viernes, septiembre 30, 2005

Joder, non podo coa risa!
http://wwitv.com/portal.htm
Estou vendo TV Jerez. Un programa rarisimo con dous dicindo parvadas.
"Mira que poquita cosa es, enseña las piernas"
"No enseño nada"
"Enseña las piernas!"
O tio ensina as pernas
"Ves? Ves que piernas? Tu te crees que con esas piernas se puede ser artista?"
JAJA surrealista total

jueves, septiembre 29, 2005

NON
SIIIII!

miércoles, septiembre 28, 2005

Respostou Kukuxumusu. Unha mensaxe longa e amable. Un anaquiño que me escriben que resume a mensaxe:
Desde luego, queremos que sepas que no es nuestra intención desmerecer ningún idioma porque, tal y como tú misma decías, nosotros sabemos también como tú la situación de idiomas de este tipo e intentamos hacer lo que podemos. Como Kukuxumusu ha ido creciendo cada vez más, estamos intentando crear un documento que nos ayude a establecer un criterio para el uso de los diversos idiomas, que es un tema delicado y que requiere tiempo por la gran cantidad de documentación que manejamos a diario. No es excusa, pero es un tema al que llevamos dando vueltas desde hace algún tiempo y nos preocupa bastante. Empezamos a desarrollar ese trabajo nosotros, pero nos hemos dado cuenta de que necesitaremos ayuda de expertos en la materia y en eso estamos.
....
tenemos pendiente ese documento que esperamos que nos ayude a establecer criterios coherentes a la hora de utilizar los diversos idiomas y es probable que, mientras tanto, metamos la pata en más de una ocasión o que para el cliente resulte chocante no ver su idioma incluido con el resto.
....
Estamos en ello, aunque sabemos que a lo mejor nos costará un tiempo ir haciendo las cosas bien. De todas formas, como navarros que somos, la cabezonería es uno de nuestros fuertes, así que esperamos ir haciendo mejor las cosas poco a poco.


Tamén din que como hai tenda oficial en Cataluña por iso incluen o catalán. As razóns que me dan teñen senso, a verdade. Así que espero que non quede todo en palabras e pouquiño a pouco poidamos ver cada vez mais cousas en galego.

Tamen queria comentar os libros estupendos que está editando Xerais na coleccion Fóra de xogo.
Comezando por Fahrenheit 451 e rematando en O portal dos elfos. Hai uns anos era un pouco raro ver libros mais ou menos actuais ou coñecidos (fora dos clasicos) en galego.
O portal dos elfos vouno mercar. Tiña ganas de lelo, e non pensei que sairia en galego. Sería estupendo poder elixir o idioma no que ler cada libro, pero polo de agora, algo é algo.

E non sei que editorial publicou alguns relatos de Lovecraft en galego.

Rezoñezo que o galego empregado nos libros ás veces é raro. Pola normativizacion e todo iso. Lembro un libro de texto que estaba en galego de autor e era mais doado comprendelo. Non sei se normativizan todos os libros que lles chegan, claro, pero tenme esa pinta.

Joder! As 11 da mañá e mataría por un churrasco.
Que fame de churrasco!

O meu mociño di que non é bó estar só.
Eu penso que si, ainda que non sei se realmente o penso.
Quizais eu mesma procure a mala sorte. Quen sabe.
Ou se cadra terei que comezar a gabarme das cousas boas e das cousas malas que fago.
Ou se cadra debo calar a boca xa para sempre, e deixar de sentirme mal incluso por espantar unha mosca.
Hoxe é un día tan raro que incluso penso na posibilidade de meterme a monxa. Danme ganas de crer en deus para poder crer en algo, porque por primeira vez en toda a miña vida non creo nin en min mesma.

martes, septiembre 27, 2005

Tú, niño de la tierra, escúchame
tú que has conocido nuestro ayer
se está apagando Thera, nuestro sol
ven hacia Arkadia síguenos.

Realmente só vía eu esa serie? Non coñezo a ninguén que a vise :´(

Espartaco y el sol bajo el mar
Ata soñaba con estes debuxos!

VIVAAA! Choveee!
Por favor, que siga chovendo. Á mañá escoitei algo de restriccions de auga en Vigo.
Que chova! Penso cantar se é necesario!

