lunes, octubre 31, 2005

Loreena McKennitt - Samain night

When the moon on a cloud cast night
Hung above the tree tops' height
You sang me of some distant past
That made my heart beat strong and fast
Now I know I'm home at last

You offered me an eagle's wing
That to the sun I might soar and sing
And if I heard the owl's cry
Into the forest I would fly
And in its darkness find you by.

And so our love's not a simple thing
Nor our truths unwavering
Like the moon's pull on the tide
Our fingers touch our hearts collide
I'll be a moonsbreath by your side (3x)

Feliz noite de Samain, feliz aninovo!

Aqui hai unhas mostras do novo disco de Gwendal.
Por exemplo, Gave Hot é Pan ha diskan con guitarra eléctrica.
Stone Eire soa a disco "Celtic dreams" ou algo semellante.
Logo hai outras cancións que parecen como versións de cancions vellas. Non teño a sensacion de escoitar algo novo. E non me din nada. Gwendal tocaba algo que soaba ben e de supeto metianlle un pitido (jaja) e divagaban. Era diferente, pero único.
Se cadra son moi intolerante, pero a musica gustame moito, e non sei. É coma se Serrat cantase as cancions de Rammstein, jeje. Soaría alleo, diferente e quizais non moi mal, pero non sería Serrat.
Non sei se mercalo e adicarlle unhas escoitas, pero despois da decepción de Lugo con instrumentos que non soaban, actitude de divos e cancions descoñecidas... Non sei, se sabes que un disco non saiu no sitio ó que vas tocar, non baseas todo o concerto (agás 2 cancións, Pan ha diskan e non me lembro xa da outra) nas cancions dese novo disco.
Segueme a custar moito aceptar que guitarras electricas soen neste tipo de musica, e iso que o instrumento me gusta, pero noutras composicions.
Vou levando ben o baixo, a bateria.. pero coa guitarra electrica non hay xeito.

En fin, que de todos os anacos que escoitei, o unico que me parece Gwendal é Joke, Gigue O'Low (que se asemella sospeitosamente a unha cancion das antigas) e Gave Hot por ser versión doutra cancion.

E é impagable a evolucion das portadas, menos mal que esta última é bonita, porque hai unha que parecen os Backstreet boys e xa me tiñan algo arrepiada :D

domingo, octubre 30, 2005

Gwendal sacou novo disco.
Puxeron en Radiofusion La niña del norte, e se non mo din xuraria que era de Carlos Núñez.
A música de Gwendal era diferente. Escoitabas unha cancion deles e non había xeito de dubidar quen tocaba.
Todo pasa y todo queda, pero lo nuestro es pasar...

viernes, octubre 28, 2005

Parece que vou ter que comezar coa web outra vez. Non sei onde me vai unha enquisa aghhh! Esta publicada pero desapareceu.
Que paciencia...
E tampouco sei como poñer novas. Sintome moi burra.

jueves, octubre 27, 2005

LNL sacou novo disco. Puxeron dous MP3 del na web. Eu renegara deles, pero eses dous MP3 pintan algo mellor do que pintaban os discos anteriores (na miña opinion, claro)
Ten moito que ver que a voz de Rosa non me gustaba nada, de tódolos xeitos nestas duas mostras non hai ritmos discotequeros (uah lua uah luaaaaaaa uah luaaaa!).
Aledoume escoitar estes dous anacos ^^ Son bós músicos, pero viaselles con poucas ganas. A ver como estan nesta nova etapa, vou escoitar mais cancions, e se merco o disco estarei mais leda ainda de que LNL voltase.

miércoles, octubre 26, 2005

Xa subín os foros. Elixín os foros de Simple Machines
Como non están en galego, vounos traducir. Hai unha morea de cousas para traducir, se alguén se anima e quere axudar pode escribirme a arduina@orecuncho.com
E se alguén se anima ainda mais e quere axudarme cun logo (son negada para o deseño) estarei ben agradecida.

