sábado, julio 31, 2004

Eeeeei! 1007 visitas?!!! Estou flipando! Moitisimas gracias!
Nunca pensara que isto fora a ter tantas visitas, sobre todo escribindo en galego, que é un idioma que entende menos xente comparado con outros.
Asi que graciñas! :)

Vaia coñazo! Non sei que pasou co blog, tiña moitisimas entradas repetidas e tivenas que borrar unha a unha a man. Buf!
Sinto ter borrado un comentario de Perifericos no primeiro apuntamento repetido :(
Non me chamaron da empresa, que lles dean polo cu. Para que carallo me din que sempre chaman se non é certo?
E hai boas novas ^_^ En Atento a empresa firmou a ampliacion das bandas horarias e mais contratos fixos! Pero teu que vir un inspector de traballo. Ainda asi, hai que celebralo!

jueves, julio 29, 2004

Vaia merda de entrevista. Que ridiculo fixen. Mañá chamaranme para dicirme que nanai.
Que rabia, ese tipo de entrevistas non me gustan nada, sempre digo todo ó reves. E ademais teño un nivel aceptable de ingles, fixeronme unha pregunta en ingles e ó carallo.

En fin, agora escoito Supertramp. Sintome mais optimista cando escoito Breakfast in America.

Non son quen de comer!
Paso o dia sen fame, e cando teño que comer o estomago encolleseme. Agora estou comendo unhas berenxenas e estame a custar horrores. Sera da calor?
É que nin tan sequera as trapalladas como.

As 3 e media da maña e eu sen durmir. Tenteino durante unha hora, pero esta calor matame. Se fose algo frioleira.. pero é que incluso en inverno paso calor.
Vou dicir como a do Mago de Oz "Me derriiiiito".
E teño medo de abri-la fiestra porque entran os fillosdeputadosmosquitos, que seguro que me pican no ollo, como a ultima vez, que non o puiden abrir en dous dias. Como picaba o condenado!
E teño mañá a entrevista de traballo, a ver como vou sen durmir.

miércoles, julio 28, 2004

Hoxe fun mercar O codigo Da Vinci, en galego, por suposto :)
Fun pagar, e a libreira e mais eu tivemos unha rara conversa:
-(libreira) Este libro es en gallego
*(eu) Ya
-Lo quieres en gallego?
*(eu cos ollos moi abertos) Si
A tipa debeume ve-la cara (coño, é coma se collo un libro calquera e me din "esta en castelan"), que me dixo que moita xente non o queria en galego e logo ía trocalo pola edicion en castelan. E eu dixenlle que era loxico, como viviamos en Euskadi non entendiamo-lo galego ¬¬ deume moita rabia.

Eu falo indistintamente galego e castelan, non teño unha lingua que empregue mais (quizais o castelan porque o meu traballo é nese idioma, pero ós compañeiros falolles en galego, a outra xente non...) E coincidiu que ia falando castelan cunha amiga (esa da que falei noutras mensaxes) cando merquei o libro. Ó mellor por iso mo dixo, pero é que unha cousa non quita á outra. Non sei, que rabia.

martes, julio 27, 2004

Volven a botar McGyver!!!!! Os luns, en Ameba3 ás 13h.
Parece mentira, xa volvo a ve-la tele! Everwood, Smallville, Las chicas Gillmore, Los Simpson, Noche de impacto e agora McGyver!! E unha serie en Telecoruña, Hero, de xaponeses que fan cousas polo aire doblada en latinoamericano, non ten desperdicio! :D
Só boto de menos Humor Amarillo.

Chamaronme dunha empresa mais ou menos importante por un curriculum que lles enviara para dar soporte tecnico a Microsoft. É xornada completa. Maña fanme unha proba de coñecementos.
Odio os exames, sintome moi insegura.
E se supero a proba? Que pasa coa merda das oposicions? Estou pensando en deixar as que fago e agardar as de informatica para a Xunta. O Dereito Administrativo é superior a min, é deprimente, aburrido, faime sentir como en Fisica, que non entendia nada.
Se me ofrecen un contrato de un mes non lles vou dicir que si, pero se é dun ano a cousa cambia... E botaria moitisimo de menos Atento, ós meus compañeiros...
Qué facer? O primeiro pasa-la proba. E despois?

