viernes, diciembre 30, 2005

Glanfaidh mé a leithéad de scáth ó mo chroí - glanfaidh mé amach iad
Glanfaidh mé a leithéad de scamaill amch as mo shlí - glanfaidh mé amach iad
Go amach as mo shlí
As mo chroí

Onte falaban nas novas da primeira, duns parques de ocio que se facian en distintas cidades. Aparecia un cativo cunha rede, mirando a ver se pescaba algo nunha piscina con peixes destes laranxas.
O cativo fixonos moita gracia:

Periodista: ¿Estas pescando?
Neno: Si
Periodista: ¿Pescaras xa antes algo nalgunha outra parte?
Neno: Si, unha folla.

:D

A miña nai tiña un libro de Tagore que lin sendo cativa, non sei por onde andará.
Boto de menos ler algo de Tagore. Hai dúas semanas fun á Biblioteca e collin un libriño de Catulo, andaba intrigada porque coñecia pouco del.
Hoxe vaille tocar a Tagore.


Deixame só un pouco de min mesmo para que poida chamarte o meu todo.

Este fin de ano vai ser raro. Ía marchar á aldea a pasalo cos meus pais e co meu avó, pero el deitase cedo, ás 12 e media ou asi. Díxenlles ós meus pais que por qué non pasalo aqui na Coruña, dixeron que quedase eu.
Ó final vou quedar. Sintome rara. Cando os deixo viaxar sós teñoos controlados. Agora ademais coas xeadas e coa neve máis, e a miña nai non mercou as cadeas para o coche...
Supoño que agora que van algo vellos trocamo-los papeis. Eu ando preocupara por saber onde andarán, e eles fan o tolo todo o que poden, jaja.

martes, diciembre 27, 2005

Como de cando en vez copio a Dorfun, hoxe non vai ser menos! jaja
Xa o fixen o ano pasado, a ver este que sae. Os mellores do 2005 :)

Música: Xabier Díaz, con Músicas de salitre, sen dúbida. Discazo! Ainda que tamen saliento o Lume de Lamatumbá e os 20 anos y un día de La Frontera.

Libros: Este ano non lin cousas modernas. Se ten que ser o libro que mais me gustou saido no 2005, digo Tríada, de Laura Gallego. Creo que é o seu mellor libro ata o de agora.
Se ten que ser o libro que mais me gustou lido no 2005 por primeira vez, escollo La materia oscura enteiriño. Impresionante, intelixente e educativo, jeje.

Peli: 3-iron. Obra Mestra, indiscutible. Se tedes a oportunidade de vela, xa tardades! :D Tamen me gustou moito a de Harry Potter. El cáliz de fuego é un dos lbros da serie que mais me gusta, e a peli foi xenial.

Comic: Pouco comic lin este ano, quizais os comics de Hellraiser. Gustoume moito o debuxo.

Cultura!

Este ano tiven moita sorte nos sorteos.
Gañei un reintegro da ONCE, jaja.
Tamén gañei unhas entradas para ir ó cine.
Un móbil na Ser
E hai uns días participei nun sorteo para gañar un lote do xogo F.E.A.R.
Habia que enviar un e-mail á revista que o organizaba. O xoves chamaronme e dixeronme que gañara.
Onte chegou o paquete, e está xenial. Veo o xogo para PC, a edicion do director ademais, que inclue trailers e cousas. Ven tamén unha camiseta que me ven grande, unha magoa porque me gusta. É coma a de Porco Killin pero negra e branca, e non pon Porco Killin, pon o logo de F.E.A.R.
Tamén viña un pucho deses coma os dos ladróns, jaja, no que pon tamen o logo. E un boli chulisimo, vermello co logo e na parte de arriba ten un botón que se lle das proxecta F.E.A.R na parede (ou onde queiras).
Onte merquei memoria en ebay. Non me gusta nada mercar compoñentes en ebay, pero a memoria que emprega a miña placa base é da antiga, e como hai pouca os prezos son bastante altos. En ebay estaba ben de prezo. Teño só 256 :( Tentei xogar á noite, pero aquilo daba magoa, iso si, cagueime toda cunha escea que sae ó principio. Ten moi boa pinta.

