domingo, julio 31, 2005

María Road to Dublin.

jueves, julio 28, 2005

O meu pai ten unha bici con mais anos ca min. É de cando era ciclista ¬¬' (iso di el)
É unha superbici de montaña que pesa toneladas. Tocoume herdala, vaia inferno! Faltalle un anaco de sillin porque cando o Morse era pequeniño mordeuno.
A bici sempre está ben e sempre funciona. O meu avó levouna a revisar hai un tempo e deixarona como nova. Hai uns dias funa coller e o pedal non xiraba.
- Papá, o pedal da bici non xira
- Claro que xira
- A ver, papá, se che digo que non xira é que non xira!
- Iso é que non lle das ben
- Pero papá, é un pedal, ¿que lle hai que dar?
- Pois disllo ó teu avó que a levou a mirar hai pouco. --> Chantaxe emocional, sabe que non lle podo dicir iso ó meu avó.
Grrr. A bici sempre está ben, para o meu pai nunca se escaralla. Total, que coas rodas sen aire e o pedal sen xirar tíñaa que levar a arranxar. Pero claro, a bici, xigante como é, non cabe no coche.
Ocorreseme achegarme ó bus. Con sorte se está baleiro o buseiro apiadase. O carallo!
Pois alá vou eu, coa bici que non anda arrastrando nela ata o quinto inferno, onde está o taller. Ademais quedame o manillar moi baixiño e as ferramentas estan na aldea e non o podo subir. Cando chego ó taller na porta un fermoso cartel que di "Para revisiones, pedir cita".
Jooooooder coa merda da bici! Entro como podo porque se o buseiro non tivo compaixon quizais os do taller si. E teño algo de sorte. O tio escacha coa risa cando chego con aquela cousa e olla para min con cara de "traesme un cadaver". Consegue arranxa-lo pedal e infla as rodas para que poida voltar en ela a casa, porque compaixon si, pero a cita hai que pedila. Pregunto se paga a pena arranxala ou mercar unha bici nova. Volve a escachar e di que nin de coña a arranxe, que está feita merda.
A ver quen llo conta ó meu pai.
Total que volvo como podo na bici para descubrir que case non ten freos!
Odio esa bicicleta! E non podo mercar outra ata que esa se volva anacos!
AAAGH!
Pero ainda asi fun dar unha volta con ela. Non é que poida cambiar de marchas (a cadea soa raro) pero para ir polo Paseo Maritimo ben vale.
Onte fun con dous amigos ata mais alo da Torre de Hercules, voltei preto das 3 (da mañá) á casa.
O manillar fixo das súas e teño o brazo dereito cunha dor incrible, non puiden durmir. Tomei unha pastilla pola mañá e agora vou tirando.
Ainda asi teñolle cariño á bici de merda esa. Imaxino ó meu pai con 21 anos enriba dela cos seus amigos e penso que ten o seu aquel sentimental.

miércoles, julio 27, 2005

Yo se de un lugar escondido,
que hace tiempo que olvidé.
Pero hoy encontré
el momento de regresar,
y no se porqué tuve que marchar.
Mírame, esta es
la verdad.

Me acordé de lo que había perdido,
una mañana al despertar,
ya verás, volveré y la tristeza pasará.
Y no se por qué tuve que marchar.
Mírame, esta es
la verdad.

Todo ha cambiado
al salir de esta oscuridad,
los malos tragos pasarán,
no quedan puertas por abrir
al mirar atrás.
Aún queda tiempo para
volver a empezar.

Non podo evitalo. Queroo.

martes, julio 26, 2005

Xa teño as fotos!
Dicir que creo que todos saimos mal, jaja (eu polo menos). A foto que fixen con Anxo é especialmente rara, pero aí saímos, que carallo!
Gracias Gemma por sacalas :)
Poño as ligazóns porque as fotos estan moi grandes. Reduxenas un pouco e quitei calidade ás mais pesadas, pero ainda asi.. Se alguén quere algunha en particular no tamaño orixinal que a pida. Fixen unha paxiniña cutre coas fotos todas seguidas: http://telefonica.net/web2/acovinha/guezos.htm