Estes de PayPal son parvos ou o parecen >:(
Teñen a opcion de escribirlles en castelan, pero para min que usan un traductor cutre e non se enteran.
Resulta que para verificar unha conta, pagas euro e pico e mandanche un numero como referencia. E a min ese numero no extracto non me aparece por ningures. Levo xa 5 mensaxes, TODAS coa captura de pantalla do extracto, e no ultimo que me respostaron xa era de risa. "Si usted no tiene acceso en línea para ver su estado de cuentas, por
favor espere a recibir su estado de cuentas imprentado por medio del
correo postal."
QUE SI QUE TEÑO ACCESO, COÑO. Que van xa catro mails coa captura! Que o que me mandan a casa é igual que o que hai en internet! Que non son parva!
Pesados! >:(

sábado, julio 24, 2004

Xa fun :) Despois voltei para casa e durmin ata a 1 e media, jaja.
A señora é moi agradable, comezo con ela este luns. Comentoume a miña coordinadora que habia moitisima demanda e poucos vontarios. A min chamame moito a atencion que nunha cidade con tanta xente non haxa ninguen con un par de horas ó mes libres. Asi que veña! A apuntarse! Se ata o podedes facer pola web, en Cruz Roja

viernes, julio 23, 2004

Estou a escribir isto ás 9 menos dez da mañá. Hoxe quedei coa miña coordinadora da Cruz Vermella para coñecer á primeira usuaria de axuda a domicilio. Que nervios! E que ganas teño! Quedei ás 9 e cuarto.

miércoles, julio 21, 2004

Acabo de ver xusto agora un anuncio precioso. Preciosisimo. O da Volta a España.
E pensar para algunhas persoas a vida é asi... Que bonito :)

Hoxe vin no xornal que habia unha aldeiña con duas persoas nada mais.
Que curioso! Que faran ó longo do dia? Traballar nas leiras, levar a pastar ás vacas... E logo pola noite falarian entre elas, hoxe co Supermartes posto, escarallandose das panochadas que fai o Piñeiro. Un viniño, unha partida ás cartas e para a cama, que mañá hai que erguerse cedo para plantar as patacas.

E se son so un matrimonio? Os dous sos nun pobo, facendo o que lles peta. E o domingo ó baile en Lugo. El pon un caravel na chaqueta, ela vai á perruquería do pobo do lado a face-la permanente.

O que ten que ser a caña é se son inimigos. Desas persoas que non se aturan unha á outra. Espertas e sabes que a vas ver durante todo o dia...

Que intrigada estou!

lunes, julio 19, 2004

OEEEEE! Soa na casaaa!
Pois si, os meus pais, co seu espiritu xove, colleron a moto e foron facer kilometros.
Un mes soa na casaaa tralarii! Que ben, ainda que non sei case cociñar, teño que tirar da comida conxelada. Hoxe quixen facer unha tortilla e vaia desproposito... estouna comendo agora, da algo de noxo. En fin, xa aprenderei.
Erguinme ás 14h. Pero so hoxe, que maña ven o meu avo por uns dias e teño que cuidalo :)

sábado, julio 17, 2004

Veño de Atento.
Xa comentara nunha ocasion que non tiñamos convenio, estabamos funcionando co antigo. Os sindicatos puxeronse farrucos e Atento ainda mais. Ou aceptabamos a explotacion e a merda de contratos mes a mes, ou o turno de tarde-noite ia o carallo e dabanllo á plataforma de Caceres.
Hoxe chegaron os do turno de 22 a 2, e lles deron a grande noticia. A tomar polo cu, rapaces, somos unha empresa de merda e imosvos pechar o turno. Non vos renovamos, e se sodes indefinidos ides para o turno de mañá-tarde ou...
UGT de Caceres encantadiña da vida, claro. Panda de cabrons fillos de puta, vendidos de merda.
Xa sabedes, se chamades ó servicio tecnico de ADSL de Telefonica a partires das 12 da noite, vanvos atender como o cú, porque todolos anos de experiencia aqui van quedar en nada. E probablemente teñades que agardar 20 minutos minimo a que vos atendan, xa que so hai 12 persoas para atender chamada.
Se Caceres o rexeitara 30 persoas non se verian na rua. Para iso fixemos folga, para iso nos manifestamos. Para nada. Pois nada, que lles vaia ben coa explotacion.

viernes, julio 16, 2004

Chamaronme da Cruz Vermella ^_^ O martes que ven danme un curso sobre a terceira idade e as primeiras fichas dos meus usuarios! Que ganas teño!

jueves, julio 15, 2004

o_O
Ás veces penso nos meus futuros fillos. Ou fillas. E sei que pasaran por esta idade, como pasei eu. E morro co medo!