Falan na radio de facer unha estatua de Manuel María no paseo marítimo da Coruña.
O noso alcalde é parvo o pobre. Temos unha estatua de Lennon que non pisou a Coruña na vida e non temos unha de Manuel María.
Non me gusta abusar, pero se o Paquete fose o meu compañeiro de clase organizaba un bo manteo.

Onte fun mercar unhas camisetas de Kukuxumusu que me facian gracia. Marchei con elas para a casa e ó chegar vin un libriño de lavado que viña en castelán, francés, alemán, euskera e catalan.

Hoxe leo no xornal que no día das linguas España tamen nos omite no informe á UE Ligazón

Xa está ben. Vale que hai cousas moito mais importantes que unha lingua, que hai que arranxa-la educacion e o emprego, pero a lingua forma parte da nosa identidade, e unha omisión é incluso humillante.

Así que vou escribir a Kukuxumusu. É unha parvada e entendo o castelán. Pero coido que os cataláns tamén o entenden, e os vascos, e eles poden gozar do DEREITO de ler unhas fodidas insctruccions de lavado no seu idioma.

lunes, septiembre 26, 2005

O chocolate que vente Intermon nas suas tendas esta riquisimo. E agora estoulle dando a unha bariñña se noces, anacardos e mel.
Teñen cousas moi ricas.

Ten gracia.
Onte achegueime de sorpresa á casa dun amigo para ver se queria quedar. Quedou a unha hora.
Chegamos a esa hora, e tras media hora chamando marchamos.
Logo recibo un tono ó mobil e chamo eu. Resulta que o rapaz estaba na casa "ocupado" coa moza.
Sabia que ia quedar con ela. Pensou que lle ia dar tempo. Pero nin nos avisou.
Amolame, e resulta que a sua resposta é que a culpa é miña por chamalo! Porque habia non sei cantos meses dixera que antes de ir de sorpresa chamase (esquenceuseme). E iso xustifica que quedase con nos a unha hora e nos tivese na súa puta porta agardando!
Pero o mellor é que por non desculparse saca á luz todo o que eu fixen mal (resulta que fago todo mal e eu sen sabelo)
Ten gracia, ten.

viernes, septiembre 23, 2005

A miña avoa á miña idade xa tiña ó meu pai.
Uf, que agobio.

Ai carrinho cantareiro,
xa só quedas na lembranza.
Mouro asfalto hai agora
por onde antes pasabas.

jueves, septiembre 22, 2005

Me gustas cuando callas porque estás como ausente,
y me oyes desde lejos, y mi voz no te toca.
Parece que los ojos se te hubieran volado
y parece que un beso te cerrara la boca.

Como todas las cosas están llenas de mi alma
emerges de las cosas, llena del alma mía.
Mariposa de sueño, te pareces a mi alma
y te pareces a la palabra melancolía.

Me gustas cuando callas y estás como distante.
Y estás como quejándote, mariposa en arrullo.
Y me oyes desde lejos, y mi voz no te alcanza:
déjame que me calle con el silencio tuyo.

Déjame que te hable también con tu silencio
claro como una lámpara, simple como un anillo.
Eres como la noche, callada y constelada.
Tu silencio es de estrella, tan lejano y sencillo.

Me gusta cuando callas porque estás como ausente.
Distante y dolorosa como si hubieras muerto.
Una palabra entonces, una sonrisa bastan.
Y estoy alegre, alegre de que no sea cierto.

Teño un ponto no fígado
Porque fai moito frío
E estou vestido
Esperando por ti
Esta noite chuviosa
Con luces ao lonxe
Con plantas cercanas
Morrendo de ganas.

martes, septiembre 20, 2005

Outra vez
Non podo mais con esta xente.
Dame noxo que respiremos o mesmo aire.
Cada dia que pasa estou mais farta deste pais de xente atrasada e egoista. España é un país egoísta, menos mal que podo dicir que son galega e europea, porque cada vez sintome menos española.
Non paga a pena sufrir o paro, os problemas de vivenda e o escurantismo cultural para isto.
Señores do PP, ide rasca-lo carallo. Preocupadevos por cousas importantes e non porque dous persoas poidan formalizar que se queren.
Vaia panda, que noxo compartir o aire, que noxo.

lunes, septiembre 19, 2005

O venres cumplo 22 anos.
Son moitos anos!
Hai tempo calculaba que con 22 xa estaría independizada, era a miña data límite. E estou independizada do carallo...
Vou vella. Sei que para moita xente 22 non son nada, pero para min é moitisimo. Joder, en 8 anos xa tería que estar con fillos! Xa terei 30!
30 anos!
O unico bo que teñen os aniversarios son as tartas :)

sábado, septiembre 17, 2005

As cousas pequenas fanme feliz. É unha mágoa que o esquenza tan rapido.