Unha parte de Guezos
Adrián
Máis Guezos
Os que non saíran nas outras fotos
Guezos ó completo se non me equivoco. Sae o cú do que estaba cos ordenadores, jaja. E falta Roi, que non estaba no concerto
Guezos e un anaco da miña cabeza
Primeira foto terrible. Gemma e mais eu con caras raras
Anxo
Mais fotos
Adrián facendo esforzos
Foto borrosa
Os gaiteiros (como me soaba a cara do de verde)
E outra foto
Ejem... ¡Gemma, sacanos unha foto á xaponesa, á xaponesa!
Os que fomos ó concerto. Hector, Javier, Gemma e eu
Eu cun home de mirada asasina (¿quén sera? jaja)
Se tivese tempo poñia as imaxes en pequeniño. Imageshack non me deixa porque pesan algo moito.

lunes, julio 25, 2005

Tus recuerdos son
cada día más dulces,
el olvido sólo se llevó la mitad,
y tu sombra aún se acuesta en mi cama
con la oscuridad,
entre mi almohada y mi soledad.

Xa estou de volta.
Onte collemos sen problemas o tren, e ó chegar descubrimos que a Praza da porta do Camiño estaba preto da estación, asi que fomos camiñando.
Ó chegarmos á praza preguntamos cando tocaban Guezos e dixeron que ás 12. Ainda eran as 10 e media asi que fomos cear nun sitio onde non quedaban patacas nin caldo. Tiramos de chourizos e luras e ben rico que estaba todo. Era gracioso ver ós turistas ler en alto "¡Caldo galego, caldo galego!" e eu medio escarallada da risa porque a ver quen cea caldo ca calor que habia.
Despois de cear deunos tempo a ver un pouco os fogos. Cando voltabamos unha multitude de rapaces que berraban independencia pasou á carreira e xuntouse na praza. Eu pense que ia comeza-lo concerto pero que va!
Leron un manifesto de por que precisabamos a independencia e unha carta dun fulano de non sei onde. Logo apareceron dous e queimaron a bandeira de España e un tio cun pucho estivo cantando sen parar ata a 1 e pico!
Aguantamos estoicamente! Non vou dar a miña opinion sobre o que vin antes do concerto , asi que falarei del.
O tema era que eu vira ós Guezos só en fotos, e habia por ali un rapaz cunha cara coñecida pero non caia. Parva que son, era Adrian.
Total que subiron ó esceario e comezaron a tocar. E eu toda leda, jeje. Tocaron as cancions que mais me gustaban xunto cunhas novas que non estaban nos discos. Cando era cativa o meu pai tiña unha cinta de Milladoiro cunha cancion chamada Jiga-pandeirada. Era tradicional, pero nunca souben mais. E é unha cancion que escoito moito porque me gusta. Pois ea, coma se me lesen o pensamento, tocarona.
Tamén tocaron o Brado da Lúa, Terradentro e claro, mais. Pero coa que toleei foi con levame. Xa me daba igual todo e estiven dando chimpos como unha tola.
Un directo estupendo, ainda que a acustica penso que non axudou. Gustoume mais o directo que o disco, a ver agora que fago.
Ó rematar pensei en pedirlles unha foto, pero morria coa vergoña. Pero claro, a ver, Arduina nun concerto de Guezos sen foto non podia ser. Asi que lla pedín a Anxo con mais vergoña ainda, jaja (non sei se se lembraria de min, eu presenteime igual). A min fanme ilusion estas cousas, ainda me lembro do primeiro comentario que deixaron no Recuncho. Sacamola cunha camara dunha amiga que veu, ainda non a teño. Pero publicareina aqui xunto con outras.
Estou aliviada tamen porque despois do chasco de Gwendal ía algo preocupada. Pero foi un concerto tremendo, pasamolo xenial e rematamos todos bailando arredor dun cruceiro que ali habia.
Quitei unha foto co mobil.
Free Image Hosting at www.ImageShack.us
E unha cousa tonta: Son ben guapos!

domingo, julio 24, 2005

Hoxe vou ver a Guezos a Santiago. Collerei o tren das 8 dende Coruña, malo sera que non chegue a tempo!
Estou toda emocionada,jaja. teño moitas ganas. Vou tirar de mobil para sacar as fotos porque a camara non ma deixan, asi que non sei se se verá algo, porque aquilo vai estar cheo de xente supoño.

viernes, julio 22, 2005

Non se pode dicir que estea soa. Deberia facer exame de conciencia.
Graciñas, Iria, Ezequiel e Alba.
A xente aparece pola miña casa e me chama.
Estou tan agradecida que non sei como expresalo.

