jueves, junio 30, 2005

O Congreso aproba a lei que permite o casamento entre persoas do mesmo sexo
A maioría absoluta este xoves no Congreso dos Deputados serviu para levantar o veto que o PP conseguira no Senado para a modificación do Código Civil que recoñece o matrimonio entre persoas do mesmo sexo. A votación resolveuse co apoio de 187 deputados, todos agás os do PP e Unió. A ex ministra popular Celia Villalobos tamén voto a prol da nova lei. Logo da votación, Rajoy anunciou a presentación dun recurso diante do Tribunal Constitucional.
http://vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=43943


¡VIVAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAA! ^_^

Onte merquei La sombra del viento cun pouco de medo, porque normalmente non coincido cos superventas. Pero xa vou pola metade! Non podo parar de ler, Carlos Ruiz Zafón escribe marabillosamente ben, constrúe unhas frases que cando rematas de lelas pensas "De onde sacará este home esas ideas?".
Xa darei o veredicto (jaja) cando o remate, pero polo de agora está moi moi ben. Conta tantas cousas nunha soa páxina que parece incrible.

miércoles, junio 29, 2005

"Añadió que, entre los participantes en la manifestación que viajan desde Galicia también hay gays y explicó que con esta movilización el Foro de la Familia pide al Gobierno «que retire el proyecto su proyecto de ley porque un matrimonio entre gays no es un matrimonio»."
Pero como vai haber gays?!

Grande alcalde, este Paquete, A Coruña innovando, si señor. Hoxe metereime na casa, como vexa a esta xente pola rúa non respondo.

"El Foro de la Familia anticipa la asistencia de 600.000 personas a la manifestación contra el matrimonio gay"
Ocorrenseme moitas cousas e ningunha boa. Realmente quen malgasta o seu tempo en joder a vida dos demais non merece que lle pase nada bo.
Odio a esta xente. Son incapaz de aceptar esa opinion, estou farta de que teñan que vir a dicir con quen podemos casar e con quen non. JA! Falan de que é antinatural. Nin sequera merecen que resposte.
Danme noxo e se os tivese delante darialles unha boa tunda. Iso non me deixa en moi bo lugar, pero dame igual. Estou farta de aturar esas subnormalidades dun grupo de imbeciles.
Merecen o seu temido inferno como minimo. E que lles dean polo cu por toda a eternidade.
Paso de ser politicamente correcta.
E a maldita igrexa do carallo anda tocando o zoco metendo o corno en todas as trapalladas que pode.
Oxala desaparezan dunha vez, todos os que forman este cancro, os que fan sufrir porque somos "antinaturais". Antinatural é a sua existencia.

martes, junio 28, 2005

A anterior mensaxe soa demasiado sosa. E estou tan tan leda que ata chamei á radio para dicilo, jajaja! Xa era hora carallo!

La emigración le falló a Fraga. Los populares se quedaron a 16.000 votos de arrebatarle al PSOE un diputado por Pontevedra con el voto de la emigración. De este modo, hacia la medianoche, se confirmó oficialmente que el PP ha perdido la mayoría absoluta que mantenía desde 1989 en Galicia.
La Voz de Galicia
¿Tempo de cambio? Quen sabe. Pero isto hai que celebralo.

lunes, junio 27, 2005

En La Voz de Galicia, todo porque rias:
"En A Coruña descartan que el recuento acabe hoy" ¡Non jodas! ¿De verdade?
"La Junta Electoral declara inexistentes los votos que no tengan fecha de origen" ¿E os dos mortos que data de orixe terán? ¿A do enterro?

Os da Opinión da Coruña son uns cachondos:
"Algunos se marcharon hace más de medio siglo y nunca más volvieron; otros -más de la mitad- no han nacido en Galicia. Pero en sus manos está elegir entre Manuel Fraga y Emilio Pérez Touriño."
Manda truco!

É todo tan incriblemente incrible, que rio por non chorar. Éche o que hai, Misae.

domingo, junio 26, 2005

Mañá é o día.
Onte e hoxe fun a Mundos Dixitais (anuncianse como mundos dixitais, pero por suposto no PALEXCO pon Mundos Digitales), unha especie de convencion de grafistas e demais historia gráfica (jaja, que verborrea a miña) e cunha sala só de videoxogos :P
Hoxe e onte fun. O meu mozo gañou un campionato de Gran Turismo 4 e deronlle o xogo. Estamos pensando en apuntarnos se hai un de Tekken.
Chicken!
Se podedes pasar pola Coruña, e concretamente polo porto, onde esta o PALEXCO, o tema ten moi boa pinta.