martes, octubre 25, 2005

Modesto escribe aqui sobre o Joomla.
Ó final elixino. Instaleino no que vai ser o futuro recuncho e por agora vai estupendísimamente. Probara o Nuke e o postnuke, pero non se axustaban ó que eu quería e víaos moi complicados. Para personalizalo gastaba o mesmo tempo case que en facelo eu, e tempo era o que non tiña.
Joomla pareceme moi intuitivo e doado, está en galego e é moi manexable.
Xa sabedes, se tedes algun artigo por aí ou unha reportaxe, ou fotos, ou gravacions do voso can ladrando... o que sexa, podedelo enviar a arduina@orecuncho.com
Eu vou comezar con opinions de musica e libros (que previsible), se cadra tamen de pelis (ainda que me gustan, non entendo moito de cine).
Teño pensada tamén unha seccion de contos deses que contaban os avós, sen carapuchiñas nin nada diso. A ver se enredo ó mei avó para gravalo mentres conta un, sería estupendo.

lunes, octubre 24, 2005

Free Image Hosting at www.ImageShack.us
Paréceme un crime ter esa placa asi de descoidada. E iso porque non vistes a casa onde esta posta, que esta en ruinas.
Quiteille unha foto. Pasando da politica e demais, deberiamos ter unha pouca máis memoria histórica e conservar as nosas orixes.

Misantropía [misanthropy] f. (Psicol.) Cualidade da persoa que, polo seu humor triste, manifesta aversión ó trato humano. mīso‑ μῖσος (gr. ‘odio’) + anthrōpo‑ ἄνθρωπος (gr. ‘ser humano’) + ‑íā (gr.) [Leng. base: gr. Antigo. En gr. mīsanthrōpíā μισανθρωπία dende Platón coma ‘odio ós homes’; reintroducido en fr. misanthropie en s. XVI.]

Un camioneiro dí:
Somos un pobo de emigrantes, e non estamos acostumados a loitar polo noso.

Deume mágoa:
As letras veñen, a seguridade social hai que pagala, e o nadal está ahi. Se cadra lles direi (referíndose ós camioneiros) que vaian traballar. A fame é moi mala.

Estou lendo O portal dos elfos. Non pensei que fose tan divertido! Trata dun principe elfo que por un erro vai dar á terra, ó xardín dun vello que tolea coas abduccions e os ovnis, jaja.
O rapaz protagonista ten unha nai que de supeto descubre que é lesbiana, e unha irmá namorada dun cabalo. Non é que o autor escriba excepcionalmente, pero fai rir de verdade, ainda que non sexa un libro de humor.

O libro previo a este foi Memorias de Idhun: Tríada, de Laura Gallego. É a continuación de Memorias de Idhún: La Resistencia (é unha triloxia).
Gustoume moitisimo! O primeiro era mais parado, mais en plan introductorio. Éste foi xenial, emocionantisimo. Ten partes nas que contés a respiracion ou dan ganas de saltar e berrar de ledicia. Non sei, implicate moito.
Pois iso. Semellaba que ultimamente non tiña sorte cos libros, pero carallo agora!
E despois de O portal dos elfos (por certo, publicado en galego por Xerais, han traducir tamen as continuacions. Espero que cambien as portadas, son moi feas)tócalle á segunda parte de La Materia Oscura, ou sexa, El catalejo lacado.
Wiii! ^^

domingo, octubre 23, 2005

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.
Demos, trasnos e diaños, espiritos das nevoadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas, feitizos das menciñeiras.
Pobres cañotas furadas, fogar dos vermes e alimañas.
Lume das Santas Compañas, mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos mortos, tronos e raios.
Oubeo do can, pregon da morte, fouciño do satiro e pé do coello.
Pecadora lingua da mala muller casada cun home vello.
Averno de Satan e Belcebu, lume dos cadavres ardentes, corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernales cús, muxido da mar embravescida.
Barriga inutil da muller solteira, falar dos gatos que andan á xaneira, guedella porra da cabra mal parida.
Con este fol levantarei as chamas deste lume que asemella ao do inferno, e fuxiran as bruxas acabalo das sas escobas, indose bañar na praia das areas gordas.
¡Oide, oide! os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse no agoardente, quedando asi purificadas.
E cando este brebaxe baixe polas nosas gorxas, quedaremos libres dos males da nosa ialma e de todo embruxamento.
Forzas do ar, terra, mar e lume, a vos fago esta chamada: si é verdade que tendes mais poder que a humana xente, eiqui e agora, facede cos espritos dos amigos que estan fora, participen con nós desta queimada.

sábado, octubre 22, 2005

Tan lonxe.

viernes, octubre 21, 2005

Voces de Coruña e o alcalde. Cita en María Pita. Programa de hoxe.