Vaia, unha boa nova.
Concerto de Guezos o domingo en Santiago. Por fin. Eu sei dunha que os vai ir ver.
Se teño sorte igual asinan os discos :)

jueves, julio 21, 2005

Llevadme, por piedad, a donde el vértigo
con la razón me arranque la memoria.
¡Por piedad! ¡Tengo miedo de quedarme
con mi dolor a solas!

miércoles, julio 20, 2005

Pois si. Desta vai. O meu mozo e mais eu cortamos.
Realmente non sei que sentir, estou demasiado pampa.
E ainda que non o pareza, sigoo querendo. Chamase Javier, échevos ben guapo. Loiro, cos ollos azuis e un pouco miudo para a sua idade. E é unha boa persoa.
Non entendo por que remata o amor cando tes ó teu carón alguén tan perfecto.
Oxala coñeza a alguén que realmente o mereza e que o queira de verdade. Quero que sexa feliz.

Hai uns dis escribin que non tiña a quen chamar. E si que tiña.
Ela apareceu no medio das bagoas e fixose cargo de todo. Non fixo preguntas, case non falou. Limitouse a facerme compaña e a deitarse ó meu carón para que non durmise soa. Trouxome auga e unha pastilla, e uns trapos humidos para a dor de cabeza.
Non fun xusta con ela dicindo que non tiña a ninguen, e non se imaxina canto lle agradezo o de hoxe á noite.
Gracias Iria.

martes, julio 19, 2005

La cara vista es un anuncio de signal
la cara oculta es la resulta
de mi idea genial de echarte
me cuesta tanto olvidarte
me cuesta tanto

Olvidarte me cuesta tanto
olvidar quince mil encantos
es mucha sensatez

Y no sé si seré sensato
lo que se es que me cuesta un rato hacer
cosas sin querer

Y aunque fui yo quien decidio que ya no más
y no me canse de jurarte
que no habrá segunda parte
me cuesta tanto olvidarte
me cuesta tanto olvidarte
me cuesta tanto…

No hay nada mas bello
que lo que nunca he tenido
nada mas amado
que lo que perdí.
Perdóname si
hoy busco en la arena
una luna llena
que arañaba el mar.

Que cousas... Atopei o meu diario de cando era mais nova. Que vergoña allea.
Hai que ver como cambiamos, e menos mal que o facemos!
Resulta que o meu diario chamabase Alejandro. Ai carallo!

12-2-98 (14 anos tiña, está escrito exactamente igual que no diario)
Querido Alejandro:
Estoy en cama con fiebre. Mañana hay examen de Genetica, pero no podre ir.
Etoy enamorada de Jaime (jaja, e eu o cria de verdade...). Es un niño del conservatorio.
Estaba yo escribiendo en el libro de Gallego: Jaime Díaz.. y aparecio él.
Subió y luego volvió a bajar. Despues me encontré a María y la acompañé y allí estaba él. Y yo diciendo maravillas de él. ¡Que cachada!

En fin. Realmente medramos, vaia se medramos! E a min nesta epoca as cousas que escribia parecianme importantisimas. Supoño que tería que ser celosa con estas cousas, pero vexoas tan tan alleas que non son capaz.
Joder, que cousas escribia:
"El amanecer sonrió
la aurora se escurría entre tus dedos
el sol resbalaba entre las nubes.
El cielo recuperaba su color"

Huuuy, hai mais!

"La bruma sigue aquí
¿es que aún no te has ido?
No puedo estar sin ti
¡y no puedo estar contigo!"

Jaja, un Nobel de poesía como minimo. Canto choveu dende enton e de cantas cousas me dou conta.

lunes, julio 18, 2005

Cousas que me fan gracia.

O pitufo salvaxe
Free Image Hosting at www.ImageShack.us

Adelgaza con Demis Roussos (con fotos e todo)
Free Image Hosting at www.ImageShack.us

Un cocho mordendo unha gravadora
Free Image Hosting at www.ImageShack.us

E cando as palabras medraron
e decidiron marchar
ela quedou alí, agardando
pola súa alma fuxitiva.

- Esta noite moe a moa
díxolle Rosa a Pitusa.
- Facemos o que queremos,
non temos que dar excusas.

Hoxe leo no Qué! unhas frases duns homes famosos. Non me van nada estas cousas, pero gustaronme un par delas.