Pois si, aqui estou eu.
triste pero certo

miércoles, julio 14, 2004

E hoxe que estou escritora, á vez que vexo Pesadelo en Elm Street 3 transcribo un poemiña de Cabanillas, se mal non me lembro. Escribiuno á morte de Pondal. Que grandes eran os dous.

Dou o queixume derradeiro ó inxente
bardo doutras edás, forte e varudo
cantor dun pobo lexendario e rudo
asoballado pola estranxeira xente.
Dos guerreiros de Sueira pòsto ó frente,
ós pés a lanza i o batido escudo,
agárdao Breogán, doído e mudo
ante os pinos da costa verdecente.
Mentras... da praia ó castro solitario
vai do vento costeiro no bruído
como un puñal, este firente,
¡Morreu Pondal, o vello lexionario!
¡Caieu en terra o pino mais brandido!
¡Crebouse a lira celta de ouro e ferro!

Non me canso de lelo, e sempre me pon pel de pito.

Pois si, Mr. Lughnasad, Kila é xenial. Digo isto despois dunhas horas de escoitalos. A ver se atopo algo mais deles ata que cobre a fin de mes :)
Subin ó servidor un anaquiño da miña cancion preferida de Gwendal, se non se me acaba o espacio deixareina por un tempo :) Gwendal - Irish song

Un novo dia, e unha noite na que estiven pensando nel e na sua moza durmindo na mesma cama. Jaja, ten gracia.
Pero estou leda, porque teño alguen que me quere con todo o que son. E como me dan este tipo de arroutos con frecuencia, dun dia para outro van pasando. O que pasa é que polas noites estou moi sensible. Son a unica? Jaja, seica teño a regla tódalas noites.
Que son esas duas visitas que escriben comentarios sen saber eu da sua existencia? Benvidoos! Iso hai que avisalo antes, jaja.
É certo que Coruña non me gusta demasiado. É unha cidade de apariencia, moi galega e á vez moi allea. O problema son eu, gustame a xente diferente, aprender de cada un, e esa mestura de xente dase en Santiago, por exemplo, en Madrid, pero non na Coruña. Por iso as partes que mais me gustan son a Cidade Vella e a Rua Barcelona. A primeira, por enxebre e a segunda pola cantidade de xente rara que vive na zona. Son as 11 da noite e aquelo segue coma se nada :)
Que facedes para coñecer xente? No ultimo concerto de Noites Celtas na praia fun toda decidida a falarlle á xente para coñecela, jaja, pero ó final non fun capaz, vexoo moi forzado. E de internet paso, que xa escarmentei.

En setembro vai ser o s2e, a segunda feria do ocio e do divertimento dixital. O ano pasado fomos o meu mzo e mais eu, como case ninguen a coñecia tivemos os videxogos case en exclusiva, jaja. Este ano vai ser mellor, se alguén quere ir http://www.s2eonline.com/ Recomendoa!

Mais ligazóns. Xa está á venda a camiseta de MeriStation, a mellor web de videoxogos do mundo! Camisetas de Meri