Tamen merquei un cupon da ONCE, pero non houbo sorte :D

lunes, diciembre 26, 2005

Non vou gabar outra vez ós meus xefes, creo que xa todo o mundo sabe que son estupendos, jaja.
Hoxe cheguei ó traballo e habia un paquetiño na mesa para min cunha nota dandome un bo nadal.
Abrino, e era un reproductor mp3 de 512 (pouquiño, pero dabondo) que tamen reproduce video, trae radio e quen sabe que mais.
Apampada estou. Primeiro, porque non tiñan por que facelo. Segundo, porque normalmente o que dan as empresas é unha cesta con viño e cousas. E terceiro porque sacaran tempo de onde non o teñen para ir mercarme isto.
Nova homenaxe. Levo toda a mañá co turbo posto, a nada que me relaxo sintome culpable, jaja.
Esta finde estiven na aldea co meu avo. Mercou unhas luces para a árbore, e para facela foi ó monte e arrincou uns ramallos.

jueves, diciembre 22, 2005

Esta web é estupenda

miércoles, diciembre 21, 2005

I'm the operator with my pocket calculator
I'm the operator with my pocket calculator
I am adding and subtracting
I'm controlling and composing
I'm the operator with my pocket calculator
I'm the operator with my pocket calculator

La Opinión di
El alcalde ya no garantiza que todas las viviendas del puerto serán protegidas

E La Voz de Galicia di




...

é dicir, nada.
Bueno, algo sí que di:
Vázquez alaba el legado del periodismo como vehículo de libertad para la sociedad

XD

Agora que estou aprendendo a deseñar, crin que podia facer algo mais ou menos bonito e envialo coma postal de nadal. Pero que va.
Asi que como a intencion é o que conta (jaja) bo nadal para todos e todas. Que o pasedes moi ben e todo iso que se di. Pero digovolo en serio eh? Moi moi bó nadal :)

martes, diciembre 20, 2005

Esta fin de semana pasaron unha morea de cousas!

Albert
O sabado a noite estaba na parada do bus e achegouse a min un rapaz cun macuto, preguntando polo refuxio. Era brasileiro, e, entre portugues, ingles e castelan, expliqueille como ia o tema e onde se tiña que baixar. Coincidiu que iamos no mesmo bus, e estivome a contar que veu en avion tras moitisimo aforrar, en Brasil non habia traballo. Parou en Madrid, e logo xa veu para aqui. Deixou en Brasil familia e amigos, e nada mas chegar a España, roubaronlle todos os cartos.
A policia non foi quen de atopar ós ladrós ou algo asi.
Como non lle quedara claro onde estaba o refuxio e eu vivo moi preto, acompañeino. Estaba arrefriado, contabame que non se daba afeito ó clima noso e que tiña os beizos feitos merda. Botaba cacao neles. Dinlle uns panos e gardounos coma un tesouro.
Chegamos ó refuxio e estaba pechado, non dabamos visto o timbre. Falamos outro pouco, dicia "never give up" jaja, e tamen "eu son un home, non un saco de patatas"
Sabia traballar a madeira e pintar paredes. Algo haberia para el.
Atopamos o timbre, ali o deixei no medio de "gracias"

O domingo non souben del.