"Llegar a la cumbre supuso dejar de sufrir pero, sobre todo, comenzar a soñar."
Esta é de Sebastián Álvaro, director de "Al filo de lo imposible"

"La vida es una fiesta y hay que vivirla. Hay que disfrutar del viaje porque nosotros llevamos el timón"
Gustavo Zerbino.

E lembro unha desas que aparecian nas nosas carpetas cando eramos pequenos.
Sorrí sempre ainda que o teu sorriso sexa triste, porque mais vale un sorriso triste que a tristura de non saber sorrir.

Supoño que é trapallada. Pero é certo. Sempre cun sorriso, sempre pensando que as nosas metas son o comezo dos nosos soños e que a vida está para vivila.

domingo, julio 17, 2005

Hoxe vai calor. Como me erguin de bo humor e ganas de saír á rua, pensei en ir dar unha volta en bici. Pero non tiña bombin para as rodas, asi que quedou nunha idea.
Logo falei cuns amigos que son parella e non o estan a pasar moi ben. Queroos moito. Así que estiven tentando axudar como puiden.
Agora que non levo a L e o trafico anda menos mesto pensei que por qué non aproveitaba as fins de semana para viaxar a Ferrol, a Santiago, a Lugo... Gustame conducir e o que me mete medo é a autoestrada. Pero algun dia tera que ser. E os destiños pagan a pena.
Asi que igual a proxima fin de semana collo o coche e marcho.
Tamen pensei por que teño isto de forma anonima. Por que non poño unha foto e dou alguns datos. E pareceume unha trapallada.
Así que vou dar un pasiño. Chamome María, teño 21 anos e vivo na Coruña nun barrio aburrido chamado Los Rosales. Nacín o 23 de Setembro de 1983 en Gran Canaria, na cidade de Las Palmas porque o meu pai traballaba ali por aquel enton.
Xa perdin o misterio (se é que o habia), que cousas.
E escoitando a miña benquerida cancion Sara Sariña dos Cempés pensei no que podia levar a alguen a escribir algo semellante.

Hai quixera dormir contigo
hai na túa cama dourada
hai pasar contigo esta noite
hai ir a presidio mañana

Namoreime de tí un día
hai foiche para toda a vida
hai se volvera a nacere
hai de tí me namoraría

Hai crucei a mar de Ferrol
hai ferrolana por te ver
hai crucei a mar de Ferrol
hai a piques de me perder

Sara Sara Sariña
hai Sara ti ela miña
hai Sara Sara Saronhe
hai Sara do corazonhe.

Hai quixera alegrar a vida
hai mirando a túa cara
hai quixera calmar a sede
hai bebendo da túa iauga

Hai quero da-la despedida
hai como dan os cantadores
raparigos e raparigas
hai cuidade os vosos amores

Quizais sexan momentos de despedida para todos. Ou quizais non.

Sempre dixen que me imporaba un carallo o que os demais pensasen de min.
Realmente era asi no colexio e no instituto, ó cabo non quedaba mais remedio.
Tamén foi asi cando estudiei o Ciclo.
Seguiu sendo asi cando atopei os meus primeiros traballos. Ía ás entrevistas cas miñas camisetas de Kukuxumusu. Loxicamente houbo traballos que non me deron, pero outros que si. Nunca levei saias, nunca emprego maquillaxe, se teño que saír á rúa cunha camiseta do meu pai saio...
Supoño que hai que ser como un realmente é.
Sen embargo dun tempo acó ando un pouco confundida.
Cando vou a festas non sei sentar con saias (espatarrome nas cadeiras :D ), nin peitearme. Tampouco sei andar con tacons. E é algo que me preocupa. Porque ainda que non é o meu estilo, non sempre vou poder vestirme como visto. E cando tento poñerme algo elegante notase o rara que me sinto. O curioso é que para min algo elegante é por exemplo unha camisa, que para outros é o mais corrente.
Asi que teño que recoñecer que nestes momentos si me importa un pouco o que os demais pensen de min. E non só no fisico.
Preocupame non caer ben á xente. É moi moi raro, porque nunca me importou. Pero estar arrodeada de persoas cas que compartes algo é unha sensacion moi bonita que case tiña esquencida. Escapei dela cando deixei de confiar na xente, e agora estou caendo de novo.
Pensaba que gostaba da soidade sempre, pero non. Boto de menos a compaña. E boto de menos o cariño, sobre todo o cariño de amigos. Ese que fai que cando estas mal de supeto chamen á porta e sexa un amigo o que esta ai cunha peli e dicindo que ten todo o tempo do mundo para ti.
Sei que cando estou triste non teño a quen chamar. E sempre me importou pouco, sentiame forte.
Pero hai uns meses que busco amigos e non os atopo. Por iso me preocupa o que os demais pensen de min, supoño.
Por unha banda non me fio dos demais, e pola outra preciso facelo.
Quizais teño o que merezo. Cando aparezo en casa de alguen cunha peli e todo o tempo do mundo para unha persoa penso que esa persoa fará o mesmo por min.
Ás veces hai que pedilo, creo. Ou non é necesario?
Non só me falta en experiencia niso de vestir e aparentar, senón que tamen me falta nas relacions persoais de todo tipo.
Canta contradiccion.

