miércoles, noviembre 30, 2005

Impagable.
Acabo de escoitar a Paquete chorarlles ós de RadioVoz.
Vituco: "cuando alguien habla con tanta sinceridad como Paco..."
O alcalde dicindo que pelexou contra todos os que non querian o porto! Que valente, alcalde!
É alucinante que agora lle dea por chorar na radio!
Sí, Paquetiño, sí. O porto, o ascensor e os rañaceos. Todo o que ti queiras meu rei, pero non nos chores.

martes, noviembre 29, 2005

Xa está Primeiro beijo na conta de Gmail.
Ando detras do disco orixinal, pero non son quen de atopalo por aqui, e cavilando en fio, os 18€ de gastos de envío que me cobran en tendas de Portugal parecenme demasiados.
En ebay hai o dvd, pero non ten primeiro beijo. Ademais non me vale, precisaba o cd para que a miña mai o escoitase no coche.
Aiiii, que delito, as tendas cheas de reguetones e nin un Rui Veloso dispoñible...

lunes, noviembre 28, 2005


Xa é meu!
Xa o teñooooo!
O DVD esta tremendisimo, cheo de concertos, con videoclips, imaxes entrevistas...
Joder, sempre con carencia de material deles e agora teño a esgalla!
Ainda non escoitei o disco, estou co DVD.
Vivaaaa!

Estou escoitando Primeiro beijo, de Rui Veloso. É unha das cancións mais lindas que levo escoitado este ano. A versión é a do concerto acúscico, voullo mercar á miña nai por Reis, pero é caro de carallo. Veloso e a miña nai mereceno.

Recebi o teu bilhete
para ir ter ao jardim
a tua caixa de segredos
queres abri-la para mim
e tu nao vais fraquejar
ninguém vai saber de nada
juro nao me vou gabar
a minha boca é sagrada

Estar mesmo atrás de ti
ver-te da minha carteira
sei de cor o teu cabelo
sei o shampoo a que cheira
já não como, já não durmo
e eu caia se te minto
havera gente informada
se é amor isto que sinto

Quero o meu primeiro beijo
não quero ficar impune
e dizer-te cara a cara
muito mais é o que nos une
que aquilo que nos separa

Promete lá outro encontro
foi tão fogaz que nem deu
para ver como era o fogo
que a tua boca prometeu
pensava que a tua língua
sabia a flôr do jasmim
sabe a chicla de mentol
e eu gosto dela assim

Quero o meu primeiro beijo
não quero ficar impune
e dizer-te cara a cara
muito mais é o que nos une
que aquilo que nos separa

En canto poida vouna subir á conta de gmail. Demasiado preciosa para non compartila.

viernes, noviembre 25, 2005

Non houbo sorte :(
Sacado de vieiros.com:

A candidatura galego portuguesa non supera a peneira da Unesco
[25/11/2005 14:50] O xurado da Unesco encargado de avaliar as 66 candidaturas que se presentaron para optar ao recoñecemento de Obra Mestra do Patrimonio Inmaterial da Humanidade decidiu non proclamar na edición deste ano a candidatura galego-portuguesa. Quen si obtivo o visto bo do xurado foi a candidatura brasileira do Samba-de-Roda no Recôncavo Baiano, promovida polo propio presidente Lula da Silva, e a catalá do Patum de Berga. A Unesco elixiu 43 candidaturas como Obras Mestras da Humanidade deste ano. Os promotores da candidatura galego-portuguesa non ocultan a súa decepción, pero aseguran que o traballo realizado para a posta en valor do patrimonio inmaterial galego-portugués terá continuidade. De feito, a acta do xurado recolle unha serie de recomendacións para volver presentar a candidatura noutras edicións, facendo fincapé na necesidade de concretar as manifestacións do patrimonio inmaterial galego portugués máis susceptíbeis de seren protexidos e promocionados. A web oficial da candidatura abre agora cunha lenda: "A cultura galego portuguesa é, para nós, Obra Mestra!".