Hoxe estaba sentada nas Esclavas namentres agardaba pola miña nai, que ven en coche e imos xuntas para a casa a xantar.
Albert apareceu por ali. Ía sen o macuto, tiña os ollos vermellos e os beizos feitos merda.
Sentou canda min.
Pregunteille que tal lle fora. Dixo que mal. Non sabia onde ir, cando preguntaba á xente mirabano coma se fose un drogadicto. Dicia "eu non me drogo, non quero facer mal a ninguen".
Tamen dicia "me voy a volver loco"
Estaba moi moi mal. Dixenlle que estivera tranquilo, que mirase nos xornais e que fose á Cruz Vermella a preguntar polos programas de emprego para inmigrantes. Ergueuse de supeto, foi ata a porta da igrexa e voltou. Seguia coa cantinela, engadindo que levaba tres dias sen durmir, que no refuxio houbo un que o quixo pegar, que ten frio. Que o tratan coma se fose un delincuente e que só quere traballar, pero que non lle saben dicir o que facer. Foi a Caritas pero pouco fixeron.
Dixo que teria que falar coa nai para que vendese a casa ou algo e el puidese voltar para Brasil, que isto non era o que el pensaba e que a xente era mala. Estaba canso, queria durmir, levaba a maña dando voltas, tiña frio, sono...
Como eu ata o venres non me podo pasar pola Cruz Vermella comenteillo. Dixo que non sabia se seguiria aqui. Dinlle o meu mobil e apunteille que fose ó Inem (ven de legal) e á Cruz Vermella. Que de todolos xeitos chamaria para preguntar.
Ergueuse de novo cun "me estoy volviendo loco" e marchou chorando un pouquiño.

Pola tarde chamei á CR, dixeron que sí que o podian axudar e que fose mañá. Chameino ó refuxio á hora da cea, as monxas moi amables :) Puxose ó teléfono. Conteille o da Cruz Vermella. Quedou ben ledo, dixo que iria por ali. Que gracias, moitas gracias, gracias gracias...

Eu agora ando algo preocupada porque de velo o sabado a velo hoxe habia unha diferencia enorme. Non teño cartos como para axudalo, e non lle podo dar traballo.
Se aguanta ata o venres vou con el ata o Inem ou a falar cos camioneiros, a ver que se pode facer.
Vale, xa sei que non pinto nada, jaja. Hai programas da Cruz Vermella que se adican a isto, a ir cos emigrantes e axudarlles con estas cousas, asi que o tomo como se fose algo semellante.

Xa sei que pode ser mentira, pero non ten pinta. Os meus pais non queren axudar, asi que tentarei facer algo. Por probar que non quede, hai que esgotar posibilidades. INEM, CR, curas (isto vaime custar), consulado... Que fale el, claro. Pero que saiba que non vai estar só de todo. Creo que é unha situacion dificil a que esta pasando. Hai xente que o pasa peor e todo o tema, pero coido que non por iso imos mirar cara outro lado.
Se alguen ten algunha suxerencia, xa sabe :) Teño ata o venres para pensar un pouco en todo isto.
É que me da moita magoa, cando lembro a cara que traia hoxe...

sábado, diciembre 17, 2005

Participei nun concurso. TRas moitisimos anos sen escribir, saiume algo entre infantil e pasable, e decidin probar sorte.
As regras eran que tiña que ter menos de 200 palabras e que tiña que conter as palabras "hijos del dragon" (o concurso é en castelan).
Como os que o fan non son descoñecidos, importoume menos enviarlles o que escribira. E bueno, vouno poñer aqui, traducido. Non estou orgullosa, pero penso que todo ten un comezo.

Mamimi ve a Susumu achegarse a ela e a Kei. É tan guapo, tan alto, tan tranquilo. Os seus ollos hoxe relucen cunha estraña cor avermellada.
O ceo está nublado, sombrío. E os ollos...
A súa última mirada é para Kei, o irmán de Susumu. Cando quere darse conta, eses ollos vermellos están demasiado preto. Uns dentes brillan, implacables, desgarradores, ansiosos.

Susumu límpase os restos de sangue da súa fermosa boca. Mamimi agora é máis súa que nunca, e el séntese máis só que ninguén.

- O noso pai está débil. Sabes que é necesario un sacrificio cada douscentos anos. É o noso pai, Susumu. Meréceo. - besbesella Kei.