Hai uns dias dixenlle ó meu mozo se me deixaba un cd virxe para gravar unhas cousas. Dixo que si, fomos ata a súa casa e eu agardei no portal. Ó cabo dun anaco, baixou cun sobreciño no que viñan 3 cd's. Eu só lle pedira un.

Hoxe vou ir andando ata un pouco lonxe, e queria levar música nova. Non tiña cd's, e lembrei os 3 que o meu mociño me dera. E puiden gravar a miña musica.

Gracias, Javier ^_^

Canto o boto en falta, está en Verín e non volta ata o luns. E marchou o domingo pasado!

viernes, septiembre 16, 2005

O último disco de La Frontera, Tu revolución, cando o merquei hai xa un ano e pico creo, non me gustou nadiña. Non era nada o estilo de La Frontera.
Agora cando teño traballo aburrido, collo discos que levo tempo sen escoitar e poñoos.
Agora estou con Tu Revolución, e pareceme un discazo! Sen dubida a primeira vez que o escoitei non me decatei do ben que tocan os novos guitarras, nin do boas que son as cancions.
Non é o seu estilo, pero saiulles un bo disco.
A ver o novo que tal está, chamarase "20 años y un dia". Van sacar tamen un DVD contando a sua carreira e coas cancions mais famosas.
Xa merquei un disco especial que sacaron hai uns meses cunhas versións novas e unha cancion inedita, "No soy de aqui".
A letra pareceume mala, pero recoñezo que non é a única. Sen embargo tamén teñen letras moi boas.
Que ganas de que saia o novo disco! ^_^

jueves, septiembre 15, 2005

Hoxe foi un dia Malo. Malísimo.
Ainda que sei que mañá vai ser mellor pouco a pouco vou perdendo o optimismo. Obrigueime a min mesma a ser optimista e cada día custa mais.
Supoño que é o habitual.
Cando era mais cativa e facia o COU agarrei unha depre notable polo da miña avoa. Chegaba a casa para meterme na cama e durmir, porque durmindo era como mais feliz estaba.
Agora vaime todo mais ou menos ben, pero empezo outra vez con esa dinamica. E sei que non é boa, pero ando desganada. Nin sequera me atrevo a face-las visitas da Cruz Vermella.
Todo pasa co tempo, seino.
E isto me lembra a unha letra de cancion que escribiu un forista de MeriStation (SD chamabase) hai un tempo.

Pisando a fondo el reloj

He adelantado varias horas
todos los relojes
y he arrancado diez hojas
al calendario.

"Duplicamos todo tipo de llaves"
pone.

He llenado el suelo
de pelusas
y he colgado una araña
en cada esquina.

He amontonado platos
en el fregadero
y he conseguido
un convincente olor a cerrado
en toda la casa.

He dejado la nevera
abierta toda la tarde
para adelantar
las fechas de caducidad.

Me he fumado dos cartones
casi sin tragarme el humo
y he mezclado los ceniceros
entre una montaña
de cascos de cerveza.

Me he dejado una sombra
de barba
y he pintado de blanco
mis sienes.

Pero como me temía
se equivocaba el que me dijo
que el paso del tiempo

me haría olvidarte.

16-4-98/16:03

Rematei de ler Monster. É impresionante! Pero sempre hai un pero, e eu non vou dicir nin mu. Unha boa serie, sen dubida. E 20th Century Boys, do mesmo autor, vai camiño de ser tamén unha obra mestra.
En fin.

miércoles, septiembre 14, 2005

With the birds I’ll share
With the birds I’ll share
This lonely view
With the birds I’ll share
This lonely view...
------------

... a un lugar yo te llevaré
con mis antepasados al anochecer.
En el valle
de las lágrimas.

martes, septiembre 13, 2005

Uf.. son satanista ?!
You scored as Satanism. Your beliefs most closely resemble those of Satanism! Before you scream, do a bit of research on it. To be a Satanist, you don't actually have to believe in Satan. Satanism generally focuses upon the spiritual advancement of the self, rather than upon submission to a deity or a set of moral codes. Do some research if you immediately think of the satanic cult stereotype. Your beliefs may also resemble those of earth-based religions such as paganism.