No blog dos Guezos abriron unha discusion interesante sobre a industria musical galega. O artigo é interesante, pero tamén é interesante que xustamente se poida falar diso directamente cunha banda galega :) A ver se se enche de comentarios, ainda que eu estou tola pola musica, igual so me interesa a min :? :?

jueves, noviembre 24, 2005

Teño un trauma dende que son cativa que de cando en vez aparece e me fai sentir coma un farrapo. Nunca me atrevin a falar cun medico del, pero hai unha semana o conseguin.
Din cunha rapaza estupenda que gosta do seu traballo, sempre me atende con optimismo e bo humor. Faime sentir ben, coma se eu fose normal e todo o negativo que hai en min fose cousa da miña nenez, que por outra parte ten razon, pero custa admitilo.
Acabo de falar con ela agora, e sintome moi lixeira e de bo humor. Teño moitas ganas de superar esas cousas que me fan sentir mal para poder falar de cousas boas.
Vai montar unha asociacion de axuda e se cadra precisaría a miña axuda. Non sei se estarei preparada para da-la miña axuda nese tema porque ainda non o teño moi superado, pero penso intentalo. Porque a min tocoume na nenez e ando arrastrando cousas que non deberia. Se o atallamos cos nenos, poderian vivir xa de maiores unha vida do mais normal. Eu penso que paga a pena. Volvo ter ganas de loita.

miércoles, noviembre 23, 2005

Leves, fráxiles
nin esculpidas en pedra,
nin forxadas en ferro,
as palabras,
alento breve
no medio do inmenso xelo,
a penas un eco,
o palpexar
dunha pequena luz
na noite.
Tan soas e desvalidas,
tan vulnerables.
(Nin madeira, nin pedra, nin aceiro.)
Déixoas caer
como fillas perdidas
na indiferencia que as acolle.
Cavilo, ¿qué farán sen min?
A penas tremor de ar,
tépedo pálpito de brisa,
as palabras
tenaces resisten
conmovidas,
pequenas chamas
alimentadas de amor
contra o tempo.

Estaba lendo este artigo en Todo nada.
A verdade, puxen o AdSense para a miña futura e por agora non-nada web. Non pensei que fose cuestión de ética nin de nada, sinxelamente, fanme falta cartos para pagar o hosting e o dominio.
A min non me amola ver publicidade noutros blogs sempre e cando non sexan pop ups ou cousas asi. Gustame especialmente o adsense porque atopo cousas interesantes, sempre me pica a curiosidade cos anuncios que trae.
Pero gustariame saber se pode amolar a alguén. Non é a miña intención, e non me importaría quitalo.

A soidade ven, pero nunca marcha.


Isto confirma que o meu mozo ten mal gusto. Ainda pola parte que me toca.

Quero máis ós meus libros e á miña música que ás persoas.
Son soñadora ou pija?

Cada noite eu chorando pensaba...
Qu'esta noite tan grande non fora
Que durase... e durase antre tanto
Que'a noite d'as penas
M'envolve loitosa.

Mais á luz insolente d'o dia,
Costante e traidora,
Cad'amañecida,
Penetraba radiante de groria
Hastr'ô leito dond'eu me tendera
Co-as miñas congoas.

Desde estonces busquei as tiniebras
Mais negras e fondas,
E busqueinas en vano, que sempre
Tras d'a noite topaba c'a aurora...
So en min mesma buscando n'oscuro
Y entrando n'a sombra,
Vin á noite que nunca s'acaba
N'a miña alma soya.

martes, noviembre 22, 2005

Xa subín Pan ha diskan á conta de Gmail para quen teña curiosidade por comparala con Gave Hot.
O usuario é arduinamusica e o contrasinal gustamedoraemon

¿Por qué non estou en Blogaliza? :(
Antes estaba.

lunes, noviembre 21, 2005


Outro cadro que está nos meus preferidos. É de murillo, e coñecino coma "Galegas na fiestra", pero tamen o vexo como Mulleres na fiestra.
Aqui está algo mais grande. É moi espontaneo, coma se fose unha foto sacada de supeto.
Gustariame ter coñecido algún destes grandes pintores para saber que era o que lles levaba a pintar este tipo de cousas.
Curiosa esta interpretacion.

domingo, noviembre 20, 2005

Onte fun a Santiago pola tarde. Queria ir ver a exposicion de Frida Kahlo.
Despois de chegarmos ali, estabamos famentos. Rematamos facendoo nun Burger King. Vimos moitos restaurantes de turistas, pero claro, caros e con moita pose.
Non quixemos ir á zona nova por non alonxarmonos moito.
Tivemos que facer cola para entrar na exposicion, que por certo, era gratuita.
Gustoume moito. Habia, ademais de cadros, traxes da época e fotografías. O nome dos cadros e de todo estaba en galego (impensable aqui) e os comentarios en galego, castelan e ingles. Ben por Santiago.
Eran especialmente tristes os cadros relacionados co aborto de Frida. Ten mérito conseguir transmitir toda esa tristeza mediante a pintura, e ela era quen de facelo.
As fotos estupendas tamén. Frida, por moito que digan, era bela. E nas fotos demostrabao. Tamen se lle via a elegancia, e era sorprendente a foto dela no hospital, bicando ó seu marido Diego, que lle puxo os cornos coa súa irmá.
Incribles as penurias polas que pasou, o accidente que sufriu e o aborto. Pode non gustar a súa pintura, pero había que recoñecerlle a forza e a valentía.