Lenta e silenciosamente, os fillos do dragón recuperan a súa verdadeira forma e emprenden o voo cara á guarida do seu pai, portando os restos de Mamimi.
El vivirá grazas a eles.
Sangue do seu sangue, lume do seu lume.

miércoles, diciembre 14, 2005

Hai un par de días achegueime ata o meu violín e abrin a funda.
Ten unha funda marrón algo fea, a asa para levalo ás costas rompeu.
Pero o violín é escuro, ben bonito.
Por pura morriña collín o arco, tenseino, e descubrin que ainda o agarraba ben, que seguia tendo forza no maimiño.
Por pasar o rato afinei o violín. Novo descubrimento: o arco pasaba recto, o brazo do arco subía e baixaba ben, a os dedos case caían no punto xusto das notas.
E de súpeto pasou pola miña cabeza unha cancion, creo que de Bach, que tocaba moito cando estudiaba. ¿Por que non intentalo?
As notas foron saíndo da miña cabeza tras moitos anos, era curioso como as lembraba unha a unha.
Claro que soaba desafinado, pero polo menos distinguíase un pouco o que tentaba tocar. Así que toquei unha vez, e outra, e outra, para que saíse mellor. Realmente para levar tantos anos sen poñerlle as mans enriba, sorprendeume lembrar tantas cousas.
A miña nai interrompeume preguntando que era ese ruido :D

Se en tantos anos non esquencin o violin de todo, ¿por que non continuar con el?
Non sei se lle pasa a todo o mundo que toca. Encantame a música, e poder interpretala da unha sensacion polo corpo tremenda. Como de euforia unha vez que rematas, ou de tristura se a cancion é triste. Tocar sentoume ben, relaxoume. Non todo está perdido.
Quizais sexa o que preciso.
Violín, aí vou! Que trema Alasdair Fraser, jajajajaja!

Dakedo ki ni naru,
kino: yori mo zutto...
Ima dare yori...
aitsu to egao de aitai!

E niso estiven pensando
esta mañá mais ca nunca...
Todo o que sei, seguro
é que quero ve-lo teu sorriso

Gústame a xente que me fai rir, tenme que gustar entón Miguel Anxo Fernán Vello.
Sobre Galicia Hoxe

Chámame moito a atención que critique á parroquia que insulta e que está resentida, porque segundo este señor (tal e coma vin na bitácora de Pawley) somos unha comunidade que tende "as descualificacións, o desprezo ruín a un contrario, o anonimato onanista, a debilidade argumental, os pequenos odios e outras patoloxías"

Dame mágoa tanta intoleracia e tanta ignorancia. Por outra banda, faime moita gracia.
Gracias, Miguel Anxo, por estas risas vespertinas.

martes, diciembre 13, 2005

Entrei no blog dos Guezos e lembrei a Noitébregos.
Cambiaron a web (sorprendeume vela en inglés e non en galego) e din nas novas que comezaran a gravar un novo disco en Febreiro.
Coñecín a Noitébregos gracias a La voz de Galicia (siiii, recoñézooooo! jaja) e gustoume moito o seu disco. Un amigo comentara que lles facia falla un bó productor en canto a arranxos e calidade de son. Eu non lle noto tanto esa ausencia ó disco.
Na web de Noitébregos tamén hai uns anaquiños das súas cancións.
Teño ganas de escoita-lo novo traballo.
O 2006 poderia pintar mais ou menos ben para a nosa música, non?

Onte lin a crítica de La Opición para Saudade. Comentaba que era un disco para os seus siareiros porque non innovaban moito, e que Sara Vidal tiña un aprobado.
Discrepo. A musica deste novo disco ten bastante de diferente, as colaboracións son moi interesantes e danlle outro toque.
O maior problema que lle vexo a Sara Vidal é a falta de expresividade. Pero non creo que iso sexa só un aprobado. Faino moi ben, ten unha voz moi bonita e diferente.

lunes, diciembre 12, 2005

Levaba un tempo algo preocupada. Non estaba segura deste traballo. ¿Por qué non estudiei Literatura ou Filoloxía? Daseme mal programar, pero estudiei programacion. Non sei debuxar e estou facendo cursos de deseño.
E fun falar co meu pai.
- Papa, ti por que es mariño?
- Porque non poderia ser outra cousa. E se voltase a nacer sería mariño de novo.