Satanism

92%

Paganism

83%

agnosticism

79%

Buddhism

58%

atheism

54%

Islam

42%

Christianity

42%

Hinduism

38%

Judaism

33%

Which religion is the right one for you? (new version)
created with QuizFarm.com

lunes, septiembre 12, 2005

Oleee! Guezos en Radio Feneee!

E sigo quente pola tarde.
Teño vez no dentista. Non vou dende hai 5 anos.
E hala, a empastar. Creo que xunto coa vista a boca é unha das partes do meu corpo que mais coido. Primeiro porque non teño diñeiro para andar con filigranas. E segundo porque non aturo que me anden nela. Pero da igual, por moito que limpe, os empastes non mos quita ninguen. E ainda hai mais. As moas do xuizo de abaixo posiblemente teñan que arrincalas (estamos a velas vir).
A broma dos empastes sae por 120€. A mensualidade do CCNA 225, a matrícula 90€ e o seguro que teño 75€ (dependo dun medico do seguro, é un gasto necesario. E como xa non podo estar no da miña nai...)
Total, 30 putos dias traballando para que o dia dous o diñeiro voe.
Caghonoghas.

Hoxe erguinme quentiña.
O Maragall dicindo cousas das que non opino no blog para evitar problemas.
Os da miña viaxe a Irlanda que me estafaron nunha visita e lavan as mans.
E Pablo Portabales co ego polas nubes coma sempre.
AGH!

sábado, septiembre 10, 2005

Onte despois do cine fomos á Repichoca.
Estivo divertido. Ademais unha rapaza ensinounos a toca-la pandeireta un pouquiño. Seica dan clases os mércores pola tarde, eu só poderei ir os mércores que quedan do mes. Aprendin a tocar coa pandeireta o ritmo da jota (mais ou menos, só aprendín o ritmo, a pandeireta baila para todos os lados na miña man, jaja).

jueves, septiembre 08, 2005

Este venres toca La tierra de los muertos vivientes.
Gústannos moitísimo as pelis de zombis, e se aínda por enriba hai camións de lixo polo medio ten que ser unha peli estupenda, jaja.
Temos moitas ganas de ir (o meu amigo friki especialmente, que por algo é friki).

A miña nai onte rifou comigo. Ultimamente ten unhas cousas un pouco raras, non sei se será a idade. E eu como tamén son moi teimuda...
Ela preguntou se fisera a cama. Aborrezo face-la cama sobre tódalas cousas do mundo, pareceme unha parvada! porque logo á noite desfágoa antes de deitarme, non estou comoda se estan as sabas ai todas colocadas.
Pois eu dixen que si. E moi suspicazmente (por algo é a miña nai) dixo: -Pero fixechela ou estirache-las sabas?
- Estirei as sabas.
Non face-la cama é un vestixio da miña adolescencia rebelde! É cuestion de honor!
- Ai si? Pois xa a podes ir facendo.
- Non a penso facer. É unha parvada, ademais chega con estira-las sabas.
- Moi ben, pois eu xa non te levo ó traballo (a berros a pobre)

A ver, mamá, coa idade que tes, ¿como me podes entrar ó trapo asi?
Se ademais me coñece de sobras e sabe que ó final fago as cousas!
Pois alí tirada me deixou. E logo cando volvin ó mediodia estaba toda amable, pobriña. Ten uns cambios de humor un pouco raros.

domingo, septiembre 04, 2005

Sigo parviña coa Pantasma da Opera.
Agora estou baixando a banda sonora en ingles, porque en español pareceme (con perdón) unha merdiña. Seica os que dobraron ós actores e as cancións son os actores da obra aqui en España. Pero non me gustan. A rapaza que dobra a Christine nasaliza moitísimo, e a voz da pantasma non é nada especial. Cantan ben, pero non hai comparacion.
A que si me gustou foi a da rapaciña loira (unha rapaciña qué é como a irmá da prota). A que a dobra en castelán ten unha voz preciosa.
O caso é que baixei o tema central e estouno a escoitar unha e outra vez.