Escribin un test coma o que vin no blog de Leituga. Se alguén se anima... :D

sábado, junio 25, 2005

Uf, estou en modo zombi.
Onte fun facer uns criollos a casa dun amigo e ía marchar cedo para a casa, que hoxe entraba a currar ás 8 e media.
Pois nada, liaronme.
E reenganchei. Pasei por casa para ducharme e quitar o cheiro a fume, e fun para o traballo.
Pechabanseme os ollos.
Non hai dubida de que San Xoan é unha noite máxica, falas con calqueira que estea ó teu carón, ves xente coñecida...
Durmin toda a tarde. E ainda sigo zombi.

miércoles, junio 22, 2005

O meu xénero preferido nos videoxogos son as Aventuras gráficas (Gabriel Knight, Maniac Mansion, Myst... etc)
Cando teño unha boa Aventura que xogar o de arredor desaparece, sintome coma nunha peli.
As miñas preferidas son as da saga Gabriel Knight, guionizadas por Jane Jensen. Co Maniac Mansion pasaba medo de cativa :D
Tamén gosto de outros xéneros, coma o de estratexia ou o de acción. Para os de accion teño que estar "preparada" jaja. Poñome nerviosa con eles.
Esta semana sentinme preparada e estreei o Half-Life, que a estas alturas ainda non o xogara. Realmente é un xogo aparte. Impresionante, cunha xogabilidade excelente, cuns detallazos tremendos e con argumento, jaja. Non é só un mata-mata.
Lembro entrar nunha sala cunhas aspas e ver un recuncho cun oco polo que algo arrastra a un cadaver ata dentro. Quedas mirando como desaparece o cadaver e logo saen osos e sangue. Se te achegas ó oco (imprudente!) algo ruxe e vese unha cousa moverse dentro. Da medo!
Agora estou conseguindo o Half Life 2. Danme ganas de rexogar ó primeiro do que me gustou! E iso que o rematei hoxe!

martes, junio 21, 2005

Hegoak ebaki banizkio
nerea izango zen,
ez zuen aldegingo.
Bainan, honela
ez zen gehiago txoria izango
eta nik...
txoria nuen maite


Si le hubiera cortado las alas
habría sido mío,
no habría escapado.
Pero así
habría dejado de ser pájaro.
Y yo...
lo que yo amaba era el pájaro.

¡Tocoume o reintegro da ONCE!
É a segunda vez que me toca algo! A primeira foi de pequeniña nunha quiniela (800 ptas).
Tralariii! Podía non terme tocado pero tocou! Deixei que a vendedora escollera e desexoume sorte. Mañá achegareime a ela para mercarlle outro cupon ainda que me quede lonxe. Ea!
No da fin de semana non din unha :( Outra vez será.

lunes, junio 20, 2005

Vendéronlle os bois,
vendérolle as vacas,
o pote do caldo
i a manta da cama

Vendéronlle o carro
i as leiras que tiña;
deixárono soio
ca roupa vestida.

”Maria, eu sou mozo,
pedir non me é dado;
eu vou pelo mundo
pra ver de ganado.

Galicia esta probe,
iá Habana me vou...
Adiós, adiós, prendas
do meu corazón
----
Esa indecisa inquietude,
cando me ves, bardo amigo,
suidades son dunha patria
que un día a alma perdío;
son misteriosas lembranzas
do desterrado aflixido,
que se acorda da súa terra,
en terra allea cautivo,
e quer volver outra vez
ós patrios eidos amigos.

domingo, junio 19, 2005

É o que hai.

viernes, junio 17, 2005

Xa podian aprender os de Ortigueira
Trouxeron moitos dos que ahi estan, pero soltos. Asi todos xuntos dan ganas de marchar xa a velos!

Canta tú, cantemos todas, fagamos do canto un berro,
unha fala, unha verba, un podo pero non quero.