- Hola señor alcalde. No me gusta el edificio del puerto.
- A mi tampoco. (bla bla bla... excusas...) El edificio está hecho al revés. Yo cuando fui me quede como usted. No se ve el mar. A ver si consigo modificar algo. (rollo... rollo...) Mi mujer me pone verde por los tacones (jaja, que alcalde mais graciosoooooo)
(rollo para lavar as mans...). Tenemos un centro que da un gran servicio.


- Tiene un poco a la gente en contra por la historia de la bandera. Ha sido fuera de lugar, ahora tenemos a 2 policias vigilando la bandera que podrían hacer otra labor. Es un poco capricho.
- El dia de las fuerzas armadas pedi la bandera para que permaneciese de recuerdo. Decidimos hacer un monumento a todas las banderas autonomicas (JAJA), hacer un monumento a la convivencia. Digame usted si en cualquier pais del mundo puede ser noticia que esté ondeando la bandera del pais. Yo no se por que a alguien le puede extrañar. Está en el ultimo vestigio que queda de las murallas de La Coruña.
Representa los valores constitucionales de una España democrática. Hay un sector minoritario que es intolerante con cualquier simbolo que represente a España.
Creo que este pais está enfermo porque si es motivo de polemica el que el dia de la fiesta nacional, pues mire usté, algun problema hay.
Yo retirare los guardias, y a partir de ahi veremos el grado de tolerancia y de respeto que hay en esta ciudad. No creo que haga falta proteger los valores constitucionales.


- Hola. La calle está muy sucia, pero casi no se menciona lo de los perros cuando se critica la limpieza.
- Se les multa eh? Hay hasta una maquina de limpieza de chicles que nos costó un riñon. Habra que plantearse hacer una ordenanza como la del ayuntamiento de Barcelona.

jueves, octubre 20, 2005

Cadeas que resoan
no mais fondo
da glandula pineal.

Berros de afogados
no mais fondo
da caverna.

miércoles, octubre 19, 2005

Onte escoitei unha frase preciosa en Motivos Personales. A miña nai é adicta :(
Era algo así "De pequeño quería ser árbol, pero con el paso de los años mi vida cambió de rumbo"
Que bonito non? Ser árbore :)

Non me fan nada de gracia Les Luthiers.

domingo, octubre 16, 2005

Ata o de agora teño un disco de La Bottine Souriante estupendo, graveino para o coche. O que tocan son moitos reels, non?
Tamen estou a piques de ter o primeiro de Laïs. Lembranme moito a Hedningarna.
Cando teña todo a ver que tal.

viernes, octubre 14, 2005

Sempre que chamo a Ladrofone e pido atencion en galego, faise o silencio. Logo din ¿O que? ¿Gashego?
Si, galego.
Moi ben, pasolle agora.
Sempre me tocan latinoamericanos. Chamame moito a atencion.
As rapazas que atenden en galego son moi agradables. Esquecendome de Hector, o pedazo de imbecil (Si, un imbécil) que me atendeu unha vez, en Ladrofone (chamado Ladrofone gracias a Hector, coa cantidade de xente que hai no paro e este traballando...) a atencion ó cliente pareceme moito mellor que a de Movistar ou Amena.