Hai quixera dormir contigo
hai na túa cama dourada
hai pasar contigo esta noite
hai ir a presidio mañana

E pensar
que todos podemos dubidar da beleza perfeita
do canto da pedra
dos choros da ialma
das mans da calor
do pracer en silencio
dos bicos nos beizos
das noites escuras
do casanzo infindo
dos poemas malos
das enchentes de olladas
de voltar a escribir...
Dubidemos.

viernes, julio 15, 2005

Recuerdo
que antes olvido era sólo una palabra
que la muerte parecía un punto y seguido
que tenía ganas de amar.

Quería envejecer
gritaba, y lloraba, y me dejaba mecer por el viento
en mañanas como esta.

¿Dónde estoy?
Perdida en las multitudes
no espero nada, como todos.

Quería ser amante,
escritora, artista, humana
quería mostrar al mundo
que la realidad se compone de sueños

y he conseguido uno de mis objetivos:
envejecer siendo aún una niña
con la lucidez del último suspiro
pero con menos ganas

de aferrarme al tiempo que me queda.

http://fervellasverzas.blogspot.com/

El perro más feo del mundo gana por tercera vez el título
Un perro alemán, llamado Sam, ha conseguido por tercera vez consecutiva ser el rey de las mascotas más feas en un certamen celebrado en la ciudad estadounidense de San Francisco. El animal estaba, hace seis años, en una perrera, ya que «era tan feo que nadie quería adoptarlo». Sin embargo, una esteticista de 53 años sucumbió ante la fealdad del perro.
Sam tiene 15 años, está casi ciego, tiene la espalda maltrecha, sin carne aparente, y además su situación renal y cardíaca es deplorable. A pesar de ello su dueña asegura que «es el más lindo».


Pobriño.

jueves, julio 14, 2005

Fixeronme unha entrevista onte. Foi algo curioso, nunca fixera unha e tampouco sabia cómo respostar. Non sei, ás veces cando leo algunha penso "joder, que importante se cre fulanito". E eu non queria iso.
Foi para unha web relacionada cunha amiga que é escritora. Que vergoña.

lunes, julio 11, 2005

Non teño nin puta idea de ingles.
Hoxe fun face-lo pasaporte. Á volta quixen coller un taxi na estacion do tren. Namentres agardaba na parada, achegaronse un grupiño de homes, e un preguntou se falaba ingles.
Que ridiculooo!
O tio queria ir ó hotel España, que quedaba no cú dende ali. Dixenlle que era veeeery far (jaja) e preguntoume se eran 10 minutos. "no, no, very very far". E cando me contou que tiñan moitas maletas no aeroporto a miña resposta foi "there are big big taxis"
Parva do carallo...