Onte fun a un mitin. Paseino moi ben, sentinme como supoño que se sentian os Romanos no circo Romano.
O fanatismo esaxerado que vin foi ben gracioso. Pero que divertido era berrar!

jueves, junio 16, 2005

O verdadeiro problema dos homosexuais e bisexuais está na xente que os arrodea, non neles.
Parece un chiste o da manifa. "Estamos en contra da palabra matrimonio para esas unions"
¿E por iso a fan? Jaja, pero se non o cren nin eleees!
Que casen e sexan felices, carallo. Que xa vai sendo hora!

miércoles, junio 15, 2005

Copiando a Ike, escaneei unha folliña escrita por min.
Aqui
E aqui

lunes, junio 13, 2005

Get your motor runnin'
Head out on the highway
Lookin' for adventure
And whatever comes our way
Yeah Darlin' go make it happen
Take the world in a love embrace
Fire all of your guns at once
And explode into space

Hay gente que nace y vive en soledad,
muere en un pedestal,
nadie la llorará.

Hay gente que vive por un ideal
portando banderas
que el tiempo barrerá.

Hay gente que vive perdida y sin valor,
y gente que vive suplicando una vez más.

Hay gente que duerme
y al despertar,
no sabe distinguir el sueño de la realidad.

Hay gente que muere por encontrar
lo que el destino no le supo brindar.

La Frontera tiña letras boas.
Qué pesimista son!

What are you waiting for?

domingo, junio 12, 2005

Voltei.
Onte fun a un concierto de Spiritu986 meets Afro celt sound system.
O son foi deprorable. Instrumentos que non soaban e tiveron que ser sustituidos (o guitarrista tivo que empregar unha electrca en lugar dunha acustica), a frauta soaba ás veces sí e ás veces non... os músicos cando collian un instrumento probabano mil veces, da desconfianza, cando tocaban resulta que tiñan o micro desconectado e a cancion tiñase que interromper (isto fixerono ben, cando o instrumento principal non soaba tocaban musiquiña de ascensor ata que se arranxaba).
Entre iso e que só tocaron cancións do seu último e mediocre disco..
Lembraronse de Noces de granit, polo menos. E o bis foi unha Morrison's jig ó mais puro estilo Gwendal, menos mal.
Youenn Le Berre estivo moi divo (rima e todo ^_^). Todo moi artificieiro.
Cando fun ó concerto que deron na Coruña hai uns anos foi estupendo. Neste a miña cabeza agardaba a que comezase a soar o verdadeiro Gwendal, ata que me din de conta de que levaba agardando iso unha hora.
Logo veu o dos discos. Le Berre dixo que trouxeran uns discos para vender. Fun preguntar, porque ainda que os tivera, se me asinaban un, pagaba a pena mercalo de novo. Pero só tiñan o último, ese que escoitei unha vez e nunca mais. E ainda por enriba 18€!

A miña nai e mais eu estabamos na primeira fila, a uns 5 metros deles. Le Berre non facia mais que mirar para nos (en serio, como quedabamos tan preto del...), e é que entre os chimpos da miña nai e a cara de incredulidade que eu tiña parecíamos dúas representantes do Conxo :D
Conseguiron que chimpase eu tamen con Noces de Granit (que linda cancion), pero penso que perderon a súa esencia. Iso que os convertía en diferentes agora cambiou e son un grupo mais. Nin Irish Jig, nin Irish song, nin Rue du Petit Musc, nin Joe can't reel, nin Colombaneon, nin...

Sei que esaxero con algunhas cousas, pero a musica é moi importante para min. Non me expreso ben e son unha persoa solitaria. A musica faime compaña e axudame a estar leda. Forma parte de min, gústame moitisimo. Por iso estou tan desgustada. Gwendal faciame sorrir e sair á rua con novos animos. A musica faciame pensar que quizais algun dia eu podería tocala. E Gwendal era o sumum. Uns tolean con Star Wars, outros con Warhammer, e eu con eles.

Quitei unhas fotos e grabei uns videos coa camara. O son é terrible, pero por se alguén ten curiosidade, aqui estan. Podense ver co Quicktime.
Por favor, que cambien de tecnico de son. É inaudito estar a escoitar un solo de frauta e que de supeto deixe de soar.
Foto 1
Foto 2
Foto 3
Foto 4
Foto 5
Video 1
Video 2
Video 3

sábado, junio 11, 2005

¡Marcho para Lugo!
¡GWENDAL!

miércoles, junio 08, 2005

Non quería cantar victoria por se acaso.
Acabo de falar cos meus xefes e me fixeron unha proposta.
Contrato indefinido.
Por moito que o escriba sigo sen crelo.