A pantasma é misterio, sexualidade, sensualidade e atraccion. A voz de Gerard Butler da iso e mais. Apoteósicamente sexual é un intre ó final, a cancion do point of no return (por favor, tedes que ve-la pelicula). E no tema central esa voz pregando e ordeando sing my angel of music, sing for me.
A posesión, a necesidade de cariño, a paixón... Impresionante. Como besbesellan, como se comunican... encantanme os musicais.
Ten un momento moi Moulin Rouge cando dous persoas están en plan "bicame" "non quero". Cantan por separado, descobren que se queren e cantan xuntos. E todo no alto dun edificio, igual que en Moulin Rouge.
Pero non sei, sei que a peli podería ser mellor e que é un musical gravado prácticamente. Sei que algunhas cousas está esaxeradas. Pero que pelicula!

viernes, septiembre 02, 2005

Onte a miña nai e mais eu fomos alugar El fantasma de la Ópera.
Gústanme moito os musicais, e este non estivo mal, aínda que non ten moita lóxica nalgunhas partes.
Pero da igual. Ademais agora creo que existe Deus.

Por favor, por favor. Que alguén leve estas hormonas lonxe, por favooor!
Síntome coma se tivese 15 anos. Estes Homes terían que estar perseguidos pola lei, e eu tería que montar unha cárcere ben grande.
Xa calo!

Oh heartbeat city
never stops
and all you need
is what you got
and there's a place
for everyone
under heartbeat city's
golden sun.

jueves, septiembre 01, 2005

O meu tio está malo.
En realidade é tio do meu pai, pero eu chamolle tio igual.
Veu á Coruña para facer unhas probas no Oncolóxico, pola noite marcha. Seica ten mal un ril e ainda non saben nada de certo.
A miña tía (a súa muller, e irmá da miña avoa) dixolle á miña nai que non había nada que facer. É raro que estea mal, porque nunca tivo problemas.
Igualiño que lle pasou á miña avoa. De supeto un dia aparece un cancro e a tomar polo cú.
O peor é estar aqui no traballo sen poder ir canda el. Quéroo moito, axudoume cando morreu a miña avoa e sempre estivo ó carón de meu pai cando el o precisou. É unha boa persoa.
Por agora vai tirando, eu coido que non ten moita dor. Oxalá que non haxa metástase e como moito lle teñan que saca-lo ril.
Na miña familia sempre é igual, están todos como touros pero de supeto un dia teñen algo gordo e morren! Non o entendo, non hai ningún punto medio!
Non deberia contar estas cousas pero é que ainda non vin a ninguén e traballo soa, e nin sequera saindo de aqui se arranxa nada porque non me deixan pasar a velo.

Cousa curiosa.

Recibo unha copia dun correo do meu xefe para un cliente. Dí "falarei co noso informático".
¿É que soa peor "a nosa informática"?
A ver, é unha trapallada, pero non son informático, tampouco técnico.
Vai sendo hora de reivindicar un pouquiño as nosas profesións coma mulleres.

A rebel I came, I'm still the same
On the cold winds of night you will find me
Oh oh oh oh oh I wish I was back home in Derry
Oh oh oh oh oh I wish I was back home in Derry


Hoxe tiven morriña do meu Liffey e andiven á procura de webcams. Estiven un bo anaco pasmando coa de O'Connell street.
O meu xefe preguntoume onte que qué tal por Irlanda.
Ando sorprendida porque en certa medida vin decepcionada co tema da música en vivo (remata demasiado cedo)

Ben sei que non hai nada
novo embaixo do ceo,
que antes outros pensaron
as cousas que hora eu penso.

E ben, ¿para qué escribo?
E ben, porque así semos,
relox que repetimos
eternamente o mesmo.

Diredes de estes versos, i é verdade,
que tén estrana insólita armonía,
que neles as ideas brilan pálidas
cal errantes muxicas
que estalan por istantes
que desaparecen xiña,
que se asomellan á parruma incerta
que voltexa no fondo das curtiñas,
i ao susurro monótono dos pinos
da beiramar bravía.

Diréivos tan só que os meus cantares
así sán en confuso da alma miña,
como sai das profundas carballeiras,
ó comenzar do día,
romor que que non se sabe
si é rebuldar das brisas,
si son beixos das frores,
si agrestes, misteriosas armonías
que neste mundo triste
o camiño do ceo buscan perdidas.