Ó sair achegouse á entrada un turista. Preguntou se habia folletos explicativos e a rapaza dixo que non. O home dixo "Que tacaños!"
A rapaza que era todo gratuito, e o home que noutras exposicions gratuitas habia folletos. Así que a rapaza atallou a discusion e dixo que en 10 minutos comezaba unha visita guiada, o home quedou entusiasmado e correu a apuntarse.

sábado, noviembre 19, 2005

En Windows, ide a Inicio>Ejecutar.
Escribide cmd, e aceptar.
Na ventaniña de comando escribide Telnet 193.202.115.241
Sorpresa! (Non é nada malo, non vos preocupedes)

Digo que soy libre
y aunque sé que miento
me demuestro una verdad con mi mentira.
No me quedan fuerzas,
sólo un sentimiento
que aún resiste a ser escombro en las cenizas.
Qué puedo hacer
si no queda nada en qué creer.

Para caer en mi propio error,
ahora sin temor,
digo que soy libre, libre, libre.

Digo que soy libre
y cuando lo digo
dinamito las razones más exactas
de los estrategas
que me recomiendan
que lo último a perder es la esperanza.
Qué puedo hacer
si ni el odio queda por vencer.

Digo que soy libre
y no me da miedo
proclamar esa locura entre las luces
simples y ruidosas
de nuevos conversos
propietarios de las más altas virtudes.
Qué puedo hacer
si me duele tanto envejecer.

Toma y toma la llave de Roma,
y toma la llave de Roma,
porque en Roma hay una calle,
en la calle hay una casa,
en la casa hay una alcoba,
en la alcoba hay una cama,
en la cama hay una dama,
una dama enamorada,
que toma la llave,
que deja la cama,
que deja la alcoba,
que deja la casa,
que sale a la calle,
que toma una espada,
que corre en la noche,
matando al que pasa,
que vuelve a su calle,
que vuelve a su casa,
que sube a su alcoba,
que se entra en su cama,
que esconde la llave,
que esconde la espada,
quedándose Roma
sin gente que pasa,
sin muerte y sin noche,
sin llave y sin dama.

Rafael Alberti

miércoles, noviembre 16, 2005

martes, noviembre 15, 2005

Ando medio namorada de Lila Downs...


O meu mozo di que non é nada guapa, pero eu penso que ten algo.

Ben, xa comentara que La Bottine Souriante me parecera orixinal e me gustara :)
Escoitei tamén a Alan Stivell (Back to Breizh) e bueno, non resultou ser moito do meu estilo. As cancións parecenseme demasiado, e el ten unha voz con poucos matices. Non estaría mal, pero a música que o acompaña é moi chá. Mete sintetizadores, creo, pero iso xa é algo persoal, cústame escoitar cousas así.
De tódolos xeitos deixase escoitar ben. Xa coñecia algo del (a colaboración con Carlos Núñez en A noite pecha non estaba mal) dalgunhas versións, e ainda que a voz é rara gustarame. Pero a súa musica non me enche, son rariña :)
Máis cousas. Laïs, estupendas. Coma Hedningarna pero sen instrumentos tuneados, jaja. Teñen unhas voces moi moi curiosas e bonitas.
Os outros, Les Titres Essentiels e Los de Nadau, pasame un pouco coma con Stivell, non acabo de collerles o ritmo. Se cadra teño a orella acostumada a certo tipo de musica máis melódica, adicareilles más escoitas.

Basta pensar em sentir
Para sentir em pensar.
Meu coração faz sorrir
Meu coração a chorar.
Depois de parar de andar,
Depois de ficar e ir,
Hei de ser quem vai chegar
Para ser quem quer partir.

Viver é não conseguir.

Fernando Pessoa

Encantame saber que os meus amigos queren a alguén :)

lunes, noviembre 14, 2005


Que cadro tan bonito. É de Caspar David Friedrich, chámase Wanderer Above The Sea of Fog.

Suite d'Arrée. Non está todo perdido.