Comentaba hai un tempo que habia unha cancion de Berrogüetto que me gustaba especialmente. E en parte me gustaba pola voz do rapaz, tan doce.
Pois ese rapaz era Xabier Díaz, que acaba de sacar un disco. Polo que puiden escoitar, tan doce coma a súa voz. Chámase Músicas de Salitre, e será o próximo que merque xunto co de Lamatumbá.

Hai xa uns días que saíron trailers do novo Tomb Raider Legend.
Despois da pataca do Angel of Darkness xa tremía. Lembro que houbo unha petición online para que voltase o compositor da música de sempre, que participou que eu saiba en tódolos xogos agás no AOD.
Para os que non o xogaron, dicirlles que non perderon nadiña. Apareceu da nada unha barra de cansanzo, Lara bailaba tentando subir as escaleiras, tiña un control penosísimo e esencia=0.
Sempre admirei a sensacion de soidade e de irrealidade dos TR. O son estaba moi coidado (para o meu gusto). Entrabas nunha sala escura con Lara e comezabas a escoitar ruidos raros. E claro, non sabías para onde ir. De súpeto, tiñas algo enriba. O chimpo na silla non cho quitaba ninguén. E cando se facía a luz, vías unha sala preciosa. Era coma sentir se realmente estiveras alí, visitando as ruinas.
Pois todo isto o Angel of Darkness perdeuno.
O Legend ten moi moi boa pinta. Semella que Lara percorre de novo edificios no medio da selva, ten novos movementos e é mais espectacular se cabe. Volve ter esas vistas, eses escearios preciosistas e detallados. Non quero falar antes de tempo, pero ¿podería ser que Lara voltou?
Penso mercar máis RAM se é preciso. O novo Tomb Raider non mo quita ninguén.
Hai más información en inglés aquí, de onde quitei os videos e os trailers. Para baixalos, hai que facer click en "Movies & Trailers".
Iso sí, Lara neste xogo parecese moitísimo máis ca antes a Indiana Jones. Hai por ahi un par de movementos igualiños ós da Máquina Infernal. Espero que sexa só nese par de movementos! :D

martes, junio 07, 2005

Sempre tento non falar de política, pero tanto anuncio pola radio estame a encher, levo toda a tarde oíndo a Fraga contar mentiras.
Faime moitísima gracia que únicamente se lembren do idioma galego nas eleccións. E iso de "Máis para as mulleres". Pero veñaaaa! ¿Non tivo máis de vinte anos para mirar por nós?
"Mais para os maiores". Igual que co das mulleres. Non hai que ser moi listo para ver o que pasaría en Galicia co envellecemento da poboación. Hai moitísimos anos tiña que ter feito MÁIS. E non agora.
Que vaian rasca-lo carallo todos, xa hai bastante merda por aquí.
Noxo e mais noxo. Hipocresía, caciquismo. ¿Cando poderemos medrar como pobo? ¿Cando cambiará a mentalidade da maioría dos galegos? Contra o que moitos pensan, non vai arreglar a comunidade outro, temos que facelo nós. E tampouco podemos deixar que nos pisen ano sí e ano tamén. Négome.
Xa está ben! >:(
-----
Siempre intento no hablar de política, pero tanto anuncio por la radio me está cabreando, llevo toda la tarde oyendo a Fraga contar mentiras.
Me hace muchísima gracia que únicamente se acuerden del idioma gallego en las elecciones. Y eso de "Mas para las mujeres". Pero vengaaaa! ¿No tuvo más de veinte años para echarnos un ojo?
"Más para los mayores". Igual que con lo de las mujeres. No hay que ser muy listo para ver lo que pasaría en Galicia con el envejecimiento de la población. Hace muchísimos años que tenía que haber hecho MÁS. Y no ahora.
Que vayan a rascar el carallo, ya hay bastante mierda por aqui.
Asco y mas asco. Hipocresía, caciquismo. ¿Cuándo podremos crecer como pueblo? ¿Cuándo cambiará la mentalidad de la mayoría de los gallegos? A pesar de lo que muchos piensan, no va a arreglar la comunidad otro, tenemos que hacerlo nosotros. Y tampoco podemos dejar que nos pisen año sí y año también. Me niego.
Ya está bien! :>(