Non sei se contei a miña aventura con Hector. Teño a extension nunha folliña en casa. Tras discutir moito conmigo, dixo que o que me dicia estaba no contracto. Asi que volvin chamar co contracto na man, e o seu unico argumento era quitar os auriculares e poñelos de alí a un pedazo. "Digame señora" "Sí, llevo hablandote desde hace un poco, pero te has sacado los auriculares" "Digame, señora" "Para que, para que te saques los auriculares?". Era o robot do "digame, señora"
Veña ho, que eu tamen traballei nun centro asi.
Pois resulta que con Ladrofone teño que ter un consumo minimo mensual de 25€. Ninguen nunca me dixo que nese consumo minimo non viñan incluidas as chamadas ós 902, e eu non teño por que sabelo. E coa coña, roubaronme 7 euros, porque sen contar os 902 non chegaba ó minimo. Asi que a miña factura foi chamadas + 7 euros para chegar ó consumo minimo + chamadas ós 902.
E como no contracto pon que eu declaro coñecer as tarifas, veña imbecilidade. Pois claro que coñezo as tarifas, as que me deron! as que eu firmei, nas que non pon nada deses 902!
Sei que podo non ter razon, pero o xeito de tratarme do meu Hector non foi boa. Para nada. E se lle estaban a facer unha escoita, cargaa seguro.
O dia 28, que teño libre, voume dar un gusto indo a Consumo. Vou aproveitar. Ladrofone e Viajes Condor, cos que fun a Irlanda e cos que desapareceu unha excursion a Connemara que habia no catalogo. Por suposto, eles respostan que no catalogo non di en ningun momento que vaiamos a pe. Vaia resposta de coña. Menuda forma de traballar a que hai aqui.

Respeito a folga. É unha opcion valida, ademais os transportistas teñen razón.
O que non vexo de recibo é que a xente non se poida vacinar, e menos aun nunha epoca na que trememos coa gripe do polo.
Só espero que isto non teña consecuencias moi graves. E se as teñen, que merezan a pena. A ver como as xustifican.
Que para todo hai un limite, joder.

jueves, octubre 13, 2005

Non sei moi ben que escribir, pero tiña ganas.
O dia 29 comezo co CCNA. Oxala se me dea ben. Han ser 10 meses madrugando os sábados. Horror!
Estaba pendente de que me chegaran uns libros, pero aqui non apareceu nada. Sera cousa da folga... O meu pai (jaja, rio so de pensalo) pasou á beira dun piquete sen darse de conta. Foi mercar froita, e pensou que o da porta estaria agardando por alguen e entrou. E toda a froiteria veña a rir, e o piquete mirando para meu pai. E meu pai que esta na berza coma min, non se daba conta de nada.

miércoles, octubre 12, 2005

Quanta abundància,
quanta bellesa,
quanta energia
(ai, qui ho diria!)
feta malbé!
Per ignorància, per imprudència,
per inconsciència i per mala llet.

Hoxe leo no blog de Ivan "La voz de su amo" por "La voz de Galicia".
Gracias polas risas :D

martes, octubre 11, 2005

Hoxe á hora de comer pasou algo ben gracioso. O meu pai escandalizase á minima, cre que pija é unha palabra terrible, e se digo "tio" pon os ollos como pratos e di que non me mandou a un colexio de monxas para que falase asi. A miña nai e mais eu escarallamonos con estas cousas. Cando conto un chiste cun taco, primero ri, e logo ponse serio (lembra que é o meu pai, supoño, jaja) e me di que non diga esas cousas.
O mais divertido é chegar e dicirlle á cara "potorro". Cunha palabra tan parva cheganlle os berros ata o sol.
Pois hoxe trabuqueime e non podia coa risa. En lugar de dicir "monte un follon" dixen algo tipo "folle un monton" (xuroo, non sei como dixen algo asi). Non me din conta e seguin falando. Ata que lle vin as veas ó meu pai e me din de conta.
Nunca na vida verei unha cara tan seria e chea de tension. Creo que en canto o pense un pouco vaille dar un infarto ó pobre. ¡A súa unica filla, educada nun cole de monxas, tela que oir dicir iso!
Potorro ó lado disto non é nada. Habia tempo que non escachaba tanto coa risa, pobre home.
O meu pai tería que ir ó programa do Quintero a poñer caras. Nin risitas nin nada.

lunes, octubre 10, 2005

Enviei dúas cancións novas á conta de Gmail.
Alguén baixou a de La jument de Mishao, ninguén fai criticas? jeje.

Letra preciosa dunha cancion preciosa que escoitei en Radio Fene hai nada. A ver se a podo subir pronto á conta de Gmail.