En la red de mi música estás presa, amor mío,
y mis redes de música son anchas como el cielo.
Mi alma nace a la orilla de tus ojos de luto.
En tus ojos de luto comienza el país del sueño.

sábado, noviembre 12, 2005

Enviei duas cancions do disco de Gwendal á conta de Gmail, por se alguen ten curiosidade.
Usuario: arduinamusica
Contrasinal: gustamedoraemon

Unha é La niña del norte, que é bonita e non me di nada, ese xeito de cantar non me vai moito, ainda que recoñezo que a cancion non esta mal. A outra é a que da titulo ó disco, War-raog. Tampouco me di nada. A ver se hai alguen que opine por aqui :)

Edito: Ó final subín Gave hot, unha das que me gustan. A melodia principal é igual que a de Pan ha diskan. Só lle mete unha guitarra electrica polo medio.

No 2004 respondin un test.
A ver camto cambiei nun ano.

LA IRA

1. ¿Con quien te has enfadado por ultima vez? Co meu pai.
2. ¿Cual es el arma de tu eleccion?: Unha motoserra.
3. ¿Golpearias a alguien del sexo opuesto?: Sí.
4. ¿Que hay de golpear a alguien de tu mismo sexo? Sí.
5. ¿Quien ha sido la ultima persona que realmente se ha cabreado contigo? Coido que Javier, o meu mozo.
6. ¿Cual es tu mascota favorita para descargarte?: O meu PC
7. ¿Eres rencoroso?: Non, esquenzo as cousas rapido. Non paga a pena.

LA PEREZA

1. ¿Hay algo que se supone que deberias hacer diariamente pero que hace mucho que no haces?: Aaaah, facerlle un curriculum a un amigo!
2. ¿Cual es la hora mas tarde a la que te has despertado?: As 4 e media, batindo o meu propio record.
3. Nombra una persona con la que deberias haber contactado pero que no lo has hecho: O Tío Antonio.
4. ¿Cual es la última excusa sin pies ni cabezas, fácil de descubrir como excusa, que has puesto?: Non me lembro.
5. ¿Has visto la teletienda [la larga] alguna vez entera por no levantarte del sillon o cambiar el canal?: Segueme a gustar a teletenda, e o artesán dos coitelos.
6. ¿Cuando fue la ultima vez que hiciste deporte decentemente?: Puf... Hai mil anos, cando me deu por ir en bici cuns amigos pola noite. Pasamolo ben, fomos ata Punta Herminia.
7. ¿Cuantas veces has parado la alarma del despertador hoy?: Dúas, jeje.

LA GULA

1. ¿Cual es tu carisima y pijisima bebida alcoholica preferida?: Pijisima, jaja. Licor cafe.
2. ¿Carnivoro? Si!
3. ¿Cual es la cantidad maxima de alcohol que has tomado de una sentada?: Iso deberian dicilo os meus amigos, eu non o lembro.
4. ¿Has probado alguna vez una dieta hecha por un profesional?: Non
5. ¿Tienes alguna cuenta pendiente con tu peso?: Sigo con problemas de ansiedade que soluciono con comida.
6. ¿Que prefieres: dulces, comidas saladas o con muchas especias picantes?: Ñam, salgadas.
7. ¿Has mirado alguna vez a algun animalillo o un niño pequeño y has pensado: Mmmmmmm que rico tienes que estar con patatas fritas?: Non.

LA LUJURIA

1. ¿A cuantas personas has visto desnudas?: Seguen sendo 9.
2. ¿Cuanta gente te ha visto desnudo?: 7.
3. ¿Te has pillado a ti mismo alguna vez mirando al pecho o al paquete de alguien del sexo que has elegido para que te guste?: Claro, pero é que eu son unha mirona.
4. ¿Lo "has hecho"?: Si
5. ¿Cual es la parte del cuerpo que mas te gusta de una persona del sexo que a ti te gusta?: Nos homes os ollos, as cellas e o cú. Nas mulleres os ollos e a boca.
6. ¿Te ha hecho proposiciones alguna vez una prostituta?: XD. Non que eu saiba.
7. ¿Has tenido que someterte [o han tenido que someterse por "tu culpa"] a un test de embarazo?: Si, paseino tan mal que tomo anticonceptivos e emprego preservativo. Ainda me lembro de min chorando anguriada na ducha.