Acabo de recibir isto no correo. Estou entre o noxo e a mágoa.
"Y Dios Creó.....
y Dios pobló la tierra con espinacas, coliflores, brócolis, y todo
tipo de vegetales, para que el Hombre y la Mujer pudieran alimentarse y
llevar una vida sana.
Y Satanás creó a McDonald's. Y McDonald's creó el Big Mac.
Y Satanás dijo al Hombre: ¿Lo quieres con patatas y coca-cola? Y el
Hombre dijo "Tamaño grande". Y el Hombre engordó. Y Dios dijo "Haya
yogourt, para que la Mujer conserve la silueta que he creado con la
costilla del Hombre" Y Satanás creó el chocolate.
Y la Mujer engordó. Y creó Dios las ensaladas, y el aceite de
oliva... y vio que estaba bien.
Y Satanás creó el helado.
Y el Hombre y la Mujer engordaron. Y Dios dijo "Mirad que les he
dado frutas en abundancia, que les servirán de alimento. Y Satanás
inventó los huevos f ritos con chorizo. Y el Hombre engordó, y su
colesterol malo se fue por las nubes.
Y creó Dios las zapatillas deportivas, y el Hombre decidió correr,
para perder los kilos de más.
Y Satanás concibió la televisión por satélite, y agregó el mando a
distancia, para que el Hombre no tuviese que cambiar de canal con
el sudor de su frente.
Y el Hombre aumentó de peso.
Y Satanás dijo a la mujer: "Son apetecibles a la vista del Hombre
unos aperitivos" y la Mujer le acercó al Hombre patatitas fritas,
palitos salados, cortezas, chorizo y una cerveza. Y el Hombre aferrado al
mando a distancia, comió los aperitivos, que eran abundantes en
colesterol.
Y vió Satanás que estaba bien.
Y el Hombre llegó a tener las coronarias obstruidas.
Y dijo Dios: "No es bueno que el Hombre tenga un infarto" y
entonces creó el cateterismo y la cirugía cardiovascular, y las unidades
coronarias.
Y Satanás creó .... la Seguridad Social.
Y dijo Dios: ¡¡ANDA QUE OS DEN POR CULO A TODOS!! .........
Y en eso andamos"

lunes, junio 06, 2005

Estaba botando unha ollada ó dos famosos premios dos blogs.
Estou sorprendida porque teño dous votos ^_^
Apunteime porque asi seriamos mais. Decidin non poñer o botonciño para votar no blog, sen embargo entrei na páxina e votei como tola ós demais, jaja.
Teño que recoñecer que teño un mal perder. Non me gustan os concursos nen as competicions, sobre todo porque sempre hai quen trampea todo, como parece ser o caso do concurso.
Pero bueno, trapalladas aparte. Gracias ós que me votastes por vos lembrar de min! Por tomar a molestia de premer o botonciño e confirmar o voto. Teño un contador que amosa as visitas (incluidas as que non queren entrar e me atopan procurando calqueira cousa no google), pero gústame saber que de cando en vez pola cabeza de algún pasa o meu blog.
E como xa levo mais dun ano nisto, aproveito para darvo-las gracias a todos os que entrades a miúdo ou non tan a miúdo. Porque podedes non entrar, e decidides facelo, porque comecei con isto eu soa e xa levo máis de cen visitas (nunca o crin posible), porque coñecín a membros dun dos meus grupos favoritos, polos blogs á feira, pola frase do mes de cesteiro, por Diego, que foi o meu primeiro visitante non-hostil (jaja), polos que se foron, polos que viñeron, polos que buscan "conas boas" no google (unha vella historia...), por blogger e por milleiros de cousas que se me esquecen. E que carallo, porque si!