Mafalda Veiga - Cada Lugar Teu

Sei de cor cada lugar teu
Atado em mim, a cada lugar meu
Tento entender o rumo que a vida nos faz tomar
Tento esquecer a mágoa
Guardar só o que é bom de guardar

Pensa em mim protege o que eu te dou
Eu penso em ti e dou-te o que de melhor eu sou
Sem ter defesas que me façam falhar
Nesse lugar mais dentro
Onde só chega quem não tem medo de naufragar

Fica em mim que hoje o tempo dói
Como se arrancassem tudo o que já foi
E até o que virá e até o que eu sonhei
Diz-me que vais guardar e abraçar
Tudo o que eu te dei

Mesmo que a vida mude os nossos sentidos
E o mundo nos leve pra longe de nós
E que um dia o tempo pareça perdido
E tudo se desfaça num gesto só

Eu vou guardar cada lugar teu
Ancorado em cada lugar meu
E hoje apenas isso me faz acreditar
Que eu vou chegar contigo
Onde só chega quem não tem medo de naufragar

Joder, Paco
Vaite xa, coño! Marcha, fora, fus fus! Non te aturo mais, podes meter o Millenium polo cú e facer presion co ascensor ó monte de San Pedro, axudado por ese proxecto de rañaceos que tes niso que semella unha cabeza.
Ainda que quizais non me entendas porque non falo o teu idioma. Non hai problema, non se me caen os aneis por falar outra lingua (e non miro a ninguen):
Vete ya, coño! Marchate, fuera, fus fus! No te aguanto más, te puedes meter el Millenium por el culo y hacer presión con el ascensor al monte de San Pedro, ayudado por ese proyecto de rascacielos que tienes en eso que parece una cabeza.

Non aturo a este home, non podo mais con el! É ilóxico, incongruente, caprichoso e ainda por enriba, parvo!

domingo, octubre 09, 2005

Xa case non teño tempo para nada. Antes tentaba sacar tempo para todo, pero agora non o consigo. Por iso queria desculparme con todas aquelas persoas ás que hai tempo que non vexo. Non é que non queira nin que non teña ganas, é que non teño tempo.
Cando normalice un pouco todo o meu horario e o demais, prometo ter tempo de novo.

sábado, octubre 08, 2005

Alguén escoita algo de folk frances?
Coñezo pouco e teño curiosidade. Só coñezo a Gwendal e a Dao Dezi, que nin sequera ei se se chaman asi ou é o nome do disco. E destes so escoitei con gusto unha cancion, o resto non me van.
Gustariame escoitar algo folk e con letra tradicional, non sei se hai algun grupo que toque isto. Algo tipo Luar na Lubre nos seus bos tempos, pero en frances.

miércoles, octubre 05, 2005

Buenooo descubrimento!
Unha cancion moi Spiritu986 (aaaj) pero en frances, estou no modo de escoita continua.
Pareceme moi orixinal, e acabo de descubrir que o frances cantado por un home é moi interesante. Chámase La jument de Mishao
Creei unha conta en gmail. Cando comente algunha cancion vouna poñer nela, e asi quen queira a baixa.
O usuario é: arduinamusica
E a clave: gustamedoraemon

No creo que entre moita xente, e desa pouquiña que entre dudo que alguén borre as cancións ^^
Non o fagades!

martes, octubre 04, 2005

Hoxe habia unha carta no traballo. Abrina e era un curriculum.
Ando cagada. Non sei se é un curriculum fortuito deses que se mandan a tódalas empresas ou se os meus xefes andan buscando a alguén.

lunes, octubre 03, 2005

Canto boto en falta Irlanda!
Eu mesma digo que é unha esaxeracion, pero teño tantisima morriña!
Estou por aforrar e marchar unha fin de semana. Vou marchar de aqui, en dias coma éste as ganas poden co medo.
Como podo ter tanta morriña? coma se o corazon estivera encollido, igualiño.
Se hoxe fose fin de contrato mañá mesmo collia un avion para marchar. Preciso estar ali, non me chegan as webcams. Dame igual traballar 14 horas, saberia que estaria ali, e que nos meus ratos libres poderia achegarme á orela do Liffey.
Puf, que baixon.