LA AVARICIA

1. ¿Cuantas tarjetas de credito tienes? Unha, máis duas de debito.
2. ¿Cual es tu tienda preferida para sentirte culpable?: Alita e as librerias..
3. Si tuvieses un millon de dolares [o euros, que para el caso es lo mismo], ¿que harias?: Mercar a Nintendo DS, mercar o m3l, mercar unha casa, repartilo entre a familia. Non sei se poderia voltar a Irlanda, doeme.
4. ¿Que prefieres: ser rico o famoso? Ser rica. Teño unha amiga algo famosa e non me gustan alguns compromisos que ten.
5. ¿Aceptarias un trabajo aburrido aunque eso significase ganar muchisimo dinero?: Claro.
6. ¿Cuantos mp3 hay en tu disco duro?: Uns 1000.

LA SOBERBIA

1. ¿Que es, de las cosas que has creado tu mismo, lo que te hace sentir mas orgulloso?: As miñas maquetas de libros.
2. ¿Que es lo que mas orgullosos hace sentir a tus padres de ti?: Que son responsable e bastante loitadora.
3. ¿Que te gustaria conseguir en tu vida?: Vivir en Irlanda.
4. ¿Has participado alguna vez en algun concurso de habilidades sabiendo que tu eras mucho mejor que los demas?: Non me gusta participar neses concursos, sintome mal e inferior.
5. ¿Has hecho trampas alguna vez para conseguir una puntuacion mas alta?: Sí, co Half Life, jaja, pero só xogaba eu.
7. ¿Que has hecho hoy que te haga sentir orgulloso?: Unha pedazo de portada de libro en Photoshop!.

LA ENVIDIA

1. ¿Que cosa [o persona] de tus amigos desearias que fuese tuyo o tuya?: R. Quero R, por favor!
2. ¿Con que persona te intercambiarias la vida? Con alguen que viaxase moitisimo.
3. Si pudieses ser cualquier persona en el mundo, ¿quien serias?: Ines, a rapaza que me atendeu en Dublin nunha tenda de agasallos.
4. ¿Te ha engañado tu pareja alguna vez?: Non.
5. ¿Hay alguna cosa que te gustaria cambiar o añadir a tu cuerpo?: Gustariame cambiar todo.
6. ¿Que rasgo innato ves en otros que a ti te encantaria tener?: Ausencia de misantropia.
7. ¿Te gustaria haberte inventado este cuestionario? Non.
8. Finalmente... ¿cual es tu pecado capital preferido?: A gula.


Moito cambiei... Agora son mais egoista, mais seria, mais borde e menos boa.

Cypher, hace mucho que no te veo. Desde que tu blog desapareció. ¿Me sigues visitando?
Espero que todo te esté yendo bien, que sepas que aún me acuerdo de tu cachimba :D

Ah, estou en proceso de escoita do cd de Gwendal.
Ten duas cancions moi suas, pero o resto de verdade que parecen dun recopilatorio para turistas (sen lles faltar ós turistas).
Polo de agora é aburrido.

Tamen estou mirando os Referrers. A verdade é que dende o de Conas boas non son tan orixinais, pero bueno:

1.- Google- pándega. Sae nunha cousa de Ortigueira, creo.
2.- Google- Blyton. Siiii! Por favor, se tes os libros de Aventura e queres vendelos escribeme!
3.- Google- "www.xunta.es/conselle/ag/fogga/. O sixpac :)
4.- Google- cancion chinas locas. Tamen anda polo blog.
5.- Yahoo- Mirad las aves del cielo, que ni siembran. Isto pasame por ter posto a carta dun lector de periodico moi catolico el. Pois ó que entrou no meu blog pensando que era un sitio catolico foille de carallo :D
6.- Google- HIJOS DE PUTA DE STOCK UNO. Siiii! Hijos de puta todooos!
7.- Google- escarallante. Jur, dunha entrada do 2004! Na mesma paxina na que digo "O luns comezo no meu novo traballo, ó final traballarei para Dell :)". Canto choveu! Teño que revisar as antigas entradas.

viernes, noviembre 11, 2005

Querolle dar as gracias a unha señora que me deixou o seu asento no bus.
Tiña gafas e o pelo castaño, e uns 50 anos.
Gracias, señora :)

Os sábados da Repichoca. Tentei borra-la papada co fotochó, pero non fun quen.
Free Image Hosting at www.ImageShack.us

XD XD XD Que pintas!

jueves, noviembre 10, 2005

Palabras do meu xefe hai 10 minutos:
"Maria, si ves que estás mal vete para casa, de verdad. Vienes mañana y listo. No estés ahí con el pie mal, que nosotros entendemos que no puedes"
Que podo facer?
Unha estatua?
Un dia dos xefes de María?
Unha camiseta "Vivan os veus xefes"?