domingo, julio 10, 2005

Cando era algo máis nova vivin un tempo cos meus avós paternos. Xunto con eles vivía a miña tía (a irmá do meu pai) e as tías da miña avoa. Sempre foron vellas, jaja. A tia Irene levaba un moño sempre ben tirante, era asi delgadiña. E a tia Manuela tiña o pelo longo e era maior ca Irene e mais ben grosa. Eran irmás.
Un día estabamos a tía Irene e mais eu na cociña e a min deume por abrir a lavadora namentres lavaba. Aquelo encheuse de auga, e a tia para que non me rifaran limpou todo.
A tía Manuela contabame contos. Lembro un dun raposo e unha pega.
Habia unha pega que tiña o niño feito nunha pola moi alta nunha árbore, e vivia nel cos seus fillos.
Un día chegou o raposo famento, e tentou coller o niño. Cando viu que non podia, puxo o rabo teso (ejem, que mal soa) e berroulle á pega:
- Ai pega! Ou me tiras un dos teus fillos ou co meu rabo serrarei e serrarei e a árbore tirarei!
A pega tremia moito, tiña moito medo, pero non queria que o raposo tirase a árbore e collese a tódolos seus fillos, así que tiroulle un.
O raposo marchou ledo. Ó cabo duns días voltou.
- Ai pega! Tirame un dos teus fillos ou co meu rabo serrarei e serrarei e a árbore tirarei!
A pega choraba, queria ós seus fillos e non llos queria dar ó raposo para que os comera. Pero pensaba que así salvaría a algún, e tiroulle outro.
Foron pasando os días, e cada pouco tempo o raposo ía á árbore a pedir unha peguiña. Ata que chegou o día que á pega só lle quedaba un fillo.
- Ai pega! Quero comer! Tirame un fillo ou serrarei e serrarei e a árbore tirarei!
Pero a pega, que á forza de chorar e de cavilar atopara a solucion, berroulle ó raposo.
- Non has tal! E logo que pensas serrar co rabo se non é unha serra?
E o raposo tivo que marchar porque a pega descubrira o conto.

É un conto moi macabro, a verdade. Pero gustabame moito. Lembro que pensaba no raposo berrando na árbore.

A miña avoa tamen me contaba moitas cousas. Diciame que cando fose grande as poderia escribir a máquina e publicar ^_^ "Os contos da avoa" dicia.
Pero a miña memoria fallou e só me lembro de dous contos. Un é o de Palo sal del saco! e o outro a historia de Luz Divina. Dalí saiu a miña teima por chamarme Luz Divina del Coral, jajaja, menos mal que crecín e me pasou!

sábado, julio 09, 2005

A miña muliña portouse ben e hoxe pola mañá vin que me trouxera En algún lugar del tiempo.
Matheson escribiu o guion da peli con tanta sensibilidade coma o libro. Se a alguén non lle gusta ler que vexa a pelicula.
É tan bonita, tan tan bonita... Das mellores adaptacións de libros que vin.
Se alguén a quere, só ten que pedila. Mercareina en DVD tamen, que custa 6€ e ben os vale.
Deixoume feita anacos.

viernes, julio 08, 2005

Volta o pesadelo, e segue a ser tan horrible coma sempre.
Poñennos dificil o de non ser racistas. Que horrible é todo, que horrible.

jueves, julio 07, 2005

Arduina goes to Eire.
Do 1 ó 8 de Agosto. Vou nun circuito e visito entre outros sitios, Glendalough e Limerick.
Estou tan pancha porque ainda non o creo.

miércoles, julio 06, 2005

Ando facendo mil e unha contas para ir a Irlanda en Agosto.
Atopei uns cursos de inglés de dúas semanas ben baratos. Mañá irei á caixa a pedir un crédito. Como agora teño o soldo mais alto (vivaaaa! ^_^) quero aproveitar.
Realmente non me vexo baixando do avion e pensando que vou pisar chan irlandés. Non penso que iso sexa posible.
Estou coma nun soño, todo pasa diante miña pero eu só penso na viaxe.
Joder, Irlanda! A miña Irlanda! Cada vez mais preto!

martes, julio 05, 2005

Gañei duas entradas de cine en Radio Voz ^_^
Pero a ONCE non da tocado...

domingo, julio 03, 2005

Estou a escoitar unhas cancións deste disco. Chámase O'Stravaganza. Participan Hughes de Courson e Youenn Le Berre (de Gwendal :D ) nos arranxos. Tentaron mesturar a música clásica coa música irlandesa.
A verdade é que non me gusta moito a musica clásica agás La mañana de Grieg e o famoso Canon de Pachelbel, pero manda truco co disco! Nunca pensei que a musica clasica soara ben nos meus oidos! E non só soa ben, da cousa por dentro, teño tentacions de coller un puro e unha bata e de sentar nunha cadeira diante do lume nunha ampla bibloteca, cal melomana de pelicula. Impresionante o disco.
Os Gwendal xa mesturaban un pouquiño de clásico nos primeiros discos, pero nunca deron este paso.
Na ligazón podense escoitar anaquiños de cancions. Ando algo pampa, porque carallo coa sorte que estou tendo! La Sombra del Viento, agora O'Stravaganza... Creo que como siga así vaime pasar coma a Stendhal.