¡Gracias! :)

domingo, junio 05, 2005

Ando algo arrefriada :(
Hoxe fun á aldea a ver ó meu avó e mailos nosos cans.
O Morse anda velliño. Non se deu de conta de que chegaramos. Achegueime a el, estaba a durmir. Besbesellei un pouco para avisalo e deu un chimpo grande, jaja. E cando me coñeceu xa moveu a cabeciña e a achegou a min. A pata de atrás, a esquerda, case non pode con el, pobriño.
A Roa é unha toleirana. Ten un ano. Antes botabase enriba do Morse ata que a foi ensinando. Agora sigue igual de tola, pero polo menos intentao agochar, jaja.
Ten moitos celos do Morse, como vai vello facemoslle moito caso. E a Roa vai coa súa pelota na boca para que lla tiremos lonxe e que nola traia de volta.
Échevos ben lista.
O Morse é pasota. Chámalo e nin te mira. Sempre fixo un pouco o que queria.
A Roa oe algunha palabra que conteña o seu nome e ergue as orellas. Logo ven correndo para saltar un pouco (sempre coa pelota na boca) ó teu redor.
É triste ver ó Morse, que non pode case correr. Ainda que hoxe non sei onde atopou o tripi, que corria detras da cadela e por conseguinte detras da pelota.
A Roa

Tamén falei moito co meu avó. En Agosto iremos os dous ás abellas, quero aprender todo o que poida. Faleille da nova web e da miña intencion de recopilar historias contadas polos vellos, e quedou encantado coa proposta. Anda o cura da aldea facendo o mesmo pero sen web, terei que ir falar con el.

jueves, junio 02, 2005

¿Pode existir algun libro máis fermoso que En algún lugar del tiempo?
Non.
E dubido que algún libro poida superalo nun futuro. É a beleza feita verbas; son letras que provocan empatía. É estar lendo algo malo e estar case chorando "non, non, non, non quero que pase iso", rir co protagonista, ter morriña del cando a novela remata.
De seguro que aínda estou baixo o meigallo do libro, que me fai darlle un 10. Redondo.
-----
¿Puede existir algún libro mas hermoso que En algún lugar del tiempo?
No.
Y dudo que algun libro lo pueda superar en un futuro. Es la belleza hecha palabras; son letras que provocan empatía. Es estar leyendo algo malo y estar casi llorando "no, no, no, no quiero que pase eso", reir con el protagonista, tener nostalgia de él cuando la novela termina.
Seguro que aún estoy bajo el embrujo del libro, que me hace darle un 10. Redondo.

miércoles, junio 01, 2005

Adeus, Ortigueira, adeus
Os obradoiros non están mal, o Cunningham e Ialma tampouco. Pero non vou pedir permiso no traballo para iso.
Se isto é o que con tanto bombo anunciaban...
-----
Adiós, Ortigueira, adiós
Los talleres no están mal, Cunningham e Ialma tampoco. Pero no voy a pedir permiso en el trabajo para eso.
Si esto es lo que con tanto bombo anunciaban...

¿Pode ser que me guste a nova cancion dos Backstreet Boys?
Jodeeeeer joder joder....

Agora son eu a que recolle o testigo que me encasquetou Dorfun (xa se podia lembrar de min cando lle tocara a loteria tamen, jaja). E respondo:
Testigo recibido de: Dorfun

Tamaño total dos arquivos de música do meu PC:
Pois borrei o disco duro hai pouco, asi que teño pouquiño. Pero fixen unha copia de seguridade de 2 gigas.


Último disco me comprei:

Un de Chuck Berry, o sabado, na Fnac de Callao.

Canción que estou escoitando:
L'ultimo baccio, de Carmen Consoli. É linda...

5 cancións que escoito moito ou que teñen un significado para min:
- Irish Song, de Gwendal. Poñoa a todas horas e non canso. Simboliza a ledicia e as ganas de festa e de sair ahí fora pase o que pase.
- La Gallega, de Skyedance. A beleza feita música. Remexe dentro de min e faime crer que todo esta en paz.
- No particular place to go, de Chuck Berry. Cando non podo mais no traballo, escoitoa e é coma se tivese un foguete no corpo.
- Terradentro, de Guezos. Outra igual que Irish Song. Escoitoa sempre. Ó sair da casa, ó facer unha viaxe, ó ir no coche... dame enerxía
- El precio del placer, de La Frontera. Son o meu grupo preferido, e El precio del placer lembrame unha epoca confusa que xa pasei. Coa cancion veñen as mesmas sensacions que enton. Morriña.

5 persoas ás que lle paso o testigo:
Wel, Ike, Perifericos, Ictioscopio e Diego.

Non vou dicir que se fodan, pero sí que rabeen, :D.