martes, julio 13, 2004

Hai unha persoa á que quero. Coñecina hai un ano, cando levaba pouco co meu mozo. El era de lonxe, e claro, non pagaba a pena.
Pero fixemonos moi moi amigos. El dicia que podiamos vernos, que podiamos quedar un dia en Madrid. E eu non queria, sentiame moi mal polo meu mozo, porque eu tiña todo o que necesitaba, pero el ofreciame cousas totalmente distintas, entre elas irmos a Irlanda xuntos a comezar ali.
Ó meu mozo queroo moitisimo, daria o que fora por el, pero el non quere viaxar, non quere coñecer cousas novas. É moi conformista. Os dous adaptamonos moi ben un ó outro :)
Hai un tempo comentaballes a unhas compañeiras do curro que nunca nunca lle seria infiel ó eu mozo, porque el dabame todo e máis. E continuo a pensar o mesmo, pero non podo evitar sentir o que sinto. O meu mozo tamen ten cousas malas, ainda que non lles dou importancia. Ás veces sinto que sobro, pero é que a confianza da noxo :)
Eramos moi especiais. E dixome asi de supeto que estaba cunha rapaza. Era algo no que eu lle estaba a insistir sempre. Pero claro, pasa o que pasa.
Doume noxo ó pensar isto, pero teño debilidades, e non son nada hipocrita. Eu son asi, egoista e á vez xenerosa, leda e á vez triste, pero sempre sincera (ou iso é o que penso).
Por estar co meu mociño renunciei a todo o que tiña programado, incluso trato de convencerme de que esta merda de oposicions van valer de algo. E si, paga a pena por estar con el, porque para unha vez que teño unha relacion marabillosa non o vou mandar todo á merda.
¿Que teria sido de min se hai un ano e medio o tivera deixado todo?
Que egoista é isto, pero que tristiña estou. É como cando o rapaz que che gusta na escola vai con outra, jaja.
E non teño dereito a queixarme, pero estou nunha cidade que non me gusta estudiando algo que non me gusta nun corpo que non me gusta cuns amigos inexistentes e pensando en caralladas, todo por quedar ó lado del. Somos tan iguais e tan distintos...
E agora a cear e a aparentar que estou feliz. Sei que non teño dereito, seino. Pero non o podo evitar. Ata tiñamos unha cancion
Jaja, se xa recibia poucas visitas agora caeran en picado, vouvos botar en falta. Como di Shin Chan, eche o que hai. Non me gusta enganar a ninguen.

Hoxe lendo o Metro chamoume moitisimo a atencion unha carta dun tal Manuel Caneiro Leal, da Coruña. Transcriboa aqui:
"¿Por qué os preocupais por lo que vais a comer o lo que vais a vestir? Mirad las aves del cielo; no siembran ni cosechan y Dios las alimenta; mirad los lirios del valle, ni siquiera Salomón en todo su esplendor se vistio como una de ellas.
Buscad el reino de los cielos y lo demas se os dara por añadidura. ¿Donde esta el Reino de los Cielos? No podra decirse helo aqui o allo porque el Reino de Dios esta dentro de vosotros -San Lucas, 17:21-
Cuando oreis, entrad en vuestra habitacion y orad en secreto; no hagais como los escribas y fariseos que van al templo solo para que los vean, son como sepulcros blanqueados por fuera y llenos de inmundicia en su interior. La lampara del cuerpo es el ojo. Asi pues, si tu ojo estuviese sano, todo tu cuerpo estaria lleno de luz-San Mateo 6:22-
¿Que pasaria si volviese al mundo un hombre como Jesus o si tomase forma el mismisimo Dios? ¿Cuantos de nosotros seriamos capaces de reconocerlo, de dejar a un lado nuestros ritos y nuestras interpretaciones de las Escrituras y hacer lo que Él nos mandase? Cuando tú vuelvas, ¿como te voy a reconocer? Por el fruto conoceras el arbol-San Juan,Apocalipsis- Un hombre planto una viña...-San Mateo,21:23-"
Ahi queda iso. Que cada cal opine, a min poñenme enferma este tipo de cousas, pero se deixo a un lado o fanatismo relixioso e a igrexa, dame que pensar.

lunes, julio 12, 2004

Que cansa veño u_u
Vou comezar a estudiar a merda das oposicions nunha academia, La Academia para ser mais precisos. Comezo o martes, a ver como me vai. Estiven vendo o seu temario e os temas son menos densos e mais lexibles.
No traballo entereime dunha profe de xapones na Coruña, sempre tiven moitas ganas, pero non atopaba mestres. Un que habia nunha tenda de comics, Alita, voltou a Xapon.
Xa teño a miña habitacion montada :) Quedou moi bonita, os meus pais puxeron uns estantes e viramos a mesa do ordenador, parece unha habitacion de friki, jaja. Puxen tamen unha fada que me regalaron por Reis os meus pais

viernes, julio 09, 2004

Hoxe é o dia! Comeza Ortigueira!
A todos os que vaiades, tede unha boa viaxe e pasadeo moi ben. E ide ver a Os Cempes para contarme logo como estiveron! :D
Aproveitade eses dias, que Ortigueira é un mundo aparte para pasalo xenial e botar unha cana ó aire.