No meu traballo vou maquetar un libro :)
Ainda que non son deseñadora din unhas clases de maquetacion e deseño. Por unha parte dame moitisima vergonza porque é intrusismo puro e duro. Pero claro, digolles que non ós meus xefes? non podo. Así que aquí estou, maquetando e deseñando. Falando de pantonarios e de kerning.
Nunca na vida o pensara, a verdade. Debuxo fatal, pero co Illustrator non se nota.
Dabanme moita rabia os graduados en ccc que se metian a programar, e agora estou facendo o mesmo (pero sen ccc). Mais tendo en conta que son a única traballadora da empresa teñoo que facer eu.
E ando algo animada porque cada dia poño as metas mais altas e vounas cumplindo. Vexo que a empresa vai crecendo pouquiño a pouco pero constantemente, e que os traballos que fago para terceiros son ben acollidos. O apoio dos meus xefes é importante tamén.
Un deles chamoume onte para preguntar pola operacion, e outro mandoume un e-mail hoxe polo mesmo.
Tiven unha sorte do carallo, a única pega é que a empresa estea na Coruña.
O meu primeiro libro! Non o vou crer cando o vexa publicado!
Estaba preocupadisima porque xa esquencera a programacion. É dicir, non estaba especializada xa en nada. Pero agora teño unha alternativa que me gusta, e ainda que me quede sen traballo (Alan Moore non o queira) poderia facer cousas pola miña conta.

miércoles, noviembre 09, 2005

Hoxe operaronme para quitar o parafuso do meu nocello.
O medico dixera que eran dez minutos e listo, con anestesia local. Rematou sendo hora e media.
E menuda hora e media.
Resulta que a anestesia non era dabondo e o primeiro corte noteino, aj. Puxeronme mais, remataron de cortar e tentaron quitar o puto do parafuso. Estaba demasiado duro, o medico precisaba dunha chave allen, e só tiñan un xogo que casualmente a estaba a empregar outro ciruxan con outro pacente (!!!!!!!). Asi que ali quedei, co nocello aberto e o parafuso a medio sacar.
E a anestesia só me durmía a carne e o músculo, para durmir o óso era necesaria a epidural.
Decidiron empregar uns alicates. Si, si, alicates! E joder como doeu. Tiveron que suxeitarme a perna, e o ciruxan vendo que con todas as coñas (as tentativas de sacalo cun destornillador, logo cunha chave allen que non valia, logo con outro destornillador... ) morria da dor propuxome ingresarme e poñerme a epidural. Eu lle pedin que rematase xa, e o tio colleu velocidade e eu pensei que morría alí mesmo. O fillodeputa do parafuso estaba amarrado ó óso, que era xustamente o que non tiña durmido. Ó final algunhas limaduras caeron dentro do óso, co que tiveron que botarme auga e remexer no buratiño con mais dor ainda.
En fin, xa estou na casa, jodida e algo cabreada co tema das chaves allen (mira que faltarlles instrumental... é para flipar, coño). Non fun traballar e menos mal.
O dia 18 sacanme os puntos. E despois oxalá me poida esquencer da merda de nocello co que nacín.

martes, noviembre 08, 2005

...casting out my sweet line with abandonment and love,
no ceiling bearing down on me except the starry skies above...
with the light in my head
and you in my arms.

I would like to be the fisherman.

lunes, noviembre 07, 2005

Gustame viaxar con colonia se podo, e fixar na mente aromas.
Portugal ule a pisciña, a fibra de vidro e a seco.
Tarragona ule a palomitas.
Cando viaxei a Dublín levei unha colonia e deixei de usala ó chegar. E agora o meu traballo ule a Liffey e eu son feliz.

iSnexalement: eQuoret oimot.
oNn eis opr equ etoñ east "ahibiladed", epor esemall esrivr apar aolg.

domingo, noviembre 06, 2005

La escalera de Jacob levaba na muliña moito tempo, e hoxe rematou.
Devecía por vela, recomendaronma dicindo que era moi boa. Bendita mula!
É unha peli rarisima, contada coma só pode ser contada, chea de pequenos detalles curiosos, outros arrepiantes e outros opresivos.
Xustamente eses opresivos fan que veas a peli totalmente encollido, cunha sensacion de impotencia e nerviosismo permanentes.
É tremenda, perfecta. Tim Robbins está xenial, soberbio todo. Incluso a eleccion do titulo é especial.
Para min hai un pre-escalera de Jacob e un post-escalera de Jacob. Gustoume moitisimo!