E cavilando, coido que ten razon. Eu tampouco poderia ser outra cousa.

Estou lendo Memoria de Agosto. Algúns poemas son unha marabilla.
O autor fala moito do mar e dos barcos, das praias e de mulleres :) Emprega unha linguaxe sinxela, sen adornos ou complexidades, e por iso quizais chega mais rápido e semella menos alleo que outros poetas.
Ainda non rematei de ler o libriño, porque en cada poema podo estar mil anos. Ainda que son sinxelos, tamén din moitas cousas que escapan nunha primeira lectura. E cando xa se comprenden todas, hai que lelo de novo porque sí, porque cho pide o corpo.
Gústame o seu estilo.


A brisa da tarde,
cun rumor xordo,
agarímanos a face.

Despedímonos.

Agárdanos a viaxe.

Outras serán as mans,
outro o vento que abane
dondamente os teus cabelos
e te anaine.

Eu ficarei coa néboa.

Onde ninguén me escoite.

sábado, diciembre 10, 2005

Oh I'm scared of the middle place
Between light and nowhere
I don't want to be the one
Left in there, left in there

miércoles, diciembre 07, 2005

Cando remato de ler un manga boto de menos ós personaxes. É distinto que botar de menos ós dos libros, a familiaridade é diferente.
Onte rematei El juguete de los niños. Son 10 tomos. Cando comezo unha serie non miro o numero de tomos porque non podo evitar pensar en que van quedando menos.
E rematou ós 10 numeros, que raro. Nos primeiros numeros Miho Obana (a autora) dicia de facer medrar ós personaxes e quen sabe.
Ten un dos finais que mais me gustan en manga. Moi ben feito, ainda que curto.
Boto de menos a Sana Kurata :'(

martes, diciembre 06, 2005

Gravei onte Crossing Jordan, gustame moito (ainda que preferia os da primeira tempada).
Ó final sae un grupo de musica tocando nun bar. Sae Eric Rigler tocando nel, un whistle. É curioso, podian poñer a catro actores facendo que tocaban, pero non!

lunes, diciembre 05, 2005

Pódese dicir máis alto, pero non máis claro. Como dixo José Manuel Ponte no seu artigo, o porto exterior de Arteixo "non será superporto, nin porto refuxio, nin porto de contedores, nin punto intermedio para o comercio entre EEUU e Europa, como se nos ven dicindo, senón un porto para servicio case exclusivo da refinería de Repsol". Hai que ser moi imbécil para pensar que un porto que será inaccesible os días de forte temporal, pode converterse nun porto refuxio, ou que un porto situado en Arteixo pode ser un punto intermedio para o tráfico de mercadorías entre Europa e EEUU, e converterse en alternativa os portos de Róterdam ou de Hamburgo. Para que iso fose posible tendríamos que converter Galicia no motor industrial de Europa, e non hai perspectivas de que iso sexa así, nin a medio nin a longo prazo. ¿A que empresa Europea ou Americana se lle pode ocorrer utilizar o porto de Arteixo como centro loxístico para transporta-las mercadorías dende EEUU, México, ou Canada, o norte, o centro, ou o este de Europa, ou a inversa?, sen infraestructuras de transporte terrestre adecuadas, co custo adicional no que incorrería, e coa perda de tempo que iso supoñería. Como moito, no que a tráfico de contedores se refire, o porto exterior de Arteixo pode restarlle algún tráfico o porto de Vigo, converténdose no seu competidor artificial, igual que se converteu a Alvedro no competidor artificial de Lavacolla. Estamos na periferia de Europa, e iso o alcalde sabeo moi ben, aínda que a veces fale como si A Coruña fose o centro do universo.
Con isto non pretendo dicir que Francisco Vázquez sexa un imbécil por dicir os disparates que di, nada máis lonxe da realidade, pero si que il e o ruín e o miserable, por recorrer constantemente á falacia, á mentira, á hipocrisía e á demagoxia, para sacar adiante os seus proxectos políticos e persoais, e non os que critican que a obra de punta Langosteira se financie con Fondos de Cohesión.
O interese xeral i estratéxico da obra que se vai a construír en punta Langosteria púxose de manifesto pola forma na que se aprobou o proxecto, e nas enormes dificultades que se atoparon para conseguir o financiamento. Máis aló dos intereses electorais, e da covardía de algúns para dicir o que pensan, a ninguén se lle escapa que o interese xeral desa obra remata dentro dos límites territoriais do núcleo urbano da Coruña, e cos postos de traballo que se van a crear durante a súa construcción, si ben esto último, tamén se podería conseguir construíndo unha muralla que rodease a cidade. Posiblemente unha obra como esa incluso sería de maior agrado para o alcalde e algúns centos de coruñeses dedicados en corpo e alma a construcción dunha cidade-estado, que mira o resto de Galicia por encima do ombro. Maila o dito, dende o punto de vista do interese xeral, o investimento estaría totalmente xustificado si servise para "pechar o ciclo vicioso do localismo exacerbado, e abrir o virtuoso da política en clave de país", como dixo Anxo Quintana, pero me temo que se trata dun episodio máis na escalada dese localismo exacerbado.