jueves, julio 08, 2004

Estou perdida estes dias. Os meus pais voltaronse medio tolos e deuller por pinta-la casa, asi que non teño ordenador :( Estou aproveitando o do meu pai, pero non mo deixa sempre.
É horribleee! Estou durmindo no salon, nunha cama plegable terrorifica, e ademais teño a tele xusto diante, precisamente eu, que estou traumatizada por Ringu! Hoxe dinlles tanta magoa ós meus pais que me deixaron a sua cama para durmi-la sesta, vaia cara que tiña, jaja.
O luns seica terei xa a miña camiña :)

viernes, julio 02, 2004

Hoxe gustariame recomendar un par de pelis que vin. Non son unha entendida en canto a peliculas, pero bueno.
A primeira non esta en España, creo. Chamase Three, e seica é xaponesa. Son 3 historias relacionadas con fantasmas, pero non son as tipicas. Gustoume moitisimo, e esta moi ben feita, ten un ambiente opresivo, alleo.
A outra é unha que vin onte. Trouxoa meu pai, que normalmente trae peliculas que non hai por onde coller (na miña opinion, claro, jaja). En español é Escalofrio, o titulo orixinal é Wendigo. Quedei a vela polo titulo, polo de Wendigo. Pensei que estaria relacionada co relato de Algernon Blackwood, pero que va.
Engancha dende o primeiro momento, e é tamen unha peli diferente. Esta chea de detalles, e os planos, os actores... son moi bos. Trata dunha familia que vai de fin de semana e atropelan a un cervo. E isto desencadea moitas cousas (non me gusta nada contar o argumento das peliculas).
A ver se alguen as ve e me da a sua opinion.

jueves, julio 01, 2004

Borrachos
Mais borrachos

Novas! ^_^
Chamaronme de Atento. Estaba preocupada por se me ofrecian un turno chungo, pero deronme o axeitado! So traballo as fins de semana de 4 a 11!!! Teño toda a semana libre!
Xa estou moitisimo mais relaxada, vou ter tempo para ir á academia da merda das oposicions, vou ter cartos para a casa e para min, e coincido cos meus compañeiros de sempre. Ademais se quero sair un sabado non hai problema :D
O meu pai e mais eu falamos moito agora cando cheguei á casa. Dixome que se queria estudiar Historia estaba disposto a pagar para que fose a Santiago.
Sempre que me dan a razon en algo sintome mal. Pobriños. Sei que eles non tiñan intencion de meterme tanta presion, pero fano sen darse de conta. Claro que eu tamen son ben rariña..
Sempre quixen estudiar Hostoria, Literatura ou Filoloxia e Informatica. Escollin Informatica por iso de que tiña moito futuro (se eu soubera por aquel enton...), pero non valgo para ela. Son moi lenta programando e os meus programas teñen error por todas partes. Pero son cousas que sei agora, e non podo queixarme dos meus pais.
É certo que eles me influenciaron moitisimo (son bastante maleable, desgraciadamente). Cando eu dicia Historia eles respostaban que iso non tiña futuro. Cando quixen entrar no Conservatorio para aprender guitarra eles erre que erre co violin (asi me foi, e ainda por enriba coa profe que tiven..)
Dixenlle ó meu pai que estaba na idade de estudiar, que deixase de presionarme. E deume a razon. E eu sintome mal, porque sei que lles senta mal rifar conmigo e porque sei o esforzo que lles supon ofrecerme o de Santiago.
Queroos moito, a pesares do que pareza :)

Por outra banda, non sei nada da miña amiga. E sorprendinme pensando "que mais da?". E o meu pai dixo hoxe unha grande verdade: "Estas todo o dia colgada do ordenador". E eu resposteille outra grande verdade: "Dime de alguen con quen sair da casa"
Cando aprobe as oposicions (son optimista, jaja) e leve un tempiño traballando, se podo pedirei a excedencia e irei a Irlanda dunha vez.

Discusion cos meus pais pola puta merda das oposicions.
Puta merda de educacion que tivemos, que en catro dias tiñamos que dicir se queriamos facer ciencias ou letras.
Puta merda de todo, que despois de anos e anos sen ter preocupacions nun ano temos que decidir o que queremos facer o resto da vida.
Puta merda de cidade, que so hai bares e zaras.
Joder!