Atormentado por los recuerdos de la guerra, Jacob Singer continúa viviendo una angustiosa pesadilla. Los fantasmas del pasado resurgen por encima del presente y Jacob lucha con todas sus fuerzas por aferrarse a la realidad y aclarar todo lo que está ocurriendo en el interior de su mente.

Eu non entendo nadiña de cine, pero pareceume unha obra mestra.

jueves, noviembre 03, 2005

El diario Montañés

Su nombre está escrito con letras mayúsculas en la historia de la música celta. Su música ha influido a diferentes grupos y solistas que han nacido y crecido escuchando sus discos y sus ritmos, en muchos casos pioneros en eso de mezclar música tradicional con rock, jazz, folk... Son Gwendal, formación bretona que llega al VIII Festival de Orejo para presentar su último disco, 'War-Raog', con el que rompe un silencio de siete años.

El mítico grupo, creado allá por 1972, hunde las raíces de su universo musical en tierras celtas insertando influencias de rock, jazz, folk y música clásica procedentes de cada uno de sus componentes. Y estos son básicamente los ingredientes de su música 33 años después, porque 'War-Raog' fusiona música tradicional y rock, une violín y guitarra eléctrica, bombarda y mandolina, obteniendo un resultado brillante. Incluso en uno de los temas de este disco hacen un pequeño homenaje al mítico 'Hijo de la luna' de Mecano a través de la canción 'La niña del norte' interpretada por Bénédicte Lécroart.

Tras cerca de un millar de conciertos por todo el mundo, distintas etapas y doce discos en total, en la actualidad, Gwendal lo componen Youenn Le Berre (flauta, bombarda, gaita), Jean-Claude Philippe (violín), Ludovic Mensil (guitarra acústica y eléctrica), Jérôme Gueguen (piano), Pascal Sarton (bajo) y David Rusaouen (batería).

Su líder, Youenn Le Berre, nos atiende desde Francia en un más que notable español antes de emprender un viaje que tiene como punto destino el 'reducto' cántabro de Orejo.

-Llegan a Orejo con nuevo disco bajo el brazo, 'War-Raog', que rompe un silencio de siete años. ¿Cómo lo definiría?

-Es nuestro décimo disco de estudio y queríamos hacer algo especial. La formación es la misma con la que llevamos trabajando los últimos cuatro-cinco años y estamos muy contentos de como ha quedado en una nueva experiencia con el sello Resistencia. Espero que guste al público español que tan bien nos ha acogido siempre. En cuanto al estilo, mezcla el rock con la música tradicional, lo que ha sido nuestra forma de trabajo a largo de todos estos años.

-Supongo que la presentación del nuevo álbum será el principal contenido de vuestro concierto en Cantabria, ¿verdad?

-Sí y no. Va a ser una mezcla de temas antiguos y nuevos, tanto incluidos en el disco como otros que no hemos tocado nunca.

-Por cierto, ¿de donde proviene el título?

-'War-Raog' significa 'adelante' en bretón.

-'War-Raog' sale al mercado siete años después de 'Aventures celtiques', ¿por qué tanto tiempo de parón, de silencio?

-Al público seguro que le parece un periodo muy largo, pero para nosotros este tiempo ha pasado muy rápido, no nos hemos dado ni cuenta. Sí, han sido siete años sin publicar, pero han pasado muchas cosas alrededor de Gwendal: conciertos, actuaciones, cambios en la formación, experiencias personales... Hay que tener en cuenta que cada uno de nosotros toca o participa en otros grupos o proyectos, los músicos tienen una vida artística paralela a la de Gwendal.

-Experiencias supongo que enriquecedoras a la hora de reuniros en torno a Gwendal, ¿no?

-Es importante para nuestro música y nuestra propia experiencia vital hacer otras cosas. Para nuestro estilo es muy bueno hacer y componer otro tipo de músicas, de composiciones, porque el estilo de Gwendal básicamente es fusión y siempre se ha basado en la aportación personal de cada uno de los componentes.

-Después de más de 30 años en la música, ¿es ahora más complicado publicar un disco que en vuestros inicios?; ¿sienten más presión, más vértigo?