Isabel Varela
A Coruña

www.laopinioncoruna.com

sábado, diciembre 03, 2005

O xoves fun ver a peli de Harry Potter. O libro é o que mais me gusta da saga, e o trailer gustarame moito. A peli ten un 10. É longa pero divertidísima. Estou pensando en ir vela de novo!

viernes, diciembre 02, 2005

Hoxe pelexei contra a choiva e fun por Memoria de Agosto. É un libro pequeniño, pensei que seria mais grande. Lin xa uns poucos poemas e parecenme moi bos. Son nostalxicos pero moi alegres tamen.

Dicía onte de poñer unha frase de El crimen del Estrella del Mar, pero coido que vou poñer mais (sen destripar nada, claro)

A descrición que me chamara a atención foi:

"Por la noche se percibía el barco como algo absurdamente fuera de su elemento, una crujiente, goteante, inerte, mezcla de roble y pez, clavos y fe, balanceándose en una infinidad de agua rabiosamente negra que podía estallar a la menor provocación."

Un anaco dun dialogo enxeñoso:
"- Tiene usted ganas de batalla dialéctica esta noche, ¿verdad?
- Oh, yo no lucharía con un hombre desarmado. No es así como hacemos las cosas en Inglaterra.
- Pues lo han estado haciendo en Irlanda bastante tiempo."

jueves, diciembre 01, 2005

Estou lendo agora El crimen del Estrella del Mar. Trata da emigración irlandesa. O Estrella del Mar é un barco que vai levar a todos os inmigrantes irlandeses a NY. Alí xuntase xente de todo tipo, incluido un asasino.
Vou case pola metade e estou impresionada. Non só pola excusa de meter un asasino para xustificar o desenvolvemento do libro e o para contarnos a vida de cada personaxe, tamén porque está deseñado coma un conto antigo. Nel hai gravados, anaquiños de cartas, unha crónica... Ó comezo de cada capítulo contasenos do que se nos vai falar, coma no Quixote.
O autor escribe marabillosamente ben. Logo cando chegue á casa vou escribir unha descripción coa que comecei a pensar que fixera unha boa compra.
Está resultando unha delicia, nótase que as frases están escollidas para transmitirnos mágoa ou ledicia, e moi ben escollidas por certo! Para iso emprega diferentes narradores. Un é o diario do capitán, outro unhas crónicas, outro unhas cartas, e outro un narrador corrente.
A ver qué tal segue. Polo de agora, é un libro estupendo e moi duro que nos fala da fame, da pobreza, dos excesos dos ricos, dos terratenentes aproveitados, das cancións tradicionais, das relacións amo-criado, da realidade da igrexa... Moitos libros nun só, sen dúbida.