas firmando co nome dela.
Dame mágoa porque lle da mala publicidade e non o merece.
Hai xente con demasiado tempo libre.
Agora a miña semana de vacacións vaise ver reducida. Subir o backup é moito curro :(

sábado, agosto 13, 2005

Cando marchei para Irlanda deixei encargados Fahrenheit 451 en galego e o disco de Lamatumbá. Antonte chegaron!
O libro case está ventilado, estame a gustar moitisimo. E o disco de Lamatumbá é soberbio. Debía de se-la unica do blogomillo que non o tiña, jaja.
Se ata hai unha cancion que parece a canción de Arduina!
Vou pola quinta escoita e non canso, ademais de bó é orixinal.

Licor do negro café
que me tumbas que me matas
licor do negro café
fasme andar a catro patas

Licor do negro café
quén che pode decir non
licor do negro café
deixame poñerme en pé

Acompáñame a unha festa
emborráchate comigo
que nos atope a mañá
abrazados como amigos
que nos atope a mañá
abrazados como amigos

Os que me coñecen xa saben que o licor café e mais eu somos inseparables...

Sen dúbida, o meu mellor día en Irlanda foi cando fomos a Kerry.
O hotel no que estabamos estaba a 5km de Kerry, e eu andaba á procura de alguén con quen compartir un taxi. De todo o noso bus ninguen queria porque había unha boda no hotel e querian acoplarse,jaja. Pero atopei a un rapaz que pensaba coma min. Para un dia que estabamos en Kerry non iamos quedar no hotel!
Fomos a recepcion a pedir un taxi, e resulta que a xente do hotel xa tiña pedido un. Se o compartiamos con eles, saianos mais barato ainda. E a eles tamen, claro.
Cando chegou o taxi non foron demasiado amables, todo hai que dicilo. Que non falemos ingles correctamente non quere dicir que non o entendamos mais ou menos ben.
Cando chegamos a Kerry non sabiamos para onde tirar. Preguntamoslle a un rapaz guapeton (pregunteille por musica irlandesa, pero non para turistas e riu ^^) e falounos do shanó (asi tal cal soa, non sei como se escribe). Pero non o atopamos, asi que de chiripa demos coa parada de taxis e para non perdernos entramos no pub que habia xusto diante.
Non podiamos escoller mellor!
Cantaba un velliño algo borracho, acompañabano un guitarrista tamen entrado en anos e un acordeonista con peluquin. O pub viase que era antigo. Pedimos as nosas Guinness e baixo a atenta mirada dalguns irlandeses (non sei por que damos tanto noxo os turistas nalguns sitios)escoitamos ó vello. Moviase en plan Elvis, jaja. Ás veces trabucabase e entraba cando non tiña que entrar. De supeto a guitarra comezou a tocar Foggy Dew. Eu pensaba que non podia ser, ata que o vello comezou a cantar. E por suposto, co vello, eu. E a berros! jajaja. En plena euforia dixenlle ó irlandés do lado que era a miña cancion favorita e disimuladamente sorriu e marchou para o outro extremo (vaia pintas que levabamos, todo hai que dicilo).
Non podia ser, en pleno Kerry nun pub antigo cunha pinta de Guinness na man escoitando a miña cancion preferida dos beizos dun irlandés!!!
Cando rematou puxenme a falar cunha rapaza que se nos sentou ó lado, era irlandesa e estivera en España.
Ó cabo dun ratiño marchamos para o hotel. Coas coñas eran as tantas! E o vello alí seguia! Ó sair deunos a man, jaja.

O que é a maxia... De chiripa cheguei a Kerry con alguén, de chiripa atopamos o pub, e de chiripa atopei de frente a unha persoa un tanto especial neses días. O que diga que Irlanda non ten maxia é que non a visitou. Ese foi un día perfecto.

jueves, agosto 11, 2005

En Sneem hai un pub, o Dan Murphy's Bar, que ten unha pedra grande fora e un cartel que di:

Those days in our hearts
We will cherish
Contented althó we were poor
And the songsthat were sung
In the days we were young
On the stone outside
Dan Murphy's door

miércoles, agosto 10, 2005

O meu derradeiro dia en Irlanda foi especial. Quixeno facer especial, porque son asi de cursi para algunhas cousas, e fun pasear soa por Dublin. Decidin meterme por ruas pequenas a ver a onde ía a parar. Foi nunha desas onde quitei a foto da bici que hai no album. Tamen crucei por unha ponte e saquei a do Liffey. O Liffey aparece en The Foggy Dew. Era curioso estar pasando por lugares que aparecian nas miñas cancions preferidas. Cando vin o indicador para Sligo pensei en Road to Sligo, por exemplo.
A miña ultima noite tomei unha pinta xigante e gardei o ticket. Pensei "The last pint".
Jaja, era gracioso que todo o que facia tiña un titulo. No hotel "Give us a drink of water" :D Nunca poñian auga co almorzo.

A miña ultima noite fomos a Temple Bar, e entramos no Pub Temple Bar (hai moitisimos). É precioso, porque ten unha parte central sen teito, hai unha foto sacada (a das luces na parede)e pasando por unhas portas está un grupo tocando. Un cada día. Cando decidin facerme un oco para ver xusto comezaron a tocar The Fisherman's Blues!!! E cantei con eles, jaja, tiña un irlandes ó meu carón rindo e cantando tamen. Todos levantabamos as pintas e dabamos chimpos como podiamos. O tio sen querer tiroume algo de cervexa por enriba, pero era igual porque aquel vaso enorme non baixaba! jajaja. Foi moi bucolico para min, ata me pediron un boli (sinal de integracion total, non? Se me visen moi estranxeira non mo pedirian. Prefiso pensar iso :D )
Cando fun pola pinta e a collin un irlandes vello miroume e rindo dixo se ía ser capaz de tomar todo iso. E eu dixen que claro que si, jaja. Rimonos. A xente ali sempre sorrí.
E non fuman! GRACIAAAS! Non tiven que aturar fume en toda a viaxe, que felicidade!
Se camiñas ó longo do Liffey chegas a unha ponte que lle chaman a do medio penique. Cando a cruzas, hai coma un pasadizo escuro. E de supeto todo se enche de cores porque xa estás en Temple Bar, a rúa con mais música (ou case) de todo Dublin. Está chea de Pubs, de bandeiras, de flores.

Cousa que descubrin en Irlanda:

May the road rise up to meet you.
May the wind be always at your back.
May the sun shine warm upon your face;
the rains fall soft upon your fields and until we meet again,
may God hold you in the palm of His hand.

É unha bendicion irlandesa tradicional. Preciosa, non si?

martes, agosto 09, 2005

Fotos!
Xa as subin. Como son moitas dame preguiza dicir cal é cal, ademais fomos tan deprisa por todas partes que nin me lembro de onde son algunhas, que vergoña...
As primeiras son de Dublin e de Temple Bar e O'Connell Street. As últimas tamen. Os meus derradeiros dias enfronte do Liffey.
A xente é a amabilidade en persoa. Fanse querer. O mais lindo de Irlanda son os pobos e as pequenas cousas, coma os Bed & breakfast con terraciñas ou Lisdoonvarna, un pobiño de catro casas con milleiros de Pubs onde en todos soa boa musica. Esa noite foi maxica. Ooooh I wish I was back home in Derryyyyyy... seguida de Chuck Berry todo cantado por xente con voces tremendas e cun ritmo que se leva no sangue.
Habia unhas vacas que eran todas negras agás a parte central, que era branca. E eran todas asi! jaja, que simpaticas.
Vou deixando caer cousiñas, non sei por onde comezar.

Son as tres menos cuarto da mañá.
Veño envolta nos aires do Liffey.
Espero mirar próximamente tódolos correos con calma e tódalas cousas, e pórme ó día.
Sobre a viaxe, tamen poñerei fotos. Só dicir que acabo de pasa-los mellores dias da miña vida.
Paseei xunto o Liffey á noite.
Cantei The Foggy Dew cun velliño.
Bebín Guinness ata morrer.
E fun feliz ata chorar.

Irlanda é todo o que esperaba e máis. O ceo está alí, se existe, cando eu morra quero que sexa igual.
Non hai palabras. Stendhal equivocouse de país. E eu tamén.