-Nunca es fácil publicar un nuevo disco, pero ni para nosotros ni para nadie, ni para los que están en primera línea ni para los que empiezan. Quizás para la música tradicional sea algo más fácil que ponerse ante un folio en blanco, porque te apoyas en bases ya creadas. Pero para Gwendal este 'War-Raog' tiene un carácter especial, porque hemos tenido cambios en nuestra formación, hemos vivido un periodo difícil por diferentes circunstancias personales... No sé, hay mucho de nuevo en el disco.

-Siempre han mantenido una especial relación con España, cercana, calurosa. ¿Donde nació este particular encuentro? ¿A qué se debe?

-Es una historia muy particular, llevamos tocando en España desde hace 30 años: la primera vez fue en 1975 y llegamos de la mano del cantautor Imanol, que estuvo refugiado en París durante la dictadura de Franco. Tras su muerte, en su regreso al País Vasco Imanol nos invita a tocar con él en la primera parte de sus conciertos. Fue una forma increíble de entrar en España porque entonces los jóvenes estaban frustrados, aislados de música popular y de fiesta. Nuestra mezcla de música tradicional y de rock fue muy bien recibida porque el público estaba muy receptivo a escuchar cosas nuevas, tenía muchas ganas de fiesta. Primero fue en el País Vasco, pero luego en Cantabria, Asturias, Galicia, Madrid, Barcelona... Hay mucha gente que desconoce que ya tocamos por toda España en 1975, sentimos que jugamos un papel especial en la historia musical de la transición española porque entre el 75 y el 80 dimos muchísimos conciertos y hay músicos de aquella época que estaban entre nuestro público que luego se decidieron a formar grupos de música celta, como Milladoiro, Celtas Cortos... Eso fue algo muy importante para nosotros, algo que siempre nos unirá directamente con la cultura española.

-Fueron pioneros en algunos aspectos de la música celta y 33 años después, y tras diferentes etapas, siguen al pie del cañón. Desde esta privilegiada posición, ¿como ven el panorama actual de la música tradicional en general?

-Es complicado definirlo. En los años 90, sobre todo en la segunda parte de la década, la música celta sufrió un fuerte receso, una vuelta atrás, porque quizás había demasiados grupos, festivales, discos, en definitiva, demasiada oferta para el público. Ahora hay menos conciertos, pero quizás la calidad sea mayor. Hay muchos grupos que surgieron en los años 90 al calor de la moda que han dejado la música y los que quedan ahora son los del principio, que han resurgido, han sobrevivido a las tendencias y siguen de pie, trabajando. Ahora hay menos conciertos pero un público más fiel; la relación entre aficionados y artistas y viceversa, es más sólida, estable, consolidada.

-El futuro, por tanto, se ve con buenos ojos.

-La música celta no va a morir, eso está claro. Es bueno que haya grupos como Gwendal que cojan música tradicional y la mezclen con rock, jazz, ritmos más modernos en definitiva. Lo tradicional no está en contradicción con lo moderno, pueden convivir, coexistir, perfectamente.


Agora resulta que ata lle fan unha homenaxe a Mecano o_o
¿Qué lle pasaria a Le Gall para deixar Gwendal?
Quizais lles teña que dar unha oportunidade, son o grupo que mais me gusta xunto con Skyedance. Pero é que entre o concerto e esa guitarra eléctrica ando algo reticente.

miércoles, noviembre 02, 2005


Ah, que ben me viña unha destas.

Canto choveu hoxe!
Encantame que chova, ponme leda. O malo é que agora teño que ir no bus para casa e está mais cheo de xente ainda.

O día 9 quitanme o parafuso do nocello dereito. É moi grimoso, porque o corpo estamo a expulsar e fai coma un bultiño que se pode tocar. Aaaaaj!
O medico dixo que me ia doer. Só é anestesia local, seica ten que xiralo e o vou notar. E estas marabillosas frases pechan cun "ó mellor hai que vendarche o pe se sangra moito" Vaime dar un punto nada mais, di que me pon unha tirita e xa podo ir andando.
A ver se é verdade. Teño moitas ganas de rematar xa coa merda do pe.
Aaah, e resulta que os ligamentos soldaron un pouco mal e fan unha especie de pico, que é o que me da a dor ó andar. E aí "xa vou ter que limar mais". ¿Hai algo mais terrible que estar esperta e escoitar os ruidiños da operacion? Bueno, o meu tío pediu un espello para ver a sua propia operacion de hernia. Non me parezo a el.
Menos mal que me dixo que fose en aiunas.